Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.

O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG)
Partido político de Galicia
Logo do Partido dos Socialistas de Galicia
Dirixentes e organización
LíderGonzalo Caballero
MocidadesXuventudes Socialistas de Galicia
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro esquerda
Socialismo
Galeguismo (política)
Representación
Parlamento de Galicia
14 / 75
[1]
Deputados por Galicia
(Congreso)
10 / 23
Senadores por Galicia
8 / 19
[2]
Deputados provinciais en Galicia
43 / 108
[3]
Alcaldías en Galicia
111 / 313
Concelleiros en Galicia
1.181 / 3.721
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Páxina webpsdeg-psoe.gal

Historia

Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.

Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixe a formación dende o 24 de abril de 2009 ata 2013. Dende entón, o secretario xeral é José Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso das Torres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.

O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).

O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.

PSG PSOE Agrupación Local Redondela
Agrupación Local de Redondela.

Resultados electorais

Parlamento de Galicia

Secretarios xerais

Notas

  1. "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Autonómicas 2016". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-10-20.
  2. Senadores por procedencia geográfica Páxina web do Senado. Recuperado o 29 de xullo de 2015.
  3. Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Agustín Fernández González

Agustín Fernández González, coñecido popularmente como Tino Fernández e nado en Pontevedra en 1961, é un avogado e político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Deputación de Lugo

A Deputación provincial de Lugo, unha das catro deputacións de Galiza, é o órgano institucional propio da provincia de Lugo e ao que corresponden diversas tarefas tanto administrativas como executivas. Traballa en prol da totalidade dos municipios lugueses e ocúpase de traballos de coordinación entre concellos e máis de dotación de infraestruturas, control destas e supervisión en xeral de calquera movemento administrativo da provincia de Lugo.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 celebráronse o 20 de outubro. Cun censo de 2 174 246 electores, os votantes foron 1 006 222 (46,3%) e 1 168 024 as abstencións (57,3%). Foi a porcentaxe de abstención máis alta nunhas eleccións autonómicas. Alianza Popular foi a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD. Grazas a un compromiso entre as dúas forzas máis votadas Gerardo Fernández Albor (AP) foi nomeado primeiro presidente da Xunta de Galicia. As forzas galeguistas e de esquerda lograron unha representación moi exigua. Pola súa banda, os deputados do BNPG decidiron non acatar a constitución, polo que foron expulsados do Parlamento.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1989

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 celebráronse o 17 de decembro. O PP gaña as eleccións con maioría absoluta, sendo investido Presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga. En 1991 Centristas de Galicia, que en principio se presentara en coalición co PP, intégrase nel. Ese mesmo ano Partido Socialista Galego-Esquerda Galega transfórmase en Unidade Galega.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001

O 21 de outubro de 2001 celebráronse as sextas eleccións ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 567 656 electores, os votantes foron 1 544 687 (60,2 %), con 1 022 969 abstencionistas (39,8 %). O Partido Popular de Galicia gañou novamente por maioría absoluta, e conseguindo o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG é superada por poucos votos como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego, que non conseguiu aumentar o número de deputados nin de votos. Isto provocoulles unha crise que se saldaría coa dimisión de Xosé Manuel Beiras. O resta de partidos políticos seguiron sen obter representación parlamentaria.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005

O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia. Tras elas, despois de dezaseis anos de goberno de Manuel Fraga, estableceuse un bipartito entre PSdeG-PSOE e o BNG.

Eleccións municipais en Abegondo

Corporacións democráticas en Abegondo desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais en Cabanas

Corporacións democráticas en Cabanas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Freire Sánchez — PSdeG-PSOE

1983 Alcalde: Antonio Cabalo García — PSdeG-PSOE. Substituído en 1984 por Modesta Anca Rico.

1987 Alcaldesa: Modesta Anca Rico — PSdeG-PSOE

1991 Alcaldesa: Modesta Anca Rico — PSdeG-PSOE

1995 Alcaldesa: Modesta Anca Rico — PSdeG-PSOE

1999 Alcaldesa: Modesta Anca Rico — PSdeG-PSOE

2003 Alcaldesa: Modesta Anca Rico — PSdeG-PSOE. Substituída en 2006 por José C. Rey García.

2007 Alcalde: Germán Castrillón Permuy — PPdeG

2011 Alcalde: Germán Castrillón Permuy — PPdeG

2015 Alcalde: Germán Castrillón Permuy — PPdeGCandidatos: Germán Castrillón Permuy (PP), Delfín Feal Varela (PSdeG-PSOE), Iago Varela Martínez (BNG), María Eva García Amor (Agrupación de Electores de Cabanas), Xosé Manuel Pérez Sardiña (Somos Cabanas), Rafael Juan Pérez García (Gañemos Cabanas).

2019 Alcalde: Carlos Ladra Brage — Partido dos Socialistas de Galicia

Candidatos: Elena Arias Martínez (PP), Carlos Ladra Brage (PSdeG-PSOE), Iago Varela Martínez (BNG), María Eva García Amor (Agrupación de Electores de Cabanas), Xosé Manuel Pérez Sardiña (En Marea), Esperanza Gayoso Pereiro (Cidadáns-Partido da Cidadanía).

Eleccións municipais en Pontedeume

Corporacións democráticas en Pontedeume desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais en Porto do Son

Corporacións democráticas en Porto do Son desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións xerais en Galicia

Eleccións xerais en Galicia desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes de Galicia no Congreso dos deputados diminuíu de 27 a 23.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Lugonovo

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, negándose a apoiar a persoas imputadas como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Partido Socialista Obrero Español en Galicia

Este artigo refírese ao PSOE en Galicia antes de constituírse en partido político, denominado primeiro Partido Socialista de Galicia e despois Partido dos Socialistas de Galicia autónomo dentro do PSOE.O PSOE comezou a súa andaina en Galicia en 1891 ao constituírense as agrupacións locais de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, nos anos seguintes o partido tivo escasa influencia no seo da sociedade galega pero si conseguiu unha certa influencia indirectamente, a través da Unión General de Trabajadores, as zonas de maior implantación do partido eran Ferrolterra e Vigo. En 1915 constituíuse a Federación Rexional de Galicia e a partir de 1920 a militancia comezou a aumentar significativamente, con todo en 1930 contaba con 700 militantes nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 sacou 120 concelleiros, destacando Ferrol con 13 e Vigo con 7, nas eleccións constituíntes de 1931 obtivo 8 deputados, en 1932 o PSOE contaba con 3.600 militantes en 78 agrupacións locais.

Nas eleccións de 1933 o PSOE con conseguiu representación parlamentaria en Galicia e tras os sucesos de 1934, nos que o PSOE non participou, detívose a algúns dos seus dirixentes, como Xaime Quintanilla. O PSOE aliouse cos republicanos de esquerda e os galeguistas na Frente Popular para concorrer ás eleccións de 1936 e conseguiu 6 deputados en Galicia e aumentou espectacularmente a afiliación, uns 20.000 afiliados segundo informes policiais, ao tempo que asumía a autonomía para Galicia que anteriormente tan só tiña o apoio dunha pequena minoría dos socialistas encabezada por Quintanilla xa que a maioría como sinalou o congreso rexional de 1931 cría que en Galicia non se sentía a necesidade dunha autonomía rexional e condenaban todo intento de nacionalismo idiomático e político favorecendo, pola contra, a descentralización administrativa municipal.

A Guerra Civil española levou os socialistas galegos á clandestinidade, a prisión, o exilio ou a morte e apenas nada quedou da súa organización en Galicia, totalmente esfarelada pola represión franquista e non foi ata 1973 cando comeza o proceso de implantación ao xurdir un núcleo de militantes na Facultade de Económicas de Santiago e sobre todo polos contactos realizados por Felipe González nas súas visitas a Galicia en 1976 e a constitución a Federación Socialista Galega polas 7 agrupacións locais galegas e aproximadamente 150 ou 200 militantes (A Coruña, Santiago de Compostela, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) que celebrou o seu I Congreso Nacional en febreiro de 1977 elixindo como secretario de organización a Francisco Vázquez Vázquez, progresivamente o número de agrupacións locais foi aumentando ata chegar a 20 para as eleccións de xuño de 1977 nas que o PSOE conseguiu en Galicia 3 escanos e o 15,5 % dos votos, a partir dese momento o aumento de afiliacións ao partido acelerouse. No Congreso extraordinario de novembro de 1977, a proposta do sector galeguista, adoptouse o nome de Partido Socialista de Galicia-PSOE que despois de varios contenciosos co Partido Socialista Galego cambiou a Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Aínda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.