Partido da Terra

Partido da Terra (PT), é un partido político con sede en Galiza que se postula como partidario da democracia directa, da desprofesionalización da política, do decrecemento e da soberanía e a sustentabilidade en todos os ámbitos.[1]

O Partido da Terra constituíuse en Santiago de Compostela a 25 de xullo de 2011 e foi rexistrado oficialmente no Ministerio do Interior nesa mesma semana. Internamente, organízase en forma de mancomunidade, integrando organizacións de ámbito parroquial ou comarcal autoxestionadas e completamente independentes nas súas decisións.[2]

Partido da Terra (PT)
Partido político de Galiza
Historia
Fundación2011
Posicións políticas
Ideoloxíademocracia directa
ecoloxía
reintegracionismo
Representación
Concelleiros en Lousame
1 / 11
Outros datos
Páxina webwww.partidodaterra.net

Eleccións

Partido da Terra europeas 2014 CAT
Papeleta de voto do Partido da Terra para as eleccións europeas de 2014. Versión usada en Cataluña

O primeiro encontro electoral ao cal concorre o PT é ás eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias, en marzo de 2012. Presentouse só no distrito electoral occidental, onde se sitúa a rexión de galegófona do Eo-Navia.[3] Con apenas 18 votos, situouse como vixésima forza electoral a nivel do Principado, superando unicamente ao Partido Familia y Vida.[4] A nivel da circunscrición occidental foi a décimo cuarta.[5]

En outubro de 2012 presentouse ás eleccións ao parlamento da Galiza, nas cales obtivo 3.307 votos (0,22%), situándose como undécima forza dun total de 26 grupos que concorrían ás eleccións.

En maio de 2014 preséntase ás Eleccións ao Parlamento Europeo.[6] Para a elección da candidatura foron realizadas unhas primarias abertas a toda a poboación, onde calquera cidadán podía resultar elixido para formar parte da lista.[7] É a única forza de ámbito galego que presenta candidatura en solitario. Obtivo finalmente 9.940 votos no ámbito da circunscrición única estatal.[8]

Nas Eleccións Municipais de maio de 2015 só presentou candidatura propia no concello de Lousame, acadando a súa primeira acta de concelleira co 12,38% dos votos e situándose como terceira forza por detrás de PP e PSOE.[9] O Partido da Terra de Lousame estabeleceu quendas de rotación de catro meses para cada concelleira e renunciou a cobrar por participar nos plenos.[10]

Nas Eleccións xerais de España de 2015 as súas candidaturas nas catro circunscricións galegas obtiveron 3.026 votos ao Congreso dos Deputados e 10.128 votos ao Senado (dos que 7.083 se corresponden cos votos da candidata máis votada en cada circunscrición). Os candidatos máis votados ao Senado foron Heitor Rodal, con 2.761 sufraxios en Pontevedra, e Joám Evans Pim, con 2.390 sufraxios na Coruña.[11]

Lingua

O PT asume como propia a lingua galega, a cal entenden como indistinta da lingua portuguesa, usando a ortografía do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa para escribila.[12] O Partido da Terra adoptou como denominacións adicionais o nome do partido traducido a todas as linguas faladas no territorio do Estado.[13] Desta maneira, son tamén denominacións aceptadas Partido de la Tierra (en castelán), Partit de la Terra (en catalán), Lurraren Alderdia (en éuscaro), Partíu de la Tierra (en asturleonés), Partito de la Tierra (en aragonés), Partit de la Tèrra (en occitano), Hizb al-Ardh (en árabe) e Akabar n Wakal (en bérber).

Notas

  1. "Soberania e sustentabilidade" Arquivado 21 de maio de 2014 en Wayback Machine. na páxina web do Partido da Terra.
  2. "Somos mancomunidade, une-te!" Arquivado 21 de maio de 2014 en Wayback Machine. na páxina web do Partido da Terra.
  3. "Blogue electoral do Partido da Terra do Eu-Návia". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2014.
  4. Resultados das eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 no conxunto do Principado na páxina web asturias.es.
  5. Resultados das eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 na circunscrición occidental na páxina web asturias.es.
  6. Acuerdo de 28 de abril de 2014, de la Junta Electoral Central, de proclamación de candidaturas a las elecciones de Diputados al Parlamento Europeo, convocadas por Real Decreto 213/2014, de 31 de marzo, a celebrar el 25 de mayo de 2014..
  7. "O Partido da Terra abre as súas portas para elixir candidato ás europeas" no xornal dixital Galicia Confidencial.
  8. "Acuerdo de 11 de junio de 2014, de la Junta Electoral Central, por el que se procede a la publicación de los resultados de las elecciones de Diputados al Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 213/2014, de 31 de marzo, y celebradas el 25 de mayo de 2014, con indicación del número de escaños y de votos obtenidos por las candidaturas proclamadas" (PDF).
  9. "Resultados Eleccións Municipais de Lousame". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015.
  10. Gallego, Grupo El Correo. "Iolanda Mato cede o seu cargo de concelleira ao seguinte da lista". El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia. Consultado o 2016-01-29.
  11. "BOE.es - Documento BOE-A-2016-867". boe.es. Consultado o 2016-01-29.
  12. "Partido da Terra, nova formação política galega de praxe reintegracionista segundo o Acordo Ortográfico" no Portal Galego da Língua.
  13. "PT adota denominações em todas as línguas dos territórios sob administração" Arquivado 22 de maio de 2014 en Wayback Machine. na páxina web do Partido da Terra

Véxase tamén

Ligazóns externas

ADEGA

ADEGA é o acrónimo de Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, un grupo ecoloxista galego nacido en 1974 pero legalizado en 1976. Traballa na defensa e conservación do ambiente galego e global.

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Agir defende un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loita contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Esta ligado a Nós-UP. Contan cun representante na USC.

O órgano central e básico de Agir son os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que teñen presenza.

Asemblea Nacional-Popular Galega

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Galiza Nova

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, fundada no ano 1988.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Partido Galeguista Demócrata

O Partido Galeguista Demócrata actual é un partido político galego de centro, constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Autodefínense como galeguista, nacionalista, demócrata e europeísta. O PGD presentou candidaturas en 33 concellos nas eleccións municipais de 2007.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (SLG - CC.LL) é un sindicato nacionalista galego de agricultores/as e gandeiros/as. A súa sede central está en Santiago de Compostela e, tras a dimisión de Carme Freire na Dirección Nacional do 14 de xuño de 2012, a súa secretaria xeral é Isabel Vilalba Seivane.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Solidaridad Gallega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.