Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.[1]

Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Pablo Iglesias1
Pablo Iglesias Posse, fundador do PSOE.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Partido político de España
Logo do PSOE
Dirixentes e organización
LíderCristina Narbona
Presidenta
Pedro Sánchez
Secretario Xeral
Adriana Lastra
Voceira no Congreso dos Deputados
Ander Gil
Voceiro no Senado
MocidadesXuventudes Socialistas de España
Filiación internacionalInternacional Socialista, Partido Socialista Europeo
Historia
Fundación2 de maio de 1879
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia, socioliberalismo, progresismo, reformismo, federalismo
Representación
Congreso dos Deputados
123 / 350
Senado
121 / 208
Parlamentos autonómicos
345 / 1.268
Concelleiros
20.823 / 67.611
Europarlamento
14 / 54
Outros datos
SedeRúa Ferraz, 70
28008 Madrid, España
PublicaciónEnClave Socialista
Páxina webwww.psoe.es

Historia

Orixes

O PSOE foi o segundo partido socialista e obreiro que se fundou no mundo (só o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) se fundara con anterioridade), concretamente o 2 de maio de 1879 xúntanse de forma clandestina para fundalo un pequeno núcleo de intelectuais e obreiros (na súa maioría tipógrafos) encabezados por Pablo Iglesias, o 20 de xullo aprobou o seu primeira programa nunha asemblea na que participaron 40 persoas. El Socialista, o seu órgano de difusión apareceu en 1886, celebrou o seu primeiro Congreso en Barcelona en 1888. En 1903 organizáronse as Juventudes Socialistas de España. Conseguiu representación parlamentaria por primeira vez nas eleccións do 8 de maio de 1910, cando a Conxunción Republicano-Socialista permitiulle a Pablo Iglesias obter 40.899 sufraxios e o título de deputado a Cortes.[2] Foi reelixido en 1914, en vésperas do asasinato de Jean Jaurés, con 21.956 sufraxios, esta vez presentándose por Oviedo. O 9 de abril de 1916 repetiu escano con 18.054 sufraxios. O 24 de febreiro de 1918 Iglesias obtivo 27.694 votos, e por primeira vez estivo acompañado por outros socialistas: Julián Besteiro, Andrés Saborit, Francisco Largo Caballero, Daniel Anguiano e Indalecio Prieto, perseguidos en 1917 pola súa participación nunha folga xeral revolucionaria.

Estivo presente na vida pública española dende os seus comezos, cunha participación directa na loita revolucionaria contra o réxime da Restauración, caso da folga revolucionaria de ferroviarios de 1917, afogada en Biscaia, Asturias e Madrid.

Coma tódolos partidos socialistas marxistas europeos, o PSOE viuse sacudido pola chamada crise das Internacionais, que emerxeu durante a primeira guerra mundial[3] e que acabou separando a comunistas e socialistas en partidos diferentes e confrontados entre eles. En 1919, o Congreso do PSOE estudou a posibilidade de abandonar a II Internacional (socialista) e integrarse na nova Internacional Comunista, ou III Internacional, liderada polo Partido Comunista da Unión Soviética e posta en marcha por Vladimir Lenin. Nese ano, 1919, o PSOE contaba con 42.000 militantes.

Ante a división existente entre os delegados, o Congreso acordou esperar á seguinte reunión da II Internacional para tomar unha decisión. Desconforme coa decisión, a Federación de Juventudes Socialistas, rama xuvenil que aglutinaba ós elementos máis radicais do partido, decidiu [[escindirse do PSOE, adherirse á III Internacional e constituír a súa sección española co nome de Partido Comunista Español]], en 1920.

Ese mesmo ano, un novo Congreso Extraordinario aprobaba o ingreso condicionado do PSOE na III Internacional, e resolvía enviar unha delegación formada por Fernando de los Ríos e Daniel Anguiano á Unión Soviética, para estudar o terreo. Ó seu regreso, De los Ríos desaconsellou o sometemento do PSOE á órbita comunista, na mentres que Anguiano pronunciouse en prol. A propia Internacional Comunista, pola súa parte, rexeitou as condicións do PSOE para o seu ingreso, e urxiulle a aceptar as 21 Condicións estándar. Neste contexto, o Partido Socialista acordou, nun terceiro Congreso Extraordinario, manterse á marxe da III Internacional.

Un sector minoritario (no que se encontraba a nova Federación Nacional de Juventudes Socialistas), partidario de ingresar sen dilacións no Komintern, anunciou a súa escisión do PSOE e a fundación do Partido Comunista Obrero Español, que se fusionou co Partido Comunista Español no Partido Comunista de España, único partido español adherido ó Komintern en 1921.

A ditadura de Primo de Rivera e a II República

Así mesmo, o PSOE foi o único partido ó que se lle permitiu permanecer na legalidade durante a ditadura do Xeneral Miguel Primo de Rivera, pois aínda que Pablo Iglesias asina o 13 de setembro de 1923 o manifesto contra a ditadura, como presidente do partido e da UXT, produciuse unha división no seu seo ante a actitude que debía manterse fronte ao réxime militar. Por un lado, Largo Caballero e Saborit eran partidarios dunha certa colaboración para permitir o funcionamento do sindicato, mentres que Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos eran contrarios a esa colaboración. A crise finalizou coa dimisión da Comisión Executiva de Prieto tras o nomeamento de Largo Caballero como Conselleiro de Estado de Primo de Rivera.

Coa chegada da II República o PSOE que se presentara ás eleccións en coalición cos republicanos e conseguira 115 deputados forma parte do goberno no primeiro bienio, o denominado republicano-socialista cun total de tres ministros: Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos. Durante o segundo bienio ou bienio negro, algúns dirixentes do partido involúcranse nos sucesos revolucionarios de Asturias, coñecidos como Revolución de 1934 e xa non volvería ó goberno ata despois de comezada a guerra civil, ó ser nomeado en setembro Largo Caballero o primeiro presidente do goberno socialista da historia de España. No ano 1936 contaba con 60.000 afiliados.

Baixo os auspicios do partido, vótase no 1931 a favor da participación das mulleres como electoras, postura defendida por Clara Campoamor en contra de parte dos seus propios compañeiros, que defendían un atraso en dita concesión de voto debido á influencia da igrexa nas mulleres.

O PSOE durante o franquismo

O PSOE foi ilegalizado durante o período posterior á guerra civil española, como o foron todos os demais partidos e organizacións políticas a excepción dos pertencentes ó denominado Movemento Nacional (o partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS e o seu sindicato vertical, a Central Nacional Sindicalista), os militantes e dirixentes que sobreviviron á guerra e permaneceron en España sufriron a represión ou permaneceron no silencio mentres o PSOE mantiña a súa estrutura no exilio.

En 1942 reorganizouse no interior con 300 comités locais nos penais e campos de concentración. En 1944 formouse a primeira Comisión Executiva no interior detida catro meses despois. Ata 1953, as seis executivas do interior foron desmanteladas pola policía e presos os seus dirixentes, ano no que era asasinado o Presidente, Tomás Centeno, na sede da Dirección Xeral de Seguridade, hoxe sede do Goberno da Comunidade de Madrid. En xeral en España, o PSOE tivo unha actividade clandestina moi inferior á do PCE, e practicamente inexistente en moitos territorios como foi o caso de Galicia.

Tras a transición á democracia

A renovación ideolóxica e política iniciada a comezos dos setenta e culminada no Congreso de Suresnes en 1974, que se impuxo ao PSOE do exilio que dirixía Rodolfo Llopis o PSOE do interior dirixido por Felipe González e unha nova xeración de socialistas, co apoio e a solidariedade da Internacional Socialista, puxo ó PSOE en condicións de ser protagonista activo da transición e lle permitiu converterse no primeiro partido da oposición nas primeiras eleccións democráticas de 1977. O apoio obtido polos socialistas e por quen propoñían un proceso materialmente constituínte, evitou que se impuxeran os que pretendían as reformas das institucións da ditadura. O PSOE, coas súas propias achegas e con algunha expresa renuncia de algúns dos seus postulados sensibles en prol do acordo colectivo, contribuíu decisivamente a alcanzar o consenso do que xurdiría a actual Constitución española de 1978. Dende a oposición cooperou no desenvolvemento inicial da mesma, e articulou unha alternativa política da que se nutrirían moitos dos seus futuros proxectos.

Tras o intento golpista de 1981 o PSOE asumiu, dende a oposición, o liderado alternativo de goberno, contribuíndo decisivamente á estabilidade política, á consolidación da transición, ó afianzamento da democracia, fortalecendo así as expectativas de troco.

O PSOE no goberno

Nas eleccións de 1982 o PSOE conseguiu máis de 10 millóns de votos e maioría absoluta, Felipe González asumiu a presidencia do goberno e durante catro lexislaturas, as dúas primeiras con maioría absoluta, o PSOE gobernou España, chegando a gobernar consecutivamente case 14 anos dos 26 anos de normalidade democrática. Atesourou ó longo dese período un inmenso caudal político que lle permitiu transformar o país nos máis diversos campos, por medio da súa xestión en concellos, comunidades autónomas e no goberno de España. O goberno do PSOE asegurou a estabilidade democrática, en risco tras o intento de golpe de Estado de 1981, consagrou definitivamente a hexemonía do poder civil e integrou España na Comunidade Económica Europea

Pero en 1996 perdería as eleccións debido ao esgotamento e ás acusacións de corrupción e guerra sucia contra ETA.

En 1997, Felipe González renuncia á secretaría xeral e é relevado por Joaquín Almunia. Nas primarias do 24 de abril de 1998, Joaquín Almunia, candidato oficial perde fronte a Josep Borrell, máis carismático, que ten que renunciar debido ás presións dos medios e da dirección do partido e a problemas de saúde.

Nas eleccións do 12 de marzo de 2000, o Partido Popular volve a gañar as eleccións, esta vez por maioría absoluta. Ese mesmo día, Joaquín Almunia presenta a súa dimisión. No 35 congreso, celebrado do 21 ao 23 de xullo de 2000 é elixido secretario xeral José Luis Rodríguez Zapatero.

Liderado de José Luis Rodríguez Zapatero (2000-2012)

Baixo o liderado de José Luis Rodríguez Zapatero, o PSOE recuperou terreo electoral fronte ao PP, superándoo nas eleccións autonómicas e municipais de 2003 e gañando as eleccións xerais de 2004 con maioría simple, así como as europeas do mesmo ano. As citadas eleccións xerais coincidiron cos días sucesivos aos atentados do 11 de marzo e a criticada xestión do PP dos mesmos.

Nas eleccións xerais de 2008 o Partido Socialista Obrero Español volveu gañar os comicios, obtendo 169 deputados, cinco máis que en 2004 e un 43,87 % dos votos. En decembro, o PSOE creou o seu propio think tank, a Fundación Ideas para el Progreso. En 2011 destapouse o caso ERE, aínda sen pechar.

Liderado de Alfredo Pérez Rubalcaba (2012-2014)

Nas eleccións xerais de España de 2011, o PSOE, que presentaba a Alfredo Pérez Rubalcaba como candidato, obtivo 110 escanos (59 menos que 2008, o seu peor resultado desde a restauración da democracia) e un 28,76 % dos votos. Tampouco nas municipais de 2011 obtivo bos resultados, chegando a perder a segunda cidade máis poboada do país, Barcelona, a cal gobernaba desde as primeiras eleccións democráticas. Obtivo o goberno, en cambio, en dez capitais de provincia, sete en solitario (Cuenca, Lleida, Lugo, Ourense, Tarragona, Toledo e Zaragoza) e dúas con apoios (Segovia e Vigo). Respecto de autonomías, só gobernaba en Andalucía (xunto con Izquierda Unida), Asturias (en minoría, con apoio parlamentario de IU e UPyD) e Canarias (xunto a CC).

No 38º Congreso Federal do PSOE celebrado en Sevilla, Alfredo Pérez Rubalcaba foi elixido secretario xeral do PSOE o 4 de febreiro de 2012, con 487 votos a favor da súa candidatura e con 465 votos para a candidatura da súa rival, Carme Chacón. Tras os malos resultados do PSOE nas eleccións europeas de 2014, Pérez Rubalcaba anunciou a súa dimisión e proclamáronse tres candidatos: Pedro Sánchez, Eduardo Madina e José Antonio Pérez Tapias.

Liderado de Pedro Sánchez (2014-presente)

Nas eleccións primarias do partido celebradas o 13 de xullo de 2014, Pedro Sánchez obtivo un 49 % dos votos, fronte a un 36 % de Madina e un 15 % de Pérez Tapias, converténdose no novo secretario xeral. Afronta o reto de recuperar a unidade do partido e a confianza dos antigos votantes do PSOE, un 25 % dos cales segundo unha enquisa do CIS de outubro de 2014 decantaríase por un novo partido, Podemos. A partir de novembro de 2014, o PSOE optou, en cambio, pola estratexia de deixar de chamarlles populistas para presentarlles en cambio como situados na extrema esquerda, tentando conservar así a hexemonía do centro esquerda.[Cómpre referencia]

Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía de 2015, celebradas anticipadamente en marzo de 2015, o PSOE foi a forza máis votada. Con todo, ao non obter maioría absoluta, a investidura de Susana Díaz como presidenta da Junta foi rexeitada ata en tres ocasións, a causa do voto en contra de PP, Podemos, Ciudadanos e Izquierda Unida. Marcadas por un «retroceso do bipartidismo», nas eleccións municipais de maio de 2015, o PSOE tivo un mínimo no total de votos; nas eleccións autonómicas celebradas na mesma data, conseguiu volver ser a formación máis votada na comunidade autónoma de Estremadura, así como manterse en primeira posición en Asturias. Noutras comunidades como Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Aragón ou as Illas Baleares, foi a segunda forza, polo que necesitaría pactar con outras formacións para ocupar os gobernos autonómicos.

Despois de non conseguir aprobar os presupostos xerais do estado ao estar gobernando en minoría, Sánchez convocou eleccións xerais en abril de 2019, nas que foi o partido máis votado, con 123 escanos.[4]

Líderes

Presidente Mandato
1. Pablo Iglesias Posse 1879-1925
2. Julián Besteiro 1925-1931
3. Remigio Cabello 1931-1932
4. Francisco Largo Caballero 1932-1935
5. Indalecio Prieto 1935-1948
6. Trifón Gómez 1948-1955
- Vacante 1955-1964
7. Pascual Tomás 1964-1967
8. Ramón Rubial 1967-1970
- Dirección colexiada 1970-1976
9. Ramón Rubial 1976-1999
10. Manuel Chaves 1999-2012
11. José Antonio Griñán 2012-2014
12. Micaela Navarro 2014-2016
- Vacante 2016-2017
13. Cristina Narbona 2017-actualidade
Secretario xeral Mandato
1. Ramón Lamoneda 1936-1944
2. Rodolfo Llopis 1944-1972
- Dirección colexiada 1972-1974
3. Felipe González 1974-1997
4. Joaquín Almunia 1997-2000
5. José Luis Rodríguez Zapatero 2000-2012
6. Alfredo Pérez Rubalcaba 2012-2014
7. Pedro Sánchez Pérez-Castejón 2014-2016
- Comisión xestora 2016-2017
8. Pedro Sánchez Pérez-Castejón 2017-actualidade
Vicesecretario xeral Mandato
1. Alfonso Guerra 1979-1997
- Vacante 1997-2008
2. José Blanco López 2008-2012
3. Elena Valenciano 2012-2014
- Cargo suprimido 2014-2017
4. Adriana Lastra 2017-actualidade
Secretario de Organización Mandato
1. Nicolás Redondo 1974-1976
2. Alfonso Guerra 1976-1979
3. Carmen García Bloise 1979-1984
4. Txiki Benegas 1984-1994
5. Ciprià Císcar 1994-2000
6. José Blanco López 2000-2008
7. Leire Pajín 2008-2010
8. Marcelino Iglesias 2010-2012
9. Óscar López Águeda 2012-2014
10. César Luena 2014-2016
- Vacante 2016-2017
11. Jose Luis Ábalos 2017-actualidade

Ideoloxía

A ideoloxía do Partido Socialista Obrero Español foi evolucionado ao longo do tempo.

Modelo de estado

En contraste co centralismo que lle caracterizaría en datas anteriores, coa chegada da Transición o PSOE viraría a unha posición máis federalista respecto da organización do Estado. No Congreso de Suresnes de 1974, representado por Felipe González e Alfonso Guerra, o partido defendía o dereito de autodeterminación dos pobos formantes do Estado español. Na actualidade, o PSOE propugna un federalismo asimétrico, situándose en contra do proceso soberanista de Cataluña. Durante os gobernos de Felipe González o partido caracterizouse pola súa posición europeísta, ao considerar clave esta integración en Europa para a modernización económica do país.

Defínense como republicanos aínda que apoian o consenso constitucional do 1978. Recibiron críticas por estar en contra de celebrar un referendo despois da abdicación de Xoán Carlos I. Os ex-presidentes Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero situáronse en contra dunha democracia directa ou participativa similar á de Suíza, e en contra da revogatoria do mandato.

Política económica

O PSOE fundouse co propósito de representar e defender os intereses da clase obreira xurdida coa revolución industrial do século XIX. Seguindo a corrente filosófica e política marxista, pretendía a toma do poder político pola clase traballadora e a socialización dos medios de produción para establecer a ditadura do proletariado, como período de transición cara á sociedade socialista.

En 1979 o partido abandonou definitivamente as teses marxistas, da man do seu entón secretario xeral Felipe González, non sen antes superar grandes tensións e dous Congresos, o primeiro deles favorable a manter o marxismo. Ante esta situación, destacados líderes do interior como Pablo Castellano ou Luis Gómez Llorente fundaron a corrente ideolóxica interna Izquierda Socialista, agrupando aos militantes que apostaban por manter maior continuidade coa tradición do partido, en contra da postura máis «flexible» ideoloxicamente pola que apostaron González e Guerra nos primeiros anos da Democracia.

A política dos períodos de goberno de Felipe González foi definida como socioliberal, e próxima á neoliberal, por Julio Aróstegui. Fernando Aguilar comparte este punto de vista. José María Martín Arce apuntou que as políticas aplicadas polos dous primeiros gobernos dun PSOE «centrista» liderado por Felipe González poderían ser cualificadas como «liberal-progresistas». Outra serie de autores apoiou a caracterización crítica de «neoliberal» da política económica de varios gobernos de Felipe González.

Varias fontes adscribiron ao partido á socialdemocracia. A política económica actual do PSOE foi definida como neoliberal por Vicenç Navarro. Algúns membros do PSOE manifestáronse respecto diso: José Antonio Pérez Tapias, excandidato á secretaría xeral afirmou en 2014 que o PSOE tiña que quitarse de encima décadas de «contaminación neoliberal» e Patxi López afirmou en 2013, despois de perder as eleccións xerais de 2011 que «A esquerda abandonou a súa responsabilidade ante o neoliberalismo».

Política social

Apostou por un modelo laico de Estado na década de 1980, ademais de defender o aborto nos supostos de perigo para a vida da nai, malformación fetal e violación. Nos últimos anos, o PSOE posicionouse a favor do matrimonio homosexual e dunha lei do aborto de prazos.

Simboloxía

Logotipo

PSOE antiguo

Primeiro logotipo do PSOE, utilizado dende a década de 1920 ata 1976. Representaba a unión dos traballos físico e intelectual.

Logo PSOE, 1976-2001

Logotipo usado dende 1976 ata 2001.

Logotipo del PSOE

Logotipo usado dende 2001.

PSOE (variante de imagen de marca, 2015)

Logotipo usado alternativamente xunto co anterior dende 2015.

Resultados electorais

O PSOE obtivo o seu primeiro deputado, Pablo Iglesias Posse, nas eleccións xerais de 1910 dentro da Conxunción Republicano-Socialista, que incluía xunto ao PSOE ao Partido Republicano Radical (PRR), o Partido Republicano Democrático Federal (PRDF), o Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) e independentes republicanos.

Eleccións xerais

Comicios Cabeza de lista # de votos % de
votos
Deputados Senadores Notas
1907 Pablo Iglesias Posse 0,2%
0 / 404
1910 Pablo Iglesias
1 / 404
Dentro da Conxunción Republicano-Socialista
1914 Pablo Iglesias
1 / 409
Dentro da Conxunción Republicano-Socialista
1916 Pablo Iglesias
1 / 409
Dentro da Conxunción Republicano-Socialista
1918 Pablo Iglesias
6 / 409
Dentro da Alianza de Esquerdas
1919 Pablo Iglesias
6 / 409
Dentro da Conxunción Republicano-Socialista
1920 Pablo Iglesias
4 / 437
1923 Pablo Iglesias
7 / 437
1931 Julián Besteiro 24,5%
115 / 470
- Dentro da Conxunción Republicano-Socialista
1933 Francisco Largo Caballero 12,5%
59 / 473
-
1936 Indalecio Prieto 20,9%
99 / 473
- Membro do Frente Popular e do Front d'Esquerres.
1977 Felipe González 5.371.866 29,32%
118 / 350
54 / 207
Inclúe a Socialistes de Catalunya.[5]
1979 Felipe González 5.469.813 30,40%
121 / 350
69 / 208
O PSC presentouse ao Senado dentro de Nova Entesa.
1982 Felipe González 10.127.392 48,11%
202 / 350
134 / 208
Inclúe ao Partido de Acción Democrática (PAD).
1986 Felipe González 8.901.718 44,06%
184 / 350
124 / 208
1989 Felipe González 8.115.568 39,60%
175 / 350
105 / 208
1993 Felipe González 9.150.083 38,78%
159 / 350
96 / 208
1996 Felipe González 9.425.678 37,63%
141 / 350
81 / 208
2000 Joaquín Almunia 7.918.752 34,16%
125 / 350
60 / 208
Inclúe ao Partido Democrático de la Nueva Izquierda (PDNI).
O PSC presentouse ao Senado dentro de Entesa Catalana de Progrés.
2004 José Luis Rodríguez Zapatero 11.026.163 42,59%
164 / 350
89 / 208
Inclúe a Los Verdes e PREx-CREx, e o apoio de UDCE e CxM.
O PSC presentouse ao Senado dentro de Entesa Catalana de Progrés
2008 José Luis Rodríguez Zapatero 11.289.335 43,87%
169 / 350
96 / 208
Inclúe a PREx-CREx, e o apoio de UDCE.
O PSC presentouse ao Senado dentro de Entesa Catalana de Progrés.
2011 Alfredo Pérez Rubalcaba 7.003.511 28,76%
110 / 350
54 / 208
Inclúe a PREx-CREx.
O PSC presentouse ao Senado dentro de Entesa pel Progrés de Catalunya.
2015 Pedro Sánchez 5.530.693 22,01%
90 / 350
47 / 208
Inclúe a SIEX e NCa.
2016 Pedro Sánchez 5.424.709 22,67%
85 / 350
43 / 208
Inclúe a SIEX e NCa.
abril de 2019 Pedro Sánchez 7.480.755 28,68%
123 / 350
123 / 208
novembro de 2019 Pedro Sánchez

Eleccións municipais

Comicios Líder # de votos % Concelleiros Notas
1979 Felipe González 4.615.837 28,17%
12.059 / 67.505
1983 Felipe González 7.683.197 43,03%
23.325 / 67.312
1987 Felipe González 7.229.782 37,08%
23.241 / 65.577
1991 Felipe González 7.224.242 38,34%
25.260 / 66.308
1995 Felipe González 6.838.607 30,84%
21.189 / 65.869
1999 Joaquín Almunia 7.296.484 34,26%
21.917 / 65.201
2003 José Luis Rodríguez Zapatero 7.999.178 34,83%
23.224 / 65.510
2007 José Luis Rodríguez Zapatero 7.760.865 34,92%
24.029 / 66.131
2011 José Luis Rodríguez Zapatero 6.275.314 27,79%
21.766 / 68.230
2015 Pedro Sánchez 5.603.823 25,02%
20.823 / 67.611

Eleccións ao Parlamento Europeo

Comicios Cabeza de lista # de votos % de
votos
Escanos
Representación de 1986 - - -
36 / 60
1987 Fernando Morán 7.522.706 39,06%
28 / 60
1989 Fernando Morán 6.275.552 39,57%
27 / 60
1994 Fernando Morán 5.719.707 30,79%
22 / 64
1999 a Rosa Díez 7.477.823 35,33%
24 / 64
2004 b José Borrell 6.741.112 43,46%
25 / 54
2009 Juan Fernando López Aguilar 6.141.784 38,78%
21 / 50
2014 Elena Valenciano 3.614.232 23,01%
14 / 54

a Inclúe ao PDNI
b Inclúe a Los Verdes, que obtiveron 1 deputado.

Notas

  1. "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno tras ganar la moción de censura a Rajoy". El País (en castelán).
  2. «El desarrollo de la organización socialista (1879-1921)». Plana web oficial del PSOE
  3. Paul Heywood Marxism and the Failure of Organised Socialism in Spain, 1879-1936. Cambridge University Press , pp. 26-27
  4. "El PSOE gana las elecciones pero necesitará pactar y el PP sufre una debacle histórica". El País (en castelán).
  5. Dos 118 parlamentarios, 8 foron polo PSC-C.

Véxase tamén

Artigos relacionados

Bibliografía

Ligazóns externas

Alfonso Guerra

Alfonso Guerra González', nado en Sevilla o 31 de maio de 1940, é un político do PSOE español, deputado polo Partido Socialista Obrero Español no Congreso dos Deputados desde 1977 e vicepresidente do Goberno de España entre 1982 e 1991. É Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional Federico Villarreal de Lima (Perú), que lle outorgou a mencionada distinción en 1988. A Universidade de Roma concedeulle a súa Medalla de Ouro en 1984.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 4 e o 7 de xuño de 2009, e celebráronse por primeira vez ao mesmo tempo nos 27 estados membros.

Eleccións autonómicas de Asturias

As eleccións autonómicas de Asturias celebráronse en nove ocasións desde a chegada da democracia ao Principado de Asturias.

En sete delas resultou vencedor o Partido Socialista Obrero Español, noutra o Partido Popular, e noutra Foro Asturias.

Á parte dos xa citados, outros seis partidos obtiveron representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias: Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Unión Renovadora Asturiana, Centro Democrático y Social, Partíu Asturianista e Partido Comunista de Asturias.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións municipais en Ourense

Corporacións democráticas en Ourense desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis López Iglesias — UCDAos primeiros comicios democráticos presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a Unión de Centro Democrático, cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro José Luis López Iglesias, que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía Victorino Núñez. En segunda posición quedou a Coalición Democrática, cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo home de prol local Celso Vázquez-Gulías, e nela figuraba tamén, como número 5, Ángel Villanueva Cendón. En terceira posición figurou o Partido Socialista Obrero Español, co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre Manuel Sueiro e como número 3 figuraba Manuel Veiga Pombo..

Tamén foron elixidos concelleiros do Partido Comunista de Galicia, do BNPG e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico Manuel Peña Rey. A candidatura nacionalista obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por Norberto Tabarés. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era Adolfo Saa, mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.

Ademais, presentáronse o Partido Socialista Obrero Español (Histórico), encabezado polo líder veciñal Manuel Villar, que obtivo un 3,76% e mais o Movemento Comunista de Galicia, do profesor Enrique Pujales, que obtivo o 0,77% dos sufraxios. Ningunha destas formacións conseguiu representación.

Modelo:Ourense 1979

1983 Alcalde: Antonio Caride-Tabarés Castro — CPModelo:Ourense 1983

1987 Alcalde: Jorge Bermello Fernández — AP ; Manuel Veiga Pombo (1987-1991) PSdeG-PSOE ; José Luis Mondelo García (1991) IG.Modelo:Ourense 1987

1991 Alcalde: Manuel Veiga Pombo — PSdeG-PSOEModelo:Ourense 1991

1995 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1995

1999 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1999

2003 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG ; Enrique Nóvoa López (2007)

2007 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE ; Marga Martín - PSdeG-PSOE (en funcións) ; Agustín Fernández Gallego PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Xesús Vázquez Abad — PPdeGCandidatos: Xesús Vázquez Abad (PP), Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), José Ángel Vázquez Barquero (PSdeG-PSOE), Miguel Doval Garza (Ourense en Común), Susana María García Rodríguez (BNG), Aurelio Prado Rodríguez (ANOVA), José Mosquera Casero (CxG-CCTT), Alexandra González Ferreiro (PACMA), Olga María Fabello García (UPyD), Luis Fernando José Riobó Izquierdo (Movimiento RED) e Fernando Alonso Lorenzo (Coalición Galega).

2019 Alcalde: Gonzalo Pérez Jácome

Eleccións xerais de España de 1919

As eleccións xerais de España de 1919 foron convocadas no medio dunha crise política e económica sen precedentes, cedlebrándose o 1 de xuño de 1919, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso dos Deputados, e o partido máis votado foi a coalición dos sectores mauristas e ciervistas do Partido Conservador, dirixido entón por Antonio Maura. O Partido Socialista Obrero Español, o Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) e a Federación Republicana presentáronse xuntos na Conjunción republicano-socialista, pero só alcanzaron 15 escanos.

Foi elixido presidente do Congreso Juan Armada, marqués de Figueroa (substituído o 29 de xullo de 1919 por José Sánchez Guerra) e presidente do Senado Manuel Allendesalazar (substituído máis tarde por Joaquín Sánchez de Toca Calvo). O xefe de goberno foi Antonio Maura, ata que o 20 de xullo foi nomeado Joaquín Sánchez de Toca Calvo. En decembro foi obrigado a dimitir, e dada a incapacidade de Eduardo Dato para formar goberno, foi nomeado xefe do executivo Manuel Allendesalazar o 12 de decembro, quen renunciou o 20 de maio de 1920, momento no que se convocaron novas eleccións.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

José Montilla

José Montilla Aguilera, nado en Iznájar, provincia de Córdoba, o 15 de xaneiro de 1955, é un político andaluz. Actualmente é senador autonómico por proposta do Parlamento de Cataluña. Así mesmo é primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya dende o 18 de xuño de 2000, membro da Comisión Executiva Federal e do Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español dende o 23 de xullo de 2000. Foi presidente da Generalitat de Cataluña dende 2006 até 2010, ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España de José Luis Rodríguez Zapatero dende o 18 de abril de 2004 até o 9 de setembro de 2006, substituíndoo no cargo Joan Clos, daquela alcalde de Barcelona. Está casado con Anna Hernández e ten cinco fillos

Leire Pajín

Leire Pajín Iraola, nada en Donostia en 1976, é unha política española afiliada ao Partido Socialista Obrero Español que foi ministra de Sanidade e Consumo.

Pablo Iglesias Posse

Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

Partido Socialista Obrero Español de Andalucía

O Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A) é a federación na comunidade autónoma de Andalucía do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), anteriormente coñecida como Federación Socialista Andaluza (FSA).

Fundado en 1977, o PSOE de Andalucía gobernou a rexión dende 1978 de forma ininterrompida, e gañou todas as eleccións autonómicas dende a constitución da autonomía andaluza agás as eleccións de marzo de 2012, nas que se situou como segunda forza política tras o Partido Popular Andaluz, podendo non obstante formar goberno grazas a un pacto con Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía.

Partido Socialista Obrero Español en Galicia

Este artigo refírese ao PSOE en Galicia antes de constituírse en partido político, denominado primeiro Partido Socialista de Galicia e despois Partido dos Socialistas de Galicia autónomo dentro do PSOE.O PSOE comezou a súa andaina en Galicia en 1891 ao constituírense as agrupacións locais de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, nos anos seguintes o partido tivo escasa influencia no seo da sociedade galega pero si conseguiu unha certa influencia indirectamente, a través da Unión General de Trabajadores, as zonas de maior implantación do partido eran Ferrolterra e Vigo. En 1915 constituíuse a Federación Rexional de Galicia e a partir de 1920 a militancia comezou a aumentar significativamente, con todo en 1930 contaba con 700 militantes nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 sacou 120 concelleiros, destacando Ferrol con 13 e Vigo con 7, nas eleccións constituíntes de 1931 obtivo 8 deputados, en 1932 o PSOE contaba con 3.600 militantes en 78 agrupacións locais.

Nas eleccións de 1933 o PSOE con conseguiu representación parlamentaria en Galicia e tras os sucesos de 1934, nos que o PSOE non participou, detívose a algúns dos seus dirixentes, como Xaime Quintanilla. O PSOE aliouse cos republicanos de esquerda e os galeguistas na Frente Popular para concorrer ás eleccións de 1936 e conseguiu 6 deputados en Galicia e aumentou espectacularmente a afiliación, uns 20.000 afiliados segundo informes policiais, ao tempo que asumía a autonomía para Galicia que anteriormente tan só tiña o apoio dunha pequena minoría dos socialistas encabezada por Quintanilla xa que a maioría como sinalou o congreso rexional de 1931 cría que en Galicia non se sentía a necesidade dunha autonomía rexional e condenaban todo intento de nacionalismo idiomático e político favorecendo, pola contra, a descentralización administrativa municipal.

A Guerra Civil española levou os socialistas galegos á clandestinidade, a prisión, o exilio ou a morte e apenas nada quedou da súa organización en Galicia, totalmente esfarelada pola represión franquista e non foi ata 1973 cando comeza o proceso de implantación ao xurdir un núcleo de militantes na Facultade de Económicas de Santiago e sobre todo polos contactos realizados por Felipe González nas súas visitas a Galicia en 1976 e a constitución a Federación Socialista Galega polas 7 agrupacións locais galegas e aproximadamente 150 ou 200 militantes (A Coruña, Santiago de Compostela, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) que celebrou o seu I Congreso Nacional en febreiro de 1977 elixindo como secretario de organización a Francisco Vázquez Vázquez, progresivamente o número de agrupacións locais foi aumentando ata chegar a 20 para as eleccións de xuño de 1977 nas que o PSOE conseguiu en Galicia 3 escanos e o 15,5 % dos votos, a partir dese momento o aumento de afiliacións ao partido acelerouse. No Congreso extraordinario de novembro de 1977, a proposta do sector galeguista, adoptouse o nome de Partido Socialista de Galicia-PSOE que despois de varios contenciosos co Partido Socialista Galego cambiou a Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Pedro Solbes

Pedro Solbes Mira (El Pinós, Alacant, 31 de agosto de 1942), é un político do Partido Socialista Obrero Español.

Unión General de Trabajadores

A Confederación Sindical Unión General de Trabajadores de España, máis coñecida como Unión General de Trabajadores (UGT), en galego Unión Xeral de Traballadores, é unha organización sindical obreira española, de orientación socialista de práctica socialdemócrata e que comparte orixe histórico co Partido Socialista Obrero Español (PSOE). É a segunda central sindical do país, detrás de CC.OO.

Xuventudes Socialistas de España

Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obrero Español. Ten independencia ou autonomía orgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.