Partido Regionalista de Cantabria

O Partido Regionalista de Cantabria (PRC) é un partido político español de carácter rexionalista cántabro cuxo ámbito territorial circunscríbese á comunidade autónoma de Cantabria.

LOGO PRC
Logo do Partido.
Miguel Angel Revilla
Miguel Ángel Revilla.

Historia e caracterísiticas

A orixe do partido áchase na Asociación para la Defensa de los Intereses de Cantabria (ADIC), fundada o 14 de maio de 1976, co obxectivo de impulsar a vocación autonomista cántabra. En 1978, cando se pechaba o mapa das pre-autonomías de España, do que Cantabria quedaba á marxe, no seo da ADIC propúxose a creación dun partido rexionalista e independente, que promovese a autonomía de Cantabria, e concorrese ás eleccións municipais de 1979.

O 10 de novembro de 1978, nacía o Partido Regionalista de Cantabria, fundado por Miguel Ángel Revilla Roiz, Manuel Izquierdo Nozal, José Luis Oria Toribio, Eduardo Obregón Barreda e mais Juan José García González.

Desde 2003 o secretario xeral do PRC, Miguel Angel Revilla, é presidente de Cantabria mercé a formación dunha coalición co PSOE/PSC.

Resultados electorais

Eleccións ao Parlamento de Cantabria

Ano Eleccións Candidato Votos % de votos Escanos Posición
1983 Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1983 Eduardo Obregón Barreda 18.842 6.79% 2 3
1987 Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1987 Eduardo Obregón Barreda 37.950 12,86% 5 3
1991 Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1991 Miguel Ángel Revilla Roiz 19.064 6,35% 2 4
1995 Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1995 Miguel Ángel Revilla Roiz 46.527 14.55% 6 4
1999 Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 1999 Miguel Ángel Revilla Roiz 42.896 13.51% 6 3
2003 Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2003 Miguel Ángel Revilla Roiz 67.003 19.39% 8 3
2007 Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2007 Miguel Ángel Revilla Roiz 98.655 28.87% 12 2
Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 1999

As eleccións ao Parlamento de Cantabria de 1999 celebráronse o 13 de xuño. Nesta lexislatura repetiuse o mesmo pacto entre PRC e PP. José Joaquín Martínez Sieso volveu ser proclamado Presidente do Goberno de Cantabria co apoio dos rexionalistas. Así mesmo, o PSOE concorreu xunto a escisión de Izquierda Unida Izquierda Democrática Cántabra baixo o nome de PSOE-Progresistas.

Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2003

As eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2003 celebráronse o 25 de maio. O PRC foi o único partido con representación parlamentaria que incrementou o seu número de escanos nestes comicios. PP e PSC-PSOE perderon ambos un escano. Nesta ocasión, non se revalidou o pacto entre PP e PRC, dándose un acordo entre socialistas e rexionalistas. Deste xeito, o PRC e o PSC-PSOE formaron goberno nesta lexislatura, e Miguel Ángel Revilla (PRC) foi elixido presidente de Cantabria, mentres que Dolores Gorostiaga, a secretaria xeral do PSC-PSOE, foi nomeada vicepresidenta. Ambos partidos repartíronse o mesmo número de consellarías.

Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2007

As eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2007 celebráronse o 27 de maio. Foi, novamente, só o Partido Regionalista de Cantabria quen incrementou o seu número de escanos. Nesta lexislatura revalidouse o pacto entre socialistas e rexionalistas, de maneira que Miguel Ángel Revilla (PRC) volveu ser investido presidente de Cantabria. O PSOE quedou con cinco consellarías, deixando ao PRC con catro, e Dolores Gorostiaga volveu ser nomeada vicepresidenta.

Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2011

As eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2011 celebráronse o 22 de maio de 2011, no marco das eleccións autonómicas de España de 2011. Elixíronse 39 deputados.

Eleccións municipais de España de 2011

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.

Miguel Ángel Revilla

Miguel Ángel Revilla Roiz, nado en Polaciones o 23 de xaneiro de 1943, é un economista e político rexionalista cántabro, considerado centrista.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.