Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido Popular de Galicia (PPdeG)
Partido político de Galicia
People's Party (Spain) Logo
Dirixentes e organización
LíderAlberto Núñez Feijóo
MocidadesNovas Xeracións
Historia
Fundación1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
centro-dereita
Centro
Liberalismo
Galeguismo
Democracia cristiá
Representación
Parlamento de Galicia
41 / 75
Deputados por Galicia
(Congreso)
9 / 23
Senadores por Galicia
10 / 19
Deputados provinciais en Galicia
49 / 108
[1]
Alcaldías en Galicia
161 / 313
Concelleiros en Galicia
1.631 / 3.721
Outros datos
SedeAvda. Fernando Casa Novoa - Edif. C.N.L. Bloque 2, Santiago de Compostela
Páxina webwww.ppdegalicia.gal/
Twitter@ppdegalicia
Facebookppdegalicia

Ideoloxía

Manuel-Fraga-Iribarne
Manuel Fraga.

O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo[2] até o nacionalismo español[3]. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro[4] e con raíces cristiás[5].

Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG

Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal

O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por ex ministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendencia liberal-conservadurista do seu partido[6].

Nuñezfeijoo
Alberto Núñez Feijóo, actual presidente do PPdeG

Ideoloxía do PPdeG na actualidade

Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña[7], Xesús Palmou[8] ou o propio presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo[9], quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos[Cómpre referencia] e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas,[Cómpre referencia] e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro[10], destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo ex-presidente estatal Mariano Rajoy[11] ou o ex-presidente do goberno español José María Aznar[12]. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal[13][14][15] como europeo[16] do Partido Popular.

Resultados electorais

Eleccións ao Parlamento de Galicia

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
1985 Gerardo Fernández Albor
(Coalición Popular: AP, PDP, PL e Centristas de Galicia)
34 parlamentarios 45,33% 8
En comparación cos resultados obtidos por AP
516.218 40,4% 215.179
En comparación cos resultados obtidos por AP
1989 Manuel Fraga 38 parlamentarios 50,66% 4 582.157 44,3% 65.939
1993 Manuel Fraga 43 parlamentarios 57,33% 5 763.839 52,6% 181.682
1997 Manuel Fraga 42 parlamentarios 56% 1 832.751 52,2% 68.915
2001 Manuel Fraga 41 parlamentarios 54,66% 1 791.885 51,6% 40.866
2005 Manuel Fraga 37 parlamentarios 49,33% 4 756.562 44,9% 35.323
2009[17] Alberto Núñez Feijóo 38 parlamentarios 50,66% 1 789.427 47,47% 32.865
2012[18] Alberto Núñez Feijóo 41 parlamentarios 54,66% 3 653.934 45,7% 135.493
2016[19] Alberto Núñez Feijóo 41 parlamentarios 54,66% = 682.150 47,56% 20.869

Notas

  1. Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.
  2. Fraga avoga polo galeguismo e o autogoberno solidario[Ligazón morta]
  3. Galicia-Hoxe engloba ao Partido Popular, UPD e Galicia Biligüe dentro do nacionalismo español
  4. "PP, o centrismo e o reformismo". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 07 de abril de 2009.
  5. Aznar reivindica as raíces cristiás de Europa
  6. Herrero de Miñón e o liberal-conservadorismo
  7. Xosé Cuiña, perfil galeguista
  8. Xesús Palmou e a necesidade do galeguismo dentro do Partido Popular[Ligazón morta]
  9. Feijóo reivindica o galeguismo do PP
  10. Barreiro reivindica un xiro ao galeguismo
  11. Rajoy defende un partido moderado e de centrista
  12. José María Aznar fala dun PP de centro-dereita
  13. Privatización masiva proposta polo PP
  14. Relación do PP coa Igrexa Católica[Ligazón morta]
  15. O PP contra o matrimonio gay
  16. O PP e a resolución sobre o Franquismo no parlamento europeo
  17. Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 27 de marzo de 2009.
  18. Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 7 de novembro de 2012.
  19. "eleccións ao parlamento de galicia 2016".

Véxase tamén

Ligazóns externas

21 de outubro

O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1993

O 17 de outubro de 1993 celebráronse as eleccións da IV Lexislatura ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 293 169 electores, os votantes foron 1 472 017 (64,2 %), con 821.152 de abstencións (35,8 %). O Partido Popular de Galicia gañou novamente por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG entra en crise de liderado e perde moitos votos, mentres que o Bloque Nacionalista Galego comezaba a mostrarse como alternativa ao poder. O resto de partidos políticos non obtiveron representación parlamentaria.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997

O 19 de outubro de 1997 celebráronse as quintas eleccións ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 565 131 electores, os votantes foron 1 603 731 (62,5 %), con 961.400 abstencións (37,5 %). O Partido Popular de Galicia gaña novamente por maioría absoluta, e conseguindo o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG é superado como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego. O resto de partidos políticos non conseguiron representación parlamentaria.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001

O 21 de outubro de 2001 celebráronse as sextas eleccións ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 567 656 electores, os votantes foron 1 544 687 (60,2 %), con 1 022 969 abstencionistas (39,8 %). O Partido Popular de Galicia gañou novamente por maioría absoluta, e conseguindo o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG é superada por poucos votos como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego, que non conseguiu aumentar o número de deputados nin de votos. Isto provocoulles unha crise que se saldaría coa dimisión de Xosé Manuel Beiras. O resta de partidos políticos seguiron sen obter representación parlamentaria.

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais en Pontedeume

Corporacións democráticas en Pontedeume desde a aprobación da Constitución de 1978.

Francisco Acal Eiros

Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas, A Braña (Baleira) o 6 de xuño de 1932 e falecido en Lugo o 26 de maio de 2013, foi un político galego, alcalde de Baleira polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.

Francisco Cacharro Pardo

Francisco Cacharro Pardo, nado en Guarromán (Xaén) o 16 de novembro de 1936 e finado o 8 de marzo de 2015, foi un político galego. Foi un dos homes fortes do Partido Popular de Galicia na provincia de Lugo durante boa parte do Fraguismo.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Manuel Prado López

Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).

Novas Xeracións de Galicia

Novas Xeracións de Galicia, chamada comunmente Novas Xeracións, é a organización xuvenil do Partido Popular de Galicia.

Autodefínese como "de centro reformista con vocación galeguista dentro da filosofía do humanismo cristián e os valores da liberdade e da democracia".

O seu presidente é Adrián Pardo e o seu secretario xeral é Iago Acuña.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Popular Galego

Para a organización galega do Partido Popular, ver Partido Popular de Galicia.O Partido Popular Galego (PPG) foi un partido galeguista de centro dos anos da transición.

Fundouse en xullo de 1976 ao se unir a Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto, e Esquerda Democrática Galega, liderada por Fernando García Agudín e ligada á Izquierda Democrática de Joaquín Ruiz-Giménez. No seo do partido establecéronse dúas posicións, os partidarios do mantemento do partido cuns claros sinais galeguistas e os partidarios da integración na UCD, este último grupo acabará marchando do PPG antes das eleccións de 1977.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.