Partido Popular Europeo

Para o grupo do Parlamento europeo, véxase o artigo sobre o PPE (grupo parlamentario).
EPPcongressWarsaw
Imaxe tomada nun congreso do partido en Varsovia.

O Partido Popular Europeo, coñecido tamén polas siglas PPE, é un partido político europeo que agrupa a democratacristiáns, conservadores e de centro-dereita de Europa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Chamada Demócrata Cristiá

A Chamada Demócrata Cristiá (neerlandés: Christen-Democratisch Appèl, CDA), é un partido político neerlandés da democracia cristiá. En número de militantes é o partido máis grande dos Países Baixos.

A CDA foi fundada en 1977, xurdindo da fusión do Partido Popular Católico (KVP), o Partido Antirrevolucionario (ARP) e a Unión Cristiá Histórica (CHU). O KVP formou parte de todos os gobernos dende a introdución do sufraxio universal en 1917, a miúdo xunto cos dous outros partidos, até a fundación da CDA. Presidentes do goberno da CDA foron Dries van Agt (1977-1982), Ruud Lubbers (1982-1994) e Jan-Peter Balkenende (2002- ). A CDA é un partido de centro-dereita, con tendencia conservadora.

Nas eleccións de 2003 obtivo 44 escanos, sendo a primeira forza política do parlamento.

Nas eleccións de 2006 obtivo 41 escanos, cos que mantén esa primeira posición.

Nas eleccións de 2010 obtivo 21 escanos, pasou a ser o 4º partido no parlamento co 13.6% dos votos.

Convergència i Unió

Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.

En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.

Enda Kenny

Enda Kenny, nado o 24 de abril de 1951, é un político irlandés.

É o líder do partido Fine Gael, unha das dúas principais formacións do país; éo dende 2002. Desempeñou o cargo de Taoiseach de Irlanda, dende o 9 de marzo de 2011 ata o 14 de xuño de 2017. Anteriormente serviu como ministro de turismo e de comercio dende 1994 até 1997. Así mesmo, foi vicepresidente en dúas ocasión do Partido Popular Europeo.

Jean-Claude Juncker

Jean-Claude Juncker, nado o 9 de decembro de 1954 en Redange, é un político europeo e luxemburgués.

John Bruton

John Bruton (gaélico irlandés: Seán de Briotún) nado o 18 de maio de 1947 foi o noveno Taoiseach da República de Irlanda (1994 — 1997).

Formou parte do Dáil Éireann desde 1969, foi ministro de finanzas (1981-1982 e 1986-1987), ministro de industria e enerxía (1982-1983), ministro de comercio e turismo (1983-1986). Líder do Fine Gael en 1990 o 15 de decembro de 1994 asumiu a presidencia dun gabinete en coalición co Partido Laborista Irlandés e Esquerda Democrática. Actualmente é embaixador da Unión Europea nos Estados Unidos e vicepresidente do Partido Popular Europeo.

Martin Schulz

Martin Schulz, nado o 20 de decembro de 1955 en Hehlrath, daquela República Federal de Alemaña, é un político e libreiro alemán, eurodeputado en representación do Partido Socialdemócrata de Alemaña e dende 2004 voceiro dos socialdemócratas europeos no Parlamento Europeo.

Nova Alianza Flamenga

A Nieuw-Vlaamse Alliantie (Nova Alianza Flamenga) é un partido político flamengo xurdido trala súa separación do histórico partido nacionalista flamengo Volksunie. A N-VA é republicana, de centro-dereita e aposta pola plena soberanía de Flandres e a súa constitución como un estado na UE.

Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara, é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.

Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.

O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.

Dende o 17 de xaneiro de 2017 o seu presidente é o italiano Antonio Tajani.

Partido Conservador (Reino Unido)

O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. O seu actual líder é David Cameron, quen á súa vez é o 'Leal Líder da Oposición da súa Maxestade a Raíña' e testa do 'Gabinete na sombra'.

O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories', así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.

Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.

O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.

En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.

Partido Demócrata Europeo

O Partido Demócrata Europeo é un partido político europeo de centro moi a favor da integración europea. Foi iniciado o 16 de abril do 2004 e fundado formalmente o 9 de decembro en Bruxelas. François Bayrou de Unión pola Democracia Francesa e Francesco Rutelli d´A Margarida son os primeiros copresidentes.

O PDE foi fundado como reacción á crecente influencia de partidos euroescépticos nas institucións europeas. Reuniu a partidos europeístas de centro-dereita do Partido Popular Europeo e partidos de centro-esquerda do Partido dos Socialistas Europeos para formar unha nova coalición de centro.

O reformismo e outro das principais ideas do partido, que une a reformistas de centro de dous tipos, sendo Democristiáns, socialdemócratas ou unha mistura de ambas tendencias.

Os membros actuais son:

Francia : Unión pola Democracia Francesa

Italia : A Margarida

Lituania : Partido do Traballo (Lituania) (Darbo Partija)

República Checa : Camiño do Cambio (República Checa)

Bélxica : Movemento Cidadán polo Cambio (Bélxica)

Chipre : Partido Europeo (Chipre) (Ευρωπαϊκό Κόμμα), antigamente Novos Horizontes (Νέοι Ορίζοντες)

España : Partido Nacionalista Vasco

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Popular Cristián Demócrata

O Partido Popular Cristián Demócrata (en alemán: Christlich Demokratische Volkspartei (CVP), en francés: Parti Démocrate-Chrétien Suisse (PDC), en italiano: Partito Popolare Democratico Svizzero (PPD), en romanche: Partida Cristiandemocratica Svizra (PCD)) é un partido político suízo democristiá fundado en 1848 como Partido Católico Conservador, naceu para representar os intereses dos cantóns de maioría católica nunha suíza de maioría protestante, en 1970 adoptou o seu actual nome. Membro da coalición de goberno federal, nas eleccións de 2003 tivo o 14,4% dos votos e ten 28 deputados no Consello Nacional suízo.

Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)

O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

TOP 09

O Tradice Odpovědnost Prosperita ou TOP (en galego Tradición Responsabilidade Prosperidade) é un partido político checo situado políticamente no centro-dereita. A nivel europeo está afiliado ao Partido Popular Europeo. Actualmente é a terceira forza política na República Checa con 41 deputados no Parlamento. O seu líder é Karel Schwarzenberg e destaca polo seu apoio ao mercado libre e á Unión Europea.

Unión Patriótica - Cristiáns Demócratas Lituanos

A Unión Patriótica – Cristiáns Democráticos Lituanos (en lituano Tėvynės sąjunga - Lietuvos krikščionys demokratai), antes do 2008 Unión Patriótica (Conservadores, Presos Políticos e Exiliados, Demócratas Cristiáns) ou TS, é un partido político de Lituania. Foi fundado en maio de 1993 como á dereita do Sąjūdis (Movemento Reformista Lituano), por Vytautas Landsbergis. O seu actual líder é o primeiro ministro Andrius Kubilius.

É un partido de dereitas, conservador, e demócrata cristián, e membro do Partido Popular Europeo (PPE) e da Unión Demócrata Internacional.

Nas eleccións de Lituania de 1996 obtivo o 40% dos votos, con 70 deputados no Seimas, mais no 2001 baixou até o 8.6% e 9 deputados. Despois de Lituania entrar na Unión Europea, no Parlamento europeo tivo dous representantes no 2004 (un deles Vytautas Landsbergis).

Nas eleccións lexislativas lituanas do 10 de outubro de 2004 o partido obtivo o 14,6% do voto popular, con 25 de 141 escanos.

Antes da súa fusión con Unión dos Presos Políticos e dos Exiliados e Demócratas cristianos (non Demócratas Cristiáns Lituanos) era coñecido como Unión Patriótica (Conservadores Lituanos). O último troco de nome é resultado de adherirse coa Unión Nacional Lituana o 11 de marzo de 2008, e cos Demócratas Cristiáns Lituanos o 17 de maio de 2008, adoptando o nome de Unión Patriótica – Cristiáns Demócratas Lituanos, partido con máis de 18000 membros.

Nas eleccións lexislativas do 2008 do parlamento lituano, a Unión patriota obtivo o 19.69% dos votos, con 45 escanos no Seimas, 20 máis que nas eleccións do 2004, e seguindo sendo o partido maioritario representado no Seimas. Formou un goberno de coalición co Movemento dos Liberais da República de Lituania e co Partido da Resurrección Nacional, xuntos contan con máis da metade dos deputados no parlamento, facendo a Andrius Kubilius, Primeiro ministro por segunda vez.

Unión por un Movemento Popular

A unión por un Movemento Popular (en francés: Union pour un mouvement populaire, UMP) é un partido político francés de centro-dereita, membro do Partido Popular Europeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.