Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Popular (PP)
Partido político de España
Populares
Dirixentes e organización
LíderPablo Casado Blanco
(Presidente)
Teodoro García Egea
(Secretario Xeral)
MocidadesNovas Xeracións do Partido Popular
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiana
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Democracia cristiá
Liberalismo
Constitucionalismo
Representación
Congreso dos Deputados
137 / 350
Senado
130 / 266
Parlamentos autonómicos
338 / 1.268
Concelleiros
22.750 / 67.611
Parlamento Europeo
16 / 54
Outros datos
SedeGénova, 13. 28004, Madrid
Páxina webwww.pp.es

Historia

En 1979 o presidente de Alianza Popular, Manuel Fraga obtén uns discretos resultados nas eleccións (10 escanos). Trala desfeita da UCD en 1981, Alianza Popular fusionaríase con algúns partidos daquela coalición (Partido Liberal, Partido Demócrata Popular, Centristas de Galicia liberais, democristiáns e galeguistas respectivamente), para presentarse ás eleccións de 1982 co nome de Coalición Popular. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. En 1986 Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

Este cambio na cúpula non mellora as cousas para o partido, perdendo as eleccións de 1986 ante a revalidación da maioría absoluta do PSOE. En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido. José María Aznar (presidente de Castela e León) é proposto por Fraga candidato das eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións. Javier Arenas Bocanegra substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. En 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor. Nas eleccións do 2004 o PP verase superado por unha ampla marxe polo PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o tipo de oposición a realizar sobre as súas relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, reelixíndoo como presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

Comité Executivo Nacional

Sede del Partido Popular (cropped)
Sede nacional del PP, no nº 13 da Rúa Génova de Madrid.
Estructura Orgánica del PP
Estrutura Orgánica xeral do Partido Popular

Esta é a composición do comité executivo nacional do PP saída do XVII congreso:[1]

Presidentes rexionais

O Partido Popular ten presenza en todas as comunidades autónomas de España, ademais de en as dúas cidades autónomas. A xullo de 2016, o partido popular goberna en cinco das 17 autonomías, e nas dúas cidades autónomas, sendo os presidentes das delegacións rexionais as seguintes persoas:

Comunidade Delegación Presidente de delegación Preside o Goberno Autonómico Goberna en coalición con Principal partido da oposición Oposición minoritaria
Andalucía Andalucía Partido Popular Andaluz Juan Manuel Moreno X
Aragón Aragón Partido Popular de Aragón Luisa Fernanda Rudi X
Illas Canarias Illas Canarias Partido Popular de Canarias José Manuel Soria X
Cantabria Cantabria Partido Popular de Cantabria Ignacio Diego X
Castela-A Mancha Castela-A Mancha Partido Popular de Castilla-La Mancha María Dolores de Cospedal X
Castela e León Castela e León Partido Popular de Castilla y León Juan Vicente Herrera X
Cataluña Cataluña Partit Popular Català Alícia Sánchez-Camacho X
Flag Ceuta.svg Ceuta Partido Popular de Ceuta Juan Jesús Vivas X
Madrid Comunidade de Madrid Partido Popular de la Comunidad de Madrid Esperanza Aguirre X
Navarra Navarra Partido Popular de Navarra Pablo Zalba X
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Partido Popular de la Comunidad Valenciana Isabel Bonig X
Estremadura Estremadura Partido Popular de Extremadura José Antonio Monago X
Galicia Galicia Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijóo X
Illas Baleares Illas Baleares Partido Popular de las Islas Baleares José Ramón Bauzá X
A Rioxa A Rioxa Partido Popular de La Rioja Pedro Sanz X
Flag of Melilla.svg Melilla Partido Popular de Melilla Juan José Imbroda X
País Vasco País Vasco Partido Popular del País Vasco Alfonso Alonso X
Principado de Asturias Asturias Partido Popular de Asturias Mercedes Fernández X
Murcia Rexión de Murcia Partido Popular de la Región de Murcia Ramón Luis Valcárcel X

Líderes

Presidentes

Nome
(Nacemento-morte)
Imaxe Congreso Período no cargo
Inicio Final
Manuel Fraga
(1922-2012)
Manuel Fraga 1982 (cropped) IX Congreso (AP) 20 de xaneiro de 1989 1 de abril de 1990
José María Aznar
(1953-)
Aznar at the Azores, March 17, 2003-2 X Congreso 1 de abril de 1990 6 de febreiro de 1993
XI Congreso 6 de febreiro de 1993 20 de xaneiro de 1996
XII Congreso 20 de xaneiro de 1996 30 de xaneiro de 1999
XIII Congreso 30 de xaneiro de 1999 26 de xaneiro de 2002
XIV Congreso 26 de xaneiro de 2002 2 de outubro de 2004
Mariano Rajoy
(1955-)
Mariano Rajoy 2015c (cropped) XV Congreso 2 de outubro de 2004 21 de xuño de 2008
XVI Congreso 21 de xuño de 2008 18 de febreiro de 2012
XVII Congreso 18 de febreiro de 2012 12 de febreiro de 2017
XVIII Congreso 12 de febreiro de 2017 21 de xullo de 2018
Pablo Casado
(1981-)
Pablo Casado (julio 2018) (cropped) XIX Congreso 21 de xullo de 2018 No cargo

Secretario xeral

Nome
(Nacemento-morte)
Imaxe Congreso Período no cargo
Inicio Final
Francisco Álvarez-Cascos
(1947-)
Francisco Álvarez-Cascos (2010) IX Congreso (AP) 20 de xaneiro de 1989 1 de abril de 1990
X Congreso 1 de abril de 1990 6 de febreiro de 1993
XI Congreso 6 de febreiro de 1993 20 de xaneiro de 1996
XII Congreso 20 de xaneiro de 1996 30 de xaneiro de 1999
Javier Arenas
(1957-)
Javierarenaspp (cropped) XIII Congreso 30 de xaneiro de 1999 26 de xaneiro de 2002
XIV Congreso 26 de xaneiro de 2002 4 de setembro de 2003
Mariano Rajoy
(1955-)
Mariano Rajoy 2006 (cropped) 4 de setembro de 2003 2 de outubro de 2004
Ángel Acebes
(1958-)
Ángel Acebes 2008 (cropped) XV Congreso 2 de outubro de 2004 21 de xuño de 2008
María Dolores de Cospedal
(1965-)
María Dolores de Cospedal 2015d (cropped) XVI Congreso 21 de xuño de 2008 18 de febreiro de 2012
XVII Congreso 18 de febreiro de 2012 12 de febreiro de 2017
XVIII Congreso 12 de febreiro de 2017 21 de xullo de 2018
Teodoro García Egea
(1985-)
(Teodoro García Egea ) AACU6944 (42681661045) (cropped) XIX Congreso 26 de xullo de 2018 No cargo

Resultados electorais

Eleccións xerais

Eleccións xerais españolas
Eleccións Candidato Votos % Deputados Senadores Notas
1989 José María Aznar 5.285.972 25,79%
107 / 350
77 / 208
En coalición con UPN e CdG.[2]
1993 José María Aznar 8.201.463 34,76%
141 / 350
93 / 208
En coalición con UPN.[3]
1996 José María Aznar 9.716.006 38,79%
156 / 350
112 / 208
En coalición con UPN e PAR.[4]
2000 José María Aznar 10.321.178 44,52%
183 / 350
127 / 208
En coalición con UPN, UPM e PAR.[5]
2004 Mariano Rajoy 9.763.144 37,71%
148 / 350
102 / 208
En coalición con UPN, UPM, UV e IdF.[6]
2008 Mariano Rajoy 10.278.010 39,44%
154 / 350
101 / 208
En coalición con UPN.[7]
2011 Mariano Rajoy 10.866.566 44,63%
186 / 350
136 / 208
En coalición con UPN, PAR, EU, CCN e AMF.[8]
2015 Mariano Rajoy 7.215.530 28,72%
123 / 350
124 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.
2016 Mariano Rajoy 7.906.185 33,03%
137 / 350
130 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.

Eleccións municipais

Comicios Líder # de votos % Concelleiros Notas
1991 José María Aznar 4.775.051 25,3%
19.298 / 66.308
1995 José María Aznar 7.334.135 34,4%
24.772 / 65.869
1999 José María Aznar 7.334.135 34,4%
24.623 / 65.201
2003 José María Aznar 7.875.762 34,3%
23.615 / 65.510
2007 Mariano Rajoy 7.916.075 35,6%
23.348 / 66.131
2011 Mariano Rajoy 8.476.138 37,5%
26.507 / 68.230
2015 Mariano Rajoy 6.057.767 27,1%
22.750 / 67.611

Eleccións ao Parlamento Europeo

Comicios Cabeza de lista # de votos % Escanos Notas
1989 Marcelino Oreja 3.395.015 21,41%
15 / 60
En coalición con UPN e CdG.
1994 Abel Matutes 7.453.900 40,12%
28 / 64
En coalición con UPN.
1999 Loyola de Palacio 8.410.993 39,74%
27 / 64
En coalición con UPN.
2004 Jaime Mayor Oreja 6.393.192 41,21%
24 / 54
En coalición con UPN.
2009 Jaime Mayor Oreja 6.670.23 42,72%
23 / 50
2014 Miguel Arias Cañete 4.098.339 26,09%
16 / 54

Simboloxía

Sede Partido Popular en Ribadavia
Imaxe do PP na súa sede de Ribadavia.

Segundo está descrito nos estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI Congreso celebrado en xuño de 2008:

Desde xullo de 2015, o logotipo do Partido Popular está formado polas siglas da formación coroadas cunha gaivota perfilada, conxunto enmarcado por un círculo, todo en cor azul.[10] Este logo substituíu ao anterior que se presentaba desde xuño de 2008 coas siglas da formación e a gaivota en branco sobre un recuadro azul coas esquinas redondeadas e o bordo de cor gris. Esta presentación substituíu, á súa vez, á anterior que se empregou desde xaneiro de 2008 e utilizouse nas eleccións xerais do 9 de marzo de 2008 no que as siglas e a gaivota estaban sobre dúas esferas azuis.[11]

People's Party (Spain) Logo (1989-1993)

1989-1993

People's Party (Spain) Logo (1993-2000)

1993-2000

People's Party (Spain) Logo (2000-2007)

2000-2007

People's Party (Spain) Logo (2007)

2007

People's Party (Spain) Logo (2008)

2008

People's Party (Spain) Logo (2008-2015)

2008-2015

Logo PP Elecciones Municipales 2015

Eleccións municipais de 2015.

People's Party (Spain) Logo

Dende o 9 de xullo de 2015.

Imaxe

A imaxe estilizada dun ave coroa ás dúas pes no logotipo do partido. Dita imaxe é coñecida hoxe en día como unha gaivota, moi estilizada, pero nas súas orixes tratábase dun albatros.[12] Foi no congreso de xuño de 2008 cando os novos estatutos cambian a denominación a "gaivota"[13] (Art. 1º, punto 3) seguramente por descoñecemento do propio redactor dos estatutos,[14] xa que hoxe en día, o Partido Popular segue entregando os premios "Albatros de Ouro".[15] O autor do logotipo orixinal, Fernando Martínez Vidal, afirma que o ave do logotipo non se trata dunha gaivota nin dun albatros, senón dun carrán.[16]

Himno

O himno deste partido foi o mesmo desde a súa formación. A súa composición foi encargada en 1989 por Miguel Ángel Rodríguez a Manuel Pacho, un coñecido compositor de jingles como «Vacaciones Santillana».[17] Segundo o seu creador, é un himno pegadizo e recoñecible que encarna os valores de emprendemento e individualidade propios do liberalismo, a diferenza dos valores de «colectividade e de unión» que se esperarían dun himno dun partido de esquerdas.[17][18]

Fundacións

O PP conta con diversas fundacións e organizacións afíns que desenvolven tarefas de investigación teórica, cooperación internacional, documentación e análise, entre outras:

  • Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES)
  • Grupo de Estudos Estratéxicos (GEES)
  • Humanismo e Democracia

Notas

  1. Comité Ejecutivo Nacional Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine., www.pp.es
  2. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN e outros a CdG. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e outro a CdG.
  3. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e no Senado outros 3 escanos tamén de UPN.
  4. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 a UPN e 3 ao PAR.
  5. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e 1 a UPM.
  6. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN. No Senado, 3 correspondían a UPN, 1 a UPM e 1 a UV.
  7. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN, mentres que no Senado, 3.
  8. No Congreso dos Deputados, un dos escanos correspondía a UPN. No Senado, 2 escanos correspondían a UPN, 3 ao PAR e 2 a CCN.
  9. Partido Popular (ed.). "Estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
  10. Casqueiro, Javier (10 de xullo de 2015). El País, ed. "O PP cambia o logo, retoca a súa gaivota e desdeña as primarias". Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
  11. El País, ed. (10 de xuño de 2008). "O PP estrea logotipo". EFE. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
  12. "Manuel Fraga". Consultado o 22 de marzo de 2011.
  13. "O PP renova a súa imaxe co novo logotipo 2.0". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011.
  14. "Nerviosismo nos adictos ao Réxime". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011.
  15. "María Dolores Cospedal homenaxeou aos ex-alcaldes do Partido Popular, Fidel Reyes Aparicio e Conrado Quílez". Consultado o 22 de marzo de 2011.
  16. «O símbolo do Partido Popular non é unha gaivota, é un carrán.» ABC, 23/05/2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.
  17. 17,0 17,1 Portela, Lino (18 de maio de 2011). El País, ed. "A música (en eleccións) continúa igual". Consultado o 29 de xuño de 2014.
  18. Blanco, Irene (13 de abril de 2014). Público, ed. "O PP non paga dereitos de autor ao creador do seu himno". Consultado o 29 de xuño de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aduna

Aduna é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi, situado no val medio do río Oria, na comarca de Tolosaldea.

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Centristas de Galicia

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos . En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso .

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Centro Democrático y Social

O Centro Democrático y Social (CDS) é un partido español de centro promovido por Adolfo Suárez trala súa marcha da UCD en xuño de 1982 para concorrer ás eleccións de 1982, conseguindo 2 escanos. En 1991 Adolfo Suárez deixou a presidencia do partido e acabou converténdose nun partido residual que entre 1995 e 2002 mudou a súa denominación pola de Unión Centrista

En novembro de 2005 o CDS decidiu integrarse no Partido Popular, un sector descontento con esta decisión constituíu o Centro Democrático Liberal o 14 de febreiro de 2006 e outro sector alegando defectos de forma refundou o partido en febreiro de 2007.

Coalición Democrática

Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española.

A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal. Alfonso Osorio e José María de Areilza foran ministros nos gobernos da UCD, dos que saíran por discrepancias co presidente Suárez. O candidato á presidencia do goberno era Manuel Fraga.

Acadou 9 escanos no Congreso, case a metade dos que a súa predecesora, Alianza Popular, acadara nas do 1977. Diante dos pésimos resultados, Fraga presentou a súa dimisión como líder da coalición e proseguiu en solitario á fronte de Alianza Popular. En 1982, Alianza Popular formou con outros partidos unha ampla coalición, Coalición Popular.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

Coalición Popular

Coalición Popular (CP, AP-PDL-UL) foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983 e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:

Alianza Popular,

o Partido Demócrata Popular

e Unión Liberal, posteriormente fusionado co Partido Liberal,Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico:

Unió Valenciana,

Unión del Pueblo Navarro,

Partido Aragonés Regionalista

e Centristas de Galicia.Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne.

Coalición Popular obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados.

Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiana e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.

Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M). Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Graz

Graz, cunha poboación de 285.470 habitantes (2006) é a segunda cidade de Austria e a capital do estado federado de Estiria. Coas súas seis universidades e 40.000 estudantes, Graz ten unha longa tradición de cidade universitaria. Percorrida polo río Mur. O concello da cidade está composto por 21 mandatos do Partido Popular Austríaco, 15 do Partido Social Demócrata de Austria, 12 do Partido Comunista de Austria, 4 dos Verdes e 4 do Partido Austríaco da Liberdade.

A cidade foi declarada Patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

Parlamento Vasco

O Parlamento Vasco (en éuscaro: Eusko Legebiltzarra) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do País Vasco e impulsa e controla a acción do Goberno Vasco. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da Comunidade Autónoma Vasca, Vitoria.

Partido Galego Social Demócrata

O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.

Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais.Con todo o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócratacristiana, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD

Partido Popular Galego

Para a organización galega do Partido Popular, ver Partido Popular de Galicia.O Partido Popular Galego (PPG) foi un partido galeguista de centro dos anos da transición.

Fundouse en xullo de 1976 ao se unir a Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto, e Esquerda Democrática Galega, liderada por Fernando García Agudín e ligada á Izquierda Democrática de Joaquín Ruiz-Giménez. No seo do partido establecéronse dúas posicións, os partidarios do mantemento do partido cuns claros sinais galeguistas e os partidarios da integración na UCD, este último grupo acabará marchando do PPG antes das eleccións de 1977.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Transición española

A transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.

No período tivo lugar a transformación social do estado español desde a ditadura ata a democracia.

Con todo, non hai consenso entre os politicólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:

A superación do errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.

A primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (PSOE) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982.

Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da II República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular).

A idea dunha transición incompleta, inacabada ou mal feita tamén é unha vertente con certo corpo dentro da sociedade do Estado español, principalmente no electorado de esquerda e nos grupos nacionalistas tirante o nacionalismo español. Tamén é unha reflexión de peso dentro de asociacións pola recuperación da memoria histórica ou de reivindiacion de dereitos dos represaliados polo réxime franquista..

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.