Partido Obrero de Unificación Marxista

O Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) foi un partido marxista español de carácter revolucionario, influído polo trotskismo e de carácter antiestalinista, fundado en 1935.

Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM)
Antigo partido político de España
Dirixentes e organización
LíderAndreu Nin
Historia
Fundación19351
Disolución1980
Posicións políticas
IdeoloxíaTrotskismo
Outros datos
Páxina webNon tivo
1 Unificación da ICE co BOC

Historia

O POUM naceu en Barcelona o 29 de setembro de 1935 resultado da unificación da Izquierda Comunista de España co Bloc Obrer i Camperol. A ICE era un partido de orixe trotskista que rompera con Trotski antes de 1935 opostos ás consignas de Trotski de realizar entrismo no PSOE para apoiar á súa facción esquerdista, fora fundado por Andreu Nin e por Juan Andrade. O BOC era un partido comunista implantado sobre todo en Cataluña. O seu máximo dirixente era Joaquín Maurín, quen fora o dirixente da Federación Comunista Catalano-Balear, unha federación territorial escindida do PCE.

Malia a diferenza numérica de militantes entre os dous partidos (uns 500 da ICE fronte a 5.000 do BOC), a fusión no POUM foi en igualdade de condicións entre ambos os dous. Nin e Maurín pasaron a ser os dous grandes líderes do POUM, que tiña grazas aos antigos militantes do BOC a súa maior implantación en Cataluña e Valencia, unha certa presenza en Madrid e unha presenza testemuñal noutras partes de España. A súa heterodoxia dentro do comunismo fíxolles quedar marxinados e inimizados cunha Komintern disciplinada no compromiso coa URSS.

Tralas xornadas de maio de 1937, no que o POUM se aliñou cos anarquistas da CNT, os comunistas esixiron a ilegalización do POUM, despois da chegada de Juan Negrín á presidencia do goberno detívose aos seus dirixentes, Nin foi secuestrado e morreu en prisión e a estrutura do partido pasou á clandestinidade e tras a vitoria do réxime de Franco ao exilio.

En Galicia

A pesar de ter escasos militantes en Galicia tivo un certo peso no seo do sindicalismo galego, así en Santiago de Compostela eran do POUM o secretario da Federación do Ensino local da UXT, o secretario dos zapateiros e o presidente dos panadeiros da CNT, ademais na Universidade actuaban as Mocidades do POUM. Tamén tiña influencia en localidades da Costa da Morte, en Ribeira e en Padrón e na Coruña contaba con Uxío Carré Naya, neto do destacado galeguista Uxío Carré Aldao. En Ourense a agrupación local da Izquierda Comunista de España non se integrou no POUM senón que fixo entrismo no PSOE ao contrario que en Lugo que tiña unha pequena agrupación local presidida por Vicente Navarro. En Galicia o POUM estaba en plena expansión, contaba con 358 militantes principalmente en Ribeira, Boiro, Vigo e A Coruña[1], e preparando o seu primeiro congreso galego cando a guerra civil tronzou a Segunda República, precisamente un dos máximos dirixentes do POUM, Joaquín Maurín, estaba en Galicia para asistir a este congreso cando os militares se sublevaron e durante algunhas semanas estivo agachado cun nome falso nun hotel da cidade.

Notas

  1. Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, páx. 27
Andreu Nin

Andreu Nin i Pérez, nado en El Vendrell, provincia de Tarragona, o 4 de febreiro de 1892 e falecido en Alcalá de Henares o 20 de xuño de 1937, foi un dos personaxes máis importantes do marxismo revolucionario na España da primeira metade do século XX.

Antonio Martín Escudero

Antonio Martín Escudero, nado en Belvis de Monroy (provincia de Cáceres) o 17 de xaneiro de 1895 e finado en Bellver de Cerdanya (provincia de Lleida) o 27 de abril de 1937, máis coñecido como El Cojo de Málaga pola coxeira causada por unha osteíte na súa perna dereita, foi un anarcosindicalista e militante anarquista da Federación Anarquista Ibérica.

Armando Fernández Mazas

Armando Pompilio Fernández Mazas, coñecido como Chocolito, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1996, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Eleccións Xerais de 1936 en España

Os días 16 e 23 de febreiro de 1936 celebráronse en España as terceiras eleccións xerais, e últimas, da Segunda República Española. As eleccións deron o triunfo á coalición de esquerdas denominada Fronte Popular (Front d'Esquerres en Cataluña e Valencia), que, con máis do 60% dos deputados electos, agrupaba a PSOE, Izquierda Republicana, Unión Republicana, ERC, PCE, Acció Catalana, POUM, Partido Sindicalista e outros. Con todo, non obtiveron o 50% en canto a voto se refíre. É difícil calcular cantos votos recibiu cada partido, xa que a lei electoral era por listas abertas, e non é posible dicir cantos votos obtivo cada candidatura, xa que os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición. O certo é que o goberno nunca publicou os resultados na súa integridade.Segundo dispoñía a Lei Electoral vixente, a mecánica de adxudicación das actas de deputados era complexa e necesitaba de tempo para levar a cabo o escrutinio xeral, unha segunda volta onde fose necesario e a discusión das Actas no Parlamento. En 1933 o Presidente do Goberno dirixiu a segunda volta presentando ao Parlamento os resultados. A dimisión de Portela Valladares o 19 de febreiro vai permitir ao Fronte Popular a ocupación do Goberno para, desde el, acabar de redondear os resultados e forzar a maioría. A dimisión de Portela arrastrou a de moitos gobernadores provinciais que dimitiron aterrados sen esperar a chegada duns substitutos adecuados.

Eugenio Granell

Eugenio Fernández Granell, nado na Coruña o 28 de novembro de 1912 e finado o 24 de outubro de 2001, foi un pintor e escritor galego.

Izquierda Comunista de España

Izquierda Comunista de España (ICE), tamén coñecido como Izquierda Comunista, foi un partido político español de ideoloxía marxista durante os anos trinta.

Joaquín Maurín

Joaquín Maurín Julià, nado en Bonansa (Huesca) o 12 de xaneiro de 1896 e finado en Nova York o 5 de novembro de 1973, foi un político republicano catalán. Fundou o Bloc Obrer i Camperol (BOC), que unido a Izquierda Comunista, de Andreu Nin, formaría o POUM: Partido Obreiro de Unificación Marxista, en 1935.

Manuel Irujo Ollo

Manuel Irujo Ollo ou Manuel de Irujo, nado en Lizarra (Navarra) o 25 de setembro de 1891 e finado en Pamplona o 1 de xaneiro de 1981, foi un político e avogado navarro, dirixente do Partido Nacionalista Vasco, deputado e ministro da Segunda República.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Uxío Carré Naya

Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado en Elviña o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.