Partido Nacionalista Vasco

O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (en España) ou Euzko Alderdi Jeltzalea - Parti Nationaliste Basque (EAJ-PNB) (en Francia), é un partido político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca.

Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.

Seguindo a terminoloxía do seu fundador, os seus membros chámanse jelkides ou jeltzales e as súas sedes batzokis.

"Euzko Alderdi Jeltzalea" significa "Partido Vasco de partidarios do JEL" (sendo "JEL" un acrónimo de Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro normativo actual), que significa en galego: Deus e Leis Vellas en referencia aos foros (ver Jeltzale e jelkide). "Euzko" mantense coa grafía antiga (a moderna é "Eusko") como respecto á tradición, xa que así a escribía Sabino Arana. Polo mesmo motivo, nos batzokis mantense escudos coa grafía "Euzkadi".

Euzko Alderdi Jeltzalea (EAJ)
Partido Nacionalista Vasco (PNV)
Parti Nationaliste Basque (PNB)
Partido político do País Vasco
EAJlogo
Dirixentes e organización
LíderAndoni Ortuzar
(Presidente do EBB)
MocidadesEuzko Gaztedi Indarra
Representación
Parlamento vasco
28 / 75
Congreso dos Deputados
6 / 350
Senado
9 / 208
Parlamento Navarro
4 / 50
(dentro de Geroa Bai)

Historia

Catro fases na historia do PNV

  • (1895-1921): O PNV foi fundado por Sabino Arana Goiri, considérase a data da súa fundación o 31 de xullo de 1895 cando se elixiu ao Bizkai Buru Batzar. Nunha primeira etapa, o PNV é un partido limitado ao ámbito territorial de Biscaia. Nesta fase ideolóxica, o fundador chama ao seu movemento bizkaitarrismo. A súa obra clave leva por título Biscaia pola súa independencia. É nas eleccións ás deputacións de 1917 cando o partido acada implantación en Áraba, Guipúscoa e Navarra.
  • (1921-1937): En 1921 o partido afronta a súa primeira gran división, que se reconduce pouco antes da chegada da Segunda República Española.
  • (1937-1975): Coa chegada da guerra, o PNV alíase coa Fronte Popular e defende, pese á súa maior afinidade nalgúns puntos da súa ideoloxía co bando sublevado, a República que garante a Euzkadi un estatuto de autonomía. A súa participación militar na guerra remata co Pacto de Santoña, no cal os nacionalistas vascos pactan, ás costas da República, a rendición cos militares italianos que axudaban ao bando nacional trala perda de todo o territorio vasco, considerando que non pagaba a pena xa involucrarse nunha guerra entre españois. Destaca a figura do primeiro lehendakari: José Antonio Aguirre.
  • (1975-2005): O PNV e o Goberno de Euskadi no exilio. Regreso á democracia (1977), Consello Xeral Vasco. O PNV no Goberno (1980-1986). Gobernos de coalición co Partido Socialista de Euskadi. Pacto de Ajuria-Enea. Pacto de Estella.

O PNV e as súas escisións

A historia do PNV está definida polo feito de manterse fiel a un modelo de partido de comunidade no que tradicionalmente ten existido unha tendencia ortodoxa fiel aos principios do fundador e outra de carácter máis posibilista. Os nomes de ditos sectores foron cambiando co tempo e teñen dado lugar a diversas escisións, sendo as máis destacábeis:

  • Escisión de 1921, na cal o partido chegou a perder o seu nome e quedou dividido nunha maioría que fundou Comuñón Nacionalista Vasca e a mocidade da Euzko Gaztedija que eran coñecidos pola súa editorial Aberri (en vasco: patria). A Comuñón Nacionalista Vasca estaba liderada polo nacionalismo da burguesía vasca, na que se reflectía o seu pensamento no empresario dos estaleiros Euskalduna, Ramón de la Sota. A corrente de Aberri baseábase en xente nova descontenta coa dirección que tomaba o partido, máis liberal e menos nacionalista, renunciando a toda política con fin de obter a emancipación política do pobo vasco. Aberri procuraba volver ás orixes do partido e ás teses independentistas de Sabino Arana. Esta corrente estaba liderada por Eli Gallastegi, que finalmente fixo rexurdir as siglas do PNV, que contou coa anuencia e apoio de Luis Arana. Ambas as dúas correntes rematarían por reunificarse de novo no 1930.
  • Despois da reunificación das dúas correntes, en 1932 deu lugar a Acción Nacionalista Vasca, un partido independentista de esquerdas, que non estaba de acordo coa refundación do PNV por parte deses outros dous sectores máis conservadores.
  • Escisión dentro da súa organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra (EGI) que deu lugar á aparición de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos cincuenta. Á súa vez, ETA iríase dividindo en varias organizacións políticas e grupos terroristas.
  • Escisión de 1986, que deu lugar a un novo partido de carácter máis socialdemócrata e partidario nas súas primeiras fases da autodeterminación e na actualidade de carácter independentista: Eusko Alkartasuna (en galego: Solidariedade Vasca).

O PNV hoxe

O actual presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do partido) é Iñigo Urkullu, que sucedeu en 2007 ao anterior presidente, Josu Jon Imaz. Logo da dimisión de Juan José Ibarretxe trala perda da lehendakaritza en 2009, ocupa o liderado da oposición política en Euscadi. Gobernou a comunidade autónoma do País Vasco a maior parte do tempo dende 1980, en solitario no período (1980-1986) e a través de diversos pactos dende entón. Na lexislatura 2001-2005, o jelkide Juan José Ibarretxe presidiu un goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Ezker Batua-Berdeak. Nas eleccións de 2005 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna, e obtivo unha maioría simple que lle permitiu seguir no goberno.

Goberna as deputacións forais de Guipúscoa e Biscaia, así como o concello de Bilbao e gran parte dos municipios da comunidade autónoma. Posúe grupos parlamentarios no Congreso e no Senado. Tamén ten unha pequena representación en Navarra —sobre todo en concellos da zona limítrofe con Guipúscoa—, no Parlamento Navarro e no Congreso dos Deputados a través das coalicións nacionalistas Nafarroa Bai e Geroa Bai, respectivamente.

Correspóndelle tamén un dos escanos obtidos pola coalición Galeusca no Parlamento Europeo.

Anualmente, o último domingo de setembro celebra o Día do Partido (chamado Alderdi Eguna).

Presidentes do PNV

  • 1895-1903 Sabino Arana Goiri
  • 1903-1906 Ángel Zabala Ozamiz “Kondaño”
  • 1906-1908 Santiago Alda, Alipio Larrauri, Antonio Arroyo, Vicente Larrinaga e Eduardo Arriaga.
  • 1908-1915 Luis Arana Goiri
  • 1915-1917 Ramón Bikuña (Comunión Nacionalista Vasca)
  • 1917-1920 Gorgonio de Rentería (Comunión Nacionalista Vasca)
  • 1920-1930 Ignacio de Rotaeche (Comunión Nacionalista Vasca)
  • 1921-1923 Juan de Eguileor (Aberri)
  • 1922- Luis Arana Goiri (Aberri)
  • 1923-19?? Alipio Larrauri (Aberri)
  • 19??-1930 Ceferino de Jemein (Aberri)
  • 1930-1932 Ramón Bikuña
  • 1932-1933 Luis Arana Goiri
  • 1933-1934 Jesús Doxandabaratz
  • 1934-1935 Isaac López Mendizábal
  • 1935-1951 Doroteo de Ziáurriz
  • 1938-1940 Luis de Álava
  • 1951-1977 Juan Ajuriaguerra
  • 1957-1962 José Aguerre
  • 1975-1977 Ignacio Unceta
  • 1977-1980 Carlos Garaikoetxea
  • 1980-1984 Xabier Arzalluz
  • 1984-1985 Román Sudupe
  • 1985-1987 Jesús Insausti “Uzturre”
  • 1987-2004 Xabier Arzalluz
  • 2004-2007 Josu Jon Imaz
  • 2007-2013 Iñigo Urkullu
  • Dende 2013 Andoni Ortuzar

Organización interna

O PNV ten unha estrutura que funciona a tres niveis: municipal, rexional ou territorial e nacional, separando a súa representación pública dos seus organismos internos. Existen 233 organizacións municipais, cun total de máis de 25 000 afiliados.

A implantación social do partido refórzase cos batzokis, as sedes sociais do PNV. O primeiro deles inaugurouse o 14 de xullo de 1894 no casco vello de Bilbao, un ano antes da constitución formal do PNV como partido. Hoxe en día hai case 200 batzokis repartidos por todo o mundo. En febreiro de 2007 inaugurouse o seu "Batzoki Virtual" (e-batzokia) que foi a sede social número 176 do PNV.

O órgano executivo do PNV, o Euzkadi Buru Batzar (EBB), está presidido por Andoni Ortuzar. O EBB componse ademais dos presidentes dos consellos rexionais (Bizkaia, Itxaso Atutxa; Gipuzkoa, Joseba Egibar; Araba, José Antonio Suso; Nafarroa, Unai Hualde; Iparralde, Pako Arizmendi) e oito burukides (membros do consello) elixidos pola Asemblea Nacional de entre os propostos polas asembleas territoriais. Os consellos rexionais, compostos de entre 10 e 15 membros son o Bizkai Buru Batzar (BBB) en Bizcaya, o Gipuzko Buru Batzar (GBB) en Guipúzcoa, o Araba Buru Batzar (ABB) en Álava, o Napar Buru Batzar (NBB) en Navarra e o Ipar Buru Batzar (IBB) do País Vasco francés. Ademais, existen cinco órganos executivos independentes destes en Madrid, Barcelona, Venezuela e Arxentina.

  • A organización xuvenil do PNV é Euzko Gaztedi Indarra (EGI), fundada no 1904.
  • O PNV creou en 1911 o seu propio sindicato, "Solidariedade de Traballadores Vascos" (ELA-STV), se ben na actualidade este xa non se encontra ligado organicamente á formación.
  • No 1988 constituíuse a Fundación Sabino Arana, centrada no coñecemento da historia do nacionalismo vasco, así como a súa preservación e divulgación.

Resultados electorais

Eleccións ao Parlamento Vasco

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2016 Iñigo Urkullu 28 parlamentarios 37,33% 1 397 664 37,66% 12 888
2012 Iñigo Urkullu 27 parlamentarios 36% 3 384 766 34,61% 11 791
2009 Juan José Ibarretxe 30 parlamentarios 40% 8 396 557 38,56% 71 560
(Respecto á coalición con EA)
2005 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
22 parlamentarios
(Contando aos de EA, 29)
29,3% 4 468 117 38,67% 136 105
2001 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
26 parlamentarios
(Contando aos de EA, 33)
34,7% 5 604 222 42,7% 145 265
(Respecto a PNV+EA)
1998 Juan José Ibarretxe 21 parlamentarios 28% 1 350 322 28,01% 45 976
1994 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 0 304 346 29,84% 14 645
1990 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 5 289 701 28.49% 18 493
1986 José Antonio Ardanza 17 parlamentarios 22,7% 15 271 208 23,71% 179 970
1984 Carlos Garaikoetxea 32 parlamentarios 42,7% 7 451 178 42,01% 102 076
1980 Carlos Garaikoetxea 25 parlamentarios 41,7% 25 349 102 38,1% 349 102

Eleccións ao Parlamento Europeo

Ano Candidatura Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2009 Coalición por Europa 2 eurodeputados 4% 0
802 225 5,12% 3 409
2004 Galeusca - Pobos de Europa 2 eurodeputados 3,7% 0
798 816 5,15% 184 848
1999 Coalición Nacionalista - Europa dos Pobos 2 eurodeputados 3,13% 0
613 968 2,9% 95 436
1994 Coalición Nacionalista 2 eurodeputados 3,13% 1 518 532 2,7% 215 494
1989 Coalición Nacionalista 1 eurodeputado 1,67% 1 303 038 1,91% 76 468
1987 Unión Europeísta - Europar Batasuna 0 eurodeputados 0% 2a 226 570 1,18% 226 570
  • a) Antes tiña 2 designados ao integrarse España na UE.

Eleccións ás Cortes Xerais

Comicios n° de votos % de
votos
Deputados Senadores Notas
1931 127 800 1,50
7 / 470
- Xunto a Comunión Tradicionalista.
1933 183 000 2,14
11 / 472
-
1936 150 100 1,59
9 / 473
-
1977 296 193 1,62
8 / 350
4 / 248
Frente Autonómico, polo Senado.
1979 296 597 1,65
7 / 350
8 / 264
1982 395 656 1,88
8 / 350
7 / 264
1986 309 610 1,53
6 / 350
7 / 264
1989 254 681 1,24
5 / 350
4 / 264
1993 291 448 1,24
5 / 350
3 / 264
1996 318 951 1,27
5 / 350
4 / 264
2000 353 953 1,53
7 / 350
6 / 264
2004 420 980 1,63
7 / 350
6 / 264
2008 306 128 1,19
6 / 350
2 / 264
2011 324 317 1,33
5 / 350
4 / 264
2015 302 316 1,20
6 / 350
6 / 266
2016 287 014 1,19
5 / 350
5 / 266
abril de 2019 394 627 1,51
6 / 350
9 / 208
novembro de 2019

Eleccións municipais

Eleccións N° Votos % votos Concelleiros Notas
1979 354 925 37,75 1082
1983 392 406 39,45 1257
1987 240 293 22,45 816
1991 297 816 30,15 984
1995 310 659 28,36 996
1999 397 580 34,69 1135 En coalición con Eusko Alkartasuna (EA).
2003 498 473 44,54 1602 En coalición con Eusko Alkartasuna (EA).
2007 308 877 31,80 1029
2011 327 100 30,74 882
2015 359 920 33,77 1017

Eleccións ao Parlamento de Navarra

Comicios Candidatura Candidato principal do PNV N° Votos % votos Escanos Notas
1979 Nacionalistas Vascos Manuel de Irujo 12 845 5,06
3 / 70
Coalición con EE, ESEI e PTE, que só se presentou na proximidade de Pamplona e obtivo tres parlamentarios, todos do PNV.
1983 PNV Iñaki Cabasés 18 169 6,88
3 / 50
1987 PNV Vicente Arocena[1] 2 661 0,96
0 / 50
1991 PNV José Antonio Urbiola[2] 3 071 1,13
0 / 50
1995 Nacionalistas de Navarra José Antonio Urbiola[3] 2 943 1,01
0 / 50
1999 Coalición EA-PNV José Antonio Urbiola[4]
(número 6)
0 / 50
Coalición con Eusko Alkartasuna (EA), que obtivo 3 parlamentarios.
2003 Coalición EA-PNV José Luis Echegaray[5]
(número 3)
1 / 50
Coalición con un do PNV).
2007 Nafarroa Bai José Ángel Aguirrebengoa[6]
(número 8)
1 / 50
Coalición con Aralar, Eusko Alkartasuna (EA), Batzarre e independentes, que obtivo doce parlamentarios (un do PNV).
2011 NaBai-2011 Manuel Ayerdi[7]
(número 4)
1 / 50
Coalición con Aralar e independentes, que obtivo oito escanos (un do PNV).
2015 Geroa Bai Manuel Ayerdi
(número 2)
4 / 50
Coalición con Zabaltzen, que obtivo nove escanos (catro do PNV).

Notas

  1. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/NAVARRA_1987_Candidaturas[Ligazón morta]
  2. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/NAVARRA_1991_Candidaturas[Ligazón morta]
  3. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/NAVARRA_1995_Candidaturas[Ligazón morta]
  4. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/NAVARRA_1999_Candidaturas[Ligazón morta]
  5. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/NAVARRA_2003_Candidaturas[Ligazón morta]
  6. http://www.eaj-pnv.eus/documentos/jose-angel-agirrebengoa-voz-navarra_6547.html
  7. http://gara.naiz.eus/paperezkoa/20110403/257789/es/La-lista-Zabaleta-utiliza-mismo-logo-NaBai

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Acción Nacionalista Vasca

Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) é un partido nacionalista vasco ilegalizado de esquerdas e socialista.

Batzoki

Os batzokis son as sedes sociais do Partido Nacionalista Vasco.

Carlos Garaikoetxea

Carlos Garaikoetxea Urriza, nado en Pamplona o 2 de xuño de 1938, é un político e avogado vasco. Foi o segundo Lehendakari do Goberno Vasco, polo Partido Nacionalista Vasco, trala instauración da democracia e o primeiro elixido trala promulgación do Estatuto de Gernika (1980-1985). Foi o fundador e presidente de Eusko Alkartasuna. Reside en Zarautz (Guipúscoa).

Coalición por Europa

Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.

Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.

Deba, Guipúscoa

Deba, (en español Deva, mais o único nome oficial é Deba), é un concello e localidade costeira situada ao noroeste de Guipúscoa, Euskadi. Está chantada na desembocadura do río Deba, pertencente á comarca de Debabarrena. Ten unha poboación de 5.274 habitantes segundo o censo do ano 2006 e unha superficie de 52 km², cunha densidade poboacional de 102,32 habitantes por quilómetro cadrado.

Coa orixe no próximo núcleo rural de Itziar, estabeleceuse na actual situación en 1343 co nome de Montreal de Deba, que xa tiña no 24 de xuño de 1294. Ten unha gran praia, que é o seu atractivo turístico principal, xunto coa súa grande alameda.

Distribúese por dúas vertentes diferentes, a do río Deba e a do río Urola, e o seu terreo e moi accidentado. A costa destaca pola chamada rasa mareal, que se estende até Zumaia. Sitúase na marxe dereita da río que o río forma na súa desembocadura; nela, noutros tempos, houbo un porto comercial; na actualidade só se emprega como porto deportivo e de recreo.

As súas armas son un escudo de goles cun castelo sostido por un león e un grifón tenantes e, ós seus pés, tres teixos de sinople.

Eneko Goia

Eneko Goia Laso, nado en Donostia o 30 de outubro de 1971, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Donostia.

Eusko Alkartasuna

Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Vasca en galego) é un partido político vasco fundado por Carlos Garaikoetxea Urriza en setembro de 1986, como escisión do Partido Nacionalista Vasco. Actualmente está separado ideoloxicamente do anterior partido xa que EA-Eusko Alkartasuna se define como socialdemócrata, independentista, pacifista e aconfesional.

Geroa Bai

Geroa Bai, que traducido do éuscaro ao galego significaría Si ao futuro, é unha coalición política vasco-navarra creada para as eleccións xerais de 2011 en España e integrada por Partido Nacionalista Vasco (PNV), Atarrabia Taldea e a asociación Zabaltzen, ante a negativa de Eusko Alkartasuna, Batzarre e Aralar de reeditar a coalición Nafarroa Bai de face ás citadas eleccións. A súa cabeza de lista é Uxue Barkos.

Gorka Urtaran

Gorka Urtaran Agirre, nado en Vitoria o 21 de decembro de 1973, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Vitoria.

Ibon Areso

Ibon María Areso Mendiguren, nado en Bilbao o 20 de maio de 1944, é un arquitecto e político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.

Ikurriña

A ikurriña (ou ikurrina, que en éuscaro, pronúnciase igual cá anterior) é unha bandeira creada en 1894 polos irmáns Luis e Sabino Arana Goiri (o fundador do Partido Nacionalista Vasco), como símbolo de Euskadi, que inicialmente identificaba só ó territorio de Biscaia.

Iñigo Urkullu

Iñigo Urkullu Rentería, nado en Alonsotegi o 18 de setembro de 1961, é un político vasco, presidente do Partido Nacionalista Vasco e actual Lehendakari.

Josu Erkoreka

Josu Iñaki Erkoreka Gervasio, nado o 3 de xullo de 1960 en Bermeo, é un político vasco pertencente ao Partido Nacionalista Vasco (PNV-EAJ), deputado no Congreso dos Deputados de España por este partido dende o ano 2000 e portavoz dende o 2004.

Juan José Ibarretxe

Juan José Ibarretxe Markuartu, nado en Laudio o 15 de marzo de 1957, é un político vasco do Partido Nacionalista Vasco, Lehendakari entre 1999 e 2009.

Nacionalismo vasco

O nacionalismo vasco é unha corrente política de carácter nacionalista xurdida a finais do século XIX, trala Terceira guerra carlista e a case total supresión dos foros xerais vascos (leis propias), aínda que afunde as súas raíces no Padre Larramendi (1690-1766) e os seus seguidores, que defendían xa que: O primeiro partido político abertamente nacionalista é o Partido Republicano Navarro, que converxe coa organización biscaíña de Sabino Arana Goiri para formar o Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), no contexto da corrente do Romanticismo.

Parlamento Vasco

O Parlamento Vasco (en éuscaro: Eusko Legebiltzarra) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do País Vasco e impulsa e controla a acción do Goberno Vasco. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da Comunidade Autónoma Vasca, Vitoria.

Partido Demócrata Europeo

O Partido Demócrata Europeo é un partido político europeo de centro moi a favor da integración europea. Foi iniciado o 16 de abril do 2004 e fundado formalmente o 9 de decembro en Bruxelas. François Bayrou de Unión pola Democracia Francesa e Francesco Rutelli d´A Margarida son os primeiros copresidentes.

O PDE foi fundado como reacción á crecente influencia de partidos euroescépticos nas institucións europeas. Reuniu a partidos europeístas de centro-dereita do Partido Popular Europeo e partidos de centro-esquerda do Partido dos Socialistas Europeos para formar unha nova coalición de centro.

O reformismo e outro das principais ideas do partido, que une a reformistas de centro de dous tipos, sendo Democristiáns, socialdemócratas ou unha mistura de ambas tendencias.

Os membros actuais son:

Francia : Unión pola Democracia Francesa

Italia : A Margarida

Lituania : Partido do Traballo (Lituania) (Darbo Partija)

República Checa : Camiño do Cambio (República Checa)

Bélxica : Movemento Cidadán polo Cambio (Bélxica)

Chipre : Partido Europeo (Chipre) (Ευρωπαϊκό Κόμμα), antigamente Novos Horizontes (Νέοι Ορίζοντες)

España : Partido Nacionalista Vasco

Partido Galeguista Nacionalista

O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego.

Fundouse en 1984, trala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.

Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión Europeísta, onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).

En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista

Partido Demócrata Europeo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.