Partido Galeguista Demócrata

O Partido Galeguista Demócrata actual é un partido político galego de centro, constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Autodefínense como galeguista, nacionalista, demócrata e europeísta. O PGD presentou candidaturas en 33 concellos nas eleccións municipais de 2007.

PGD logo
Logo do PGD.

Características

Integrantes

Entre os seus militantes conta con galeguistas históricos como Antón Moreda (cofundador das Mocedades Galeguistas de Bos Aires) ou Lois Taboada, ademais de militantes que participaran na anterior reorganización do Partido Galeguista de 1985. Na homenaxe do PG a Castelao en Rianxo o 7 de xaneiro de 2007, o acto do Partido Galeguista contou coa presenza e a adhesión dos escritores galeguistas Avelino Abuín de Tembra e Manuel Dourado Deira.

Logo do IX Congreso, celebrado en Monforte de Lemos o 26 de xaneiro de 2008 o presidente é Xesús Manuel Suárez e o vicepresidente Antonio Varela Álvarez.

Formacións

Desde a súa reorganización en 2004 integráronse dentro do PG formacións políticas como Progresistas Vigueses, Redondeláns Adiante, Galicia Unida, Independientes por Cambados, Agrupación Dependentes de Cuntis, Independentes do Grove, Socialistas por Ourense, Converxencia por Vigo, Progresistas de Narón, Unidade por Narón e Identidade Galega.

O partido Unidade por Narón terminou por non completar a súa integración no PG e iniciou un proxecto político diferente chamado Terra Galega, e o partido Identidade Galega saíu do PG ao pouco da súa integración.

Acción Galega

Acción Galega foi unha organización que actuou coma un partido político conformado por exmilitantes do BNG, do PPdG e outros independentes, ademais de cinco partidos galeguistas de centro (Partido Galeguista, o Partido Galeguista Demócrata, Coalición Galega, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista e Terra Galega.Acción galega, e polo tanto as formacións que o integran, forma parte de Compromiso por Galicia.

Ten como principais referentes públicos ao ex-militante do PPdG Rafael Cuíña, á ex-conselleira do BNG Teresa Táboas e ao ex-senador do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Pérez Bouza e ó secretario xeral do PNG-PG Xosé Mosquera.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG.

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata. En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Eleccións municipais en Lalín

Corporacións democráticas en Lalín desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé Cuíña Crespo — IndependentesModelo:Lalín 1979

1983 Alcalde: Xosé Cuíña Crespo — CP

1987 Alcalde: Xosé Cuíña Crespo — APModelo:Lalín 1987

1991 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeGModelo:Lalín 1991

1995 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeGModelo:Lalín 1995

1999 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeGModelo:Lalín 1999

2003 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeG

2007 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeG

2011 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeG

2015 Alcalde: Rafael Cuíña Aparicio — CxGCandidaturas: Xosé Crespo Iglesias (PP), Rafael Luís Cuíña Aparicio (CxG-CCTT), Nicolás María González Casares (PSdeG-PSOE), Lara Rodríguez Peña (APAC), Xosé Manuel López Fernández (BNG) e Camilo Conde López (Partido Galeguista Demócrata).

2019 Alcalde: Xosé Crespo Iglesias — PPdeGCandidaturas: Xosé Crespo Iglesias (PP), Rafael Luís Cuíña Aparicio (CxG-CCTT), Román Santalla Agra (PSdeG-PSOE), Franciaco Vilariño (BNG), Lara Rodríguez Peña (PAC), Coalición Centro Democrático: Juan José Cruz García, Ciudadanos: Pablo Senande Méijome e Partido Anticorrupción y Justicia: Almudena Rodríguez Rozas..

Eleccións municipais en Padrón

Corporacións democráticas en Padrón desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Eduardo Otero González — UCD

1983 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — CP

1987 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — AP

1991 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — PPdeG

1995 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — PPdeG

1999 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — PPdeG

2003 Alcalde: Jesús Villamor Calvo — PPdeGModelo:Padrón 2003

2007 Alcalde: Camilo Forján — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Antonio Fernández Angueira — PPdeG

2015 Alcalde: Antonio Fernández Angueira — PPCandidatos: Antonio Fernández Angueira (PP), Ángel Rodríguez Conde (Partido Galeguista Demócrata), Camilo Forján Seoane (PSdeG-PSOE), Teresa Rey Pazos (Veciños de Padrón), Cesáreo González Pardal (Alternativa por Padrón), Xoán André Santaló Rios (BNG) e Eloy Rodríguez Carbia (Converxencia de Independentes de Padrón).

Eleccións municipais no Grove

Corporacións democráticas en O Grove desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xaquín Álvarez Corbacho — PCE. Dimite en 1981 sendo substituído por José María Mourelos Muñiz

1983 Alcalde: José Alfredo Bea Gondar — CIG. Tras unha moción de censura en abril de 1985 foi elixido alcalde Luís Caamaño Prol, electo por AP, pero que se pasara ao CDS.

1987 Alcaldesa: María Lina Bernárdez Prol — AP

1991 Alcalde: Miguel Taboada de Santiago — Asociación Veciñal Independente

1995 Alcalde: José Antonio Galiñanes Mascato — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Miguel Ángel Pérez García — PPdeG

2003 Alcalde: Miguel Ángel Pérez García — PPdeG

2007 Alcalde: José Antonio Cacabelos Rico — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Miguel Ángel Pérez García — PPdeG

2015 Alcalde: José Antonio Cacabelos Rico — PSdeG-PSOECandidatos: José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Miguel Ángel Pérez García (PP), Juan Lamelas Alfonso (EU-SON), Heladio Outeiro Padim (BNG), José Alfredo Bea García (Partido Galeguista Demócrata) e Julia Aida Filgueira Pérez (Alternativa Meca).

Esquerda Nacionalista-Mocidade

Esquerda Nacionalista-Mocidade foi unha organización xuvenil, orixinalmente vencellada a Esquerda Nacionalista (partido integrado no Bloque Nacionalista Galego) pero que non recoñece á executiva saída da VI Asemblea celebrada o 30 de marzo de 2008, motivo polo cal pasou a se involucrar activamente na conformación do chamado "Espazo Aberto". Disolveuse para afrontar o proceso Espazo Aberto en Galiza Nova, que finalmente constituiría a Mocidade Socialista Galega.

Fala Ceibe

Fala Ceibe, tamén coñecida coma Fala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións da Xunta de Castela e León) que promove o uso e a defensa da lingua e culturas galega no Bierzo.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Fronte Obreira Galega

A Fronte Obreira Galega é unha organización de esquerdas, anticapitalista e independentista galega proveniente da CIG.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Movemento Estudantil Universitario

A asociación estudantil Movemento Estudantil Universitario é unha organización de representación de estudantes universitarios con presenza na universidade galega. Nada en decembro do 2010, aposta por unha universidade única, pública, galega, internacional, cogobernada e corresponsábel.

Movimento Defesa da Língua

O Movimento Defesa da Língua é unha organización reintegracionista e asemblearia, de acción social de base, que ten como obxectivo a normalización e naturalización da lingua portuguesa en Galiza.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.