Partido Galego Social Demócrata

O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.
Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario [1]

Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais.
Con todo o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz[2] en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócratacristiana, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD

Partido Galego Social Demócrata (PGSD)
Partido político da Galiza
Dirixentes e organización
LíderXosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz
Historia
Fundación1974
Disolución1978
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialdemocracia
Federalismo

Notas

  1. Beramendi, J. e Núñez Seixas, Xosé Manuel. O Nacionalismo Galego, Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1995, pax 241
  2. Manuel Antonio Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 64
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alfonso Zulueta de Haz

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017, foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Bases constitucionais

As Bases Constitucionais ou Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisiorio, é un documento político de 1977 propugnado polo Consello de Forzas Políticas de Galicia integrado pola UPG, o PSG, o Partido Galego Social Demócrata (PGSD), o Movemento Comunista de Galicia (MCG) e o Partido Carlista de Galicia. Tratou de ser a proposta de ruptura democrática fronte ao modelo de transición política ao que se foron acollendo as principais forzas de ámbito estatal en Galicia. Participaron na súa redacción Xosé Vilas Nogueira, Ramón López Suevos e Camilo Nogueira Román. Cando se iniciou a preautonomía, constituíu a alternativa do nacionalismo rupturista fronte ao reformista que decidiu participar na redacción do Estatuto dos dezaseis.

Consello de Forzas Políticas Galegas

O Consello de Forzas Políticas Galegas foi unha plataforma política creada en xaneiro de 1976.

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

José Luís Fontenla Rodrigues

José Luís Fontenla Rodrigues, nado en Pontevedra o 9 de febreiro de 1944, é un avogado, político, escritor e pintor galego.

Movemento Comunista de Galicia

O Movemento Comunista de Galicia (MCG) foi un partido político comunista creado en Galicia durante os últimos anos do franquismo como sección galega do Movimiento Comunista.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Partido Popular Galego

Para a organización galega do Partido Popular, ver Partido Popular de Galicia.O Partido Popular Galego (PPG) foi un partido galeguista de centro dos anos da transición.

Fundouse en xullo de 1976 ao se unir a Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto, e Esquerda Democrática Galega, liderada por Fernando García Agudín e ligada á Izquierda Democrática de Joaquín Ruiz-Giménez. No seo do partido establecéronse dúas posicións, os partidarios do mantemento do partido cuns claros sinais galeguistas e os partidarios da integración na UCD, este último grupo acabará marchando do PPG antes das eleccións de 1977.

Plataforma de Convergencia Democrática

A Plataforma de Converxencia Democrática foi un organismo da oposición á ditadura franquista, creada o 11 de xuño de 1975, á marxe da Junta Democrática de España, coa que acabou fusionándose na Coordinación Democrática. Constituíu, por parte do PSOE, un intento de agrupar a unha parte da oposición ao franquismo para competir coa Junta Democrática que basculaba sobre o PCE. Creouse coa intención de evitar unha estrutura política semellante á italiana na que existía un partido comunista forte e un partido socialista feble.

Xosé Manteiga Pedrares

Xosé Manteiga Pedrares, nado en Aro (Negreira) o 3 de febreiro de 1934 e finado en Santa Comba o 23 de abril de 2012, foi un catedrático, filósofo e político galego.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.