Partido Comunista dos Traballadores de España

O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).[1]

Partido Comunista dos Traballadores de España
Partido Comunista de los Trabajadores de España
Partido político de España
Logo PCTE
Dirixentes e organización
LíderÁstor García
MocidadesColectivos da Mocidade Comunista
Filiación internacionalIniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros
Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros
Historia
Fundación3 de marzo de 2019
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-leninismo
Outros datos
PublicaciónNuevo Rumbo
Páxina webpartido-comunista.es
TwitterInfoPCTE
FacebookPCTE

Historia

Cisma no PCPE e fundación

En abril de 2017, trala V Sesión Plenaria do Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España, disputas internas provocaron a división do partido. Unha parte do Comité Central proclamou a Ástor García como o novo secretario xeral do PCPE, substituíndo ao veterano Carmelo Suárez, no cargo desde 2002, que foi apoiado na súa posición de secretario xeral pola maioría do Comité Central. O sector de Ástor García creou unha nova páxina web coas siglas do PCPE explicando dito nomeamento,[2] mentres que na web do outro sector denunciábase a designación de García como un "acto fraccionario".[3] A partir dese momento, os dous sectores actuaron de facto como dous partidos diferentes, pero utilizando ambos o mesmo nome.

A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[4] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[5] o Partido do Traballo de Austria[6] e o Partido Comunista de Italia[7] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[8] Do mesmo xeito, a dirección e a maioría dos militantes os Colectivos da Mocidade Comunista (CJC) apoiaron a Ástor García.[9][10] Neste sentido, 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderado por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[11] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[12] de Asturias,[13] de Cantabria,[14] de Galicia,[15] de Madrid,[16] das Illas Baleares,[17] de Canarias,[18] de Castela e León[19] e parte de Cataluña.[20] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[21] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[22] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[23]

Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[24] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[1]

Eleccións de 2019

O PCTE participou nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España, presentando candidaturas en 26 provincias[25] e obtendo 14.189 votos (un 0,05%)[26] e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 con Ástor García como cabeza de lista[27], obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[28] No mesmo día das eleccións ao parlamento europeo o PCTE participou en cinco eleccións autonómicas e en dezaseis municipios. Conseguiu dous concelleiros no antigo concello mineiro de Degaña no sur de Asturias. Tamén apoiou a lista local Asamblea Ciudadana Por Torrelavega (ACPT)[29] a cal tamén obtivo dous concelleiros.[30]

Xuventudes e publicacións

As xuventudes do partido organízanse nos Colectivos de Jóvenes Comunistas.[1] O órgano de expresión do partido é a revista Nuevo Rumbo.

Estrutura territorial

O partido ten presenza en case toda España, adaptando o seu nome ás diferentes linguas dos territorios.[1][31]

Territorio Organización territorial
Andalucía Andalucía PCTE Andalucía
Aragón Aragón PCTE Aragón
Principado de Asturias Asturias Partiu Comunista de los Trabayaores d'España
Illas Canarias Illas Canarias PCTE Canarias
Cantabria Cantabria PCTE Cantabria
Castela e León Castela e León PCTE Castilla y León
Cataluña Cataluña Partit Comunista dels Treballadors de Catalunya
Madrid Comunidade de Madrid PCTE Madrid
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya
Galicia Galicia Partido Comunista dos Traballadores da Galiza
Illas Baleares Illas Baleares Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya
País Vasco País Vasco Euskadiko Langileen Alderdi Komunista
A Rioxa A Rioxa PCTE La Rioja

Eleccións

Cortes Xerais
Ano Votos %
abril de 2019 14,189 0.05
Eleccións europeas
Ano Votos %
2019 19,081 0.09%
Eleccións autonómicas de 2019
Autonomía Votos %
Aragón 559 0.08%
Asturias 1.082 0,21%
Cantabria 479 0,15%
Castela e León 1,147 0.08%
Comunidade de Madrid 3,013 0.09%
Eleccións municipais 2019
Municipio Autonomía Votos % Asentos
Avilés Asturias 236 0,62% 0
Córdoba Andalucía 380 0,26% 0
Degaña Asturias 147 24,54% 2
Gijon Asturias 289 0,21% 0
Langreo Asturias 106 0,56% 0
León Castela e León 119 0,18% 0
Madrid Comunidade de Madrid 791 0,05% 0
Málaga Andalucía 188 0,08% 0
Mieres Asturias 74 0,38% 0
Oviedo Asturias 163 0,15% 0
Salamanca Castela e León 233 0,31% 0
San Juan de Aznalfarache Andalucía 110 1,32% 0
Valladolid Castela e León 229 0,14% 0
Vigo Galiza 267 0,18% 0
Zaragoza Aragón 1.036 0,31% 0

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Resolución del Comité Central" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  2. "Nuevo Secretario General del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  3. "Nota informativa del Comité Central del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  4. "Entrevista a Pável Blanco, Primer Secretario del PC de México" (en castelán). 27 de abril de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  5. "Posición del PC de Grecia sobre los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  6. "Comunicado del PT de Austria en relación a los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  7. "Reflexiones del Secretario General del Partido Comunista (Italia)" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  8. "Acto internacional en Madrid: «Ni tierra, ni mar, ni aire para los imperialistas»" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  9. "Nota del Consejo Central de los CJC" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  10. "LOS COLECTIVOS DE JÓVENES COMUNISTAS RECONOCEN A ÁSTOR GARCÍA COMO SECRETARIO GENERAL DEL PCPE" (en castelán). 8 de maio de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  11. "220 cuadros del Partido y la Juventud en defensa del Partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  12. "El PCPE Euskal Herria en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  13. "El PCPE Asturies en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  14. "El PCPE Cantabria en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  15. "Comunistas da Galiza-PCPE en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  16. "El PCPE Madrid en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  17. "PCPE Balears en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  18. "El PCPE Canarias en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  19. "El PCPE Castilla y León en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  20. "Comunistes Catalans en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  21. "Convocada la Conferencia Central del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  22. "Hacia el XI Congreso (Extraordinario) del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  23. "Paso al frente del comunismo español en el año del centenario" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  24. "Declaración de Secretario General del PCPE sobre las siglas del Partido y el fin de la usurpación de las mismas" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  25. "Candidaturas ás eleccións xerais 2019" (PDF). BOE (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  26. "Resultados eleccións xerais 2019" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019.
  27. "Candidaturas no BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  28. "Resultados eleccións europeas" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2019.
  29. "CP of the Workers of Spain, The PCTE stands for the European, local and autonomic elections on May 26" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  30. "Resultados en Torrelavega 2019". El País (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  31. "Candidatura no BOE" (PDF). BOE (en castelán). pp. 46892–46893. Consultado o 10 de xuño de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Colectivos da Mocidade Comunista

Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) son a organización xuvenil do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), aínda que historicamente foi coñecida por estar vinculada ao Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

O seu órgano de expresión é Tinta Roja, revista que se edita dende o ano 2006 en papel e dende o 2012 en formato dixital.

Os CMC foron creados o 13 de xaneiro de 1985 a iniciativa do recentemente fundado PCPE como a súa organización xuvenil. A principios dos anos 90 un sector dos CMC integrouse na Xuventude Comunista, referente xuvenil do Partido Comunista de España (PCE). En 2017, no marco do cisma xurdido no seo do PCPE, posicionaronse xunto a Ástor García, o que os converteu a partir do 3 de marzo de 2019 na mocidade de facto do PCTE.

Os Congresos celébranse cada tres anos por mandato estatutario. O último foi o X Congreso celebrado en marzo de 2019.O nome en castelán é Colectivos de Jóvenes Comunistas (CJC) e o nome varía segundo o territorio e a lingua local. Por exemplo, en Cataluña son os Joves Comunistes do Poble Català (CJC-JCPC), en Asturias chámanse Coleutivos de Mocedaes Comunistes (CJC-CMC), en Galicia Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e no País Vasco e Navarra Gazte Komunisten Kolektiboak (GKK-CJC).

Os CMC organizan cada ano diversos eventos destinados á formación política dos militantes. Dende fai máis de 20 anos celebran a Escola de Formación "Trifón Medrano", á que acoden militantes de todos os puntos de España, ademais de invitados doutras organizacións xuvenís.

A nivel internacional, os CMC forman parte da Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD) dende a súa creación.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.

En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.

Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros

A Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros, ou simplemente Iniciativa, é unha internacional leninista europea. A Iniciativa ten 29 partidos membros de toda Europa. O Partido Comunista de Grecia (KKE) é o principal fundador da Iniciativa.

Foi creada o 1 de outubro de 2013 e na reunión fundacional elixiuse que os membros do seu Secretariado serían o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, o Partido Comunista en Italia, o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.O obxectivo da Iniciativa é "contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas".

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Ástor García

Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978, é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.