Partido Comunista do Pobo Galego

O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.

Historia

O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista (PC), antecesor do que logo foi o PCPE.

Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego[1]. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao Senado en 2008, onde presentaron candidatura pola provincia de Ourense, e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos. En 2008[2] rompeu co PCPE, deixando de ser o seu referente en Galicia.

Ideoloxía

Hammer and sickle
O martelo e a fouce. Símbolos representativos do Comunismo

É unha organización marxista-leninista partidaria da autodeterminación de Galicia.

Notas

  1. Rexistro de partidos políticos Arquivado 07 de marzo de 2011 en Wayback Machine., busca polo termo "pobo"
  2. historiaelectoral.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu na Universidade de Vigo de 1998 a 2001.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Comunistas da Galiza

Comunistas da Galiza é a marca en Galicia do Partido Comunista de los Pueblos de España logo da ruptura do Partido Comunista do Pobo Galego co PCPE en 2008. Con esta marca presentáronse por primeira vez ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, se ben xa concorreran anteriormente como PCPE en diversas ocasións.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Esquerda Nacionalista-Mocidade

Esquerda Nacionalista-Mocidade foi unha organización xuvenil, orixinalmente vencellada a Esquerda Nacionalista (partido integrado no Bloque Nacionalista Galego) pero que non recoñece á executiva saída da VI Asemblea celebrada o 30 de marzo de 2008, motivo polo cal pasou a se involucrar activamente na conformación do chamado "Espazo Aberto". Disolveuse para afrontar o proceso Espazo Aberto en Galiza Nova, que finalmente constituiría a Mocidade Socialista Galega.

Fala Ceibe

Fala Ceibe, tamén coñecida coma Fala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións da Xunta de Castela e León) que promove o uso e a defensa da lingua e culturas galega no Bierzo.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Fronte Obreira Galega

A Fronte Obreira Galega é unha organización de esquerdas, anticapitalista e independentista galega proveniente da CIG.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Movemento Estudantil Universitario

A asociación estudantil Movemento Estudantil Universitario é unha organización de representación de estudantes universitarios con presenza na universidade galega. Nada en decembro do 2010, aposta por unha universidade única, pública, galega, internacional, cogobernada e corresponsábel.

Movimento Defesa da Língua

O Movimento Defesa da Língua é unha organización reintegracionista e asemblearia, de acción social de base, que ten como obxectivo a normalización e naturalización da lingua portuguesa en Galiza.

Nós - Candidatura Galega

Nós - Candidatura Galega foi unha coalición electoral creada para presentarse ás eleccións xerais de 2015 en España e que se presentou nas catro provincias galegas. A formación principal da coalición era o Bloque Nacionalista Galego e acompañárono o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega. Tamén recibiu o apoio do alcalde de Lalín, de Compromiso por Galicia, Rafael Cuíña.Os catro cabezas de lista ao Congreso dos Deputados pertencían ao Bloque Nacionalista Galego: Carlos Callón pola Coruña, Carme Adán por Pontevedra, Olalla Rodil por Lugo e Noa Presas por Ourense.

Os malos resultados acadados, ao non obter ningún deputado e perder un bo número de votos en favor da coalición EnMarea, motivaron a decisión do líder do BNG, Xavier Vence, de non anovar como voceiro nacional na XV Asemblea Nacional que se celebrará en 2016.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.