Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos.

Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.[1]

En 2011, debido às disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia[2] unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Notas

  1. "Programa político de Esquerda Castellana". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2013.
  2. Declaración constituínte de Comunistas de Castilla

Véxase Tamén

Comunistas de Castilla

Comunistas de Castilla (Comunistas de Castela en galego) é un partido político de España, de ideoloxía comunista e castelanista, creado en 2011 trala escisión de varias células do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) en Castela e León. Mantén estreitas relacións co colectivo Rede Vermella, escisión á súa vez de Corrente Vermella, o que provocou a inspiración trotskista desta última.

O seu ámbito de actuación é o territorio histórico de Castela, nación que estaría composta segundo os estándares do castelanismo polas actuais comunidades autónomas de Castela e León, Castela-A Mancha, a Comunidade de Madrid, A Rioxa e Cantabria.

Izquierda Castellana

Izquierda Castellana (IzCa) é un movemento político radical nacionalista de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en 2002 en Madrid, coa incorporación de Izquierda Comunera a unha organización na que se atopaban Unidad Popular Castellana, Yesca, Mujeres Castellanas e o Círculo Castellano de Toledo. O Partido Comunista del Pueblo Castellano (sección do Partido Comunista de los Pueblos de España na comunidade autónoma de Castela e León) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización.

Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no País Vasco, Palestina ou Irlanda. Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.

O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha Castela unida, superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que Castela está formada por Cantabria, Castela e León, Madrid, A Rioxa e Castela-A Mancha), socialista, soberana e republicana, facendo propia a tradición comunera, que reivindica anualmente, cada 23 de abril, nas concentracións de Villalar de los Comuneros. Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e Tierra Comunera como o Día Nacional de Castela, pero oficialmente é o día da comunidade de Castela e León.

Nacionalismo castelán

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.