Partido Comunista de Vietnam

O Partido Comunista de Vietnam é o partido único de Vietnam. É un partido comunista de tendencia marxista-leninista.

Historia

O partido foi fundado por Ho Chi Minh e outros exiliados que vivían en China. Adoptouse o nome de Partido Comunista de Vietnam, pero cambiou o seu nome a Partido Comunista Indochinés logo da súa conferencia de fundación que se levou a cabo en Hong Kong en febreiro de 1930. O primeiro Congreso Nacional do Partido foi levado a cabo en segredo en Macao en 1935. Ao mesmo tempo, un congreso da Comintern en Moscova adoptou unha política para formar unha Fronte Popular contra o fascismo e dirixir os movementos comunistas ao redor do mundo a colaborar con este movemento antifascista sen importar a orientación cara ao socialismo que teñan. Isto requeriu ao Partido Comunista Indochinés aglutinar todos os partidos nacionalistas na Indochina como potenciais aliados.

Este Partido foi formalmente disolto en 1945 para agochar a súa afiliación comunista e as súas actividades leváronse a cabo no Viet Minh, que foi fundado catro anos antes como unha fronte común de liberación nacional. O partido foi refundado como o Partido dos Traballadores de Vietnam no Segundo Congreso Nacional do Partido en Tuyen Quang en 1951. O congreso levouse a cabo en territorio norvietnamita contralado polo Viet Minh durante a Primeira Guerra da Indochina. O Terceiro Congreso Nacional levouse a cabo en Hanoi en 1960 e formalizou as tarefas de implantar o socialismo no que era Vietnam do Norte e encomendouse ao partido para que leve a cabo a unión co sur. No Cuarto Congreso Nacional de 1976, levado a cabo trala vitoria do norte na Guerra de Vietnam, o nome do partido foi cambiado a Partido Comunista de Vietnam.

Organización

O PCV é de orientación marxista-leninista. En 1976, como resultado da unificación de Vietnam do Norte e Vietnam do Sur, o Comité Central foi expandido de 77 a 133 membros e o Politburó creceu de once a dezasete membros, mentres que o Secretariado incrementouse de sete a nove membros.

A membresía no Partido duplicouse de 760.000 en 1966 a 1.553.500 en 1976, representando o 3.1% da poboación total do país e en 1986 estaba xa preto dos dous millóns.

No Sexto Congreso Nacional, levado a cabo en 1986, Nguyen Van Linh foi nomeado secretario xeral mentres que un Politburó de catorce membros foi elixido e o Comité Central se expandiu a 173 membros.

No Noveno Congreso Nacional de 2001, Nong Duc Manh foi nomeado o novo secretario xeral.

O actual Politburó consta de 15 membros e foi elixido en abril do 2001. Este organismo determina a política de goberno e o seu Secretariado de nove persoas, supervisa a política de día a día. En adición, a Comisión Militar Central do Partido, que está composta por membros selectos do Politburó e líderes militares, determinan a política militar vietnamita.

Un Congreso Partidario, reuniu 1.168 delegados elixidos no Noveno Congreso Partidario en abril de 2001, reúnese cada 5 anos para fixar a dirección o Partido e do goberno. O Comité Central de 150 membros, que é elixido polo congreso do Partido usualmente, reúnese dúas veces ao ano. O Politburó reúnese máis frecuentemente e o Secretariado é o responsable das actividades diarias baixo a dirección do Secretario Xeral.

Ideoloxía

Malia que formalmente é un partido marxista-leninista, o Partido Comunista de Vietnam realizou importantes reformas na economía e permitiu o crecemento do sector privado. Pese á súa política de apertura económica, o partido segue conservando o control total sobre poder político, seguindo, en certa medida, o modelo do Partido Comunista da China.

Ligazóns externas

2 de setembro

O 2 de setembro é o 245º día do ano do calendario gregoriano e o 246º nos anos bisestos. Quedan 120 días para finalizar o ano.

Emblema de Vietnam

O emblema de Vietnam é un dos símbolos nacionais do país. É circular, cun fondo vermello e unha estrela vermella no medio que representa o Partido Comunista de Vietnam, a historia revolucionaria e o futuro de Vietnam. A engrenaxe e os cultivos representan a cooperación da agricultura coa industria.

Forma de goberno

Forma de goberno, sistema de goberno ou réxime político son diferentes termos, que en ocasións se utilizan con matices diferentes, pero que son comunmente utilizados para referirse ao conxunto das institucións políticas mediante as cales un estado se organiza para exercer os seus poderes sobre unha comunidade política. Esta definición é válida aínda que o goberno sexa ilexítimo ou estea incapacitado para exercer os seus poderes.

Moi habitualmente emprégase de forma sinónima a expresión forma de estado, que tamén se utiliza, ás veces, limitada á contraposición monarquía-república, aínda que a súa definición pode ser máis complexa.

Un concepto confluente é o de sistema político, que pode entenderse coa simplificación do espectro político esquerda-dereita, co que é un concepto máis efémero e cambiante, mentres que a forma de goberno é máis estable no tempo, aínda que tamén suxeita a cambios e ata a transformacións revolucionarias. O sistema político adoita incorporarse ao nome oficial do estado, como no caso da República Arxentina, os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, a Federación Rusa ou a Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular e Socialista. Só hai dezaoito países que non o fan así, como Xamaica, mentres que once só indican que son "estados". A forma máis común é "república", con 132 casos de moi distinto tipo. As monarquías son 33, 18 delas "reinos".

Ho Chi Minh

Ho Chi Minh (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado o 19 de maio de 1890 e morto o 2 de setembro de 1969, foi un político e revolucionario vietnamita, e Presidente (1954 - 1969) de Vietnam do Norte.

Khmers vermellos

Khmers Vermellos (Khmers Rouges en francés, Khmer Krahom en camboxano) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomou o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Fundou a Kampuchea Democrática, un sistema de Goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

Durante os catro anos que durou o seu réxime, desde abril de 1975 a xaneiro de 1979, as súas accións e maneiras de impor a súa política conduciron ao que se coñece como o «xenocidio camboxano», actos que están a ser xulgados por un tribunal internacional en Phnom Penh por crimes contra a humanidade.O fin do réxime dos Khmers Vermellos chegou en 1979 debido a unha intervención militar de Vietnam no país. A partir dese momento, os Khmers Vermellos convertéronse nunha guerrilla aliada dos Estados Unidos e a República Popular da China (debido a que se enfrontaban á nova República Popular de Kampuchea, aliñada con Vietnam e a Unión Soviética) e, unha vez que estes lles retiraron o seu apoio en 1989, adaptáronse e convertéronse nunha guerrilla do tipo das que adoita relacionarse coas economías de guerra.

Maoísmo

O Maoísmo ou Pensamento de Mao Zedong (chinés simplificado: 毛泽东思想, chinés tradicional: 毛澤東思想, pinyin: Máo Zédōng Sīxiǎng), tamén chamado Marxismo-Leninismo-Maoísmo (MLM), é unha variante do comunismo (máis concretamente do leninismo) derivada das ensinanzas de Mao Zedong (1893-1976).

Nguyễn Tấn Dũng

Nguyễn Tấn Dũng, nado en Cà Mau o 17 de novembro de 1949, é un antigo militar e político vietnamita, primeiro ministro do seu país desde o 27 de xuño de 2006 .

Partido Comunista (homónimos)

Con Partido Comunista podemos facer referencia a un partido que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. Dentro de esta ideoloxía atopamos multitude de partidos políticos de todo o mundo que empregan esa denominación:

Partido Comunista Alemán (DKP), fundado en 1968.

Partido Comunista de Alemaña (KPD), partido que mudou o nome a Partido Socialista Unificado de Alemaña e finalmente se disolveu en 1990.

Partido Comunista Bolxevique Mexicano (PCB), fundado en 1963 por escindidos do Partido Comunista Mexicano.

Partido Comunista Bolxevique de Ucraína, fundado en 1918 e renomeado en 1952 Partido Comunista de Ucraína.

Partido Comunista da China (PCC), partido único na República Popular Chinesa.

Partido Comunista de España (PCE), integrado en Izquierda Unida.

Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), escisión do PCE formada en 1968, en 1980 fusionouse co Partido Comunista de los Trabajadores para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista de España (marxista-leninista), PCE (m-l), fundado en 1964 como escisión do PCE e disolto en 1992.

Partido Comunista de España (reconstituido), PCE (r), formado en 1974.

Partido Comunista de España Unificado (PCEU), resultado da fusión do Partido Comunista de los Trabajadores e o Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), que posteriormente deu lugar ó Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partido Comunista de Estonia (EKP), ponla do PCUS en Estonia, que se disolveu e adoptou outro nome en 1991.

Partido Comunista Francés (PCF), fundado en 1920.

Partido Comunista de Galicia (PCG), forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida.

Partido Comunista de Grecia (KKE), fundado en 1918.

Partido Comunista da India, fundado en 1920.

Partido Comunista da India (marxista), formado en 1964 dunha escisión do Partido Comunista da India.

Partido Comunista da India (maoísta), fundado en setembro de 2004 resultado da fusión entre o Centro Comunista Maoísta da India e mailo Partido Comunista da India (marxista-leninista) Guerra Popular.

Partido Comunista Italiano (PCI), formado en 1921 como Partido Comunista de Italia, disolveuse en 1991.

Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), partido galego nado en 1986 como escisión da Unión do Povo Galego e expulsado en 1987 do Bloque Nacionalista Galego.

Partido Comunista Mexicano (PCM), fundado en 1911 co nome Partido Socialista Obrero, mudouno en 1919 e en 1981 fusionouse con outros tres partidos para dar o Partido Socialista Unificado de México.

Partido Comunista Obrero Español (PCOE), formado en 1973 e fusionado en 2000 co Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partit Comunista del País Valencià, federación do PCE no País Valenciano.

Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), formado en 1984.

Partido Comunista Portugués (PCP), fundado en 1921.

Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), fundado en 1984.

Partido Comunista Romanés (PCR), fundado en 1921.

Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK), formado en 2002 e ilegalizado pola xustiza española en 2008.

Partido Comunista de los Trabajadores (PCT), xurdido en 1977 como escisión do Partido Comunista de España, e fusionado en 1980 co Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP), fundado en 1976.

Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS).

Partit Comunista dels Valencians, escisión do Partit Comunista del País Valencià e integrado en 1991 no Moviment de Defensa de la Terra.

Partido Comunista de Vietnam.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Phạm Văn Đồng

Pham Van Dong ,Phạm Văn Đồng, nado en Mo Duc o 1 de marzo de 1906, finado en Hanoi o 29 de abril de 2000, foi un político vietnamita e ex-Primeiro Ministro do Vietnam do Norte e do Vietnam reunificado.

Trần Đức Lương

Trần Đức Lương, nado o 5 de maio de 1937, foi o presidente de Vietnam dende o 24 de setembro de 2002 ata o 2006.

Viet Minh

O Việt Minh foi unha coalición pola independencia nacional vietnamita formada en Pac Bo, o 19 de maio de 1941. O Việt Minh foi formado orixinalmente para buscar a independencia de Vietnam con respecto a Francia (ata 1954 formou parte da Indochina Francesa). Cando comezou a ocupación xaponesa do Vietnam, durante a Segunda Guerra Mundial o Việt Minh combateu contra Xapón con apoio dos Estados Unidos e da República Popular Chinesa. Despois da devandita guerra, o Việt Minh opúxose á reocupación de Vietnam levada a cabo por Francia e, máis tarde, combateu contra os Estados Unidos na Guerra de Vietnam. A liga estivo dirixida por Ho Chi Minh.

Vietcong

O Vietcong ou Fronte Nacional de Liberación de Vietnam (en vietnamita: Mặt Trận Giải Phóng Miền Nam Việt Nam), tamén coñecido como Front National de Liberté (FNL), foi unha organización guerrilleira formada en 1960 por toda a oposición á ditadura de Ngô Đình Diệm, aínda que os comunistas eran maioritarios.

O goberno Sur vietnamita referíase a este movemento como o "VietCong". As forzas estadounidenses referíanse a el como "Víctor Charlie", que é como se pronuncian as siglas "VC" no Alfabeto fonético da OTAN ou, de forma máis abreviada, simplemente "Charlie".

Đặng Thị Ngọc Thịnh

Đặng Thị Ngọc Thịnh, nada en Quảng Nam o 25 de decembro de 1959, é unha política vietnamita que exerceu como presidenta interina de Vietnam en 2018 tras a morte de Trần Đại Quang.

Đặng Thị Ngọc Thịnh converteuse en membro do Partido Comunista de Vietnam o 19 de novembro de 1979. Foi vicepresidenta de Vietnam desde o 8 de abril de 2016 até 2018. Foi elixida vicepresidenta de Vietnam despois de gañar o 91,09% dos votos (450 votos) na Asemblea Nacional, converténdose na primeira muller na historia vietnamita en ser elixida para o cargo de vicepresidente de Vietnam. Foi membro das Asembleas Nacionais 11 e 13.

Tras a morte de Quang, converteuse na primeira muller na historia vietnamita en converterse en presidenta de Vietnam. Foi a primeira muller xefa de estado dun país comunista desde Soong Ching-ling de China.

Đỗ Mười

Đỗ Mười, nado en Thanh Tri, Hanoi o 2 de febreiro de 1917, é un político e ex-Primeiro Ministro do Vietnam.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.