Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista de España
Partido político de España
Logotipopce
Dirixentes e organización
LíderJosé Luis Centella
Francisco Frutos
MocidadesUnión de Xuventudes Comunistas de España
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación13 de abril de 1921
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Federalismo
Republicanismo
Outros datos
SedeCalle Olimpo, 35. 28043 Madrid
PublicaciónMundo Obrero
Páxina webwww.pce.es

Fundación

O primeiro núcleo orixinario foi o Partido Comunista Español, formado en 1920 pola Federación da Xuventude Socialista, e o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), escindido formalmente do PSOE o 13 de abril de 1921 durante a celebración do III congreso extraordinario do PSOE no que este decidiu non entrar na III Internacional. Estes dous participaron na Conferencia da fusión que se celebrou entre o 7 e o 14 de novembro de 1921 que deu orixe ó Partido Comunista de España. O 15 de marzo de 1922 celebrou o PCE o seu primeiro congreso no que elixiu como secretario xeral a Antonio García Quejido. Durante a Ditadura de Primo de Rivera o partido permaneceu na clandestinidade. Na conferencia de Pamplona, celebrada na clandestinidade en 1930, decidiuse a incorporación de Dolores Ibárruri ó comité central do PCE.

II República

Coa proclamación da II República o 14 de abril de 1931, abriuse unha nova etapa na historia de España e do PCE, a pesar de que o día da proclamación, membros do Partido saíron á rúa para denunciar o que consideraban unha república burguesa.

En marzo de 1932 celebrouse o IV Congreso en Sevilla, co obxectivo de desterrar os métodos sectarios moi arraigados na dirección e pasar á construción da unidade antifascista segundo o discurso de Giorgi Dimitrov no anterior congreso da III Internacional Comunista. Neste labor, xogaron un papel prominente os membros do Comité Central elixidos no devandito congreso, entre eles José Díaz Ramos, Dolores Ibárruri (A Pasionaria), Vicente Uribe, Manuel Delicado, Antonio Mije e Pedro Checa.

Nas eleccións de 1933, o PCE acadou o seu primeiro posto no parlamento do estado, sendo elixido deputado Cayetano Bolívar Escribano. En 1934, o PCE xogou un papel prominente na chamada Revolución de Asturias, en outubro dese ano, na que durante 15 días as masas obreiras tomaron o poder nas comarcas asturianas. Para aplacar a revolución, o goberno radical-cedista, trouxo tropas de África, dirixidas polo xeneral Francisco Franco, que iniciou a represión contra os sublevados encarcerando a moitos deles e sendo outros moitos executados, o que logo o PCE aproveitaría para facer da esixencia de amnistía un dos piares do programa do Frente Popular.

Resultados da esquerda nas eleccións 16 de febreiro 1936
Frente Popular Escanos 1936 Escanos obtidos 1933
Izquierda Republicana 81 7
Unión Republicana 36 23
Esquerra 29 23
Partido Socialista 88 58
Partido Comunista 17 1
Outros partidos de esquerda 18 9

De acordo coa política de unificación das forzas antifascistas, o PCE impulsou e acadou o apoio do PSOE e dos partidos republicanos de esquerda (Izquierda Republicana, ORGA, Partido Galeguista), para formar o Frente Popular que gañou as eleccións do 16 de febreiro de 1936 con 268 escanos fronte aos 205 do centro-dereita, dos cales o PCE obtivo 17 deputados. O resto de escanos repartíronse así:

A pesar de non acadar un grande número de deputados o PCE gañou moito prestixio durante os últimos meses da república e pasou de 30.000 a 100.000 afiliados en poucos meses.

Guerra civil

En xullo do 1936, un golpe de estado de tinte fascista deu comezo, ao fracasar, a guerra civil española, na que o PCE formou parte do goberno do fronte popular no momento do golpe, xogou un papel predominante.

Nun comezo, o PCE manifestouse a favor de armar ao pobo en milicias populares para parar os primeiro embites do golpe, mais logo, unha vez confirmado que o golpe ía fracasar xa que non o bando fascista, chamado tamén bando nacional, non acado o seu obxectivo principal de tomar Madrid, foi un dos principais defensores da necesidade de unificación de tódalas milicias antifascistas nun exército republicano organizado.

Resultados do centro-dereita nas eleccións 16 de febreiro 1936
Centro-Dereita Escanos 1936 Escanos obtidos 1933
Partido Radical 8 80
CEDA 94 113
Partido Agrario 13 39
Partido Liberal Demócrata 1 9
LLiga Catalanista 11 23
Partido Conservador 3 18
Partidos Monárquicos 24 32
Outros 51 38

A súa actuación durante o proceso bélico foi moi controvertido, o partido seguía a liña marxista-leninista da III Internacional (chamados stalinistas) e a consigna era "o primeiro gañar a guerra", o que o enfrontou directamente con grupos partidarios da revolución social e da colectivización no medio do proceso bélico como poden ser os trotskistas do POUM, dirixidos por Andreu Nin e aos anarquistas da CNT-FAI.

Moitas fontes consideran ao PCE o líder da defensa republicana contra o fascismo, o PCE foi esencial na organización das Brigadas Internacionais, brigadas voluntarias organizadas pola Komintern ou III Internacional, tamén foi relevante na axuda outorgada pola Unión Soviética.

O PCE foi o impulsor e fundador do 5º Rexemento de milicias populares, unhas das unidades mais emblemáticas do exército republicano e futuro xermolo tanto da resistencia interior como da exterior e da loita contra os nazis na Francia

Clandestinidade e exilio

O PCE foi un partido ilegal na zona franquista desde o comezo da guerra civil e en toda España tras a derrota da república, e así permaneceu ata o 9 de abril de 1977 cando foi legalizado polo goberno de Adolfo Suárez. En España mantivo unha estrutura clandestina mentres o PCE mantiña a súa estrutura no exilio contando co apoio da URSS e dos países do bloque oriental. Apoiou a loita de guerrillas no interior ata 1948 cando cambiou a súa política dando prioridade ao renacemento das organizacións obreiras, que culminaría na integración na organización sindical franquista. Logo da morte de Stalin o PCE aprobou en 1956 a política de reconciliación. En 1960 celebrouse o VI Congreso en Praga con representantes do interior que foron detidos ó regresa a España, nesa época calcúlase en 25.000 os militantes do PCE sumando os do exilio como e os do interior, nese congreso elixiuse a Santiago Carrillo como secretario xeral mentres Dolores Ibárruri pasaba a ocupar a presidencia, Carrillo converteuse nun dos máximos impulsores do eurocomunismo nos anos setenta, a entrada nunha vía reformista orixinou numerosas escisións que seguían a liña maoísta empezando pola do Partido Comunista de España (marxista-leninista) en 1963.

Legalidade

Logo da legalización do PCE, Dolores Ibárruri regresou a España e nas primeiras eleccións democráticas o PCE conseguiu 20 escanos, no IX Congreso (1979) definiuse como partido marxista revolucionario e en 1979 conseguiu 23 escanos. Nas eleccións de 1982 sufriu un desastre electoral perdendo un millón de votos e quedando con 19 escanos, o que provocou a dimisión de Santiago Carrillo e a elección de Gerardo Iglesias como secretario xeral. En 1986 o PCE foi o impulsor da formación de Izquierda Unida, coalición de esquerdas na que se integrou o PCE que elixiu como secretario xeral a Julio Anguita en 1987. Desde 1998 o secretario xeral do PCE é Francisco Frutos, politicamente enfrontado ó coordinador xeral de IU Gaspar Llamazares.

Resultados electorais

RESULTADOS ELECTORAIS DO PCE TRAS A DITADURA[1][2]
Ano Líder Votos % Representantes
Xerais 1977 Santiago Carrillo 1.709.890 9.33% 20 deputados
Xerais 1979 Santiago Carrillo 1.938.487 10.77% 23 deputados
Municipais 1979 Santiago Carrillo 2.139.603 12.70%
Xerais 1982 Santiago Carrillo 846.515 4.02% 4 deputados
Municipais 1983 Gerardo Iglesias 1.500.015 8.17%

Secretarios/as Xerais

Notas

  1. Ministerio del Interior
  2. "El Mundo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2007. Consultado o 03 de maio de 2007.

Véxase tamén

Outros artigos

12 de novembro

O 12 de novembro é o 316º día do ano do calendario gregoriano (317ºnos anos bisestos). Quedan 49 días para finalizar o ano.

14 de novembro

O 14 de novembro é o 318º día do ano no Calendario Gregoriano e o 319º nos anos bisestos. Quedan 47 días para rematar o ano.

9 de decembro

O 9 de decembro é o 343º día do ano do calendario gregoriano e o 344º nos anos bisestos. Quedan 22 días para finalizar o ano.

Dolores Ibárruri

Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta (Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.

Enrique Líster

Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.

Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.

Eurocomunismo

O eurocomunismo é o intento nos anos 1970 de varios partidos comunistas europeos de anchear a súa influencia incluíndo temas de clase media, rexeitando o apoio incondicional á URSS e expresando claramente a fidelidade aos procesos pluripartidistas nos países occidentais. Foron precisamente os partidos comunistas máis fortemente enraizados nas súas respectivas sociedades -caso notable do Partido Comunista Italiano (PCI) e do Partido Comunista Francés (PCF)- os máis proclives a adoptar a liña eurocomunista, mentres que partidos máis pequenos e marxinais (como o Partido Comunista de Gran Bretaña) quedaron máis dependentes da patrocinaxe de Moscova. O Partido Comunista de España (PCE) e o Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) foron legalizados logo da ditadura de Franco cunha liña esencialmente eurocomunista, o que lles custou as respectivas escisións do PCPE e o PCC. Os partidos comunistas de Portugal, Austria ou Grecia tamén mostraban distintas tendencias eurocomunistas, pero foron sempre minoritarias.

Frente Revolucionario Antifascista y Patriota

O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota), FRAP, foi unha organización popular e revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco en España. A primeira reunión de importancia decisiva na creación do FRAP fíxose o 23 de xaneiro de 1971, en París, nun piso particular (propiedade do coñecido dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo, e no que residía circunstancialmente en compaña da súa esposa, Luisa Graa), a maioría dos asistentes eran membros do Partido Comunista de España (marxista-leninista).

GRAPO

Os GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre) son unha organización terrorista española de extrema esquerda, cunha forte inspiración maoísta creada en 1975. Tras múltiples anuncios do seu desartellamento por parte dos corpos de seguridade, a organización, ou pequenos grupos que así se reivindican, seguen funcionando cunha mínima intensidade. É o brazo armado do PCE(r) (Partido Comunista de España (reconstituído)).

Mundo Obrero

Mundo Obrero é unha publicación do Partido Comunista de España (PCE), que comezou a publicarse o 23 de agosto de 1930.

Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos)

O Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) foi un partido comunista español fundado en 1968 polo que era entón secretario de organización do PCE Agustín Gómez tras a condena que a dirección do PCE fixera da invasión de Checoslovaquia polo Pacto de Varsovia.

Partido Comunista de España (marxista-leninista), 1964

O Partido Comunista de España (marxista-leninista) foi un partido comunista español formado en decembro de 1964 por tres pequenos grupos escindidos a comezos de ano do Partido Comunista de España desconformes coa política de conciliación nacional e que xa estaban desconformes desde o XX Congreso do PCUS (1956) ao considerar a política de Kruschev revisionista, seguiu a liña maoísta do Partido Comunista de China ata 1976 cando tomou partido polo Partido do Traballo de Albania no seu enfrontamento co Partido Comunista chinés. O seu órgano de difusión era a revista Revolución Española e desde 1977 Vanguardia Obrera. As súas mocidades estaban encadradas na Juventud Comunista de España (marxista-leninista).

En 1968 sufriu unha escisión ao marchar unha parte dos seus militantes para formar a Organización Marxista Leninista de España. En xaneiro de 1971, nunha xuntanza celebrada en París, participou no establecemento da Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) que celebrou a súa conferencia constituinte en 1974 e que tiña como función a realización de accións armadas contra o réxime de Francisco Franco.

No contorno do PCE (m-l) movíanse outras frontes, a Convención Republicana de los Pueblos de España e a Unión Popular Antifascista. En 1981 sufriu unha escisión que formou un PCE (m-l) paralelo e en 1991 o principal líder do partido, Raúl Marco deixou o partido e fundou o Colectivo Octubre que deu orixe á Organización Comunista Octubre. En 1992 o VI Congreso do PCE (m-l) decidiu disolver o partido.

Partido Comunista de España (reconstituido)

O Partido Comunista de España (reconstituido), tamén coñecido como PCE(r) é un partido comunista español de ideoloxía marxista-leninista e maoísta. As autoridades xudiciais suspenderon na súa actividade o ano 2003 ao vinculalo cos GRAPO. O seu actual secretario xeral é Manuel Pérez Martínez, coñecido como camarada Arenas.

Partido Comunista de España Unificado

O Partido Comunista de España Unificado (PCEU) foi un partido comunista español creado en 1980 pola fusión do Partido Comunista de los Trabajadores e o Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos).

En 1984 participou nun congreso da unidade dos comunistas que deu orixe ao Partido Comunista, axiña denominado Partido Comunista de los Pueblos de España

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista

O Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista foi un partido político español fundado por Santiago Carrillo tras abandonar o Partido Comunista de España en outubro de 1985, ó primeiro o partido coñeceuse co nome de Partido Comunista de España (Marxista-Revolucionario).

Nas eleccións xerais de 1986 presentou a candidatura de Mesa para la Unidad de los Comunistas, que conseguiu 229.695 votos (1,1%). Nas eleccións municipais de 1987 con 185.104 votos obtivo 179 concelleiros, principalmente nas provincias de Granada e Sevilla. Carrillo encabezou a candidatura das Eleccións Europeas de 1987, pero quedou lonxe de conseguir a acta con 222.680 votos (1,1%).

Tras o fracaso das eleccións xerais de 1989, 86.257 votos o partido decidiu integrarse no Partido Socialista Obrero Español en outbro de 1991 permanecendo como corrente de opinión, baixo a denominación de Unidad de la Izquierda. Santiago Carrillo retirouse da actividade política.

Partit Comunista del País Valencià

O Partit Comunista del País Valencià (Partido Comunista do País Valenciano) é o nome que tomaron os comunistas valencianos integrados no Partido Comunista de España en 1976 ao adoptar un programa de contido socialista e nacionalista e unha estrutura federal. É a actual federación do Partido Comunista de España na Comunidade Valenciana.

A comezos dos oitenta unha crise interna supuxo a saída dos sectores renovadores por un lado e dos nacionalistas polo outro; algúns destes últimos acabaron en Agrupament d'Esquerres del País Valencià (AEPV) e outros fundaron o Partit Comunista dels Valencians (PCV).

En 1987 o PCPV integrouse na coalición Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) xunto a outras formacións políticas socialistas e republicanas.

A actual secretaria xeral é Marga Sanz.

As súas xuventudes denominanse Joventut Comunista del País Valencià (JCPV).

Santiago Carrillo

Santiago José Carrillo Solares, nado en Xixón o 18 de xaneiro de 1915 e falecido en Madrid o 18 de setembro de 2012, foi un político comunista español.Foi secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) desde 1960 até 1982. Combateu na guerra civil española e foi unha figura relevante da oposición ao franquismo e da Transición Española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.