Partido Comunista de Austria

O Partido Comunista de Austria (en alemán: Kommunistische Partei Österreichs, ou KPÖ) é un partido comunista austríaco. Fundado en 1918, foi prohibido entre 1933 e 1945 baixo o réxime Austrofascista, e o dominio Alemán en Austria na Segunda Guerra Mundial. Tivo un importante papel na resistencia contra os Nazis e o fascismo.

O partido publica un periódico chamado Volksstimmen (anteriormente Volksstimme) e preséntase ás eleccións, porén, non tivo representación parlamentaria federal dende 1959. Despois de perder o seu último representante no parlamento estatal, en Estiria en 1970, converteuse nun movemento marxinal con escasa importancia política. Nas eleccións celebradas o 22 de novembro de 2002 para o Consello Nacional, conseguíu só o 0.56% dos votos (27.568 dos 4.909.645), moi por debaixo do 4% mínimo para ter representación no Consello Nacional. Porén, conseguiu un 20% dos votos nas eleccións locais de Graz, no 2003, conservando esta fortaleza no 2012,[1] e no 2005 volveu por primeira vez en 35 anos ao parlamento estatal, despois de conseguir o 6.3% dos votos en Estiria.

Forma parte do Partido da Esquerda Europea.

Partido Comunista de Austria
Kommunistische Partei Österreichs
Partido político de Austria
Kommunistische Partei Österreichs Logo
Dirixentes e organización
LíderDirección conxunta de Melina Klaus e Mirko Messner
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación3 de novembro de 1918
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Eurocomunismo
Outros datos
SedeDrechslergasse 42
A-1140 Viena
Páxina webhttp://www.kpoe.at/

Eleccións recentes

Resultados das últimas eleccións
Ano Localización Porcentaxe de votos recibidos
2006 Austria 1.01% (Crecente (crecemento) 0.45%)
2005 Viena 1.47% (Crecente (crecemento) 0.83%)
2005 Estiria 6.32% (Crecente (crecemento) 5.31%)
2004 Europa 0.78% (¿Crecente (crecemento)Decrecente?)
2004 Carintia 0.6% (¿Crecente (crecemento)Decrecente?)
2003 Alta Austria 0.80% (¿Crecente (crecemento)Decrecente?)
2003 Baixa Austria 0.77% (¿Crecente (crecemento)Decrecente?)
2004 Tirol 0.70% (¿Crecente (crecemento)Decrecente?)
2002 Austria 0.56% (Crecente (crecemento) 0.08)

Despois de chegar ao seu mínimo histórico na maioría das eleccións da década de 1990, o KPÖ recuperou pouco a pouco. Dende o 2 de outubro de 2005, o partido está representado con catro escanos en Estiria. Debido a este éxito rexional e á repercusión que tivo nos medios de comunicación, o KPÖ logrou o 1.47% dos votos nas eleccións de Viena do 23 de outubro de 2005. Esta duplicación dos votos debeuse en parte en que se rebaixou a idade mínima para votar aos 16 anos, por primeira vez. O partido conseguiu de novo representación nos distritos, algo que non lograba dende 1991.

Notas

  1. Graz: KPÖ stellt Bedingungen

Ligazóns externas

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Elfriede Jelinek

Elfriede Jelinek, nada o 20 de outubro de 1946 en Mürzzuschlag (Estiria, Austria), é unha escritora austriaca en lingua alemá. O ano 2004 recibiu o Premio Nobel de Literatura polo "fluír musical de voces e contravoces en novelas e obras dramáticas, que cun apaixonamento verbal característico, desenmascaran o absurdo e a forza coercitiva dos clixés sociais".

Graz

Graz, cunha poboación de 285.470 habitantes (2006) é a segunda cidade de Austria e a capital do estado federado de Estiria. Coas súas seis universidades e 40.000 estudantes, Graz ten unha longa tradición de cidade universitaria. Percorrida polo río Mur. O concello da cidade está composto por 21 mandatos do Partido Popular Austríaco, 15 do Partido Social Demócrata de Austria, 12 do Partido Comunista de Austria, 4 dos Verdes e 4 do Partido Austríaco da Liberdade.

A cidade foi declarada Patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Partido da Esquerda Europea

O PEE é un partido político de ámbito europeo que agrupa no seu seo a unha gran parte dos partidos comunistas e anticapitalistas europeos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.