Partido Comunista da Unión Soviética

O Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за, КПСС) foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión (Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б)). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques). Finalmente, en 1952 tornouse, simplemente, o Partido Comunista da Unión Soviética, nome que permaneceu até 1991.

Unha vez que a Terceira Internacional ou Komintern se formou en 1919, a estrutura marxista-leninista do PCUS foi copiada por outros dos seus membros. Durante toda a historia da Rusia soviética e da URSS, o Partido Comunista foi o partido gobernante e maioritario. En consecuencia, a historia do PCUS e da URSS entrecrúzanse e solápanse.

State Emblem of the Soviet Union
Escudo da Unión Soviética
Pin of the Flag of CPSU
Pin coas siglas do PCUS (КПСС)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

Bolxevique

Os bolxeviques (do ruso большевик, 'membro da maioría') eran unha fracción dentro do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, dirixida por Vladímir Ilich Uliánov (Lenin), contraposta ós menxeviques, dirixidos por Julius Martov.

Centralismo democrático

Nos partidos comunistas leninistas, chámase centralismo democrático a un sistema de organización interno no cal, diante dunha determinada cuestión programática, as bases do partido teñen dereito á discusión libre da mesma cuestión, eventualmente podendo até mesmo constituír faccións.

O dereito ao disenso, entre tanto, esixe a organización de teses escritas, para pautar unha discusión interna. O grupo en discordancia defende súas posicións e, inmediatamente, procédese á votación das cuestións debatidas.

Determinadas teses para cuestións sensíbeis e as eleccións para órganos de dirección partidaria, pasan por este proceso deliberativo até o momento en que se chegue a unha decisión ou á escolla dunha dirección, ou ambos.

Resolta a contenda, normalmente por voto maioritario, todos os militantes do partido encóntranse a defender e aplicar as posicións e teses adoptadas, independente da posición defendida polo afiliado.

No Partido Comunista da Unión Soviética, o dereito de facción foi abolido en 1920, mais adoptado de novo por determinados grupos trotskistas.

Un dos obxectivos do centralismo democrático é desenvolver unha dirección nacional e á súa vez unha dirección rexional. Iso permite o pleno desenvolvemento dos membros de base a través da educación política que ocorre nos núcleos. É por iso polo que puntos políticos e as ideas son sempre levados de volta aos núcleos onde son discutidos a fondo. É tamén por iso que todos os membros son encoraxados a contribuír politicamente en todas as discusións e para até mesmo os novos camaradas dirixiren discusións nas reunións (con apoio e asistencia dos cadros máis experientes).

Conferencia de Potsdam

A conferencia de Potsdam foi unha reunión levada a cabo en Potsdam, Alemaña (preto de Berlín) entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945 e que tivo lugar no Palacio Cecilienhof. Os participantes foron a Unión Soviética, o Reino Unido e os Estados Unidos, os máis poderosos dos aliados que derrotaron ás potencias do Eixe na segunda guerra mundial. Os xefes de goberno destas tres nacións eran o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, Iosif Stalin, o primeiro ministro Winston Churchill (posteriormente Clement Attlee) e o presidente Harry S. Truman, respectivamente.

Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.

Culto á personalidade

Chámase culto á personalidade ou culto á persoa á adoración e adulación excesiva dun líder vivo, carismático e polo xeral unipersonal, especialmente un xefe de Estado. O culto á personalidade (como concepto influído por Nikita Khrushchev no seu discurso no ano 1956 na 20º Convención do Partido Comunista da Unión Soviética) é unha elevación en dimensións relixiosas ou a admiración a nivel de relixión de figuras líderes carismáticas na sociedade ou a política. Nas ditaduras é adoito unha forma de culto á persoa do ditador.

Glasnost

A Glasnost é un termo ruso que significa transparencia ou apertura.

No XXVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), en febreiro de 1986, Mikhail Gorbachev propuxo a política de Glasnost, para modernizar ó cidadán soviético medio e limar asperezas co bloque occidental. Esta política significaba unha maior liberdade de prensa nos medios de comunicación. Así, Gorbachev conseguíu grandes logros diplomáticos con outras potencias, mentres o descontento popular medraba, xa que a liberdade de prensa informou ós cidadáns do pacto cos nazis (pacto Molotov-Ribbentrop), das baixas en Afganistán e da lamentable situación económica.

Leonid Brezhnev

Leonid Ilich Brezhnev (en ruso: Леонид Ильич Брежнев ; en ucraíno: Леонід Ілліч Брежнєв), nado o 19 de decembro de 1906 (calendario gregoriano) e finado o 10 de novembro de 1982, foi o Secretario Xeral do Comité Central (CC) do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), presidindo o país dende 1964 ata a súa morte no ano 1982. Foi o segundo Secretario Xeral que estivo máis tempo no poder, 18 anos, sendo só superado por Stalin. Durante o mandato de Brezhnev, a influencia mundial da Unión Soviética aumentou espectactacularmente, en parte grazas á expansión do exército soviético durante esta época, pero o seu mandato recibiu moitas crítica por marcar o comezo dun período de estancamento económico no cal se pasaron por alto unha serie de problemas económicos, problemas que co tempo provocaron a disolución da Unión Soviética en 1991.

Lev Trotski

Lev Trotski nado en Ianovka (Ucraína) o 7 de novembro de 1879 e finado en Coyacán (México) o 21 de agosto de 1940, foi un intelectual marxista e revolucionario bolxevique.

O seu nome en ucraíno é Лев Давидович Троцький, que pode ser transliterado como Lev Davidóvitch Trótskii. Mais o seu verdadeiro apelido de familia era Bronstein (Бронштейн). Polo calendario xuliano, empregado nos países de tradición ortodoxa, naceu o 26 de outubro de 1879.

Nos primeiros tempos da Unión Soviética desempeñou un importante papel político, primeiro como Comisario do Pobo para os Asuntos Exteriores, posteriormente como creador e comandante do Exército Vermello, e fundador e membro do Politburó do Partido Comunista da Unión Soviética. Afastado por Stalin do control do partido, Trotski foi expulsado deste e da Unión Soviética, refuxiándose en México, onde vai ser asasinado por un axente catalán ás ordes de Stalin. As súas ideas políticas, expostas nunha obra escrita de grande extensión, darán orixe ó trotskismo, corrente aínda hoxe importante no marxismo.

Mikhail Gorbachev

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.

Nikita Khrushchev

Nikita Sergeievich Khrushchev (en ruso: Ники́та Серге́евич Хрущёв, tamén transcrito como Khruschov, Kruschov ou Kruschev), nado en Kalínkova, Kursk, Rusia o 15 de abril de 1894 e falecido en Moscova o 29 de agosto de 1971, foi o máximo dirixente da Unión Soviética entre os anos 1953 e 1964.

Partido Comunista

Para os distintos partidos comunistas véxase Partido Comunista (homónimos)

Un partido Comunista é aquel partido político que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. A orixe do nome ven do Manifesto Comunista, publicado en 1848 por Karl Marx and Friedrich Engels.Segundo a teoría Leninista, o partido Comunista é o partido de vangarda da clase obreira (proletariado), goberne ou non, pero cando un partido se atopa no poder nun estado determinado, o partido ten que ser a máxima autoridade da ditadura do proletariado. As teorías de Vladimir Lenin sobre o papel que debe ter un partido Comunista desenvolvéronse a comezos do século XX en Rusia. Os socialdemócratas dividíronse nas faccións bolxeviques (que significa "maioría") e menxeviques (que significa "minoría"). Lenin, líder dos bolxeviques, sostiña que un partido revolucionario debería ser un pequeno partido de vangarda con un mando político centralizado e unha estrita política sobre os seus membros; porén, a facción menxevique, argumentaba que o partido debería ter unha base cunha gran cantidade de membros. O partido bolxevique, que co tempo se converteu no Partido Comunista da Unión Soviética, chegou ao poder en Rusia trala revolución de Outubro en 1917. Coa creación da Internacional Comunista, o concepto leninista de partido estendeuse por todo o mundo a outros partidos comunistas emerxentes.

O partido Comunista Chino é o maior partido político máis grande do mundo, posuíndo case 78 millóns de membros ao final do 2009,o que constitúe preto do 5.6% do total da poboación de China.

Os partidos Comunistas están prohibidos en varios países: Estonia, Letonia, Lituania, Indonesia, Romanía, Corea do Sur e Turquía.

Partido Comunista da Federación Rusa

O Partido Comunista da Federación Rusa (ruso: Коммунистическая партия Российской Федерации ruso: Коммунистическая партия Российской Федерации) é un partido político ruso da esquerda radical. Segundo maior partido da Rusia, é visto como herdeiro histórico do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) e de seu antecesor, o Partido Bolxevique. Non obstante, súa estrutura e ideoloxías, como o abandono do ateísmo, difiren radicalmente do PCUS.

Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso

O Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR) (en ruso: Российская социал-демократическая рабочая партия, РСДРП; Rossiyskaya sotsial-demokraticheskaya rabochaya partiya, RSDRP) foi fundado en 1898 en Minsk, cando se reuniron no seu Primeiro Congreso diversas organizacións marxistas ou "Unións de Loita", de San Petersburgo, Moscova, Kiev, Yekaterinoslav (Dnipro), ademais da Unión Xeral de Traballadores Xudeus de Lituania, Polonia e Rusia (o Bund). A este Congreso asistiron nove delegados que aprobaron e publicaron un Manifesto fundacional.

Partynost

Partynost ("espírito de partido" en ruso) era un dos requisitos da literatura do realismo socialista. Esperábase que os autores expresasen un "espírito de partido" en consoancia cos obxectivos e métodos do Partido Comunista da Unión Soviética.

Perestroika

A Perestroika (en ruso: перестройка) foi, en conxunto coa Glasnost, unha das políticas introducidas na Unión Soviética por Mikhail Gorbachev, en 1985. A palabra perestroika, que literamente significa reconstrución, gañou a conotación de 'reestruturación económica'. Gorbachev percibiu que a economía da Unión Soviética estaba a fallar e sentiu que o sistema socialista, a pesar de que non necesitaba ser substituído, certamente necesitaba dunha reforma, e isto sería levado a cabo polo proceso da perestroika. Unha chave principal da perestroika era reducir a cantidade de diñeiro gastado na defensa nacional, e para facer iso Gorbachev sentiu que a Unión Soviética debería:

Desocupar Afganistán.

Negociar cos Estados Unidos de América a redución de armamento.

Non interferir noutros países comunistas (A Doutrina Sinatra).En contraste coas reformas económicas da República Popular da China, a perestroika é longamente avaliada como tendo fallado no seu obxectivo principal de reestruturar a economía soviética. As razóns para o seu fracaso foron examinadas por moitos economistas e historiadores, incluíndo Merle Goldberg. Unha das razóns citadas para ese fracaso foi a incapacidade na promoción da creación de entidades económicas privadas e semi-privadas e a indisposición de Gorbachev en relación a unha reforma na agricultura soviética.

Outra posíbel razón sería a mala vontade dos altos oficiais do Partido Comunista da Unión Soviética (a liña dura) e da facción liberal apoiada polos EUA, que tiña como principal líder a Boris Eltsin, en aceptar as medidas da Perestroika. En canto aos primeiros non querían mudanzas, os últimos querían que elas acontecesen máis rapidamente. Iso xerou forte oposición ao proxecto da Perestroika.

Contrariamente ás reformas de Deng Xiaoping na China, a perestroika non só fallou o propósito de traer benefícios económicos inmediatos para a maioría das persoas, senón que tamén ao desmantelar a economía planeada creou o caos económico, o que constituíu un factor importante para o colapso da Unión Soviética.

Trotskismo

O trotskismo é unha tendencia dentro do marxismo desenvolvida en gran parte polo revolucionario ruso León Trotski que, en termos xerais, representa unha contraposición á visión que aplicou Stalin do marxismo-leninismo e ás teorías do mesmo sobre o "socialismo nun só país". Buscaba canalizar o proceso revolucionario da URSS mediante a profundización da ditadura do proletariado. Trotski chamaba á revolución política da Unión Soviética fronte á dexeneración stalinista, constituíndose xunto con outros revolucionarios rusos como a Oposición da Esquerda dentro do Partido Comunista da Unión Soviética entre 1923 e 1927.

Un dos seus piares fundamentais é a teoría da "revolución permanente", descrita no seu libro do mesmo nome, cuxo concepto empregan primeiro Marx e Engels en 1848 e 1850. Outro dos documentos fundamentais é o Programa de Transición, escrito tamén por Trotski, como base programática da nacente IV Internacional, fundada en 1938. Unha das súas análises para entender a evolución capitalista nos países coloniais e semicoloniais foi a teoría do desenvolvemento desigual e combinado.

Trotski defendeu as medidas que buscaban acabar co burocratismo levado a cabo pola nomenclatura do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), como a rotación de cargos e unha maior concreción das teses leninistas do centralismo democrático, aplicadas á estrutura e organización internas do partido. Fixo achegas teóricas sobre o feminismo e a arte, defendeu a profundización económica no socialismo a través de plans quinquenais, posteriormente unha versión variada por Stalin sería aplicada mentres dirixía a URSS. Trotski organizou a "Oposición de Esquerda internacional" que, ata o ascenso de Adolf Hitler ao poder en Alemaña en 1933, considerouse unha facción da Internacional Comunista, pese á persecución que os seus militantes sufrían por parte do estalinismo. Foi a partir da vitoria do nazismo en Alemaña e a caracterización da III Internacional (dirixida polo stalinismo) como "contrarrevolucionaria", que Trotski chamou a construír a Cuarta Internacional e partidos revolucionarios independentes en cada país.

Na década de 1930 postulou o entrismo en organizacións de masas socialdemócratas como forma de facilitar a inserción dos partidos adheridos á IV Internacional no movemento obreiro, atraendo o sector máis avanzado ao seu programa. Este traballo debía facerse sempre abertamente e por un espazo breve de tempo, xa que logo os trotskistas debían fundar os seus propios partidos e organizacións. Con ese método foi posíbel construír o Partido Socialista Obreiro, sección máis grande da nova organización alternativa ao Komitern. Actualmente existen ao redor do mundo un número elevado de organizacións trotskistas que proveñen das agrupadas na IV Internacional. Por exemplo en países como Alxeria, Arxentina, Bolivia, Chile, Brasil, Costa Rica, Perú, Honduras, México, Reino Unido, España, Portugal, Francia, Uruguai, Turquía, Venezuela, as organizacións trotskistas adquiriron maior influencia que en outros, porén, sen lograr un peso decisivo.

Unión Soviética no Festival de Eurovisión

A Unión Soviética nunca participou no Festival de Eurovisión pero fixo varios intentos a finais dos anos 80's.

En 2009, Eduard Fomin, un antigo empregado do Ministerio de Educación da República Soviética Federativa Socialista de Rusia, revelou que en 1987 George Vaselov, o Ministro de Educación da Unión Soviética presentou a idea da participación soviética no Festival de Eurovisión, debido ao número de reformas políticas feitas polo Presidente da Unión Soviética Mikhail Gorbachev a finais da década de 1980. A idea era todo unha cuestión política, co pensamento de que unha vitoria no concurso para a Unión Soviética tería impacto sobre as relacións entre a Unión Soviética e os países capitalistas de occidente. Valery Leontiev foi suxerido como o cantor para a primeira entrada da Unión Soviética no concurso, pero as ideas de Veselov non foron compartidas polo Partido Comunista da Unión Soviética, e polo propio Gorbachov, crendo ser demasiado radical o paso a tomar, e por iso a Unión Soviética non participou nunca no concurso antes de disolverse.Dez das antigas repúblicas soviéticas participaron após a súa independencia nos anos 90's e 00's: Rusia, Estonia, Lituania, Letonia, Ucraína, Belarús, Moldavia, Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.