Partido Comunista da China

O Partido Comunista da China (PCCh) (en chinés simplificado: 中国共产党, chinés tradicional: 中國共産黨, pinyin: Zhōngguó Gòngchǎndǎng, Wade-Giles: Chung-kuo Kong-chan-tang) é o partido político que goberna a República Popular da China dende 1949. Con máis de 89 millóns de membros[1] é unha das maiores organizacións políticas do mundo.

中国共产党
中國共産黨'
Partido Comunista de China
Partio político de China
Danghui
Dirixentes e organización
LíderHu Jintao
(Secretario Xeral)
MocidadesLiga da Mocidade Comunista da China
Filiación internacionals/d
Historia
Fundación23 de xullo de 1921
Posicións políticas
IdeoloxíaMaoísmo
Liberalismo económico (de facto)
Representación
RepresentaciónÉ o único partido con representación na China
Outros datos
SedePequín
PublicaciónDiario do Pobo
Páxina web

Ideoloxía

Na época de Mao Zedong, a maior diferenza entre o comunismo chinés e o de influencia soviética (aquel que amais da URSS se estendía polo leste de Europa) radicaba na visión diferente da clase campesiña e a dos obreiros urbanos. Mentres que o comunismo soviético desconfiaba do espirito revolucionario dos campesiños, Mao viu nos campesiños o autentico motor da revolución. Esta visión do mundo rural coma o que debía erguerse contra os poderes burgueses establecidos foi a principal achega de Mao ao pensamento comunista. Moitos movementos comunistas, principalmente de Asia e da América Latina, foron influídos por esta idea do maoísmo.

Esta visión ideolóxica cambiou coa chegada ao poder de Deng Xiaoping, un dos máximos líderes chineses dende a morte de Mao en 1976 ata o seu falecemento en 1997. Deng impulsou unha serie de reformas económicas que supuxeron a entrada de inversións de empresa estranxeiras e a creación de algunhas empresas privadas dentro do país. Dende entón a ideoloxía do PCCh derivou cara un modelo autoritario e fortemente nacionalista, formalizado na teoría ideolóxica da Tripla representatividade de Jiang Zemin, secretario xeral do partido entre 1989 e 2002, que supuxo a admisión de empresarios como membros do PCCh nos últimos anos.

Notas

  1. "Number of Chinese Communist Party (CCP) members in China from 2006 to 2016 (in millions)" (en inglés).

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

21 de decembro

O 21 de decembro é o 355º día do ano do calendario gregoriano e o 356º nos anos bisestos. Quedan 10 días para finalizar o ano.

Bandeira da República Popular da China

A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño.

A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e en China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas". É izada todos os días na Praza Tian'anmen polo Exército Popular de Liberación co himno da Marcha dos Voluntarios, aínda que cando a data é 1 de outubro, día nacional chinés, a bandeira ízase cunha cerimonia especial previa ao desfile militar.

Deng Xiaoping

Deng Xiaoping (en chinés tradicional: 鄧小平; en chinés simplificado: 邓小平; pinyin: Dèng Xiǎopíng; Wade-Giles: Teng Hsiao-p'ing) (Escuchar) , nado en Guang'an, Sichuan o 22 de agosto de 1904 e finado en Pequín o 19 de febreiro de 1997 foi un político chinés, máximo líder da República Popular da China dende 1978 ata os últimos anos da súa vida.

Baixo o seu liderado, a República Popular da China emprendeu as reformas económicas de liberalización da economía socialista que permitiron a este país acadar unhas altas cotas de crecemento económico. Fronte a estes éxitos na economía, Deng exerceu un poder de marcado carácter autoritario, e o seu papel foi decisivo na represión violenta das protestas da praza de Tian'anmen en 1989.

Membro do Partido Comunista da China dende os seus anos de estudo en Francia e na Unión Soviética, Deng converteuse nun dos dirixentes máis importantes do partido durante a época de Mao Zedong. Porén, a súa proximidade ideolóxica ao entón presidente da República Popular Liu Shaoqi, fixo del un dos albos da Revolución Cultural e Deng e Liu foron acusados de dereitistas e contrarrevolucionarios. Apartado da cúpula do poder durante eses anos, Deng volveu ao primeiro plano da actividade política trala morte de Mao, impoñéndose finalmente ao sucesor deste, Hua Guofeng, na loita polo poder. A diferenza do seu antecesor, as súas aparicións públicas foron escasas.

Durante os últimos anos da súa vida, Deng non ocupaba ningún cargo político e, aqueixado de párkinson, apenas podía seguir os asuntos de estado. Con todo, seguiu a ser considerado o líder supremo da China ata a súa morte.

Emblema da República Popular da China

O emblema da República Popular da China (chinés: 中华人民共和国国徽 Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó guóhuī) contén nun círculo vermello a representación de Tiananmen, a porta de entrada da Cidade Prohibida, onde Mao declarou a fundación da República Popular en 1949. Baixo esta representación están as cinco estrelas que tamén aparecen na bandeira nacional. A estrela meirande representa o Partido Comunista da China, mentres que as catro estrelas máis pequenas representan as catro clases socias definidas polo maoísmo.

Forma de goberno

Forma de goberno, sistema de goberno ou réxime político son diferentes termos, que en ocasións se utilizan con matices diferentes, pero que son comunmente utilizados para referirse ao conxunto das institucións políticas mediante as cales un estado se organiza para exercer os seus poderes sobre unha comunidade política. Esta definición é válida aínda que o goberno sexa ilexítimo ou estea incapacitado para exercer os seus poderes.

Moi habitualmente emprégase de forma sinónima a expresión forma de estado, que tamén se utiliza, ás veces, limitada á contraposición monarquía-república, aínda que a súa definición pode ser máis complexa.

Un concepto confluente é o de sistema político, que pode entenderse coa simplificación do espectro político esquerda-dereita, co que é un concepto máis efémero e cambiante, mentres que a forma de goberno é máis estable no tempo, aínda que tamén suxeita a cambios e ata a transformacións revolucionarias. O sistema político adoita incorporarse ao nome oficial do estado, como no caso da República Arxentina, os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, a Federación Rusa ou a Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular e Socialista. Só hai dezaoito países que non o fan así, como Xamaica, mentres que once só indican que son "estados". A forma máis común é "república", con 132 casos de moi distinto tipo. As monarquías son 33, 18 delas "reinos".

Hu Jintao

Hú Jǐntāo (胡锦涛), nado en Jiangyan o 21 de decembro de 1942, é un político chinés, presidente do seu país dende o 15 de marzo de 2003 até o 14 de marzo de 2013, e secretario xeral do Partido Comunista da China entre 2002 e 2012.

Illa de Taiwán

Este artigo trata sobre a illa de Taiwán ou Formosa. Para o estado independente localizado na illa desde 1949, véxase o artigo República da China.A illa de Taiwán ou Formosa atópase fronte ás costas da provincia chinesa de Fujian, separada desta polo estreito de Taiwán. Ao norte atópase o mar da China Oriental e ao sur o mar da China Meridional, mentres que a costa oriental da illa está bañada polo océano Pacífico.

Desde 1945, a illa estivo baixo o réxime político da República da China, o estado que gobernaba toda a China ata o final da guerra civil entre o Kuomintang e o Partido Comunista da China, cando estes últimos fixéronse co poder no continente.

Desde entón, o antigo réxime chinés mantívose na illa de Taiwán, dando lugar a unha complexa situación xurídica e diplomática, aínda que na práctica é un Estado independente parcialmente recoñecido como República da China ou Taiwán.

Mao Tse Tung

Mao Tse Tung, ou Mao Zedong, (en chinés simplificado 毛泽东, e 毛澤東 en tradicional, Máo Zédōng (pinyin)) nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi o máximo dirixente do Partido Comunista da China (PCCh) e da República Popular da China. Baixo o seu liderado, o Partido Comunista fíxose co poder na China continental en 1949, cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na guerra civil contra as forzas da República da China. A vitoria comunista provocou a fuxida de Chiang Kai-shek e os seus seguidores do Kuomintang a Taiwán e converteu a Mao no líder máximo da China ata a súa morte en 1976.

No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do marxismo-leninismo pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o comunismo de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da Unión Soviética, que vía aos campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.

A etapa de goberno de Mao estivo caracterizada por intensas campañas de reafirmación ideolóxica, que provocarían grandes conmocións sociais e políticas na China, como o Gran salto adiante e especialmente a Revolución Cultural, momento no que o seu poder alcanzou as cotas máximas ao desenvolverse un intenso culto á personalidade en torno á súa figura. Aínda hoxe en día, o papel histórico de Mao está rodeado dunha gran controversia. Anos logo da súa morte, en 1981, o Partido Comunista da China publicou unha análise oficial sobre a responsabilidade de Mao nos problemas sociais e económicos derivados das súas políticas, no que se lle achacaban erros graves, aínda cando se recoñecía o seu papel como gran líder revolucionario e artífice da subida ao poder do Partido Comunista. Desde entón, o Partido Comunista da China mantivo esta valoración histórica de Mao como un gran líder, fonte de lexitimidade do propio partido, que con todo cometería algúns erros graves. Fóra da República popular, as valoracións de Mao variaron desde a visión amable que o mostraba como un líder popular ata a percepción da súa etapa no poder como un exemplo de autoritarismo tiránico e brutal. A maior discrepancia entre estas visións contrapostas da figura de Mao refírese a cal sería o seu nivel de responsabilidade no fracaso de moitas das políticas radicais que se adoptaron durante o seu liderado, así como ás cifras de mortos como consecuencia, directa ou indirecta, desas campañas políticas (os máis alcistas falan de máis de 70 millóns, os máis baixistas dan 10 millóns [Cómpre referencia]. Doutra banda entre 1949 e 1975 a esperanza de vida duplicouse: de 32 a 65 . A comezos dos anos 1970, Shanghai tiña unha taxa de mortalidade infantil menor que Nova York. Nunha xeración, a taxa de alfabetización subiu do 15 % en 1949 ao 80 % a mediados dos anos de 1970. Entre 1949 e 1976 a China, o «enfermo de Asia», transformouse nunha potencia industrial importante, cunha taxa de desenvolvemento igualada soamente polos grandes auxes de crecemento da historia.En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.

Marxismo-leninismo

O marxismo-leninismo é unha corrente ideolóxica do marxismo que xurdiu como tendencia principal entre os partidos comunistas na década de 1920, cando foi adoptada como fundamento ideolóxico da Internacional Comunista durante a época de Stalin. Porén, en diversos contextos, grupos políticos diferentes e ás veces opostos teñen utilizado o termo "marxismo-leninismo" para describir a ideoloxía que din publicamente defender.

Partido Comunista de Vietnam

O Partido Comunista de Vietnam é o partido único de Vietnam. É un partido comunista de tendencia marxista-leninista.

Primeiro ministro da República Popular da China

O primeiro ministro do Consello de Estado da República Popular da China, é o xefe do Consello de Estado da China, e por tanto, xefe de goberno da República Popular da China.

O primeiro ministro é nomeado polo presidente e votado pola Asemblea Popular Nacional. Tanto o presidente como o primeiro ministro son elixidos cada cinco anos. O primeiro ministro ten un límite de dous mandatos e ata o de agora foi sempre un membro do Comité Permanente do Buró Político do Comité Central do Partido Comunista da China.

O actual primeiro ministro é Li Keqiang, tomou posesión do cargo o 15 de marzo de 2013 sucedendo a Wen Jiabao.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Revolución Chinesa de 1949

A Revolución Chinesa de 1949 ou Revolución Comunista Chinesa foi a culminación dos obxectivos do Partido Comunista da China de chegar ao poder por primeira vez dende a súa fundación no ano 1921 e a vitoria da segunda parte da guerra civil chinesa. Nos medios de comunicación oficiais, este período é coñecido como guerra da Liberación (en chinés simplificado: 解放战争; chinés tradicional: 解放戰爭; pinyin: Jiěfàng Zhànzhēng).

Rexión Administrativa Especial da República Popular da China

As rexións administrativas especiais (RAE) son un tipo de divisións administrativas a nivel provincial de China directamente baixo o Goberno Popular Central, que gozan do maior grao de autonomía, e non hai ou hai menos interferencias por parte do Goberno da China ou o Partido Comunista da China.

As bases xurídicas para o establecemento das RAEs, a diferenza das divisións administrativas da China continental, están previstas no artigo 31, en lugar do artigo 30 da Constitución da República Popular China de 1982. O artigo 31 di: "O estado pode establecer rexións administrativas especiais cando sexa necesario. Os sistemas que se establecerán en rexións administrativas especiais prescribiránse pola lei promulgada polo Congreso Nacional do Pobo á luz das condicións específicas".Na actualidade, existen dúas RAE establecidas de acordo coa Constitución, a saber, RAE de Hong Kong e RAE de Macau, as antigas dependencias británicas e portuguesas, respectivamente, reincorporadas a China en 1997 e 1999 respectivamente segundo a Declaración conxunta chino-británica de 1984 ea Declaración conxunta chino-portuguesa de 1987. De acordo coas súas declaracións comúns, son tratados interestatais obrigatorios rexistrados nas Nacións Unidas, e as súas leis básicas, as RAEs chinesas "gozarán dun alto grao de Autonomía. Existe tamén a Rexión Administrativa Especial Wolong na provincia de Sichuan, que non obstante non estableceuse segundo o artigo 31 da Constitución. En xeral, as dúas RAE non son consideradas como parte de China continental, tanto por parte das autoridades chinesas como das RAE.

A disposición para establecer rexións administrativas especiais apareceu na constitución en 1982, en anticipación ás negociacións co Reino Unido sobre a cuestión da soberanía sobre Hong Kong. Foi previsto como modelo para a eventual reunificación con Taiwán e outras illas, onde se basea a República da China desde 1949. As rexións administrativas especiais non deben confundirse coas zonas económicas especiais, que son áreas nas que se aplican leis económicas especiais para promover o comercio e os investimentos.

Baixo o principio Un país, dous sistemas, as dúas RAE continúan posuíndo os seus propios gobernos, as lexislaturas multipartidistas, sistema legal, forzas policiais, sistemas monetarios, territorio aduaneiro propio, políticas de inmigración, equipo deportivo nacional, lingua oficial, sistema postal, académico e educativos e unha competencia substancial en relacións exteriores que son diferentes ou independentes da República Popular da China.

As rexións administrativas especiais deberían distinguirse do sistema se países constitutivos do Reino Unido ou do Reino dos Países Baixos.

Ruptura sino-soviética

A ruptura sino-soviética é o nome que recibiu a crise das relacións diplomáticas entre a República Popular da China e a Unión Soviética que se orixinou nos últimos anos da década de 1950 e que se intensificaría durante a década de 1960.

Unipartidismo

Unipartidismo, sistema unipartidario ou sistema de partido único é un sistema partidario propio dos réximes autoritarios en que un único partido político é legal, confundíndose co propio Estado, sendo que legalmente non poden existir outros partidos. Ás veces o termo unipartidismo é utilizado para describir un sistema de partido dominante, en que existen outros partidos, máis as leis impiden a oposición de obter legalmente poder. Un réxime unipartidario non debe ser confundido cunha democracia non-partidaria que prohibe os partidos políticos. Este sistema pode xurdir de ideoloxías comunistas, fascistas ou nacionalistas, ou senón do proceso de descolonización, porque este partido tivo un papel importante nas loitas de independencia.

Wen Jiabao

Wen Jiabao (温家宝), nado en Tianjin o15 de setembro de 1942 é un ex-político chinés, que foi primeiro ministro da República Popular da China dende 2003 ata 2013. Pertence ao Partido Comunista da China.

Xi Jinping

Xí Jìnpíng, en chinés simplificado: 习近平; en chinés tradicional: 習近平 , nado en Pequín o 15 de xuño de 1953, é un político da República Popular da China e secretario xeral do Partido Comunista da China. Xi é actualmente o principal membro do Secretariado do Partido Comunista Chinés, o presidente da China, o director da Escola Central do Partido, e o máis importante membro do Comité Permanente do Politburo, que é o órgano de control de facto do país.Fillo do político comunista Xi Zhongxun, Xi Jinping comezou súa carreira política, na provincia de Fujian, e foi posteriormente escollido como xefe do partido na provincia veciña de Zhejiang, e despois promovido a xefe do partido de Shanghai tras a dimisión de Chen Liangyu. Coñecido polas súas posturas liberais, o duro combate á corrupción e unha franqueza e abertura en canto a reformas políticas e económicas, Xi Jinping é o destacado líder emerxente da quinta xeración de líderes da República Popular da China.

Asumiu o cargo de Presidente da China o 14 de marzo de 2013, na principal sesión lexislativa do Congreso Nacional Popular.

En 2017, foi escollido por The Economist o home máis poderoso do mundo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.