Partido Comunista Obrero Español

O Partido Comunista Obrero Español (PCOE) é un partido comunista español formado en 1973 cando Enrique Líster deixou o PCE enfrontado co eurocomunismo de Santiago Carrillo, o seu secretario xeral, aínda que o enfrontamento viña desde a condena do PCE á intervención soviética en Checoslovaquia en 1968. As mocidades estaban organizadas na Federación de Jóvenes Comunistas de España.

En 1986 Enrique Líster a maioría dos seus militantes volveron ó PCE. No ano 2000 produciuse a fusión entre o PCOE e o Partido Comunista de los Pueblos de España pero no 2003 un grupo de militantes deixou o PCPE e refundou o PCOE.

Eleccións

  • Eleccións xerais 1982: 25.830 votos (0.12%)

Ligazóns externas

Antonio García Quejido

Antonio García Quejido, nado en Madrid en 1856 e finado na mesma cidade en 1927, foi un político e sindicalista español.

César Rodríguez González

César Rodríguez González, nado na Coruña o 2 de febreiro de 1894 e finado en Ciudad de México o 15 de agosto de 1962, foi un xornalista e político socialista e comunista galego.

Eleccións xerais de España de 2016

O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983

As primeiras eleccións á Asemblea de Estremadura tiveron lugar o 8 de maio de 1983, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco. Presentáronse sete candidaturas en total: PSOE, a coalición AP-PDP-UL, CDS (só por Cáceres), PCE, Extremadura Unida, Bloque Popular de Extremadura (só por Cáceres) e a coalición entre PCEU e PCOE (só por Badaxoz). Esta primeira Asemblea tería que elixir o primeiro presidente da Xunta de Estremadura. A presidencia da Xunta preautonómica era ostentada polo socialista Juan Carlos Rodríguez Ibarra.

Cun censo de 786.200 electores, os votantes foron 565.244 (71,9%) e 220.956 as abstencións (28,1%).

Enrique Líster

Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.

Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.

Partido Comunista (homónimos)

Con Partido Comunista podemos facer referencia a un partido que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. Dentro de esta ideoloxía atopamos multitude de partidos políticos de todo o mundo que empregan esa denominación:

Partido Comunista Alemán (DKP), fundado en 1968.

Partido Comunista de Alemaña (KPD), partido que mudou o nome a Partido Socialista Unificado de Alemaña e finalmente se disolveu en 1990.

Partido Comunista Bolxevique Mexicano (PCB), fundado en 1963 por escindidos do Partido Comunista Mexicano.

Partido Comunista Bolxevique de Ucraína, fundado en 1918 e renomeado en 1952 Partido Comunista de Ucraína.

Partido Comunista da China (PCC), partido único na República Popular Chinesa.

Partido Comunista de España (PCE), integrado en Izquierda Unida.

Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), escisión do PCE formada en 1968, en 1980 fusionouse co Partido Comunista de los Trabajadores para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista de España (marxista-leninista), PCE (m-l), fundado en 1964 como escisión do PCE e disolto en 1992.

Partido Comunista de España (reconstituido), PCE (r), formado en 1974.

Partido Comunista de España Unificado (PCEU), resultado da fusión do Partido Comunista de los Trabajadores e o Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), que posteriormente deu lugar ó Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partido Comunista de Estonia (EKP), ponla do PCUS en Estonia, que se disolveu e adoptou outro nome en 1991.

Partido Comunista Francés (PCF), fundado en 1920.

Partido Comunista de Galicia (PCG), forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida.

Partido Comunista de Grecia (KKE), fundado en 1918.

Partido Comunista da India, fundado en 1920.

Partido Comunista da India (marxista), formado en 1964 dunha escisión do Partido Comunista da India.

Partido Comunista da India (maoísta), fundado en setembro de 2004 resultado da fusión entre o Centro Comunista Maoísta da India e mailo Partido Comunista da India (marxista-leninista) Guerra Popular.

Partido Comunista Italiano (PCI), formado en 1921 como Partido Comunista de Italia, disolveuse en 1991.

Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), partido galego nado en 1986 como escisión da Unión do Povo Galego e expulsado en 1987 do Bloque Nacionalista Galego.

Partido Comunista Mexicano (PCM), fundado en 1911 co nome Partido Socialista Obrero, mudouno en 1919 e en 1981 fusionouse con outros tres partidos para dar o Partido Socialista Unificado de México.

Partido Comunista Obrero Español (PCOE), formado en 1973 e fusionado en 2000 co Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partit Comunista del País Valencià, federación do PCE no País Valenciano.

Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), formado en 1984.

Partido Comunista Portugués (PCP), fundado en 1921.

Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), fundado en 1984.

Partido Comunista Romanés (PCR), fundado en 1921.

Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK), formado en 2002 e ilegalizado pola xustiza española en 2008.

Partido Comunista de los Trabajadores (PCT), xurdido en 1977 como escisión do Partido Comunista de España, e fusionado en 1980 co Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP), fundado en 1976.

Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS).

Partit Comunista dels Valencians, escisión do Partit Comunista del País Valencià e integrado en 1991 no Moviment de Defensa de la Terra.

Partido Comunista de Vietnam.

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

Severino Chacón

Severino Chacón Bergueiro, nado en Parada (A Estrada) o 14 de novembro de 1884 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1978, foi un sindicalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.