Partido Comunista Francés

O Partido Comunista de Francia (Parti Communiste Français, PCF) é un partido político francés de esquerdas, membro do Partido da Esquerda Europea.

Parti Communiste Français (PCF)
Partido político de Francia
Hammer and sickle
Dirixentes e organización
LíderMarie-George Buffet
(Secretaria Nacional)
MocidadesMouvement Jeunes Communistes
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1920
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Representación
Representación17 deputados de 577
21 senadores de 331
Asemblea Nacional
7 / 577
Senado
20 / 348
Parlamento europeo
2 / 74
Outros datos
SedeParís
Páxina webwww.pcf.fr

Historia

O PCF foi fundado no Congreso de Tours, no ano 1920, como consecuencia da escisión no seo da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) entre os partidarios da II Internacional (da cal formaba parte a SFIO) e os partidarios da III Internacional (maioritarios e favorábeis á Revolución Rusa e ó bolxevismo). Estes últimos fundaron a Sección Francesa da Internacional Comunista (SFIC), que se convertería posteriormente no actual Partido Comunista Francés.

Despois da liberación, ao final da Segunda Guerra Mundial, o partido comunista participou nos primeiros gobernos ata 1947, por ser unha das forzas políticas máis importante naquelas. Logo volveu ter ministros en diferentes gobernos de esquerda da quinta república.

O PCF presentou candidatos as eleccións para presidente da república francesa :

  • 1924 - Zéphyrin Camélinat, 84 anos, deputado, (2,44 %) ;
  • 1931 - Marcel Cachin, 61 anos, deputado, (1,23 %) ;
  • 1932 - Marcel Cachin, 62 anos, deputado, ( 0,96 % ) ;
  • 1939 - Marcel Cachin, 69 anos, senador, (8,07 %) ;
  • 1953 - Marcel Cachin, 84 anos, deputado , ( 12,12 %) ;
  • 1958 - Georges Marrane, 70 anos, senador e alcalde de Ivry-sur-Seine, (12,74 %) ;
  • 1965 o PCF apoia a François Mitterrand ;
  • 1969 - Jacques Duclos, 72 anos, senador, (21,27 %);
  • 1974 o PCF apoia a François Mitterrand, nesta data François Mitterrand presenta o Partido socialista ;
  • 1981 - Georges Marchais, 60 anos, deputado do Val do Marne, (15,34 %) ;
  • 1988 - André Lajoinie, 58 anos, deputado de departamento Allier, (6,8 %) ;
  • 1995 - Robert Hue, 48 anos, alcalde de Montigny lès Cormeilles, (8,65 %) ;
  • 2002 - Robert Hue, 55 anos, deputado do Val-d'Oise e deputado europeo, (3,37 %) ;
  • 2007 - Marie-George Buffet, 58 anos, diputada do Sena-San Denis, e ex-ministra de xuventude e de deportes, (1,93 % ).

Situación a principios do século XXI

A secretaria xeral do PCF ocupa a deputada Marie-George Buffet dende o ano 2001. Foi elixida para este cargo despois da marcha do antigo secretario xeral Robert Hue e logo reelixida no 33º congreso nacional do partido o 26 de marzo 2006.

O Partido Comunista Francés atópase na oposición, aínda que durante a cuarta e a quinta repúblicas participou en varios gobernos.

Despois das eleccións de marzo do 2008 o PCF goberna dous departamentos , o Val do Marne na Illa de Francia e o Allier na rexión de Auvernia, perdendo o goberno "histórico" do departamento da Sena-San Denis. Trátase dos departamentos de Sena-San Denis e Val do Marne, os dous na rexión de Illa de Francia. O PCF ocupa a presidencia destes dous departamentos grazas ó apoio recibido por parte dos outros partidos políticos de esquerda presentes nos Consellos Xerais, xa que en ningún caso dispón da maioría absoluta.

Albert Camus

Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Alta Normandía

A Alta Normandía (en francés: Haute-Normandie, en normando: Ĥâote-Normaundie) é unha rexión de Francia creada en 1956, cando Normandía se dividiu en Baixa Normandía e Alta Normandía. Esta división segue sendo algo polémica, con algunha petición de reagrupamento. Abarca dous departamentos: o de Seine-Maritime e o de Eure. Corresponde á parte oriental da antiga provincia de Normandía. A súa capital é Ruán.

Anatole France

Anatole François Thibault, que adoptou o sobrenome Anatole France, nado o 16 de abril de 1844 en París, e falecido o 12 de outubro de 1924 en Saint-Cyr-sur-Loire, foi un escritor francés. Anatole France é pai do tamén escritor Noël France.

De ton escéptico, as súas publicacións obtiveron grande éxito. O seu primeiro grande éxito foi Le Crime de Sylvestre Bonnard (1981), premiado pola Academia francesa. Outras obras son: Thaïs (1890), Le Lys rouge (1894), Le Puits de Sainte Claire (1895), Les dieux ont soif (1912), La Révolte des anges (1914) etc.

André Breton

André Breton, nado en Tinchebray o 19 de febreiro de 1896 e finado en París o 28 de setembro de 1966, foi un escritor francés, coñecido como o principal impulsor do movemento surrealista.

Arles

Arles ou Arle en occitano é unha comuna do departamento de Bocas do Ródano, na antiga provincia de Provenza, Francia.

Borgoña

Borgoña (francés: Bourgogne, en borgoñón: Bregogne) é unha rexión administrativa da Francia, situada ao leste do país e que agrupa aos departamentos de Yonne, Côte-d'Or, Nièvre e Saona e Loira.

Habitada en tempos por celtas, galos, romanos e galo-romanos, e varios pobos xermánicos, de entre os cales os máis importantes foron os burgundios (de onde deriva o seu nome actual, a través dunha forma medieval Burgundia) e os francos. Convén, porén, distinguir entre Burgundia e Borgoña. Burgundia é o nome dun reino xermánico que durou até o ano 534, mentres que Borgoña aplícase a unha provincia do reino dos francos que ocupaba aproximadamente o mesmo territorio que Burgundia, polo que este mesmo nome é o utilizado para denominar á rexión de Francia na actualidade.

Cuarta República Francesa

A Cuarta República Francesa é o nome que recibe o réxime político francés entre a entrada en vigor da Constitución do 13 de outubro de 1946 e o 4 outubro de 1958, en gran parte foi continuación da Terceira República Francesa, herdando algúns dos seus problemas como a inestabilidade dos seus gobernos, un total de 21 gabinetes nos doce anos da IV República, na cal predominaron as forzas conservadoras moderadas dos democristiáns, radicais e algúns gaullistas xunto a un forte Partido Comunista Francés e un Partido Socialista que non conseguía atraerse á maioría da esquerda. Algunhas decisións importantes que se tomaron durante a IV República foron a extensión do dereito ao voto ás mulleres, a sinatura do Tratado de Roma, a fin da colonización francesa en Indochina e a constitución dunha forza nuclear francesa.

Fronte á paralización política, no plano económico presentou un alto dinamismo, reconstruíndo o seu aparato produtivo moi rapidamente tras a Segunda Guerra Mundial continuando as políticas que adoptara o goberno de concentración de Charles De Gaulle baseado nunha ampla planificación e na nacionalización das industrias básicas. O crecemento económico continuou ata 1956 cando as guerras coloniais provocaron o escancamento económico.

Eurocomunismo

O eurocomunismo é o intento nos anos 1970 de varios partidos comunistas europeos de anchear a súa influencia incluíndo temas de clase media, rexeitando o apoio incondicional á URSS e expresando claramente a fidelidade aos procesos pluripartidistas nos países occidentais. Foron precisamente os partidos comunistas máis fortemente enraizados nas súas respectivas sociedades -caso notable do Partido Comunista Italiano (PCI) e do Partido Comunista Francés (PCF)- os máis proclives a adoptar a liña eurocomunista, mentres que partidos máis pequenos e marxinais (como o Partido Comunista de Gran Bretaña) quedaron máis dependentes da patrocinaxe de Moscova. O Partido Comunista de España (PCE) e o Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) foron legalizados logo da ditadura de Franco cunha liña esencialmente eurocomunista, o que lles custou as respectivas escisións do PCPE e o PCC. Os partidos comunistas de Portugal, Austria ou Grecia tamén mostraban distintas tendencias eurocomunistas, pero foron sempre minoritarias.

François Hollande

François Hollande, nado en Ruán o 12 de agosto de 1954, é un político francés. O 6 de maio de 2012 foi elixido presidente da República Francesa.

Foi Primeiro secretario do Partido Socialista de 1997 a 2008, alcalde de Tulle de 2001 a 2008, deputado da Corrèze de 1988 a 1993 e de novo dende 1997, e preside a deputación provincial (Conseil général) da Corrèze dende 2008.

Fronte de Esquerda

A Fronte de Esquerda (en francés Front de gauche) é unha coalición política francesa de esquerdas entre o Partido Comunista Francés e o Partido de Esquerda, entre outros. Creada inicialmente de cara ás eleccións europeas de 2009, mantívose para as rexionais de 2010 e as presidenciais de 2012, nas que o seu candidato foi Jean-Luc Mélenchon.

Frédéric Joliot-Curie

Jean Frédéric Joliot-Curie, nado o 19 de marzo de 1900 en París (Francia) e finado o 14 de agosto de 1958 en París. Marido de Irene Curie, físico, levou xunto coa súa muller o Premio Nobel de Química en 1935.

Jean-Luc Mélenchon

Jean-Luc Mélenchon, nado en Tánxer o 19 de agosto de 1951, é un político francés, eurodeputado e co-presidente do Partido de Esquerda. Electo local de Massy e logo do departamento de Essonne a partir de 1983, foi elixido senador de Essonne en 1986 e reelixido en 1995 e 2004. Foi despois elixido eurodeputado na Circunscrición do Suroeste de París en 2009, baixo a bandexa da Fronte de Esquerda, que comprende o Partido Comunista Francés, o Partido de Esquerda e Esquerda Unitaria.

Jean-Luc Mélenchon foi ministro de Ensinanza profesional de 2000 até o 2002, baixo o goberno de cohabitación do primeiro ministro socialista Lionel Jospin. No Partido socialista, formou parte da ala esquerda, até que no Congreso de Reims de novembro de 2008, decide deixar o partido para crear o Partido de Esquerda. Foi presidente da oficina nacional do Partido de Esquerda, sendo actualmente o co-presidente, con Martine Billard. O 21 de xaneiro de 2011, oficializa a súa candidatura nas eleccións presidenciais de Francia de 2012 como candidato da Fronte de Esquerda.

Louis Althusser

Louis Althusser, nado en Birmandreis (Alxeria) o 19 de outubro de 1918 e finado o 22 de outubro de 1990, foi un filósofo marxista da liña estruturalista.

Louis Aragon

Louis Aragon, nado probablemente en Neuilly-sur-Seine o 22 de outubro de 1897. e finado en París o 24 de decembro de 1982, foi un poeta e novelista francés.

Léon Blum

Léon Blum, nado en París o 9 de abril de 1872 e finado en Jouy-en-Josas o 30 de marzo de 1950, foi un home político socialista francés. Foi un dos dirixentes da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) e xefe do goberno de Francia, en particular en 1936.

Partido Socialista (Francia)

O Partido Socialista (PS) é un partido político francés de esquerda e centro esquerda. É o partido do actual presidente da República, François Hollande.

O PS ten a súa orixe no pensamento socialista, fíxose cargo da Sección Francesa da Internacional Obreira, fundada en 1905 por Jean Jaurès. O congrès d'Alfortville creou un Novo Partido Socialista en 1969, a SFIO renomeouse como Partido socialista, no congrès de Issy-les-Moulineaux. En 1971, no congreso de Épinay, chamado « congreso de unificación dos socialistas », o PS ampliouse ca integración doutros partidos políticos socialistas. Baseou a súa acción política na unión da esquerda e a elaboración dun programa común de goberno co Partido comunista. Designaron como secretario xeral a François Mitterrand, representando á oposición dende 1971 ata 1981 e ao goberno durante os seus dous mandatos de sete anos, dende 1981 ata 1995. Volveu outra vez ao goberno dende 1997 a 2002 (goberno de Jospin) e a partir de 2012, coa vitoria electoral de François Hollande.

Os seus aliados tradicionais son o Partido radical de esquerda, o Partido comunista francés, e máis recentemente o Movemento republicano e cidadán e Europa Ecolóxica - Os Verdes. Foi en 2012 o primeiro partido político de Francia en número de votos e o segundo en número de afiliados.

Paul Langevin

Paul Langevin, nado en París o 23 de xaneiro de 1872 e finado o 19 de decembro de 1946, foi un físico francés que desenvolveu as dinámicas de Langevin e a ecuación de Langevin.

Langevin estudou na École de Physique et Chimie e na École Normale Supérieure. Estivo despois na Universidade de Cambridge e estudou no Laboratorio Cavendish baixo J. J. Thomson. Volveu á Sorbona e obtivo o seu doutoramento baixo a dirección de Pierre Curie en 1902. En 1904 comezou a traballar de profesor de física no Collège de France. En 1926 pasou a ser o director da École de Physique et Chimie. En 1934 foi nomeado membro da Académie des sciences.

Foi un dos fundadores do Comité de vigilance des intellectuels antifascistes, unha organización antifascista creada trala crise do 6 de febreiro de 1934. Foi tamén presidente da Liga de Dereitos Humanos en Francia dende 1944 ata 1946, uníndose tamén ó Partido Comunista Francés. O goberno de Vichy mantívoo baixo arresto domiciliario durante gran parte da segunda guerra mundial.

Reagrupamento Democrático Africano

O Reagrupamento Democrático Africano (en francés Rassemblement démocratique africain ) foi unha federación de partidos africanos fundado en Bamaco (18-21 de outubro de 1946) por Félix Houphouët-Boigny e Modibo Keïta, foi o primeiro movemento político panafricano da África francófona. Formouse logo da IV República francesa permitira o envío a Francia de representantes africanos na Asemblea Nacional e como consecuencia as forzas nacionalistas dos diferentes territorios franceses en África decidiron establecer unha estrutura común para a conquista dos seus dereitos e a formación dun bloque no Parlamento, primeiro afiliada co Partido Comunista Francés e a partir de 1950 achegouse á Unión Democrática e Socialista da Resistencia.

Sección Francesa da Internacional Obreira

A Sección Francesa da Internacional Obreira (Section Française de l'Internationale Ouvrière, SFIO) fundada en 1905, foi o partido político dos socialistas franceses ata 1969. O seu nome desígnaa como a sección nacional da Segunda Internacional (é dicir a Internacional Obreira).

A creación da SFIO é o resultado dun proceso iniciado en 1901 de unificación das diversas organizacións e grupos socialistas en Francia e finaliza en 1905 cando o Partido Socialista francés (Parti socialiste français) e o Partido Socialista de Francia (Parti socialiste de France) fusiónanse na SFIO.

Os seus principais dirixentes foron: Jules Guesde, Jean Jaurès, Édouard Vaillant e Paul Lafargue, Paul Faure, Léon Blum, Guy Mollet e Alain Savary.

Tras a revolución rusa de 1917, no Congreso de Tours prodúcese unha división entre os partidarios de incorporarse á Internacional Comunista e os contrarios a ela. A maioría dos delgados acepta as 21 condicións e transfórmase na Sección Francesa da Internacional Comunista (Section Française de l'Internationale Communiste, SFIC) futuro Partido Comunista Francés. Con todo a minoría dos delegados e a maioría o grupo parlamentario refusan o voto e deciden o seu mantemento dentro da Segunda Internacional reconstituida tras a Primeira Guerra Mundial.

En 1969 participa xunto con outros grupos socialista no Congreso de Issy-lles-Moulineaux, na creación do Partido Socialista

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.