Partido Comunista Alemán

O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.

Partido Comunista Alemán
Deutsche Kommunistische Partei
Partido político de Alemaña
Deutsche Kommunistische Partei Logo
Dirixentes e organización
LíderPatrik Köbele
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1968
Posicións políticas
IdeoloxíaEurocomunismo, Marxismo-leninismo
Outros datos
SedeEssen
PublicaciónUnsere Zeit
Páxina webhttp://www.dkp.de/

Historia

O DKP foi fundado na Alemaña Occidental (RFA) en 1968 co fin de ocupar o espazo político deixado polo Partido Comunista de Alemaña despois da súa ilegalización polo Tribunal Constitucional Federal en 1956. Durante a guerra fría, o DKP recibía a maior parte dos seus fondos do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), que detentaba o poder na Alemaña Oriental desde o fin da segunda guerra mundial. Após a reunificación, o DKP entrou nunha época de decadencia, perdendo apoio popular e militantes até unha décima parte dos que tiña na época anterior á unificación. Un grande número de militantes do partido abandonarono para unirse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), nacido naquela época como sucesor do SED.

Actualidade

O DKP é hoxe un partido minoritario. Canto á súa filiación internacional, fai parte, como membro, da Esquerda Anticapitalista Europea e, en calidade de observador, do Partido da Esquerda Europea. Mantén, por outra banda, un semanario afín, o unsere Zeit. En 2005, o seu líder Heinz Stehr pediu o voto para a coalición Die Linkspartei, formada polos excomunistas da Alemaña Oriental (PDS) e a escisión do SPD liderada por Oskar Lafontaine.

Véxase tamén

Outros artigos

15 de xaneiro

O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.

1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

Alemaña

Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.

Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a. C. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano que duraría ata o ano 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a guerra franco-prusiana. Trala segunda guerra mundial, Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadas polas tropas aliadas en 1949. Os dous países reunificáronse de novo en 1990. Alemaña foi un membro fundador da Comunidade Económica Europea en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou a moeda da Unión, o Euro, en 1999.

Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (en alemán: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. É membro das Nacións Unidas, OTAN, o G8, e do G4; así mesmo foi un dos países asinantes do protocolo de Quioto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento, e o sexto en gasto militar. O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder científico e tecnolóxico en diversos eidos.

Karl Liebknecht

Karl Liebknecht, nado en Leipzig o 13 de agosto de 1871 e finado en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi un socialista alemán, fundador do Partido Comunista Alemán.

Partido Comunista (homónimos)

Con Partido Comunista podemos facer referencia a un partido que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. Dentro de esta ideoloxía atopamos multitude de partidos políticos de todo o mundo que empregan esa denominación:

Partido Comunista Alemán (DKP), fundado en 1968.

Partido Comunista de Alemaña (KPD), partido que mudou o nome a Partido Socialista Unificado de Alemaña e finalmente se disolveu en 1990.

Partido Comunista Bolxevique Mexicano (PCB), fundado en 1963 por escindidos do Partido Comunista Mexicano.

Partido Comunista Bolxevique de Ucraína, fundado en 1918 e renomeado en 1952 Partido Comunista de Ucraína.

Partido Comunista da China (PCC), partido único na República Popular Chinesa.

Partido Comunista de España (PCE), integrado en Izquierda Unida.

Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), escisión do PCE formada en 1968, en 1980 fusionouse co Partido Comunista de los Trabajadores para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista de España (marxista-leninista), PCE (m-l), fundado en 1964 como escisión do PCE e disolto en 1992.

Partido Comunista de España (reconstituido), PCE (r), formado en 1974.

Partido Comunista de España Unificado (PCEU), resultado da fusión do Partido Comunista de los Trabajadores e o Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), que posteriormente deu lugar ó Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partido Comunista de Estonia (EKP), ponla do PCUS en Estonia, que se disolveu e adoptou outro nome en 1991.

Partido Comunista Francés (PCF), fundado en 1920.

Partido Comunista de Galicia (PCG), forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida.

Partido Comunista de Grecia (KKE), fundado en 1918.

Partido Comunista da India, fundado en 1920.

Partido Comunista da India (marxista), formado en 1964 dunha escisión do Partido Comunista da India.

Partido Comunista da India (maoísta), fundado en setembro de 2004 resultado da fusión entre o Centro Comunista Maoísta da India e mailo Partido Comunista da India (marxista-leninista) Guerra Popular.

Partido Comunista Italiano (PCI), formado en 1921 como Partido Comunista de Italia, disolveuse en 1991.

Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), partido galego nado en 1986 como escisión da Unión do Povo Galego e expulsado en 1987 do Bloque Nacionalista Galego.

Partido Comunista Mexicano (PCM), fundado en 1911 co nome Partido Socialista Obrero, mudouno en 1919 e en 1981 fusionouse con outros tres partidos para dar o Partido Socialista Unificado de México.

Partido Comunista Obrero Español (PCOE), formado en 1973 e fusionado en 2000 co Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partit Comunista del País Valencià, federación do PCE no País Valenciano.

Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), formado en 1984.

Partido Comunista Portugués (PCP), fundado en 1921.

Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), fundado en 1984.

Partido Comunista Romanés (PCR), fundado en 1921.

Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK), formado en 2002 e ilegalizado pola xustiza española en 2008.

Partido Comunista de los Trabajadores (PCT), xurdido en 1977 como escisión do Partido Comunista de España, e fusionado en 1980 co Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) para formar o Partido Comunista de España Unificado.

Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP), fundado en 1976.

Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS).

Partit Comunista dels Valencians, escisión do Partit Comunista del País Valencià e integrado en 1991 no Moviment de Defensa de la Terra.

Partido Comunista de Vietnam.

Partido Comunista de Alemaña

O Partido Comunista de Alemaña (KPD, en alemán Kommunistische Partei Deutschlands) foi un partido político alemán de ideoloxía comunista, fundado en 1918. Non debe confundirse co Partido Comunista Alemán (en alemán Deutsche Kommunistische Partei) orixinado en 1968.

Rosa Luxemburg

Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o 5 de marzo de 1871 ou 1870, e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.

Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).

En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (Spartakusbund) que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.

Durante a Revolución Alemá de 1918 fundou o xornal Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), que se converteu no órgano central do movemento espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o Leipziger Volkszeitung e ademais, foi autora de diversos libros, dos cales destaca Die Akkumulation des Kapitals (en galego, A acumulación do capital), e tamén Sozialreform oder Revolution? (en galego, Reforma ou Revolución) (1899), Massenstreik, Partei und Gewerkschaften (en galego, Folga de masas, partido e sindicato) (1906), e Die russische Revolution (en galego, A revolución rusa) (1918), no cal critica construtivamente á mesma e sostén que a maneira soviética de facer a revolución non pode ser universalizada para tódalas latitudes.

Viu o levantamento espartaquista producido en 1919 como unha equivocación, porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na primeira guerra mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi guindado ao Landwehrkanal, en Berlín.

As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe a posteriori á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada porén, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diversos.

Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do socialismo, Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da esquerda política. Porén, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como mártires comunistas polo réxime comunista da Alemaña do Leste.

O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en Berlín, o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a Oficina Federal para a Protección da Constitución alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da extrema esquerda alemá.

System of a Down (álbum)

System of a Down é o disco homónimo de debut do grupo System of a Down, editado o 30 de xuño de 1998.

A man que aparece na fronte da capa está inspirada nun cartel deseñado polo artista John Heartfield para o Partido Comunista Alemán durante o III Reich. O texto no cartel orixinal é: "5 dedos ten unha man! Con eses 5 agarraremos ó inimigo!".

Uniforme

Un uniforme é a vestimenta específica e distintiva dos membros dunha entidade ou organización mentres participan nas actividades dese colectivo levándoo segundo unha serie de regras establecidas. Os uniformes poden incluír insignias ou distintivos co nome. Adoitan levar uniformes os militares e membros das forzas de seguridade, servizos de emerxencia, gardas de seguridade, os reclusos, os alumnos de determinados colexios, pilotos, carteiros e moitos outros colectivos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.