Partido Castellano

O Partido Castellano ou PCAS (Partido Castelán en galego) é un partido político español froito da unión de varias formacións castelanistas de índole rexionalista ou nacionalista, de provincialistas, de agrupacións electorais de ámbito local e provincial e de independentes das comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela A Mancha,[1] entre as que destacan Tierra Comunera e Candidatura Independiente, se ben este último finalmente se integrou só en parte.[2]

Partido Castellano (PCAS)
Partido político de Castela
Partido Castellano (PCAS).jpg
Dirixentes e organización
LíderMariano Fuente(2009-2014) Javier Benedit (2014-actualidade)
MocidadesCastilla Joven
Historia
Fundación2009
Posicións políticas
IdeoloxíaCastelanismo
Progresismo
Ecoloxismo
Federalismo
Socialdemocracia
Representación
Representación193 concelleiros
Outros datos
SedeValdemoro 1, 09001-09080 Burgos
Páxina web[1]
Flag of Castile (purple)
Bandeira de Castela.

Definición

O PCAS defínese como un partido alternativa ao bipartidismo PP-PSOE imperante nos territorios nos que opera, así como defensor do patrimonio histórico, cultural e ambiental desta. Defínese como castelanista e federalista dende o seu I Congreso Fundacional, que se celebrou en Toledo o 24 de outubro de 2009. Polo tanto, o Partido Castellano é unha formación que busca recuperar a identidade castelá diluída nas últimas décadas, e colocar a Castela como verdadeiro referente e motor de España, superando problemas endémicos como o despoboamento, o envellecemento, o éxodo dos mozos e o caciquismo imperante nas comunidades castelás, denunciando constantemente a corrupción dos dous grandes partidos.[3]

O PCAS ten como obxectivo un ámbito de actuación circunscrito ás consideradas polo castelanismo como provincias de Castela, isto é, as actuais comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, A Rioxa e Cantabria, que pretende unificar nunha sola.[4] se ben na actualidade só ten organizacións territoriais en tres destas comunidades:

Historia

En xullo de 2010 anunciouse que se presentaría ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2010 baixo a denominación Partido Castellano-Candidatura de las Culturas de Cataluña.[8] Nas eleccións xerais de España de 2011 presentouse xunto ao Partido Regionalista Cántabro.[9]

O Partido Castellano ten unha serie de reclamacións que mantivo intactas nos últimos anos e que herdou dos partidos anteriores que compoñen o Partido Castelán na actualidade como a loita contra o despoboamento, a unidade de Castela, ou a súa oposición a que o Condado de Treviño forme parte da provincia de Álava e sega a ser parte de Burgos.[10] Porén, nos últimos anos, as súas reclamacións máis coñecidas foron de tipo ecoloxista. Por exemplo, oponse ao transvasamento de auga de ríos coma o Texo ao río Segura, e participa en todo tipo de plataformas e actos de protesta contrarios ao transvasamento en Castela-A Mancha[11]; así mesmo tamén se opón á concesión de xestión dos ríos burgaleses Cadagua e Cerneja por parte do Concello de Bilbao[12][13]. Tamén no terreo do medio ambiente, oponse á construción dunha mina de magnesita no concello soriano de Borobia[14] e contra as actividades de fracking en Palencia e Burgos[15] e á construción do ATC de Villar de Cañas (Cuenca) [16]. Nos últimos anos mostrou a súa oposición á aprobación do novo estatuto de Castela-A Mancha, motivado especialmente pola nova lei electoral rexional que se formula no estatuto,[17] e tamén fixeron críticas à aprobación do último estatuto de autonomía de Castela e León [18]. Durante o Conflito no barrio de Gamonal na cidade de Burgos en xaneiro do 2014, o PCAS se puxo ao carón dos veciños do barrio e esixiu a dimisión do alcalde pola súa incapacidade en xestionar a situación[19].

O Partido Castellano buscou alianzas con outros partidos nacionalistas e rexionalistas doutras Comunidades autónomas para facer oir a súa voz nas institucións nacionais [20][21]. Estas alianzas con estes partidos políticos levaron ao Partido Castellano a integrarse na coalición política Primavera Europea formada por varios partidos nacionalistas e ecoloxistas nas Eleccións Europeas de 2014 como EQUO, a coalición Compromís e a Chunta Aragonesista entre outros[22][23].[24][24]. Os resultados da coalición Primavera Europea nas Eleccións Europeas de 2014 foron positivos, pois obtiveron un representante no Parlamento europeo, mentres que os resultados en votos da coalición nas Comunidades consideradas castelás foron os seguintes[25]: Comunidade de Madrid: 44.148 (1,99%), Castela e León: 8.655 (0,9%), Castela-A Mancha: 5.711 (0,8%), Cantabria: 2.791 (1,3%) , A Rioxa: 1.483 (1,3%). Contudo* o PCAS xunto con EQUO protestou durante o día das votacións, pois as papeletas da coalición non chegaron a moitos colexios electorais de Guadalaxara e Cuenca; producíndose ademais certa confusión, pois nas papeletas aparecía EQUO xunto cun partido rexionalista estremeño pero non o PCAS[26]. A coalición pediu a anulación e paralización das votacións neses colexios electorais pero sen éxito. Ao día seguinte, o PCAS pediu nun comunicado a dimisión dos subdelegados do Goberno nesas provincias por non cumpriren a lei electoral e causárenlles prexuízos nas votacións debido a falta de papeletas e a confusión xerada pola aparición doutras diferentes[27].

O Partido Castellano celebrou o seu congreso en Outubro de 2014 en Burgos para preparar a súa estratexia política con respecto ás eleccións municipais e autonómicas de Maio de 2015[28]. En Novembro de 2014, o partido se mostrou contrario á proposta do PP para reducir o número de deputados no parlamento rexional de Castela e León[29]. Nese terceiro Congreso Nacional do partido, celebrado en Burgos o 25 de outubro de 2014, resultaron elixidos o toledano Pedro Manuel Soriano como presidente da formación, e o madrileño Javier Benedit como secretario xeral, substituíndo Mariano Fuente que presidira o partido dende 2009[30].

O PCAS acadou un acordo con Unidad Castellana para presentar unha candidatura conxunta en Castela-A Mancha ás eleccións eleccións municipais e autonómicas de Maio de 2015[31].

Os resultados do PCAS nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron en xeral malos. O partido sufriu un descenso importante de apoios nas tres autonomías nas cales presentou candidaturas para as autonómicas e as municipais. O descenso máis notable aconteceu en Castela e León, onde recibiu menos da metade de apoios que nas eleccións anteriores, e en consecuencia perdeu a metade dos seus concelleiros nesa comunidade. En Castela-A Mancha, a candidatura conxunta con Unidad Castellana fixo que o número de concelleiros aumentase, pero non de votos, pois globalmente o número de votos reduciuse. A escisión dunha parte importante do partido en Castela e León, que posteriormente formou o PRCAL, así como as novas tendencias políticas foron as causas do declive do partido nas eleccións autonómicas e municipais do 2015[Cómpre referencia].

Escisión

Dende a súa creación convivían dúas correntes ideolóxicas diferenciadas, unha máis oficial e castelanista partidaria da unión de toda Castela e outra crítica e rexionalista máis adaptada á realidade autonómica vixente.

Após o congreso de outubro de 2011 no que se aproba, por maioría democrática e case unánime, unha nova estratexia e abandono das siglas PCAL en Castela e León promovida pola dirección nacional, o sector rexionalista en Castela e León non acepta o cambio de siglas e abandona o partido para fundar un novo, o PRCAL.[32] O novo partido pretende seguir unha liña encadrada na comunidade actual de Castela e León a diferenza do PCAS, que avoga pola unión da devandita comunidade e integrala noutra maior xunto coas de Madrid, Castela-A Mancha, A Rioxa e Cantabria para dotala de maior poder e forza no marco estatal actual.

Resultados

Ano 2011

Eleccións
Votos PCAS
% PCAS
Deputado(s)
PCAS
Votos PCAS
% PCAS
Deputado(s)
PCAS
Eleccións Xerais 2011 en España 348 < 0,01% 0 2.047 < 0,01% 0
Eleccións
Votos
PCAL
%
PCAL
Procuradore(s)
PCAL
Votos PCAL
%
PCAL
Concelleiro(s)
PCAL
Autonómicas 2011 ás Cortes de Castela e León e municipais 15.871 1,1% 0 13.868 0,96% 100
Eleccións
Votos
PCAS
%
PCAS
Deputado(s)
PCAS
Votos PCAS
%
PCAS
Concelleiro(s)
PCAS
Autonómicas 2011 ás Cortes de Castela-A Mancha e municipais 2.748 0,23% 0 907 0,08% 6
Eleccións
Votos
PCAS
%
PCAS
Deputado(s)
PCAS
Autonómicas 2011 á Asemblea de Madrid 2.220 0,07% 0

Ano 2015

Eleccións
Votos
PCAL
%
PCAL
Procuradore(s)
PCAL
Votos PCAL
%
PCAL
Concelleiro(s)
PCAL
Autonómicas 2015 ás Cortes de Castela e León e municipais 4.447 0,33% 0 4.545 0,33% 51
Eleccións
Votos
PCAS
%
PCAS
Deputado(s)
PCAS
Votos PCAS
%
PCAS
Concelleiro(s)
PCAS
Autonómicas 2015 ás Cortes de Castela-A Mancha e municipais 1.534 0,14% 0 2.468 0,22% 21
Eleccións
Votos
PCAS
%
PCAS
Deputado(s)
PCAS
Autonómicas 2015 á Asemblea de Madrid 2.118 0,07% 0

Notas

  1. 1,0 1,1 "PCAS - Partido Castellano". Partido Castellano-Tierra Comunera (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  2. Tierra Comunera refundarase en xaneiro como Partido Castelán, 'ABC', 23 de decembro de 2008.
  3. "Tierra Comunera se refunda como Partido Castellano". web.archive.org. 2013-12-18. Consultado o 2019-02-13.
  4. El Partido Castellano aposta por crear a Comunidade Autónoma de Castela, La Razón, 7 de febreiro de 2011.
  5. administrador. "Noticias". Partido Castellano-Tierra Comunera (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  6. "Once formaciones políticas concurrirán a las elecciones autonómicas como Alternativa de Castilla y León.". www.forocastellano.org. Consultado o 2019-02-13.
  7. "PCAS Madrid". web.archive.org. 2013-09-14. Consultado o 2019-02-13.
  8. "El PCAL presentará candidaturas en las próximas Elecciones Autonómicas de Cataluña". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2010-07-20. Consultado o 2019-02-13.
  9. "El Partido de Castilla y León (PCAL) estará en la coalición del PRC - ABC.es - Noticias Agencias". web.archive.org. 2013-11-02. Consultado o 2019-02-13.
  10. "EL PARTIDO CASTELLANO (PCAS) reafirma la castellaneidad del Condado de Treviño y rechaza maniobra del Parlamento Vasco para su anexión. (Noviembre 2014).". Partido Castellano-Tierra Comunera (en castelán). 2017-07-11. Consultado o 2019-02-13.
  11. "El Partido Castellano reivindica en Toledo un río Tajo limpio y con caudal". Diariocrítico.com (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  12. "Expolio del agua de las Merindades y el Valle de Mena". Periodistas en Español (en castelán). 2014-02-17. Consultado o 2019-02-13.
  13. "PCAS denunciará ante la Comisión Europea el "expolio" del agua de Merindades y Mena (Burgos) por el País Vasco". www.europapress.es. 2014-02-10. Consultado o 2019-02-13.
  14. "El PCAS de Borobia denuncia la reprobación municipal en su postura contra la mina". Río Manubles. enero 13, 2014. Consultado o 2019-02-13.
  15. "Charla-Coloquio sobre el Fracking, ¿oportunidad o amenaza para Castilla? [Palencia]". Castilla Info (en castelán). 2014-02-27. Consultado o 2019-02-13.
  16. "Preguntan en Europa si conocen 'irregularidades' detectadas en el ATC". Castilla-La Mancha 24 (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  17. "Diario de Castilla-La Mancha. Entrevista a Pedro Manuel Soriano". web.archive.org. 2014-04-07. Consultado o 2019-02-13.
  18. "PCAS reclama una auténtica refundación de la comunidad autónoma [CyL]". Castilla Info (en castelán). 2014-02-25. Consultado o 2019-02-13.
  19. "El Partido Castellano exige la dimisión de Lacalle por "su incapacidad" para gestionar el conflicto de Gamonal". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2014-01-13. Consultado o 2019-02-13.
  20. "SORIANO: "EL PCAS LAMENTA NO SÓLO EL TRASVASE APROBADO A LEVANTE, SINO LA INACCIÓN DEL PSOE EN TREINTA AÑOS DE EXPOLIO". (Julio 2010). (23/07/2010)". Partido Castellano-Tierra Comunera (en castelán). 2017-07-11. Consultado o 2019-02-13.
  21. "Joan Baldoví, Diputado de Compromís-EQUO, defenderá hoy en la Comisión Constitucional del Congreso las enmiendas de PCAS, EQUO, UCIN, UdCa, URI y M+J a la Reforma del Estatuto de Castilla-La Mancha. (Febrero 2014).". web.archive.org. 2014-04-07. Consultado o 2019-02-13.
  22. "Partido Castellano, CHA, Compromís y Equo se unen en Primavera Europea". ENCLM (en castelán). 2014-04-04. Consultado o 2019-02-13.
  23. "El PCAS lidera en Castilla la coalición para las europeas “Primavera Europea” junto a otras fuerzas políticas". Castilla Info (en castelán). 2014-04-03. Consultado o 2019-02-13.
  24. 24,0 24,1 Romero, Juanma (2014-04-02). "Equo, Compromís y CHA aprueban su coalición Primavera Europea". infoLibre.es (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  25. "Resultados Electorales en La Rioja: Elecciones Europeas 2014 en EL PAÍS". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2019-02-13.
  26. "EQUO y PCAS protestan al faltar sus papeletas en los colegios". Nueva Alcarria (en castelán). 2014-05-25. Consultado o 2019-02-13.
  27. "El PCAS pide la dimisión de los subdelegados de Gobierno de Guadalajara y Cuenca". abc (en castelán). 2014-05-26. Consultado o 2019-02-13.
  28. "El Partido Castellano celebra en Burgos su III Congreso". www.radioarlanzon.com. Consultado o 2019-02-13.
  29. "CASTILLA Y LEÓN SI PERO NO ASÍ.(Septiembre 2010). (21/09/2010)". Partido Castellano-Tierra Comunera (en castelán). 2017-07-11. Consultado o 2019-02-13.
  30. "Un toledano se pone al frente del Partido Castellano". Lacronica.net (en Spanish). 2014-10-28. Consultado o 2019-02-13.
  31. "Trece partidos se presentan a las Cortes, 10 de ellos en las cinco provincias". abc (en castelán). 2015-04-22. Consultado o 2019-02-13.
  32. A presentación do PRCAL oficializa a escisión no Partido Castelán, El Correo de Burgos, 1 de febreiro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ahora Castilla

A plataforma Ahora Castilla (Agora Castela en galego) foi unha iniciativa dun conxunto de partidos e asociacións españolas de ideoloxía nacionalista castelá: Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano-na actualidade Partido Castellano-, Izquierda Castellana, Tierra Castellana e Sopa Castellana que se fundou entorno a un manifesto coñecido como o Manifesto de Alcalá presentado o 28 de xaneiro de 2006 en Alcalá de Henares.A idea da plataforma era aglutinar ao castelanismo para avanzar aos seus obxectivos básicos, que son os que se expoñen no manifesto e son a base da ideoloxía castelanista. A plataforma pretendía ser unha especie de trampolín para unha coalición política para as eleccións autonómicas do ano 2007. Na actualidade, nada queda en activo da plataforma Ahora Castela.

Candidatura Independiente

Candidatura Independiente-El Partido de Castilla y León (Candidatura Independente-O Partido de Castela e León en galego) (PCAL-CI) é un partido político español fundamentalmente activo en Valladolid. Defínese como un partido de centro e progresista, pero tamén é de ideoloxía rexionalista castelanista. A súa actividade política limítase à Comunidade autónoma de Castela e León. En 2009 o partido anunciou a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita Comunidade autónoma.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Comarca de Requena-Utiel

A comarca de Requena-Utiel (Plana d'Utiel en valenciano) é unha bisbarra que pertence administrativamente a Comunidade Valenciana, España. É un altiplano castelán que na división provincial de Javier de Burgos de 1833, se incluíu na provincia de Cuenca. Non obstante, foi incorporada á provincia de Valencia en 1851, constituíndo (trala división en dúas provincias das Illas Canarias) a modificación máis importante que sufriu a división provincial de Javier de Burgos con posterioridade ao seu establecemento.

Conflito de Gamonal de 2014

O conflito de Gamonal fai referencia a unha serie de protestas en forma de manifestacións e disturbios que se sucederon a partir do 10 de xaneiro de 2014 en Gamonal, o barrio máis extenso e con máis poboación da cidade de Burgos (aproximadamente un terzo da poboación total da cidade), debido á decisión do Concello de Burgos de gastar 8,5 millóns de euros en construír un bulevar sobre a antiga rúa Vitoria, un dos principais eixes da urbe burgalesa. A oposición veciñal ás obras baseábase na falta de necesidade e o excesivo custo destas, a duración das obras, fixada nuns 15 meses, a eliminación de 2 carrís na estrada, pasando de 4 a 2, e a redución significativa de prazas de aparcadoiro gratuítas, pois se perderían 300 prazas en superficie e se construiría un aparcadoiro subterráneo de pagamento.Entre o 10 e o 14 de xaneiro desenvolvéronse numerosas manifestacións e asembleas pola banda dos veciños para conseguir a paralización das obras. Durante algunhas desas noites varios centos de persoas protagonizaron disturbios coa queima de colectores e o ataque ás obras e sucursais bancarias, cun saldo de 46 detidos e varios feridos. En resposta, varios centos de policías despregáronse polo barrio, entre eles uns 200 axentes das Unidades de Intervención Policial (forzas antidisturbios) da Policía Nacional. Tamén foron varias as cidades no resto de España que acubillaron manifestacións a prol do barrio.

Tras varios días de protestas e altercados, o alcalde de Burgos, Javier Lacalle, anunciou primeiro a paralización temporal das obras e a creación dun grupo de traballo para intentar chegar a un consenso, para despois, o día 17 de xaneiro, anunciar o cesamento definitivo do proxecto no barrio de Gamonal.

Día de Castela e León

Cada 23 de abril celébrase na localidade valisoletana de Villalar de los Comuneros o Día de Castela e León, data na que conmemórase o aniversario da batalla de Villalar, decisiva batalla da Guerra das Comunidades de Castela.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á novena lexislatura do actual período democrático celebráronse o 28 de novembro de 2010.

Nacionalismo castelán

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Partido Regionalista de Castilla y León

O Partido Regionalista de Castilla y León (Partido Rexionalista de Castela e León en galego) (PRCAL) é un partido político español creado polo groso da militancia e cargos públicos do extinto Partido de Castela e León (PCAL) despois de abandonar esta denominación a formación Partido Castellano na que se integraba, proveniente da refundación de Tierra Comunera, é un partido rexionalista e castelanista da comunidade autónoma de Castela e León.

Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León

O Partido del Progreso de las Ciudades de Castilla y León (PP.CC.AL., Partido do Progreso das Cidades e das Bisbarras de Castela e León en galego) foi un partido político da comunidade autónoma de Castela e León, con sede en San Andrés del Rabanedo (León) e entón definíase como leonesista. O seu líder e presidente é David Fernández Vaquero.

Inscribiuse no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 11 de xullo de 2006, aínda que afirman ter comezado a súa actividade política dende 2003 cando comezaron a tomar contacto os impulsores do partido e desenvolver a súa pautas estatutarias. A decisión de crear este novo partido xorde trala ruptura na Unión do Pobo Leonés (U.P.L.) que supuxo a marcha desta formación política do seu presidente José María Rodríguez de Francisco quen formou o Partido Autonomista Leonés - Unión Leonesista (P.A.L.-U.L.).

Declaraban o final do leonesismo tradicional. O seu principal obxectivo era o recoñecemento da Rexión Leonesa dentro da comunidade autónoma de Castela e León. Dende círculos leonesistas acusóuselles de ser unha marca de ocasión para intentar obter votos entre o electorado leonesista.

Nas eleccións municipais de maio de 2007, as primeiras ás que se presentaron, lograron unha pequena representación institucional, consistente nun concelleiro no municipio de Riaño e outro na Xunta Veciñal de Arcahueja (unha localidade do Alfoz da capital leonesa).

Nas eleccións autonómicas dese ano concorreron dentro da coalición ACAL (Alternativa por Castilla y León) xunto con outros partidos rexionalistas como Tierra Comunera (TC) ou o Partido de El Bierzo (PB).

En xaneiro de 2009 o seu perfil ideolóxico virou bruscamente cara posicións castelanistas. Ese mesmo ano anunciouse a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita comunidade autónoma.

Partidos políticos de España inscritos de 2006 a 2009

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 2006 a 2010. Revisada a 10 de xaneiro de 2010.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.