Partido Andalucista

O Partido Andalucista é un partido político nacionalista de Andalucía, o máis importante dentro do nacionalismo andaluz.

Foi fundado en 1965 cando a Alianza Socialista de Andalucía, creada en 1971, adopta o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA). Posteriormente en xaneiro de 1979 no II Congreso Andalucista adopta o nome de PSA-Partido Andaluz. En febreiro de 1984 adopta o seu actual nome Partido Andalucista.

Partido Andalucista (PA)
Partido político de Andalucía
MocidadesJuventudes Andalucistas
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación1976 (Como Partido Socialista de Andalucía)
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo andaluz
Socialdemocracia
Federalismo
Representación
RepresentaciónSen representación parlamentar
Outros datos
SedeSevilla
Publicacións/d
Páxina webwww.partidoandalucista.org

Ideoloxía

O Partido Andalucista declárase ideoloxicamente como unha organización política nacionalista, federalista, progresista e de esquerdas. Segundo o partido, o seu principal sentimento é a rebeldía contra a desactivación da autonomía andaluza, en contra dunha actitude conformista e desfacendo a cohesión interna da identidade e do liderado histórico.

Historia

A orixe do PA está no nacionalismo andaluz desenvolvido durante o século XIX e século XX. En 1962 Alejandro Rojas-Marcos aglutinou a diversos sectores sociais para impulsar unha organización política de ámbito andaluz, forzada á clandestinidade polo franquismo. Na primavera de 1965 estabeceuse o primeiro grupo político andalucista cando se formou unha célula en torno á facultade de Dereito da Universidade de Sevilla e que tiña como sinais de acción a identidade andaluza, esixencia de autonomía, non separatismo, posicións de esquerda moderada, reivindicación de igualdade con Cataluña e o País Vasco etc. O grupo adopta o nome de Compromiso Político de Andalucía, elixiu unha Secretaría colexiada, integrada por Alejandro Rojas-Marcos, Luis Uruñuela e Guillermo Jiménez.

En 1971, a revista Ruedo Ibérico publica en París o primeiro manifesto de Alianza Socialista de Andalucía, no que se pedía a autonomía. En 1974 integrouse na Junta Democrática de España. Coa fin da ditadura franquista o PsA foi legalizado e puido realizar actividades políticas legais. En 1978, a Junta Liberalista de Andalucía que fundara Blas Infante integrouse na organización andalucista. En 1979, conseguen cinco deputados nas Eleccións Xerais celebradas en marzo conseguindo 326.000 votos, baixo o nome de Partido Socialista Andaluz, e conseguindo 250.000 votos nas municipais pactando co PSOE e o PCE para constituír gobernos municipais de esquerdas en Andalucía. Como consecuencia dos malos resultados das eleccións autonómicas de 1982 Alejandro Rojas-Marcos dimitiu da secretaría xeral, o partido iniciaba unha etapa descendente electoralmente.

En 1996 os andalucistas participan no goberno andaluz en coalición co PSOE, ocupando as consellerías de Relacións co Parlamento e a de Turismo e Deporte, a cargo de Antonio Ortega e José Nuñez respectivamente.

En 1999 presentouse ás Eleccións Europeas formando a Coalición Europea, coalición nacionalista na que concorrerán ás Eleccións Europeas Coalición Canaria, Unió Valenciana, Partido Aragonés e o Partido Andalucista. Nas eleccións municipais de xuño, o Partido Andalucista obtivo 356.000 votos, 30 alcaldías e 545 concelleiros.

En outubro de 2000, celebrou o XII Congreso Nacional en Torremolinos, presentáronse tres correntes: a oficialista, a de Novo Andalucismo liderado por Julián Álvarez e Antonio Moreno, e a de Maioría polo Cambio liderada pola concelleira de Sevilla, María del Mar Calderón e apoiada por Pedro Pacheco. Durante o Congreso as dúas correntes renovadoras pretenderon alcanzar un acordo de consenso para presentar un candidato común e así poder cambiar a dirección do partido. Con todo, a existencia de tensións entre membros de Novo Andalucismo e Maioría polo cambio, impediron o acordo, Novo Andalucismo aliouse coa candidatura oficialista, dando a vitoria así de novo a Antonio Ortega que iniciou o proceso de expulsión dos membros de Maioría polo Cambio,o que deu lugar o Partido Socialista de Andalucía liderado por Pedro Pacheco.

No 2004 celebrouse o XIII Congreso Nacional, ademais da Candidatura do Secretario Xeral Antonio Ortega presentouse unha segunda candidatura liderada polo ex alcalde de Écija, Julián Álvarez, quen gañou producindo unha renovación do Partido Andalucista, o que provocou a marcha de membros históricos do partido.

Na actualidade (2015) o partido conta con 0 deputados no Parlamento de Andalucía e 470 concelleiros.

Alfredo Sánchez Monteseirín

Alfredo Sánchez Monteseirín, nado en La Rinconada o 25 de setembro de 1957, é un político español, alcalde socialista da cidade de Sevilla desde 1999 até 2011.

Naceu en 1957 en La Rinconada, unha cidade situada a poucos quilómetros da capital andaluza (Sevilla). Só viviu seis anos alí, xa que en 1963, seus pais múdanse a Sevilla. A familia instalouse preto de La Macarena.

Estudou nos Escolapios. Máis tarde realizou o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto “M. Montañés”, para terminar licenciándose en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla.

Practicou a medicina en diversos hospitais da cidade e a provincia. Tras completar a súa especialización en xestión hospitalaria e obter praza por oposición como médico inspector do Instituto Nacional da Seguridade Social (hoxe Servizo Andaluz de Saúde), ensina na Escola Universitaria de Traballo Social de Sevilla.

Alianza Libre Europea

A Alianza Libre Europea é unha agrupación de diversos partidos políticos en Europa que busca unha independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.

O grupo ten cinco membros no Parlamento Europeo (MEPs):

Jillian Evans, Plaid Cymru, Gales

Ian Hudghton, Partido Nacional Escocés, Escocia

Mikel Irujo Amezaga, Eusko Alkartasuna, País Vasco

Alyn Smith, Partido Nacional Escocés, Escocia

Tatjana Ždanoka, Unión Rusa Letón, LetoniaA MEP Ždanoka é unha afiliada individual ó grupo ALE no Parlamento Europeo. O seu partido non é membro de ALE. A Alianza Libre Europea está nun grupo cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes.

Coalición por Europa

Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.

Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 4 e o 7 de xuño de 2009, e celebráronse por primeira vez ao mesmo tempo nos 27 estados membros.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións municipais de España de 2011

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Lista de bandeiras de movementos nacionalistas e secesionistas de España

Esta é unha lista de bandeiras utilizadas por movementos rexionalistas, nacionalistas e secesionistas do Estado español.

Nacionalismo andaluz

O nacionalismo andaluz é un movemento político e social que defende o recoñecemento de Andalucía como unha nación dentro de Europa.

Os principais partidos políticos que representan o nacionalismo andaluz son o Partido Andalucista (PA), o Partido Socialista de Andalucía (PSA) e outros partidos máis minoritarios e independentistas como Nación Andaluza (NA) e Asemblea Nacional de Andalucía (ANA). Tamén cómpre nomear o Sindicato de Obreros del Campo (SOC), o Bloque Andaluz de Izquierdas (BAI) e ó grupo xuvenil Jaleo!!!.

Partido Socialista de Andalucía

O Partido Socialista de Andalucía (PSA), é un partido político nacionalista andaluz de esquerdas.

Constituíuse en 2001 pola unión do Izquierda Andaluza (unha escisión de Izquierda Unida), persoas independentes e unha escisión do Partido Andalucista. No Parlamento de Andalucía contaron con dous deputados até 2004, Ricardo Chamorro Rodríguez e Pedro Pacheco Herrera. Nas eleccións do 14 de marzo de 2004 obtiveron máis de 42.000 votos, pero ningún deputado.

O seu líder e Secretario Xeral Pedro Pacheco foi Alcalde de Xerez da Fronteira dende 1979 ata 2003. Dende entón é 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo.

Partido político europeo

Un partido político europeo (formalmente partido político a escala europea), é un tipo de organización política transnacional que opera a nivel da Unión Europea.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

Verónica Sánchez

Verónica Sánchez Calderón, nada en Sevilla o 1 de xullo de 1977, é unha actriz española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.