Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Galiza en parroquias
División de Galiza en parroquias (administrativas), concellos e provincias

Historia e características

O termo parroquia deriva do grego paroikía, que significa "habitación" ou "reunión de habitantes". Trocouse co tempo en paroecia e parochia.

Tamén eran chamadas parochia as primeiras dioceses, xeralmente con anterioridade ó século V, aínda que agora este termo se usa para os bispados.

Reino de Galicia Suevos
O reino suevo, amosando as distintas dioceses que o compuñan.

Unha das primeiras mencións as parroquias ven do tratado "Parochiale", tamén chamado "División de Teodomiro" (Divisio Theodemiri), firmado no ano 569 polo rei suevo Teodomiro. Neste tratado están comprendidas as dioceses tanto de Galicia coma do norte de Portugal, e di cal é o crego relacionado coa parroquia (inclúe parroquias maiores e menores).

Ó longo da historia apareceron textos que documentan as parroquias, como poden ser o testamento de Odoario (ano 760), o diploma de Aloito (ano 745).

Durante os séculos IX e XII as parroquias non aparecen como entidades tales, senón como vilas. Non será ata o século XIII cando aparezan definidas claramente.

Mediante a agrupación destas entidades parroquiais foron creados administrativamente os concellos en 1835. Aínda que xurdiron das parroquias eclesiásticas daquela, as parroquias administrativas actuais non coinciden con elas, nin os concellos cos arciprestados, pois por unha banda as eclesiásticas modificáronse (normalmente agregáronse no rural e subdividíronse no urbano), mentres que por outra as administrativas seguiron unha evolución independente.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A Illa

San Lourenzo da Illa é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense, e que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Entrimo e o de Lobios. No ano 2014 tiña 288 habitantes dos que 140 eran homes e 148 mulleres.

As aldeas de Olelas, A Illa, Lantemil e a despoboada Reloeira pertencen ao concello de Entrimo; e Quintela e a tamén despoboada Buscalque pertencen ao concello de Lobios.

A aldea de Olelas está dentro do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, e cómpre destacar tamén que de Olelas son orixinarias as vacas cachenas.

A Trepa

Santa María da Trepa é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós. En 2014 a súa poboación era de 214 habitantes, dos que 98 eran homes e 116 mulleres.

Dos tres lugares que compoñen a parroquia, as aldeas de San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante[Cómpre referencia] do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

As Chás

San Xoán das Chás é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado dos Milagres na diocese de Ourense, e que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Maceda na comarca de Allariz - Maceda e o de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2014 tiña 115 habitantes (55 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución de 83 habitantes en relación ao ano 2000.

As entidades do Alto do Rodicio, Barreiros, Bouzas, A Caseta e O Rodicio pertencen ao concello de Maceda; as de Cacharrequille, As Chás, Cordelle de Abaixo, Os Currás, A Laxe, O Medón, As Ratoeiras e Retorta ao concello de Montederramo.

Coucieiro

San Vicente de Coucieiro é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o de Baños de Molgas e o de Paderne de Allariz. No ano 2014 tiña 176 habitantes (83 homes e 93 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 4 habitantes con respecto a 2007.

Os lugares de Baamonde, A Costa, Coucieiro, O Covelo, O Moredo, A Neta, Ousende, Penelas e A Pousada pertencen ao concello de Paderne de Allariz; e o da Lamela ao concello de Baños de Molgas.

Covas (parroquia)

San Xoán de Covas é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas e o de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2014 tiña 63 habitantes (33 homes e 30 mulleres).

As aldeas de Abeledos, Cadaval, Casar do Mato, Casardansola, Covas, O Peredo, Vidalén, Vigueira de Arriba e A Villeta pertencen ao concello de Montederramo e as do Currelo e A Palela pertencen ao concello de Maceda.

Freixido

O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga, e que ten os seus terreos e as súas vivendas repartidas entre dous concellos, o de Petín e o de Larouco. Segundo o padrón municipal (datos do INE) en 2014 a parroquia tiña 140 habitantes (61 homes e 79 mulleres), 34 menos ca en 1999.

A Larouco pertencen os lugares da Caseta e Freixido, mentres que son de Petín as poboacións de Casasola e Freixido de Abaixo.

Fumaces e A Trepa

Santa María de Fumaces e A Trepa foi unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que tiña as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós.

Dos lugares que formaban a parroquia, as aldeas de Fumaces, San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

Fumaces e A Trepa (homónimos)

O topónimo Fumaces e A Trepa pode referirse a:

Fumaces e A Trepa, antiga parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense. Atópase dividida administrativamente en:Fumaces e A Trepa, parroquia do concello de Riós;

Fumaces e A Trepa, parroquia do concello de Vilardevós.

Gueral

San Martiño de Gueral é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Ourense-Norte na diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o da Peroxa e o de Coles. No ano 2014 tiña 76 habitantes , deles 36 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón un descenso de 28 habitantes con relación ao ano 2007.

As aldeas de Alemparte, O Conchouso, Corvelle, Gueral e Vilar de Corvelle pertencen ao concello da Peroxa; e a de Moure pertence ao concello de Coles.

Loña do Monte

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Nogueira de Ramuín e o de Esgos. No ano 2015 tiña 199 habitantes (91 homes e 108 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 91 habitantes en relación ao ano 2000.

As aldeas da Eirexa, Fondo de Vila, As Raposas, Requeixo, Souto e Vilouriz pertencen ao concello de Nogueira de Ramuín; e a de Gomariz ao concello de Esgos.

O Barón

San Fiz do Barón, ou San Fiz do Varón, é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado do Carballiño, na diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o do Carballiño e o de San Amaro. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 66 habitantes, deles 31 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.

Pertencen ao concello do Carballiño os lugares do Barón Pequeno, Bifós, Cabana, O Campo, Cima de Vila, Covela, Elfe, Fonteantiga, Lodeiro, Sarandín, Souto e A Veiga; e ao concello de San Amaro os de Cabana e Souto.

O Sisto

Santa María do Sisto é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Viveiro da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cuxo territorio se estende polos concellos de Ourol e Muras. No ano 2014 tiña 56 habitantes (49 en Ourol e 7 en Muras), dos cales 24 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2007.

Dos 20 lugares da parroquia, 17 están no concello de Ourol (Cabanas, Os Campos, O Cargadoiro, A Carreira, O Carrusco, Cebrán, A Cernada, O Coto da Rega, O Couce de Paredes, Lombao, Nogueira, O Pé da Veiga, As Pereiras, A Rega, Silvoso, O Sisto e O Vilariño) e 3 no concello de Muras (Os Casás, Muruás e Piocorto).

Parada da Serra

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o da Gudiña e o de Castrelo do Val. No ano 2015 tiña 71 habitantes (41 homes e 30 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha perda do 50% da súa poboación en relación ao ano 2000.

As aldeas de Parada da Serra e A Venda da Capela pertencen ao concello da Gudiña; e a de Veiga de Nostre ao concello de Castrelo do Val.

A parroquia ten paraxes propios do interior de Galicia modificados polo seu clima mediterráneo de montaña. O seu territorio está atravesado polo río Parada. Hai un muíño de auga fóra de servizo. Como unha grande parte da comarca e das aldeas dos arredores, sofre as consecuencias dunha forte inmigración cara ao estranxeiro e outros lugares de España.

Parroquia

Parroquia ou freguesía pódese referir á:

Parroquia é, na Igrexa católica e en moitas outras, o territorio que administra un párroco (ou cura párroco).

Para Galicia ver Parroquia eclesiástica galega

Parroquia ou freguesía é unha división administrativa que existe en numerosos países.

En Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello, ver Parroquias de Galicia

Parroquia rural de Asturias, entidade territorial inferior ao municipio no Principado de Asturias, ver parroquias rurais de Asturias

Tamén se chama parroquia ao conxunto de parroquianos ou clientes habituais dunha tenda ou outro establecemento público (café, bar, taberna).

Parroquia eclesiástica

A parroquia —do latín eclesiástico parochĭa, e este do grego antigo παροικία paroikía, 'habitar cerca'— é unha división territorial das igrexas cristiás.

En particular, a parroquia encóntrase nas Igrexas Católica, Ortodoxa, Anglicana (Igrexa de Inglaterra), de Escocia, de Suecia, Metodista Unida e Presbiterianas.

O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.

Penosiños

San Salvador de Peñosiños é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Celanova, da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Ramirás e o de Gomesende. No ano 2015 tiña 249 habitantes, dos que 110 eran homes e 139 eran mulleres.

As aldeas de Calvos, Carraguedo, Fonte Branca, Marnotos, A Moreira, Proente, Pumar Vello, As Regas, O Reguengo, Silvaescura, O Tellado, A Veiga e Vilanova pertencen ao concello de Ramirás; a de Fontebranca ao concello de Gomesende.

Portomourisco

San Vítor de Portomourisco é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Rúa da diocese de Astorga. Os seus terreos e vivendas están repartidos entre dous concellos, o de Larouco e o de Petín, e ten unicamente dúas entidades de poboación, aínda que oficialmente constan tres: Portomourisco e A Portela de Portomourisco, este último formado polos lugares homónimos dos concellos de Larouco, A Portela de Portomourisco (Larouco) e Petín, A Portela de Portomourisco (Petín).

Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 137 habitantes, deles 72 homes e 65 mulleres, e dos que 119 estaban censados en Petín e 18 en Larouco. A poboación diminuíu, pois no censo de 1999 tiñan 182 habitantes (22 en Larouco e 160 en Petín).

Situada ao pé do curso fluvial do río Xares, que realiza un acusado meandro nos arredores do núcleo. O río atravésao unha ponte, construída no século XVIII, que se acompaña dunha pequena ermida ao carón.

San Martiño de Grou

San Martiño de Grou é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense e que ten as súas terras e os seus dous lugares repartidos entre os concellos de Lobeira e Lobios. No ano 2015 tiña 29 habitantes dos cales 17 eran homes e 12 mulleres, o que supón un descenso con respecto ao ano 2007, cando tiña 40 habitantes.

O lugar de Cabaleiros pertence ao concello de Lobeira e o do Valoiro pertence ao concello de Lobios. Nótese que limítrofes son as parroquias de Santa Cruz de Grou, Lobeira e Grou, Lobios

San Vitoiro da Mezquita

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Allariz da diocese de Ourense. A maior parte do seu territorio pertence ao concello de Allariz, sete dos oito lugares que a compoñen están neste concello: Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro e As Tabernas; mentres que só un lugar, Celeiros, pertence ao concello da Merca, que na realidade forma un único núcleo co lugar homónimo de Allariz.

Divisións territoriais católicas
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.