Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Parroquias de Galicia
Mapa de parroquias de Galicia coa súa densidade de poboación.
A Illa, Lobios

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Lobios, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, só unha deles habitable.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os catro lugares da parroquia homónima do concello de Entrimo.

Aeroporto da Madeira

O Aeroporto da Madeira (IATA: FNC, ICAO: LPMA), informalmente tamén coñecido como Aeroporto de Funchal, é un aeroporto internacional na parroquia civil de Santa Cruz, no arquipélago portugués de Madeira. O aeroporto está situado a 13,2 km ao leste-nordés da capital da rexión, Funchal. Opera principalmente voos a destinos metropolitanos europeos debido á importancia de Madeira como destino de ocio. É o curto aeroporto máis concorrido de Portugal.

O aeroporto está considerado un dos máis peculiares e perigosos do mundo debido á súa localización e a espectacular construción da súa pista. O progama da canle History Channel Most Extreme Airports situouno no posto 9 entre os aeroportos máis perigosos do mundo, e o terceiro en Europa despois do Aeroporto de Xibraltar e o Altiporto de Courchevel.

Arra, Sanxenxo

San Amaro de Arra é unha parroquia civil do concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 417 habitantes (207 mulleres e 210 homes), 39 máis ca en 2009 e 82 máis ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Como parroquia eclesiástica está incluída na de Santa María de Adina. Quizais por esta razón non se recolle na páxina web do concello de Sanxenxo.

Linfa ó norte e ó oeste coa parroquia de Noalla, ó sur co océano Atlántico e ó este coa parroquia da Adina.

As Chás, Maceda

San Xoán das Chás é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica das Chás que está formada polos 5 lugares desta parroquia civil, máis os 8 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

As Chás, Montederramo

San Xoán das Chás é unha parroquia do concello de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 67 habitantes (36 mulleres e 31 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica das Chás que está formada polos 8 lugares desta parroquia civil, máis os 5 lugares da parroquia homónima do concello de Maceda.

Coucieiro, Baños de Molgas

San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Baños de Molgas na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 habitantes (5 mulleres e 6 homes) distribuídos nunha única entidade de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polo único lugar desta parroquia civil (A Lamela), máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Paderne de Allariz.

Covas, Maceda

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres) nunha das dúas entidades de poboación que compoñen a parroquia, estando a outra despoboada.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

Covas, Montederramo

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 59 habitantes (27 mulleres e 32 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 9 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Maceda.

Córgomo, Vilamartín de Valdeorras

Santa Comba de Córgomo é unha parroquia civil que se localiza no leste do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 204 habitantes (114 homes e 90 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación. En 2004 tiña 288 habitantes (145 homes e 143 mulleres), 13 máis ca en 1999.

Desta parroquia é natural o escritor galego Florencio Delgado Gurriarán.

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Fumaces e A Trepa, Vilardevós

Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres) distribuídos nunha única entidade de poboación.

Formaba parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polo lugar desta parroquia civil, máis os tres lugares da parroquia homónima do concello de Riós. Desde 1951 pertence á parroquia eclesiástica da Trepa, resultado da división da anterior parroquia eclesiástica en dúas.

Lavadores, Vigo

Santa Cristina de Lavadores é unha parroquia civil do concello de Vigo.

Entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán e San Paio. En 1941 o Concello foi anexionado ao Concello de Vigo.

Segundo o traballo do filólogo Iván Sestay Martínez, Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores, a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou aldeas.

No ámbito eclesiástico, as parroquias relixiosas de Santiago de Bembribe, Santa Mariña de Cabral, San Cristovo de Candeán, San Paio de Lavadores, Santa Cristina de Lavadores, San Pedro de Sárdoma, Santa Clara de Vigo, Santa Lucía de Vigo e Santa Teresa de Xesús de Vigo pertencen ao Arciprestado de Vigo-Lavadores.

O Barón, O Carballiño

San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Carballiño na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 12 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de San Amaro.

O Sisto, Ourol

Santa María do Sisto é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ourol. Segundo o IGE en 2014 tiña 49 habitantes (28 mulleres e 21 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Sisto que está formada polos 17 lugares desta parroquia civil, máis os 3 lugares da parroquia homónima do concello de Muras.

Rebordondo, Cualedro

San Martiño de Rebordondo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cualedro. Segundo o IGE en 2015 tiña 218 habitantes (113 homes e 105 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación, Rebordondo e Pena Verde.

Os dous lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Paradiña (Rebordondo, Monterrei), forman a parroquia eclesiástica de Rebordondo do arciprestado da Limia da diocese de Ourense.

San Vitoiro da Mezquita, Allariz

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres) distribuídos en sete entidades de poboación.

Os sete lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Celeiros (San Vitoiro da Mezquita, A Merca), forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

Santa María de Lurdes, Curtis

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km².

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes, a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Silverstone

Silverstone é unha vila e parroquia civil en Northamptonshire, Inglaterra. Está a 6´4 km. de Towcester pola A43 a antiga estrada principal, e a 16 km. pola autoestrada M1. A A43 circunvala a vila polo sur-este, entre o pobo e o circuíto de carreiras.

Tintagel

Tre war Venydh (en córnico, Tintagel en inglés, Dintagell na pronuncia córnica e orixinalmente Trevena) é unha parroquia civil e unha vila situada na costa atlántica de Cornualles no Reino Unido. Segundo o censo de 2001, a parroquia tiña unha poboación de 1 820 habitantes e unha superficie de 17,32 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.