Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente.[1][2] Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Fragas do Eume
Regato nas Fragas do Eume.

Lista de parques

Os parques naturais galegos comezáronse a declarar a partir de 1978, co monte Aloia, e reguláronse cunha figura propia e conxunta en 2016. En 2019, Galicia contaba con seis parques naturais[3]:

Nome Data de declaración Superficie (ha.)
Baixa Limia - Serra do Xurés 11 de marzo de 1993[4] 20.920
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán 5 de xuño de 1992[5] 996,25
Fragas do Eume 11 de agosto de 1997[6] 9.125,65
O Invernadeiro 5 de xuño de 1997[7] 5.722
Monte Aloia 4 de decembro de 1978[8] 746,29
Serra da Enciña da Lastra 3 de maio de 2002[9] 3.151,67

As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas, a canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque Nacional das Illas Atlánticas.[3][10] Aínda que o declarase o goberno central, e ao igual que os demais parques naturais, compételle xestionar este parque á comunidade autónoma galega.[2]

Propostas

Os seguintes espazos naturais galegos ou ben foron avaliados nalgún momento como posibles candidatos a declarar como parques naturais ou ben algunhas entidades ou grupos teñen reivindicaron a súa declaración:

Notas

  1. Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03.
  2. 2,0 2,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.
  3. 3,0 3,1 (Dirección Técnica) Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz, Belén Bris Marino (Redacción) Pablo Ramil Rego, Rafael Crecente Maseda, Javier Ferreiro da Costa, Boris Alejandro Hinojo Sánchez, Belén de Nóvoa Fernández, Marco Antonio Rubinos Román, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, Juan Picos Martín, Xana Álvarez Bermúdez, Víctor Estévez González, Enrique Urcola Fernández-Miranda, Patricio Aguilar Cavanillas, Lucía Martínez de la Fuente (Xuño de 2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, Documento de síntese (PDF). Santiago de Compostela. p. 253. Consultado o 17/09/2017.
  4. Xunta de Galicia (eds.). "Baixa Limia-Serra do Xurés".
  5. Xunta de Galicia (eds.). "Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán".
  6. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Fragas do Eume".
  7. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural O Invernadeiro".
  8. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Monte Aloia".
  9. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Serra da Enciña da Lastra".
  10. Norma RD 2497/1980 publicada no BOE/DOGa 15/11/1980
  11. Gallego. El Correo Gallego, eds. "Os Ancares y Courel aspiran a ser parques naturales". Consultado o 16/09/2017.
  12. Gallego, El Correo Gallego. "Os Ancares y O Courel, más cerca de convertirse en parques naturales". Consultado o 16/09/2017.
  13. "«Es fundamental declarar Os Ancares y O Courel parque natural»". La Voz de Galicia. 16/09/2017. Consultado o 2017-09-16.
  14. "Asociación Monte Pindo Parque Natural: A UDC adhírese á loita polo Parque Natural". 20/10/2015. Consultado o 17/09/2017.
  15. "Galicia vístese de verde para reivindicar o monte Pindo". 17/10/201. Consultado o 16/09/2017.
  16. "Reacciones encontradas ante el futuro incierto del parque natural de O Courel". La Voz de Galicia. 2013-04-27. Consultado o 2017-09-16.
  17. ""O Parque Natural contribuíu a paliar o abandono do rural e o despoboamento en Rubiá"". Praza Pública. Consultado o 2017-09-16.
  18. Gallego, Grupo El Correo. "O Courel parque natural, la asignatura pendiente para la montaña lucense". Consultado o 2017-09-16.
Baixa Limia - Serra do Xurés

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural e zona especial de conservación (ZEC) que abrangue tres concellos galegos denominado como tal en 1993, con 20 920 hectáreas e que en maio de 2009 foi declarado conxuntamente co parque limítrofe portugués Reserva da Biosfera pola UNESCO . Está situado no Sur da provincia de Ourense, e estende a súa zona de actuación ás montañas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños, ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Trátase dunha zona de montaña, na que o material xeolóxico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os circos glaciares situados a menor altitude da Península.

Begues

Begues é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado a uns 400 metros de altitude e a 30 km ao suroeste de Barcelona.

É o concello máis grande do Baix Llobregat e a maior parte da súa superficie pertence ao Parque Natural do Garraf. Tiña en 2017 unha poboación de 6.830 habitantes.

Casu

Casu (en castelán: Caso) é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 1.704 habitantes.

Limita ao norte con Piloña, ao oeste con Aller e Sobrescobio, ao leste con Ponga e ao sur coa provincia de León. Forma parte, practicamente na súa totalidade, do Parque Natural de Redes. Nel nace o río Nalón.

Está formado polas parroquias de Bueres, Caliao, El Campu, Coballes, La Felguerina, Orllé, Sobrecastiellu, Tañes, Tarna e El Tozu. A capital do concello é El Campu.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha. Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.

Corrubedo, Ribeira

Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.

Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.

Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.

Doñana

Doñana é un espazo natural protexido español situado en Andalucía, entre as provincias de Cádiz, Huelva e Sevilla, que conta con 108.086 ha (54.251 ha no Parque Nacional, e 53.835 ten no Parque Natural). Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997), e a súa grande extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200.000 individuos.

Debido á súa privilexiada situación xeográfica entre dous continentes e a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e do Mediterráneo, o Estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas. Aquí repousan aves acuáticas de toda Europa Occidental, localizándose infinidade de especies nas marismas e arredores procedentes de África e Europa.

Con diferentes institucións científicas no seu interior que velan por un desenvolvemento axeitado das bisbarras limítrofes e a conservación dalgunhas especies moi delicadas que habitan nel, considérase a maior reserva ecolóxica de Europa. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994. No ano 2006 o parque recibiu 376.287 visitas.

O seu nome provén segundo algúns do de Dona Ana de Silva e Mendoza, esposa do VII Duque de Medina-Sidonia. Segundo outros de Ana Mallarte, casada con Sancho de Herrera, arrendatario dos pastos da parte de El Palacio en 1545.

El Papiol

El Papiol é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Tiña en 2017 unha poboación de 4.102 habitantes.

Atópase entre os últimos contrafortes da serra de Collserola, o río Llobregat e a riera de Rubí. A maior parte do seu termo é accidentado, co punto máis alto no Puig Madrona (336 m) e unha boa parte está dentro do Parque Natural de Collserola.

Formouse sobre un outeiro arredor dun castelo, que está documentado dende 1115. En 1315 a poboación crecera o suficiente como para que a parroquia fora trasladada dende a ermida de La Salut ata a localidade. Tradicionalmente foi un pequeno núcleo agrícola e industrial pero actualmente é un núcleo eminentemente residencial.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Monte Aloia

O monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978 e como zona especial de conservación (ZEC). Está situado no concello pontevedrés de Tui e ten unha extensión de 746 hectáreas. A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

Montseny

Montseny é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental, en Cataluña. Está situado en pleno Parque Natural do Montseny.

Pau, Xirona

Pau é un concello do nordés de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Tiña en 2014 unha poboación de 569 habitantes agrupados nas entidades de Pau, els Olivars e Vilaüt.

Esténdese xunto á cunca do río Muga, pola vertente meridional da serra de Rodes. A parte máis accidentada inclúese no Parque Natural do Cap de Creus. A parte chaira pertence ao Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà.

Os cultivos principais son de oliveiras e de viña. Atópase dentro da Denominación de Orixe Empordà.

Os monumentos megalíticos que se conservan na zona dolmética da serra de Rodes demostran que a súa historia remóntase a moitos miles de anos atrás. O termo pertenceu ao mosteiro de Sant Pere de Rodes durante a Idade Media. Entre os seus monumentos destacan a igrexa románica de Sant Martí (s.XI-XII) e Cal Marqués (s.XVII-XVIII).

Pineda de Mar

Pineda de Mar é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Pineda de Mar está situado entre os municipios de Calella e Tordera ao oeste, Santa Susanna ao nordés e o Mar Mediterráneo ao sur. O 10% do termo municipal forma parte do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.

Provincia de Cádiz

A provincia de Cádiz está situada ao sur de España, na comunidade autónoma de Andalucía. Posúe un dos climas máis benignos da Península Ibérica durante boa parte do ano.

Provincia de Málaga

A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda con as provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte con as provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.

Ata 1995 a provincia incluía Melilla.

Provincia de Xaén

A provincia de Xaén (en castelán: Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Serra da Enciña da Lastra

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m.

O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais.Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego.

Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.