Parque Nacional de Monfragüe

O Parque Nacional de Monfragüe é un dos parques nacionais de España. Atópase na provincia de Cáceres, e é o primeiro parque nacional de Estremadura. Cruzan o parque dous ríos o Texo e o Tiétar. Inicialmente foi declarado Parque Natural o 4 de abril de 1979.

Localización

Monfragüe sitúase no suroeste da península ibérica, e pertence na súa totalidade á provincia de Cáceres. A súa superficie esténdese polos municipios de Casas de Miravete, Jaraicejo, Malpartida de Plasencia, Serradilla, Serrejón, Toril e Torrejón el Rubio.

Figuras de protección

Salto del Gitano, Parque Nacional de Monfragüe
Imaxe do parque nacional.

O 4 de abril de 1979 foi declarado Parque Natural. No 1988 declarouse ZEPA e en xullo de 2003 a UNESCO recoñeceu Monfragüe como reserva da Biosfera.

A pesar de que durante a década de 1990 houbo iniciativas para engadir a Monfragüe na Rede de Parques Nacionais de España en representación do ecosistema do bosque mediterráneo, finalmente foi o de Cabañeros e non o de Monfragüe o espazo natural elixido para a inclusión na rede. Monfragüe tería que agardar a xaneiro de 2006, cando a Junta de Extremadura propón ó Goberno de España a declaración de Monfragüe como Parque Nacional. En maio dese mesmo ano, o Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Medio Ambiente, remitiuna ás Cortes, onde recibiu a aprobación e en decembro comezaron os trámites parlamentarios.

En febreiro de 2007 o Senado de España aprobou a lei que o integra na Rede de Parques Nacionais de España (RPNE) e en marzo de 2007 publicouse no BOE a lei que declaraba Monfragüe parque nacional.

Características

O nome provén do nome dado polos romanos mons fragorum (monte denso). Nunha pequena ermida, ó carón do castelo, gárdase a talla da Virxe de Monfragüe, dos séculos XVII-XVIII, imaxe traída dende Palestina polos cabaleiros da Orde de Santiago.

Predominan tres hábitats principais: o bosque mediterráneo, as devesas e rochedos e as masas de auga (ríos e encoros)

Fauna

No Parque crían máis de 200 especies de vertebrados, outras moitas invernan ou poden verse de paso durante a migración a outras latitudes. As aves son o grupo de vertebrados con maior abundancia de especies e individuos.[1]

Aves

Voitre negro (Aegypius monachus) —con 286 parellas—, aguia imperial (Aquila adalberti) —con 12 parellas—, cegoña negra (Ciconia nigra) —con 30 parellas—, voitre leonado (Gyps fulvus) —con 500-600 parellas—, búfo real (Bubo bubo), aguia imperial ibérica (Aquila adalberti), aguia real (Aquila chrysaetos) –con 6 parellas–, aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus) —con 7 parellas—, voitre branco (Neophron percnopterus) —con 35 parellas—.

Mamíferos

Entre os carnívoros atópanse a lontra, a mangosta exipcia, a garduña, o gato bravo, o teixugo, a xeneta e o máis abundante de todos eles, o raposo. Abundan os cervos, xabaríns e coellos. Outros mamíferos moito máis discretos son o leirón careto ou os morcegos mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale, R. ferrumequinum e R. mehelyi).

Peixes

Luciobarbus comizo, Squalius pyrenaicus, Cyprinus carpio.

Réptiles

Cobra rateira, cobra de ferradura, sapoconcho riscado, lagarto arnal.

Anfibios

Pleurodeles waltl, Hyla meridionalis, píntega común, sapo corredor, Alytes cisternasii, tritón común.

Vexetación

Notas

  1. "Parque Nacional de Monfragüe. Fauna". Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cuarcita armoricana

A cuarcita armoricana (denominada tamén como cuarcita ordovícica) é unha formación xeolóxica composta por cuarcitas e cuarzoarenitas con cemento silícico, que se formou no ordovícico inferior.

É unha formación rochosa moi típica dos macizos, como no macizo Ibérico (nas zonas Asturoccidental-Leonesa, Cantábrica, Centroibérica e Ossa-Morena) e no macizo Armoricano, que é o que lle dá o nome, xa que este procede das descricións realizadas neste macizo situado na antiga Armórica, rexión xeolóxica da Bretaña.

Río Texo

O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o maior río da Península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Tectónica

A tectónica é a rama da xeoloxía que estuda as estruturas xeolóxicas producidas pola deformación da codia terrestre, as estruturas que as rochas adquiren despois de se formar e os procesos que as orixinan.O termo é a adaptación do latín científico tectŏnicus, -a, um, derivado do grego antigo τεκτονικός tektŏnikós, "referente á construción", "referido ao edificio"; e este de τέκτων téktōn (xenitivo τέκτονος téktonos), "construtor", "carpinteiro", "canteiro", "mestre en calquera arte". No sentido xeolóxico de "referente á estrutura da codia terrestre" rexistrouse por primeira vez en 1887.

Trujillo, Cáceres

Trujillo é unha cidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Atópase nun estratéxico nó de comunicacións dentro da rexión. Está a 47 km de Cáceres pola A-58, a uns 60 quilómetros do Parque Nacional de Monfragüe, a uns 90 km de Plasencia e a uns 80 km de Guadalupe. Pola A-5 (Autovía do Suroeste) comunica con Badaxoz a 149 km, con Mérida a 80 km, con Navalmoral de la Mata a 70 km e con Madrid, a tan só 250 km.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.