Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas[1].

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos[2].

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Coordenadas: 42°22′50″N 8°56′00″O / 42.3806, -8.93333

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza
Islas Cíes vistas desde Monte Ferro
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1 de xullo de 2002
Superficie: 1.200 ha terrestres e 7.200 marítimas
Lexislación: Lei 15/2002
Datos de interese
País: Galiza Galiza
Provincias: Provincia de Pontevedra
Provincia da Coruña
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese: R/ Palma, 4. Casco Antigo. Vigo Pontevedra
Teléfonos: 886218090

Arquipélagos e illas integrantes

Parque natural das illas do Atlantico
Extensión do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Isla de Ons NWW

Arquipélago de Ons

Tursiops truncatus 01

O arroaz é o mamífero mariño máis abondoso nas augas do arquipélago

Hydrobates pelagicus

Na illa atópase unha das colonias galegas existentes de paíño europeo

Alpenkrähe-Pyrrhocorax

A choia biquivermella atopa nas zonas rochosas do arquipélago un dos seus últimos redutos en Galiza

42862-cies

Vista das Illas Cíes dende a Costa da Vela, Cangas

Phalacrocorax aristotelis 02

O arquipélago ten a maior colonia de corvo mariño cristado de Europa (25% da poboación mundial)

Larus portrait

Con 22.000 parellas, nas illas Cíes atópase a maior colonia mundial de gaivota patiamarela

Corema album berries

Nos areais das Cíes atópase a maior poboación galega de camariña, case extinta na actualidade

Alloro Siepe010010001

Na illa atópase o maior bosque de loureiro da península Ibérica e un dos maiores de Europa

Numenius phaeopus1

Mazarico chiador. A illa destaca pola súa riqueza en aves limícolas

  • Illa de Sálvora: a Illa de Sálvora atópase na boca da entrada da ría de Arousa, separada da terra firme por unha distancia duns 3 km polo norte. Sálvora pertence ao concello de Ribeira (provincia da Coruña). Posúe unha extensión de preto de 190 Ha, e ten unha altitude máxima de 71 metros. Case todo o perímetro da illa é zona rochosa, agás tres pequenas praias de area milla e branca.
Larus fuscus

A gaivota escura ten a súa maior colonia galega na Illa de Sálvora

Salvora e Aguiño

Vista de Sálvora dende a parroquia de Aguiño, Ribeira

Arquipélagos e illas aspirantes

Á parte das illas que pertencen ao conxunto do parque nacional, existen outras illas que se atopan en proceso ou aspiran a integralo.

  • Illa de Tambo: Atópase no medio da Ría de Pontevedra, xa na súa parte final, fronte á vila de Marín aínda que pertence ao concello de Poio. Ten unha superficie de 28 hectáreas e alcanza os 80 metros de altitude. A illa ten unha forma ovalada e ten unha típica forma piramidal completamente cuberta de árbores, especialmente eucaliptos. Polo sur ten unha pequena península que semella case unha illa vista dende terra e que conta cun vello faro. Tambo conta con dúas praias unidas na parte norte da illa e con tres pequenos embarcadoiros. O principal problema para a inclusión da illa no parque nacional é a relativa sucidade das augas no interior da ría producida, principalmente. pola fábrica de celulosas de Marín. A isto hai que engadir a ocupación militar que a illa tivo dende fai décadas ata a súa recente desocupación.
  • Illas Sisargas: Estas illas pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños e do mesmo xeito que Tambo a súa adhesión ao parque nacional depende principalmente da compra por parte do Goberno ou da Xunta de Galiza aos seus donos e facela, así, pública. A diferenza de todas as demais illas estas atópanse fóra das Rías Baixas, na zona da Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes. As illas son na súa maioría de natureza rochosa, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos cantís. Con todo, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadoiro e unha pequena praia no sur. O primeiro faro do arquipélago foi construído en 1853 e na antigüidade dise que houbo algún tipo de fortificación relixiosa derruída polo tempo e polos ataques normandos á illa. A riqueza ornitolóxica das illas queda patente nas numerosas colonias de aves endémicas destas paraxes ou que están en perigo de extinción como a gaivota escura, o arao dos cons ou a gaivota tridáctila.

Fauna

A importancia avifaunística está claramente determinada polas importantes poboacións de aves mariñas que usan todos os arquipélagos, ben como zonas de cría, ben como pousadoiros ou áreas de alimentación durante o inverno ou os pasos migratorios. As illas oceánicas albergan as maiores colonias de cría da gaivota patiamarela (Larus michahellis) que supera as 31.000 parellas, o que representa máis do 10% da poboación total e o núcleo máis importante do mundo. Así mesmo, os efectivos do corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) poden roldar as 2.000 parellas, cantidade que supón un 70% da poboación ibérica e sitúa estas illas entre os principais núcleos da especie en Europa. De menor magnitude, pero de grande interese por tratarse de aves de distribución moi localizada en España, son as poboacións de gaivota escura (Larus fuscus) (60-70 parellas) e de paíño pequeno (Hydrobates pelagicus) (mínimo de 19 parellas). Entre as aves mariñas que non aniñan destaca o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) endemismo en perigo crítico de extinción, que utiliza as augas do parque nacional como área regular de parada migratoria en cantidades importantes (ata máis de 1.000 exemplares en ocasións), así como o arao dos cons (Uria aalge) especie que, aínda que extinguida localmente por non aniñar desde o 1988, forma concentracións durante a invernada e a migración. O corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) utiliza principalmente as illas como lugares para durmir, e albergan unha gran parte das aves que se alimentan de día nas rías (1.500-2.000 exemplares).

A avifauna non mariña de cantil é moi interesante e lles confire unha importancia de conservación ás illas de carácter oceánico no humanizado contorno das Rías Baixas, malia que os efectivos de todas as especies son escasos e varias delas se atopan xa en situación crítica. Entre elas destacan o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3-5 parellas), a pomba das rochas (Columba livia), o andoriñón real (Apus melba) (25-30 parellas), a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax), a gralla pequena (Corvus monedula) e o corvo grande (Corvus corax).

Problemática ambiental

O Parque nacional afronta diversos problemas que afectan á protección dos seus valores naturais e culturais.Por un lado citar as diferentes especies exóticas que viven tanto nos fondos mariños coma na superficie terrestre. Así nas Illas Cíes podemos citar as seguintes especies[2]:

namentres que na superficie pódense citar[5]:

Ademais sinalar a importancia do turismo de sol e praia, frecuente nos areais das illas, cos problemas medioambientais derivados.

Notas

  1. http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/org_auto/visitas/generalidades.htm Arquivado 13 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Datos de visitas aos parques nacionais (2002-2007)
  2. 2,0 2,1 Piñeiro, Cristina (Agosto 2014). "Islas Cíes: Paisaje submarino". Quercus (342).
  3. Top 10 beaches of the world | Travel | guardian.co.uk
  4. http://www.galeon.com/arousa/contido.htm O maior bosque de loureiros de Europa
  5. Velo-Antón G. e Cordero Rivera A. (Xullo 2015). "Salamandra común: poblaciones insulares en Galicia". Quercus (353).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Centro de Visitantes Cambón

O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica. A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Cíes

As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e, polas importantes colonias de aves mariñas, contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves da Rede Natura 2000.

Donón, O Hío, Cangas

Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Existe a polémica de se facer aldea do Parque Natural e engadila ao Parque nacional das Illas Atlánticas. Os veciños están en contra debido á problemática que existe xa que non se permitiría a construción nin arranxo de vivendas ou parcelas; tanto de camiños como de rúas.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O Parque nacional das Illas Atlánticas converteuse o 13 de xuño do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa de Cortegada

A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.

É case unha illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.

Illa de Noro

A Illa de Noro (Illa de Ñoro) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao leste da

Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. É unha mole de 4 hectáreas de superficie conformada por bolos graníticos que se elevan ata os 42 metros de altitude, polo que a illa ten unha destacada forma de peñón resquebraxado. A parte sur é chaira e cuberta de pradería, e na norte álzase o peñón. É lugar de nidificación tanto de aves mariñas como terrestres. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illa de Ons

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.

Ons conforma, xunto coas Cíes, Sálvora e Cortegada, o primeiro Parque Nacional de Galiza. Cabe destacar a súa arquitectura popular mariñeira e a súa gastronomía.[Cómpre referencia]

Illa de Onza

A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Illas Briñas

As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é a Briña (4 hectáreas), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.

Illas Malveiras

As Illas Malveiras son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Pertencen ó concello de Vilagarcía de Arousa.

Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos (Ulex europaeus), fentos, figueiras bravas e loureiros) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de ladrillo. A Malveira Pequena é máis baixa e pedregosa que a anterior, e nela só medra o toxo.

Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía .

Illas Ons

Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba. Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe. As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marexada, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas. Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Parque

Un parque é ou ben unha área natural, semi-natural ou unha plantación que se emprega para lecer e xogo de persoas ou ben unha área de protección da vida salvaxe ou hábitats.

Os parques como os parques urbanos ou xardíns urbanos son espazos verdes para a o lecer e que se atopan dentro de cidades, urbanizacións ou outros puntos de interese similares.

Outros parques destínanse á protección de grandes áreas naturais conservadas ou con certo interese de conservacións. Tanto poden ser espazos de gran tamaño, onde abundan especies ou ecosistemas de interese de conservación ou protección, como pequenas áreas cun interese paisaxístico, xeolóxico ou de conservación biolóxica. Algunhas destes parques puideron ser declarado polos estados como áreas e interese e protexidas, ben sexan terreos públicos ou privados.Exemplos de parque ou xardíns urbanos galego son a Alameda de Santiago de Compostela o lucense Parque de Rosalía de Castro, e o dun parque nacional galego declarado como lugar protexido é o das Illas Atlánticas.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.