Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director[1]. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte
Concellos do PAMCM en laranxa:
a sede (en Dombate, Cabana de Bergantiños), en amarelo;
a maior concentración, Vimianzo, en vermello
Dombate frontal 2013
Dolmen de Dombate.
Dolmen de Dombate - Cabana de Bergantiños - A Coruña (excavacións 2009)
O dolmen de Dombate en 2009.

Monumentos integrantes

Xacemento Parroquia Concello Imaxe
Pedra Moura de Aldemunde Aldemunde Carballo
Carballo, Aldemunde, Pedra Moura 01-03a
Fornela dos Mouros Nande Laxe
Dolmen da Fornela dos Mouros
Pedra da Arca ou dolmen de Cerqueda Cerqueda Malpica de Bergantiños
Pedra da Arca Cerqueda 01
Mina da Parxubeira Eirón Mazaricos
Parxubeira
Arca do Rabós Baíñas Vimianzo
Arquiña de Vilaseco Castrelo Vimianzo
Casota de Freáns Berdoias Vimianzo
Casota de Freáns (II)
Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo Treos Vimianzo
Dolmen de Pedra Cuberta Treos Vimianzo
Dolmen Pedra Cuberta
Dolmen de Pedra da Lebre Serramo Vimianzo
Dolmen Pedra da lebre
Mina de Recesindes Carantoña Vimianzo
Pedra da Arca ou Casa das Mouras Baíñas / Olveira Vimianzo / Dumbría
Dolmen da Pedra da Arca, Olveira, Dumbría
Arca da Piosa Baíñas / Santa Sía de Roma Vimianzo / Zas
Arca da Piosa
Pedra Vixía Lamas Zas

Historia

Notas

  1. Gran Coruña, La Opinión de A Coruña. "35 condiciones para revivir megalitos - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-28.
  2. "El Consello de la Xunta aprueba el plan del Parque Arqueolóxico do Megalitismo" (en castelán). 2016-02-06. Consultado o 2016-08-27.
  3. culturagalega.org (2007-10-23). "Cultura mercará quince dolmens da Costa da Morte para o Parque do Megalitismo. Cómpranse megálitos" (en castelán). Consultado o 2016-08-28.
  4. Galicia, Xunta de (2011-07-12). "O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de impacto ambiental do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte". Xunta de Galicia. Consultado o 2016-08-27.
  5. Que pasa na Costa, Galicia Confidencial. "O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de abandono". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-08-27.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arca do Rabós

A Arca do Rabós é un monumento megalítico situado nas proximidades da aldea de Rabós da parroquia de Baíñas, no concello de Vimianzo. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Arquiña de Vilaseco

A Arquiña de Vilaseco é un monumento megalítico situado nas proximidades do lugar de Vilaseco da parroquia de Castrelo, no concello de Vimianzo. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Dolmen de Pedra Moura

O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Fornela dos Mouros

A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mina de Recesindes

A Mina de Recesindes é parte dunha necrópole máis ampla: un campo de mámoas que se estende entre as parroquias de Carantoña e a de Calo, no concello de Vimianzo e ao sur da Pena Forcada. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Pedra Vixía

A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico

A Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico é un proxecto da Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nacido en 2001 co obxectivo de crear catro grandes centros de referencia nas catro provincias galegas para pór en valor e dotar de recursos científicos, didácticos e turísticos os diferentes espazos arqueolóxicos espallados por todo o territorio.

Dentro deste proxecto, están a crearse os seguintes centros, un en cada unha das provincias:

En Pontevedra, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, localizado en Campo Lameiro e dirixido á conservación e divulgación da arte rupestre. Este centro foi inaugurado o 6 de xullo de 2011.

En Ourense, no Castro de San Cibrao de Las, entre San Amaro e Punxín, outro centro dirixido ó mundo castrexo.

En Lugo, un centro sobre o mundo galaico-romano.

Na Coruña, Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, centro de interpretación do megalitismo que se construirá ó redor do dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños [1][Ligazón morta].En tódolos casos preténdese construír un centro de interpretación dotado coa infraestrutura necesaria para focaliza-la investigación relacionada con cada momento histórico, pero sen esquece-los aspectos didácticos e turísticos destas instalacións.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.