Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Parlamento de Galicia
X Lexislatura
Parlamento de Galicia
Datos xerais
Ámbito Galicia
Creación1981
TipoParlamento autonómico (unicameral)
LímiteLexislatura de 4 anos
Liderado
PresidenteMiguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
desde o 21 de outubro de 2016[1]
Vicepresidente PrimeiroDiego Calvo Pouso (PPdeG)
desde o 21 de outubro de 2016
Líder da maioríaAlberto Núñez Feijóo (PPdeG)
desde o 2016
Líder da oposiciónXoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG)
desde o 2019
Composición
Membros75 deputados
Parlamento Gallego 2016
Grupos representados     PPdeG     PSdeG-PSOE     Galicia en Común     BNG     Mixto
Salario4.800 /mes[2]
Título Primeiro, Capítulo Primeiro do Estatuto de Autonomía de Galicia
Eleccións
Sistema electoralRepresentación proporcional por listas
Última elección25 de setembro de 2016
Sede(s)
Hemiciclo da cámara (Pazo do Hórreo, Santiago de Compostela)
Sitio web
www.parlamento.gal
Cronoloxía

IX Lexislatura

XI Lexislatura

Funcións

  • Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
  • Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
  • Aprobar os seus orzamentos.
  • Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
  • Escoller de entre os seus membros ao presidente da Xunta de Galicia.
  • Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
  • Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
  • Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento representa ao pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras, e é inviolable.

Sede

Artigo principal: Pazo do Hórreo.

O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

Sede do Parlamento de Galicia
Sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca.

Composición

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Para a configuración da cámara na X Lexislatura foron convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia mediante o Decreto 92/2016[3]. Nestas eleccións celebradas o 25 de setembro, o resultado foi:

Mesa do Parlamento

Grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia

Nome Partidos Portavoz Escanos
Grupo Parlamentario Popular PPdeG Pedro Puy Fraga 41
Grupo Parlamentario Socialista PSdeG Xoaquín María Fernández Leiceaga 14
Grupo Parlamentario Común da Esquerda En Común-Anova José Manuel Lago Peñas 10
Grupo Parlamentario Nacionalista BNG Ana Belén Pontón Mondelo 6
Grupo Parlamentario Mixto En Marea Luís Villares Naveira 4

Actividade

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.

Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

Composición do Parlamento de Galicia nas anteriores lexislaturas

Polo Decreto 92/2016[4], de 1 de agosto, quedou disolto o Parlamento de Galicia elixido o día 21 de outubro de 2012, e convocáronse eleccións para o día 25 de setembro de 2016. Dos resultados destas eleccións deriva a actual configuración da cámara para esta X Lexislatura.

Póndense consultar esta e anteriores composicións no seguinte enlace: Composicións anteriores.

Notas

  1. http://www.europapress.es/galicia/noticia-santalices-reelegido-presidente-parlamento-votos-ppdeg-20161021121019.html
  2. "Los diputados gallegos mantienen el mismo sueldo de 4.800 euros al mes". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela). 31 de outubro de 2016.
  3. Decreto 92/2016, do 1 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.
  4. Anuncio do Decreto no sitio web da Xunta

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Antonio Rosón

Antonio Rosón Pérez, nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, foi un avogado galego, primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Tamén foi o primeiro presidente da Caixa Rural de Lugo ata o seu falecemento.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Deputado

Deputado, integrante dun Parlamento ou dunha Cámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

No Reino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005

O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia. Tras elas, despois de dezaseis anos de goberno de Manuel Fraga, estableceuse un bipartito entre PSdeG-PSOE e o BNG.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.

Francisco Vázquez Vázquez

Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.

José Manuel Romay Beccaría

José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político e xurista galego, foi ministro de Sanidade e Consumo e presidiu o Consello de Estado de 2003 a 2004 e de 2012 a 2018.

Manuel Iglesias Corral

Manuel Iglesias Corral, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1989, foi un avogado e político galego.

Manuela López Besteiro

Manuela López Besteiro, nada o 26 de maio de 1941 en Castroverde, é unha política galega.

Marisol Bueno

María Soledad Águeda Bueno Berrío-Ategortua, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1948, é unha empresaria e política galega.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado o 16 de setembro de 1934 en Taboada, é un político galego.

Xerardo Estévez

Xerardo Denis Felipe Estévez Fernández, nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela, é un arquitecto e político galego.

Xerardo Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, e finado o 12 de xullo de 2018, foi un político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos
Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.