Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado actualmente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

O actual presidente do Parlament é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.[1]

Parlament de Catalunya
XII Lexislatura
Parliament of Catalonia logo
Datos xerais
Ámbito Cataluña
Creación1980
TipoParlamento autonómico (unicameral)
LímiteLexislatura de 4 anos
Liderado
PresidenteRoger Torrent i Ramió (ERC)
desde o 17 de xaneiro de 2018
Presidente da
Cámara Baixa
Josep Costa i Rosselló (JuntsxCat)
desde o 17 de xaneiro de 2018
Vicepresidente segundoJosé María Espejo-Saavedra (Cs)
desde o 17 de xaneiro de 2018
Presidente da GeneralitatJoaquim Torra i Pla (JuntsxCat)
desde o 14 de maio de 2018
Líder da oposiciónInés Arrimadas García (Cs)
desde o 27 de setembro de 2015
Composición
Membros135 deputados
Parlament Catalunya 2018
Grupos representados     Cs (36)     JxCat (34)     ERC (32)     PSC-Units (17)     CECP (8)     CUP (4)     PPC (4)
Eleccións
Sistema electoralRepresentación proporcional por listas
Última elección21 de decembro de 2017
Sede(s)
Palau del Parlament de Catalunya, Barcelona
Sitio web
https://www.parlament.cat/
Parliament of Catalunya
O Palau del Parlament de Catalunya, sede do Parlament.

Historia

Cortes catalás (1283-1714)

Establecidas en 1283, segundo Thomas Bisson, as Cortes catalás foron consideradas polos historiadores o verdadeiro modelo dun parlamento medieval. O historiador do constitucionalismo inglés Charles Howard McIlwain escribiu: "na definición de organización e regularidade de procedemento, nin o parlamento inglés nin os estados franceses poden compararse coas Cortes de Cataluña" do século XIV.

Os primeiros antecedentes da institución parlamentaria catalá remóntanse ao século XI, coas asembleas de Pau i Treva e a Corte Condal. Durante o reinado de Xaime I, a Corte Condal transformouse nas Cortes Xerais de Cataluña, institución que se consolidou nos reinados posteriores. As Cortes Xerais tiñan tres brazos: o brazo militar, que reunía os representantes da nobreza; o brazo eclesiástico, cos representantes da xerarquía relixiosa; e o brazo real, cos representantes dos municipios. Non obstante, amplos sectores da poboación non estaban representados na corte.

No século XIV, das Cortes Xerais xorde un organismo permanente, a Deputación do Xeneral ou Generalitat. Durante os séculos XVI e XVII, esta institución actuou como goberno de Cataluña, defendendo o sistema constitucional ante os monarcas da Casa de Austria, que gobernaban desde Madrid.

No século XVIII, despois da Guerra de Sucesión, o Decreto de Nova Planta aboliu calquera institución catalá de autogoberno.

Mancomunidade de Cataluña (1913-1925)

Artigo principal: Mancomunidade de Cataluña.

Non foi ata principios do século XX cando volveu a instaurarse un órgano de autogoberno catalán, a Mancomunidade de Cataluña (1913-1925), que foi abolida pola ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Aínda que tiña soamente funcións administrativas e as súas competencias só abarcaban as deputacións provinciais, adquiriu unha grande importancia política, representando o primeiro recoñecemento por parte do estado español da personalidade e da unidade territorial de Cataluña dende 1714.

Estaba integrada por unha asemblea que reunía os 96 deputados de Cataluña nas Cortes españolas, e polo Consell, formado por oito consellers e o President. A súa acción política estivo rexida polo consenso entre as diferentes orientacións presentes, foran ou non catalanistas.

O Parlament republicano (1932-1939)

En 1931 instituíuse a Generalitat de Cataluña e con ela o Parlament. As primeiras eleccións ao Parlament tiveron lugar o 20 de novembro de 1932 e a sesión constitutiva celebrouse o 6 de decembro. A guerra civil española significou novamente o fin do parlamento, en 1938.

O Parlament actual (1980-actualidade)

O Parlament actual foi restaurado pouco despois que a Generalitat de Cataluña e legalizado formalmente coa aprobación do Estatut de 1979. As primeiras eleccións ao Parlament celebráronse o 20 de marzo de 1980 e a sesión constitutiva tivo lugar o 10 de abril do mesmo ano.

O 27 de outubro de 2017 aprobouse unha declaración unilateral de independencia (DUI) nunha votación secreta con 70 votos a favor, 10 en contra e 2 en branco, coa maioría da oposición ausente en protesta. A declaración foi anulada polo Tribunal Constitucional a causa dun recurso do Goberno de España.

Composición

Partidos políticos no Parlament durante a XII Lexislatura

Partido Líder Voceiro Escanos
Ciutadans - Partit de la Ciutadania (C's) Inés Arrimadas Carlos Carrizosa 36
Junts per Catalunya (JxCAT) Jordi Sànchez Albert Batet 34
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Sergi Sabrià Anna Caula 32
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) Miquel Iceta Eva Granados 17
Catalunya En Comú-Podem Xavier Domènech Elisenda Alamany 8
Candidatura d'Unitat Popular (CUP) Carles Riera 4
Partit Popular Català (PPC) Xavier García Albiol 4

Mesa do Parlamento

A Mesa é o órgano rector do Parlament, que representa á cámara e xestiona e goberna a institución. A actual composición é a seguinte:

  • Presidente: Roger Torrent (ERC)
  • Vicepresidente primeiro: Josep Costa (JxC)
  • Vicepresidente segundo: José María Espejo-Saavedra (Cs)
  • Secretario primeiro: Eusebi Campdepadrós (JxC)
  • Secretario segundo: David Pérez Ibáñez (PSC)
  • Secretario terceiro: Joan García (Cs)
  • Secretaria cuarta: Alba Vergés (ERC)

Presidentes

Durante a Segunda República Española o Parlament tivo tres presidentes:

Despois da restauración da democracia, os presidentes da cámara foron:

Sede

A sede do Parlament é o Palau del Parlament de Catalunya, que se atopa no Parc de la Ciutadella da cidade de Barcelona. Foi construído no século XVIII e está declarado Ben cultural de interese local.

Notas

  1. "Roger Torrent: “Vull contribuir a cosir la societat catalana”". En RAC1 (en catalán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Artur Mas

Artur Mas i Gavarró, nado en Barcelona o 31 de xaneiro de 1956, é un economista e político catalán, foi o 129 presidente da Generalitat de Cataluña desde o 23 de decembro de 2010 ata o 10 de xaneiro de 2016, data en que foi sucedido por Carles Puigdemont.

É tamén presidente da federación de Convergència i Unió (CiU) e presidente de Convergència Democràtica de Catalunya. Foi conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Generalitat de Cataluña de 1995 a 1997, de Economía e Finanzas de 1997 a 2001 e Conselleiro Xefe (Conseller en Cap) entre 2001 a 2003. Foi o líder da Oposición do Parlamento de Cataluña de maio de 2004 a decembro de 2010.

Carme Forcadell

Maria Carme Forcadell i Lluís, nada en Xerta, Baix Ebre, o 29 de maio de 1955 é unha lingüista e activista política catalá, presidenta do Parlamento de Cataluña, fundadora da Plataforma per la Llengua, membro da executiva e voceira da xunta do Òmnium Cultural de Sabadell e presidenta da Assemblea Nacional Catalana dende a súa fundación até maio de 2015, e deputada no Parlamento de Cataluña (2015-2018). Permaneceu en prisión preventiva en Alcalá-Meco, á espera do xuízo ó proceso independentista catalán, que comezou o 12 de febreiro de 2019. Finalmente foi condenada polo Tribunal Supremo de España en outubro de 2019, 11 anos e medio de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversació.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006

En Cataluña o 1 de novembro de 2006 celebráronse eleccións autonómicas para elixir os 135 deputados da VIII lexislatura do Parlamento de Cataluña que elixiron un novo presidente da Generalitat de Cataluña. Cada unha das catro provincias constitúe unha unha circunscrición electoral segundo un sistema electoral proporcional corrixido pola lei d'Hont.

Presentáronse 75 candidaturas de 21 forzas políticas a estas eleccións. A provincia de Barcelona elixe 85, a provincia de Tarragona 18, a provincia de Xirona 17 e a de Lleida 15. Un total de 5 320 395 electores teñen dereito ó voto

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á novena lexislatura do actual período democrático celebráronse o 28 de novembro de 2010.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2012

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á décima lexislatura do actual período democrático celebráronse o 25 de novembro de 2012, cando só transcorreron dous anos dende a última convocatoria electoral. As próximas eleccións serán o 27 de setembro de 2015.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á XI lexislatura celebráronse o 27 de setembro de 2015, adiantándose catorce meses da súa data límite (25 de decembro de 2016). Este anuncio foi feito polo presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Mas, o 14 de xaneiro de 2015, pouco tempo despois que as institucións españolas suspendesen a consulta sobre a independencia de Cataluña e intentasen evitar a celebración do proceso participativo que a substituíu. Por mor disto, estas eleccións son plebiscitarias sobre a independencia de Cataluña. De feito, Artur Mas definiu estas eleccións como a «consulta definitiva».

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017

As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da xii lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española.

Esquerra Republicana de Catalunya

Esquerra Republicana de Catalunya (en galego: Esquerda Republicana de Cataluña), ou ERC é un partido político catalán, fundado en 1931, de ideoloxía progresista, republicana e independentista. Foi o partido de relevantes políticos cataláns como Francesc Macià, Lluís Companys ou Josep Tarradellas, desenvolveu un importante papel na política catalá e española durante a Segunda República, durante a loita antifranquista e a Transición á democracia.

O partido conta con 32 escanos no Parlamento de Cataluña, tres no Parlamento español, e un (ocupado por Oriol Junqueras) no Parlamento Europeo, no que ERC participa integrada na coalición Europa dos Pobos. Conta actualmente con aproximadamente 10.000 afiliados.Ademais da súa implantación en Cataluña, ERC posúe unha representación nas Illas Baleares e no Rosellón francés, así como na Comunidade Valenciana, onde emprega a denominación Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV).O 17 de setembro de 2011, durante o 26º congreso nacional, foi elixido Oriol Junqueras como presidente e Marta Rovira como secretaria nacional.

Iniciativa per Catalunya Verds

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) é un partido político ecosocialista catalán que ten a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Inés Arrimadas

Inés Arrimadas García, nada o 3 de xullo de 1981 en Xerez da Fronteira, é unha política e avogada catalá, deputada no Parlamento de Cataluña por Ciutadans-Partit de la Ciutadania e candidata do seu partido para as Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015.

Jordi Pujol

Jordi Pujol i Soley, nado en Barcelona o 9 de xuño de 1930, é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e Presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003. É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola no ano 1956, xuntos teñen 7 fillos.

Josep-Lluís Carod-Rovira

Josep-Lluís Carod-Rovira, nado en Cambrils, provincia de Tarragona, o 7 de xuño de 1952, é un político e filólogo catalán.

José Montilla

José Montilla Aguilera, nado en Iznájar, provincia de Córdoba, o 15 de xaneiro de 1955, é un político andaluz. Actualmente é senador autonómico por proposta do Parlamento de Cataluña. Así mesmo é primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya dende o 18 de xuño de 2000, membro da Comisión Executiva Federal e do Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español dende o 23 de xullo de 2000. Foi presidente da Generalitat de Cataluña dende 2006 até 2010, ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España de José Luis Rodríguez Zapatero dende o 18 de abril de 2004 até o 9 de setembro de 2006, substituíndoo no cargo Joan Clos, daquela alcalde de Barcelona. Está casado con Anna Hernández e ten cinco fillos

Moianès

O Moianès é unha comarca da provincia de Barcelona, situada no centro de Cataluña. A súa capital é Moià. Era unha comarca histórica e o Parlamento de Cataluña aprobou a súa creación como comarca administrativa o 15 de abril de 2015.

A comarca limita polo norte e leste con Osona, polo oeste co Bages, polo sur co Vallès Occidental e polo sueste co Vallès Oriental.

Parc de la Ciutadella

O Parc de la Ciutadella (en galego: Parque da Cidadela) foi durante moitos anos o único parque da cidade de Barcelona. Foi construído nos antigos terreos da fortaleza da cidade (de aí o seu nome Cidadela), a imaxe e semellanza do Xardín de Luxemburgo de París.

Está situado no barrio de Ciutat Vella, no triángulo comprendido entre a Estación de França, o Arco de Triunfo e a Vila Olímpica, entre o paseo Pujades, o paseo Picasso e a rúa Wellington. Dispón de dez accesos e ten unha extensión de 17,42 hectáreas, sen contar o Zoo de Barcelona.

No parque sitúase o antigo Arsenal da Ciutadella, sede actual do Parlamento de Cataluña.

Partit Popular Català

O Partit Popular Català (ata 2012 Partit Popular de Catalunya) é a federación do Partido Popular estatal en Cataluña. Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. Con sede central na rúa Urgell de Barcelona, está presidido actualmente por Alícia Sánchez-Camacho. Anteriormente a formación estivo presidida por Aleix Vidal-Quadras, Alberto Fernández Díaz, Josep Piqué e Daniel Sirera.

É actualmente a cuarta forza política no Parlamento de Cataluña. Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006 conseguiu o 10,64 por cento dos votos, o que lle asignou 14 escanos no parlamento. O seu mellor resultado foi en 1995, cando obtivo 17 representantes.

Recentemente mostrouse en contra do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006, facendo campaña polo "Non" no Referendo estatutario que se celebrou o 18 de xuño de 2006.

Presidencia da Generalitat de Cataluña

A Presidencia da Generalitat de Cataluña é ostentada pola máis alta representación da Generalitat de Cataluña e ordinaria do Estado en Cataluña. É a persoa que dirixe e coordina a acción do Consello Executivo ou Goberno. É escollida polo Parlamento de Cataluña de entre os seus deputados e deputadas e nomeada polo rei.

Como máis alta representación da Generalitat de Cataluña, ao presidente (en catalán: president) ou presidenta correspóndelle a convocatoria das eleccións ó Parlamento de Cataluña. Como representante ordinario do Estado en Cataluña, correspóndelle promulgar en nome do rei as leis de Cataluña e ordenar que se publiquen, así como ordenar a publicación no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya do nomeamento do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017. Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.

Institucións
Gobernos
Departamentos
Eleccións
Referendos
Lugares de interese de Barcelona
Inmobles e
lugares senlleiros
Prazas e rúas
Museos
Estadios
Artes escénicas
Parques e xardíns
Zoos
Praias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.