Parlamento das Canarias

O Parlamento das Canarias[1] é o órgano electo que exerce o poder lexislativo, aproba os orzamentos da comunidade autónoma das Canarias e impulsa e controla a acción do Goberno Canario. Representa, así mesmo, aos cidadáns das Canarias. A súa sede atópase en Santa Cruz de Tenerife.

Coordenadas: 28°28′03″N 16°15′08″O / 28.46750, -16.25222

Parlamento 05
Parlamento autonómico das Canarias

Historia

Como no caso doutras rexións de España, a partir da Constitución de 1931 durante a Segunda República inténtase constituír unha comunidade autónoma nas Canarias coa presentación dun Estatuto. Os dous proxectos realizados pola Mancomunidade Provincial Interinsular de Santa Cruz de Tenerife, e o Colexio de Axentes Comerciais das Palmas, e o proxecto unificado posterior das dúas Mancomunidades Provinciais, prevían a creación dun Parlamento Canario. O estalido da Guerra Civil e o seu posterior desenvolvemento imposibilitaron, no entanto, a súa posta en práctica.[2]

O Parlamento das Canarias naceu trala aprobación do Estatuto de Autonomía das Canarias en 1982, aínda que anteriormente existía unha institución preautonómica que cumpría a súa función. O 30 de maio de 1983 realizou a súa primeira sesión na súa actual sede baixo a presidencia de Pedro Guerra Cabrera; en conmemoración, o 30 de maio de cada ano celébrase o Día das Canarias.

Organización

A Cámara está constituída por sesenta deputados autonómicos; as illas de Tenerife e Gran Canaria elixen 15 deputados cada unha, as illas de La Palma e Lanzarote 8 cada unha, Fuerteventura elixe 7 deputados, e La Gomera e El Hierro, 4 e 3 deputados respectivamente. Estes son elixidos por un prazo de catro anos por sufraxio universal, directo, igual, libre e segredo.

A distibución dos deputados por illas non se corresponde estritamente a un criterio poboacional, senón que se basea no que se chamou a tripla paridade. Esta consiste en que ambas provincias teñan igual número de deputados, que tamén ambas illas con capitais (Tenerife e Gran Canaria) teñan o mesmo número de deputados e que a suma dos deputados do resto das illas sexa o mesmo que o da suma dos de Tenerife e Gran Canaria. Esta distribución provoca o paradoxo de que dentro da mesma comunidade autónoma atópense varias das circunscrición electorais autonómicas con maior índice de representatividade de España e tamén algunhas das que ostentan un dos menores índices.

Durante a primeira sesión plenaria da lexislatura, trala celebración das eleccións elíxese, por maioría absoluta dos seus membros, un presidente, dous vicepresidentes e dous secretarios, que van constituír a Mesa. A Cámara, reúnese cada ano en dous ciclos ordinarios de sesións, de 120 días cada un, de marzo a xuño e de outubro a xaneiro.

O Parlamento pode traballar en Pleno ou en Comisións e conta cun Regulamento específico no que se dilucidan as características máis concretas das sesións, como son a formación de Grupos Parlamentario e o funcionamento da Deputación Permanente. Tamén responde a outros asuntos que afecten aos procedementos lexislativos ou de control político.

En principio, os acordos tómanse por maioría simple, a condición de que o Estatuto de Autonomía non estableza unhas condicións especiais que requiran doutros sistemas de maiorías.[3]

Parlamento 09
Fachada do Parlamento das Canarias.
Parlamento 02
Parlamento das Canarias coa escultura de Martín Chirino.
Martin Chirino 03
Escultura de Martín Chirino no patio.

Funcións

O Parlamento ten potestade, segundo queda establecido no artigo 13 do Estatuto de Autonomía das Canarias[3] de:

  • Elaborar as leis da Comunidade Autónoma.
  • Aprobar os Orzamentos da mesma.
  • Controlar politicamente a acción do Goberno Canario.
  • Designar, de entre os seus membros e para cada lexislatura do Parlamento das Canarias, aos Senadores representantes da Comunidade Autónoma nas Cortes Xerais, asegurando a adecuada representación proporcional. A aceptación da súa designación comporta a renuncia á súa condición de deputado.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción e presentación de proxectos de lei, e presentar directamente proposicións de lei ante as Cortes Xerais, de acordo co artigo 87.2 da Constitución.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade e acudirse ante o Tribunal Constitucional nos supostos e nos términos que prevé a Constitución.
  • Exercer calquera outra atribución que lle asignen as Leis.

Sede

O edificio do Parlamento das Canarias, situado na céntrica rúa Teobaldo Power da cidade de Santa Cruz de Tenerife, foi proxectado polo arquitecto Manuel de Oraá en 1883. Desde que se construíse para albergar a sede da Sociedade Musical Santa Cecilia ata o seu presente uso como Parlamento das Canarias, serviu de lugar de reunión dos representantes da Deputación Provincial, os membros da Mancomunidade de Cabidos do Arquipélago e os maxistrados da Audiencia.

Foi en decembro de 1982 cando o Parlamento Provisional das Canarias instalouse neste edificio, compartindo durante os dous anos seguintes as súas instalacións co Conservatorio de Música que tiña alí a súa sede. Tras este período, o Conservatorio trasládase e o edificio convértese en sede definitiva e exclusiva do Parlamento das Canarias. Co fin de adaptarse aos seus novos cometidos, foi sufrindo numerosas remodelacións e ampliacións a través de diversos edificios históricos que rodean ao principal.

O Parlamento contén unha colección de obras de artistas como César Manrique, Pedro González, Félix Bordes, Pepe Dámaso ou José Abad. A espiral que se aprecia nas esculturas de Martín Chirino do patio e do tellado (esta creando un gran arco) constitúe o símbolo do Parlamento.

Lista de presidentes

Asemblea de Parlamentarios Canarios (Preautonomía)

Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Antonio González González 1977 1978 Independente
José Luis Tomás Mederos Aparicio Xuño de 1980 Xuño de 1981 UCD
Pedro Guerra Cabrera 1982 30 de maio de 1983 PSOE

Parlamento das Canarias (Autonomía)

Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Pedro Guerra Cabrera 30 de maio de 1983 15 de xullo de 1987 PSOE
Victoriano Ríos Pérez 15 de xullo de 1987 27 de xuño de 1995 CC
José Miguel Bravo de Laguna Bermúdez 27 de xuño de 1995 18 de xuño de 2003 PP
Gabriel Mato Adrover 18 de xuño de 2003 25 de xuño de 2007 PP
Antonio Ángel Castro Cordobez 25 de xuño de 2007 Actualidade CC

Composición actual

Grupos parlamentarios

Grupos parlamentarios no Parlamento das Canarias durante a VIII Lexislatura

Nome Partido Portavoz Líder Escanos
Grupo Parlamentario Popular (PP) PP María Australia Navarro de Paz José Manuel Soria López 21
Grupo Parlamentario Rexionalista (CC) CC José Miguel Barragán Cabrera Claudina Morales 21
Grupo Parlamentario Socialista (PSIC-PSOE) PSOE Francisco Manuel Fajardo Palarea José Miguel Pérez García 15
Nueva Canarias(NC) NC Román Rodríguez Rodríguez Román Rodríguez Rodríguez 3

Mesa

Titular Cargo Partido
Antonio Ángel Castro Cordobez Presidencia Coalición Canaria
Julio Cruz Hernández Vicepresidente 1º PSOE
Manuel Fernández González Vicepresidente 2º PP
José Miguel González Hernández Secretaria 1º Coalición Canaria
Águeda Montelongo González Secretaria 2º PP

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canario.
  2. Artigo sobre o proxecto de Estatuto durante a Segunda República
  3. 3,0 3,1 Sobre o Parlamento no Estatuto das Canarias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Agrupación Socialista Gomera

A Agrupación Socialista Gomera (ASG) é un partido político insularista de centro esquerda con sede na illa de La Gomera, nas Canarias. Foi fundado en 2015 por Casimiro Curbelo, actual Presidente do Cabido de La Gomera, trala escisión dalgúns membros do PSOE na illa.

Alternativa Popular Canaria

Alternativa Popular Canaria (APC) é un partido nacionalista canario de esquerda formado en 2002, membro do Movemento de Liberación Nacional de Canarias (MLNC). A súa creación foi impulsada pola organización xuvenil Azarug e algúns partidos de ámbito municipal, así como persoas a título individual procedentes de organizacións da esquerda nacionalista.

En 2003 celegbrouse a súa primeira asemblea e nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 6.737 votos, un 0,73 %, mentres que nas eleccións municipais do mesmo ano obtivo un concelleiro en Santa Úrsula (Tenerife). En La Orotava presentouse como Iniciativa por La Orotava (Ipo) con Los Verdes de Canarias e obtivo cinco concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004, Alternativa Popular Canaria pediu o voto para a coalición Europa dos Pobos.

O 25 e o 26 de xuño de 2005 o partido celebrou a súa II Asemblea Nacional, e o 16 de setembro de 2006 a III Asemblea Nacional. En 2006 sufriu en Tenerife unha división da que xurdiu un novo partido chamado Alternativa Nacionalista Canaria.

Nas eleccións ao Parlamento das Canarias de 2007 presentouse en coalición con Alternativa Ciudadana 25 de Mayo e obtivo 4.824 votos, o 0,51 %. Nas eleccións municipais perdeu o seu concelleiro en Santa Úrsula e en La Orotava gañou tres concelleiros. Tanto no Cabido de Tenerife como nos concellos de Santa Cruz de Tenerife, San Cristóbal de la Laguna, Granadilla de Abona, Buenavista del Norte e Tacoronte, apoiou a Alternativa Sí se Puede por Tenerife, opción política na que se integra a Alternativa Popular Canaria.

Na súa primeira Conferencia Nacional, en 2008, decidiu non participar nas Eleccións Xerais de España de 2011 e centrar todos os seus esforzos na consolidación de Alternativa Sí se Puede por Tenerife de cara ás seguintes convocatorias electorais de carácter local e autonómico. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 pediu o voto para a Iniciativa Internacionalista.

Ana Oramas

Ana María Oramas González-Moro, nada en Santa Cruz de Tenerife o 17 de xullo de 1959, é unha política española que forma parte de Coalición Canaria. É deputada nacional pola provincia de Tenerife desde 2007 e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de San Cristóbal de La Laguna desde 1999 até 2008.

Casimiro Curbelo

Casimiro Curbelo Curbelo, nado en San Sebastián de la Gomera o 29 de novembro de 1955, é un político español, presidente do Cabido Insular de La Gomera dende 1991.

Década de 1980

A década de 1980 foi o período de tempo que transcorreu de 1 de xaneiro de 1980 ata 31 de decembro de 1989.

No mundo, foi unha época en que se atoparon grandes mudanzas en varios aspectos do cotián, na saúde, nas ciencias, na economía. No escenario económico, ocorreu unha exuberancia significativa, decorrente da circulación de riquezas ocorrida coa migración dalgunhas industrias para pequenos países asiáticos.

Día das Canarias

O Día das Canarias é un día festivo en todas as illas das Canarias, que se celebra o 30 de maio. Conmemórase con este día o aniversario da primeira sesión do Parlamento das Canarias, con sede na cidade de Santa Cruz de Tenerife, levada a cabo o 30 de maio de 1983, uns dez meses despois de publicarse o Estatuto de Autonomía das Canarias no Boletín Oficial del Estado. Este primeiro parlamento foi presidido por Pedro Guerra Cabrera. O Estatuto das Canarias publicouse o 10 de agosto de 1982, e, a semellanza doutros estatutos das demais comunidades autónomas de España, recoñecía unha maior autoxestión do arquipélago canario dentro de España.

Estatuto de Autonomía das Canarias

O Estatuto de Autonomía das Canarias é a norma institucional básica da comunidade autónoma das Canarias. É a norma encargada de configurar a súa organización institucional. Establecido mediante lei orgánica 10/1982, entrando en vigor o 16 de agosto de 1982 e sendo reformada por lei orgánica 4/1996, o 30 de decembro de 1996.

Goberno das Canarias

O Goberno das Canarias é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma das Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía das Canarias.

O Estatuto de Autonomía das Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma das Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno das Canarias.

O Goberno das Canarias ten a súa sede principal en: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.

Illas Canarias

As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por sete illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria e Lanzarote, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os territorios insulares do Arquipélago Chinijo (La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste) e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.

O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' de latitude norte e 13º 20' e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1.400 km os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.

As illas, de orixe volcánico, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia en Canarias de catro parques nacionais e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO. Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.

Jerónimo Saavedra

Jerónimo Saavedra Acevedo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de xullo de 1936, é un político socialista canario. Foi presidente do goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, coa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.

Saavedra é doutor en Dereito e diplomado en Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial.

José Manuel Soria

José Manuel Soria López, nado nas Palmas de Gran Canaria o 5 de xaneiro de 1958, é un político español que milita nas filas do Partido Popular de Canarias, do que é Presidente rexional desde 1999. Desde o 22 de decembro de 2011 ao 15 de abril de 2016 ocupou o cargo de Ministro de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España.

Anteriormente, foi alcalde da súa cidade natal desde 1995 até 2003 e Presidente do Cabido insular de Gran Canaria entre 2003 e 2007. Foi tamén deputado autonómico no Parlamento das Canarias entre 2003 e 2011 e Vicepresidente e Conselleiro de Economía e Facenda do Goberno das Canarias entre 2007 e 2010.

En abril de 2016, dimitiu ao aparecer o seu nome relaconado con varias empresas nos chamados "papeis de Panamá".

Juan Fernando López Aguilar

Juan Fernando López Aguilar, nado o 10 de xuño de 1961 en Las Palmas de Gran Canaria, é un político e xurista español do PSOE. Deputado pola provincia das Palmas desde a VII lexislatura. Desde o 18 de abril de 2004 ata o 12 de febreiro de 2007 foi Ministro de Xustiza do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

La Palma

La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española situada no océano Atlántico fronte ás costas africanas, que forma parte das Illas Canarias. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma.

Desde 2002, toda a illa é Reserva da Biosfera, sendo xunto con Lanzarote e El Hierro a terceira illa canaria á que a UNESCO recoñece con esta protección.

Lanzarote

Lanzarote é unha illa española que forma parte do arquipélago das Illas Canarias, situado no Océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia das Palmas. A capital da illa e a cidade máis poboada é Arrecife.

O nome Lanzarote pódelle vir do mariño xenovés Lanceloto Malocello, quen visitou a illa no século XIV.

Mercedes Roldós

Mercedes Roldós Caballero, nada en Mugardos o 6 de marzo do 1956, é unha médica e política galega.

Nueva Canarias

Nueva Canarias é un partido político nacionalista de centroesquerda das Illas Canarias. Foi fundado en 2005 en Gran Canaria por Román Rodríguez Rodríguez, ex-presidente do Goberno das Canarias, despois da escisión de membros da antiga Iniciativa Canaria Nacionalista (ICAN) de Coalición Canaria.

Parlamento autonómico

Parlamento autonómico é a denominación habitual que se lle dá en España á articulación do poder lexislativo en cada comunidade autónoma. A súa denominación en cada comunidade está fixada polos respectivos estatutos de autonomía. A Constitución Española de 1978 refírese a eles como Asembleas ou Asembleas Lexislativas (por exemplo, no artigo 152).

O Título VIII da Constitución Española regula os poderes executivos, xudicial e lexislativo en cada rexión. Aínda que o xudicial non é propio da Comunidade, senón que é único para toda España.

Policía Canaria

A Policía Canaria ou Corpo Xeral da Policía Canaria (CGPC, en castelán: Cuerpo General de la Policía Canaria) é a policía autonómica de Canarias. Creouse en 2010 sendo presidente do Goberno Canario Paulino Rivero.

Cen axentes -92 homes e 8 mulleres-, integraron a primeira promoción da Policía Canaria nun acto de presentación celebrado o 30 de xuño de 2010 na Academia Canaria de Seguridade de Santa Cruz de Tenerife; o presidente autonómico manifestou que ese só era o primeiro paso dun despregamento que deberá chegar aos 1.700 axentes en varias fases.

A súa primeira misión produciuse con motivo da celebración da Baixada da Virxe das Neves, na illa de La Palma.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.