Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara,[1] é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados,[2] que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.

Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.

O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.

Dende o 17 de xaneiro de 2017 o seu presidente é o italiano Antonio Tajani.

Parlamento Europeo
VIII lexislatura
Europarl logo
Datos xerais
Ámbito Unión Europea Unión Europea
Creación1952
TipoCámara baixa
Límite5 anos
Inicio de sesións1 de xullo de 2014
Liderado
PresidenteAntonio Tajani (PPE)
desde o 17 de xaneiro de 2017
VicepresidentesAntonio Tajani (PPE)
Mairead McGuinness (PPE)
Rainer Wieland (PPE)
Ramón Luis Valcárcel (PPE)
ldikó Pelczné Gáll (PPE)
Adina-Ioana Vălean (PPE)
Sylvie Guillaume (S&D)
Corina Crețu (S&D)
David Sassoli (S&D)
Ulrike Lunacek (LV-ALE)
Olli Rehn (ALDE)
Alexander Graf Lambsdorff (ALDE)
Dimitris Papadimoulis
(LV-ALE)
Ryszard Czarnecki (CRE)
Presidente da Comisión Europea
Jean-Claude Juncker (PPE)
Líder da MaioríaManfred Weber (PPE)
Líder da OposiciónSyed Kamall (CRE)
Composición
Membros750 e o Presidente
European Parliament composition by political groups
Grupos representadosComisión     PPE     S&D     ALDE Oposición     CRE     GUE-NGL     LV-ALE     ELDD     ENF     Non adscritos
Salario84.000 ao ano
Título I do Protocolo sobre as disposicións transitorias do Tratado de Lisboa e do Tratado da Unión Europea
Eleccións
Sistema electoralSistema d'Hondt con representación proporcional con listas cerradas
Última elección25 de maio de 2014
Próxima elección2019
Lema
«In varietate concordia»
(do latín: «Unida na diversidade»)
Sede(s)
Cámara principal
Hemiciclo do Edificio Louise Weiss
 Francia Estrasburgo, Alsacia, Francia
Cámara secundaria
Hemiciclo do Espazo Leopoldo
 Bélxica Bruselas, Región de Bruselas, Bélgica
Sitio web
www.europarl.europa.eu
Cronoloxía

VI lexislatura

VIII lexislatura

Historia

A Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) estableceu unha 'Asemblea Comunitaria' en setembro de 1952, os 78 membros da cal proviñan dos parlamentos estatais dos estados membros. Esta asemblea foi ampliada en marzo de 1958 para tratar de cubrir tamén a Comunidade Económica Europea e ó Euratom e adoptouse o nome de Asemblea Parlamentaria Europea até 1962 cando foi substituído polo de Parlamento Europeo. En 1979 o Parlamento foi ampliado e os seus membros foron elixidos directamente por vez primeira. Dende aquela, o Parlamento tense expandido a medida que se foron incorporando novos estados á UE.

Composición

Antonio Tajani March 2017
Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo dende o 17 de xaneiro de 2017.

Artigo sobre as eleccións europeas

O Parlamento Europeo representa a máis de 450 millóns de cidadáns da Unión Europea. Os seus membros son coñecidos como Membros do Parlamento Europeo (MEPs nas súas siglas en inglés). Na actualidade hai 751 MEPs que son renovados cada 5 anos por sufraxio universal. Non existe un sistema uniforme para a elección dos MEPs, cada estado membro elíxeos do xeito que cren axeitado aínda que todos empregan sistemas semellantes de representación proporciónal.

A asignación de asentos para cada estado membro baséase na proporcionalidade decrecente en función da poboación pero ofrecendo ós estados pequenos un maior número de representantes dos que lles corresponderían pola súa poboación. Debido a que o número de MEPs asignados a cada país foi negociado mediante tratados non hai ningunha fórmula para calcular o número de asentos para cada estado.

No 2004, o número de asentos do Parlamento Europeo aumentou temporalmente ata os 788 asentos para acolleren ós representantes dos novos estados membros unidos á UE o 1 de maio do mesmo ano. Actualmente o número é de 751.

Representación
Estado *      Estado *
Alemaña Alemaña 99 Flag of Austria.svgAustria 18
Flag of France.svg Francia 78 Flag of Bulgaria.svgBulgaria 18
Flag of Italy.svgItalia 78 Flag of Finland.svgFinlandia 14
Flag of the United Kingdom.svgReino Unido1 78 Flag of Denmark.svgDinamarca 14
Flag of Spain.svgEspaña 54 Flag of Slovakia.svgEslovaquia 14
Flag of Poland.svgPolonia 54 Flag of Ireland.svgIrlanda 13
Flag of Romania.svgRomanía 35 Lituania Lituania 13
Flag of the Netherlands.svgPaíses Baixos 27 Flag of Latvia.svgLetonia 9
Bélxica Bélxica 24 Flag of Slovenia.svgEslovenia 7
República Checa República Checa 24 Flag of Cyprus.svgChipre 6
Flag of Greece.svgGrecia 24 Flag of Estonia.svgEstonia 6
Flag of Hungary.svgHungría 24 Luxemburgo Luxemburgo 6
Flag of Portugal.svgPortugal 24 Flag of Malta.svgMalta 5
Flag of Sweden.svgSuecia 19 Total: 785

A proporción de mulleres MEPs elixidas no 2004 era dun 30,2%, en 1979 era só o 16,5%.

Poderes e funcións

Nin o Parlamento Europeo nin o Consello de Ministros posúen iniciativa lexislativa. Este papel queda reservado para a Comisión Europea. Non obstante, as propostas de lei e as directivas da Comisión teñen que ser aprobadas polo Parlamento e polo Consello para poderen entrar en vigor.

O Parlamento ten o poder de arranxar e bloquear as iniciativas lexislativas naquelas áreas nas que ten competencia de codecisión. Nalgunhas áreas pode aceptar ou vetar as propostas da Comisión e noutras só ten poder consultivo.

O Presidente da Comisión Europea é elixido polo Consello Europeo, aínda que ten que ser ratificado polo Parlamento. O resto dos comisarios tamén teñen que ser ratificados polo Parlamento quen acepta ou rexeita á Comisión presentada polo Presidente da Comisión Europea en bloque.

O Parlamento Europeo exerce unha función de supervision democrática sobre as actividades da UE e en especial sobre aquelas que leva a termo a Comisión Europea. O Parlamento ten o poder de presentar unha moción de censura á Comisión. Neste caso a moción ten que ser secundada por unha maioría de dous terzos para ser aprobada.

Localización

O Parlamento Europeo ten a súa base en tres cidades diferentes. O protocolo do Tratado de Amsterdam require que haxa sesións mensuais na cidade de Estrasburgo, onde está a sede oficial do Parlamento, mentres que as sesións extra e os comités fanse na cidade de Bruxelas. A cidade de Luxemburgo é a sede do Secretariado do Parlamento Europeo.

Na actualidade existe un forte movemento que quere que Bruxelas sexa a capital de tódalas institucións da UE (a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Consello da Unión Europea). A pesar disto, e do millón de sinaturas pedindo o seu traslado, Francia oponse fortemente.

European Parliament Strasbourg Hemicycle - Diliff

Hemiciclo do Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia.

European Parliament - Hemicycle

Hemiciclo do Espazo Leopoldo en Bruxelas, Bélxica.

Luxembourg - Porte de Kirchberg - Panorama

Edificios da Secretaría Xeral do Parlamento Europeo en Luxemburgo.

Organización

As principais oficinas e órganos do Parlamento son os seguintes:

Lista de comités

Asuntos interiores

  • BUDG - Comité de orzamentos
  • CONT - Comité de control presupostario
  • ECON - Comité de asuntos económicos e presupostarios
  • EMPL - Comité de traballo e asuntos sociais
  • ENVI - Comité de medio ambiente, saúde pública e seguridade alimentaria
  • ITRE - Comité de industria e enerxía
  • IMCO - Comité de mercado interior e defensa do consumidor
  • TRAN - Comité de transporte e turismo
  • REGI - Comité de desenvolvemento rexional
  • AGRI - Comité de agricultura e desenvolvemento rural
  • PECH - Comité da industria pesqueira
  • CULT - Comité de educación e cultura
  • JURI - Comité de asuntos legais
  • LIBE - Comité de liberdades civís, xustiza e asuntos interiores
  • AFCO - Comité de asuntos constitucionais
  • FEMM - Comité polos dereitos da muller e a igualdade de xénero
  • PETI - Comité de peticións e demandas

Asuntos exteriores

  • AFET - Comité de asuntos exteriores
    • DROI - Subcomité de dereitos humanos
    • SEDE - Subcomité de seguridade e defensa
  • DEVE - Comité de desenvolvemento
  • INTA - Comité de comercio internacional

Grupos e partidos políticos

Artigo principal: Eleccións europeas.

Os partidos políticos con representación no Parlamento Europeo están organizados en grupos políticos, se ben a disciplina de grupo é moi débil e tanto as delegacións estatais como os MEPs a título individual son libres de establecer alianzas segundo crean conveniente.

No 2014 constaba de sete grupos, así como un conxunto de MEPs non adscritos a ningún grupo.

Grupo Partidos membros/subgrupos Escanos
Partido Popular Europeo (PPE) Partido Popular Europeo (PPE) 220
Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas (S-D) Partido Socialista Europeo (PES) 191
Conservadores e Reformistas Europeos (CRE) Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos (ACRE) 70
Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (Partido) (ALDE)
Partido Demócrata Europeo (PDE)
68
Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) Partido da Esquerda Europea (PEE)
Alianza Verde e de Esquerdas Nórdica (NGLA)
(Outros partidos de esquerdas)
52
Os Verdes-Alianza Libre Europea (Verdes-ALE) Partido Verde Europeo (PVE)
Alianza Libre Europea (ALE)
50
Europa da Liberdade e Democracia Directa (ELDD) Alianza para a Democracia Directa en Europa (ADDE) 48
Non Adscritos 52

Galería de imaxes

European Parliament languages

Linguas do Parlamento Europeo.

Flag of the European Parliament 1973-1983

Antiga bandeira do Parlamento Europeo.

Berlin Wall outside European parliament

Sección do muro de Berlín no exterior do Parlamento Europeo en Bruselas.

Notas

  1. "elecciones europeas, 11 claves de redacción". Fundéu BBVA (en castelán).
  2. "Presupuesto: cómo aprovecha el Parlamento Europeo al máximo su financiación anual". Parlamento Europeo (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alcide de Gasperi

Alcide De Gasperi, nado en Trento o 3 de abril de 1881 e finado en Sella di Valsugana o 19 de agosto de 1954, foi un político italiano.

Xunto con Konrad Adenauer, Robert Schuman e Jean Monnet está considerado "pai de Europa", en referencia á Unión Europea.

Alianza Libre Europea

A Alianza Libre Europea é unha agrupación de diversos partidos políticos en Europa que busca unha independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.

O grupo ten cinco membros no Parlamento Europeo (MEPs):

Jillian Evans, Plaid Cymru, Gales

Ian Hudghton, Partido Nacional Escocés, Escocia

Mikel Irujo Amezaga, Eusko Alkartasuna, País Vasco

Alyn Smith, Partido Nacional Escocés, Escocia

Tatjana Ždanoka, Unión Rusa Letón, LetoniaA MEP Ždanoka é unha afiliada individual ó grupo ALE no Parlamento Europeo. O seu partido non é membro de ALE. A Alianza Libre Europea está nun grupo cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Comisión Europea

Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.

A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe. Un dos 28 é o Presidente da Comisión (na actualidade, José Manuel Durão Barroso) nomeado polo Consello Europeo coa aprobación do Parlamento Europeo. A presente Comisión Barroso tomou posesión do seu cargo a finais de 2004 e está a cumprir un mandato de cinco anos.

O termo «Comisión» pode significar tanto o Colexio de Comisarios como se mencionou anteriormente, ou a institución máis grande, incluíndo o órgano administrativo duns 25.000 funcionarios europeos repartidos nos departamentos chamados Direccións Xerais. Baséase fundamentalmente no edificio Berlaymont de Bruxelas e as súas linguas de traballo internas son inglés, francés e alemán.

Deputado

Deputado, integrante dun Parlamento ou dunha Cámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

No Reino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 4 e o 7 de xuño de 2009, e celebráronse por primeira vez ao mesmo tempo nos 27 estados membros.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eurodeputado

Os deputados ao Parlamento Europeo, coñecidos como eurodeputados ou europarlamentarios, son os membros electos do Parlamento Europeo, a institución que no marco institucional da Unión Europea desempeña, xunto co Consello, os poderes lexislativo e orzamentario, ademais da función de control político que sobre o resto de institucións, e particularmente sobre a Comisión Europea, correspóndelle en exclusiva, e a cuxo presidente elixe.

Eusko Alkartasuna

Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Vasca en galego) é un partido político vasco fundado por Carlos Garaikoetxea Urriza en setembro de 1986, como escisión do Partido Nacionalista Vasco. Actualmente está separado ideoloxicamente do anterior partido xa que EA-Eusko Alkartasuna se define como socialdemócrata, independentista, pacifista e aconfesional.

Luxemburgo (cidade)

Luxemburgo (luxemburgués: Lëtzebuerg, francés: Luxembourg, alemán: Luxemburg), tamén coñecida como cidade de Luxemburgo (luxemburgués: Stad Lëtzebuerg ou d'Stad, francés: Ville de Luxembourg, alemán: Stadt Luxemburg, Luxemburg-Stadt), é a capital do Gran Ducado de Luxemburgo, e a comuna máis poboada do país. A miudo, simplemente, denomínase d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor). Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, no sur de Luxemburgo, a cidade está no corazón de Europa occidental, situada a 213 km. por estrada de Bruxelas, 372 km. de París e 209 km. de Colonia. A cidade contén o castelo de Luxemburgo, construído polos francos na Idade Media temperá, ao redor do cal se desenvolveu un asentamento.

En xaneiro de 2019, a cidade de Luxemburgo tiña 119.214 habitantes, que é máis de tres veces a poboación da segunda comuna máis poboada do país (Esch-sur-Alzette). A poboación da cidade está composta por 160 nacionalidades. Os estranxeiros representan o 70% da poboación da cidade, mentres que os luxemburgueses representan o 30% da poboación, e o número de residentes estranxeiros nados na cidade aumenta constantemente cada ano.

Luxemburgo é unha das capitais de facto da Unión Europea (xunto a [Bruxelas]] e Estrasburgo), xa que é a sede de varias institucións, axencias e organismos da Unión Europea, incluído o Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo , o Secretariado do Parlamento Europeo, o Banco Europeo de Investimentos, o Fondo Europeo de Investimentos e o Mecanismo Europeo de Estabilidade.

Martin Schulz

Martin Schulz, nado o 20 de decembro de 1955 en Hehlrath, daquela República Federal de Alemaña, é un político e libreiro alemán, eurodeputado en representación do Partido Socialdemócrata de Alemaña e dende 2004 voceiro dos socialdemócratas europeos no Parlamento Europeo.

Partido Comunista de Liberación Nacional

O Partido Comunista de Liberación Nacional foi un partido comunista e independentista galego formado o 25 de xullo de 1986 polo Colectivo Comunista 22 de marzo que formaran 13 membros do Comité Central da Unión do Povo Galego desconformes coa decisión do seu V Congreso (nunha votación non exenta de polémica) de aprobar o xuramento da Constitución española no Parlamento de Galicia. As principais figuras do PCLN eran Mariano Abalo (secretario xeral), Manuel Camaño e Xan Carballo, secretario xeral da INTG. Editaron un voceiro (cun único número) baixo o título PCLN, saíndo á rúa o 1 de maio de 1988.

Os membros do PCLN tiveron unha forte influencia no mundo sindical (Vigo, Ourense, O Morrazo, Compostela ou A Coruña) e presenza nas Comisións Labregas e en Mulleres Nacionalistas Galegas.

Na III Asemblea Nacional do BNG (O Carballiño, 1987) decidiuse expulsar ó PCLN polo apoio que este dera a Herri Batasuna nas eleccións ó Parlamento Europeo.

O PCLN iniciou un proceso con outros grupos do independentismo, como Galiza Ceive-OLN e distintos colectivos nacionalistas locais, para constituír en 1988 a Frente Popular Galega. Finalmente acabou disolvéndose nela contra 1990.

Partido Conservador (Reino Unido)

O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. O seu actual líder é David Cameron, quen á súa vez é o 'Leal Líder da Oposición da súa Maxestade a Raíña' e testa do 'Gabinete na sombra'.

O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories', así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.

Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.

O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.

En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.

Partido Galeguista Nacionalista

O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego.

Fundouse en 1984, trala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.

Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión Europeísta, onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).

En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Robert Schuman

Para ver o compositor, prema en Robert Schumann.Robert Schuman, nado en Luxemburgo o 29 de xuño de 1886 e finado en Scy-Chazelles (Moselle) o 4 de setembro de 1963, foi un político francés, que xunto con Konrad Adenauer, Jean Monnet e Alcide de Gasperi é considerado como o "pai de Europa" en referencia á Unión Europea (UE). En 1959 recibiu o Premio Erasmus.

Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.