Paredes de Nava

Paredes de Nava é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 2.072 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°9′10″N 4°41′40″O / 42.15278, -4.69444

Paredes de Nava
Bandera de Paredes de Nava
Escudo de Paredes de Nava
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaTerra de Campos
Xeografía
Altitude775 msnm
Superficie128,98 km²
Demografía
Poboación2.072 hab. (2011)
Densidade16,06 hab./km²
XentilicioParedeño/a
Outros datos
Código postal34300
AlcaldeMaría Montserrat Infante Pescador (PP)
paredesdenava.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alonso Berruguete

Alonso Berruguete, nado en Paredes de Nava, Palencia en 1490 e finado en Toledo en 1561, foi un escultor castelán do manierismo, fillo do pintor Pedro Berruguete. Tamén fixo obras pictóricas.

Aprendeu pintura e escultura no taller familiar; as súas obras de entón evidencian o contacto cos escultores activos en Castela, fundamentalmente en Burgos, Ávila, Valladolid e Palencia. Desde 1507 estivo en Italia ampliando os seus coñecementos de pintura, principalmente en Florencia, onde debeu chegar cara a 1512. Alí é citado varias veces por Vasari, quen constata os seus contactos con Bramante, Michelangelo e Leonardo da Vinci. Estivo entre os manieristas toscanos discípulos de Andrea do Sarto e hai quen afirma que participou activamente na xénese do manierismo pictórico florentino. Copiou o Laocoonte recentemente descuberto en Roma por encargo de Bramante, e iso fai supor que se aliñaba no grupo rival de Michelangelo Buonarrotti.

Os longos anos de estancia en Italia permitíronlle coñecer profundamente aos mestres do Quattrocento e os modelos da escultura grecolatina clásica; na súa obra hai unha admiración profunda pola obra de Donatello, quen lle inspira algúns tipos, e, desde logo, Miguel Anxo, polos seus volumes rotundos e a atormentada terribilitá da súa obra final. De Leonardo da Vinci aprendeu a individualizar os rostros, a pesar do cal todas influencias confluíron nun estilo moi persoal e un temperamento fortemente expresivo, que se reflicte nas súas figuras dun contorno llameante e anguloso que revive a estética do Gótico. Vasari considera que en Florencia copiou os cartóns de Michelangelo realizados para a decoración da sala do Gran Consello.

Instituto Regional de Castilla y León

Instituto Regional de Castilla y León (Instituto Rexional de Castela e León en galego), sociedade rexionalista de Castela e León. Naceu legalmente en Paredes de Nava (Palencia) o 16 de xaneiro de 1976, se ben se constituíra previamente en Lerma. A súa forma legal foi a de Sociedade Anónima, co fin de evitar o control que sobre as asociacións exercía o réxime.

Xurdiu impulsado por persoas da oposición clandestina ao réxime franquista agrupados na denominada "Platajunta". Entre os seus máis de 300 membros predominaban os intelectuais, profesores universitarios, xornalistas, ecoloxistas e membros dos partidos políticos progresistas a título individual.

O Presidente do Instituto Rexional foi José Luis Martín, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Salamanca, e o seu Secretario Xeral Carlos Carrasco, avogado segoviano membro da asociación ecoloxista AEORMA-Cuenca del Duero.

O Instituto Regional de Castilla y León foi o impulsor en 1976 da primeira concentración autonomista de Villalar de los Comuneros e que, malia a prohibición gobernativa, convocou máis de 400 persoas que posteriormente foron disoltas pola Garda Civil. Un ano despois, en 1977, o Instituto Regional de Castilla y León fixo a convocatoria de Villalar conxuntamente coa Alianza Regional de Castilla y León. Ese ano o acto se foi autorizado e participaron preto de 20.000 persoas.

Coa chegada da democracia e a posterior consecución da autonomía de Castela e León, o Instituto Regional deixou a súa actividade. A maioría dos seus membros incorporáronse entón aos distintos partidos políticos, fundamentalmente da esquerda e o centro-esquerda.

Jorge Manrique

Jorge Manrique, nado en Paredes de Nava, Palencia, cara ao ano 1440 e finado en Castillo de Garcimuñoz, Cuenca, no 1479, foi un poeta español. Debe a súa sona ao poema Coplas por la muerte de su padre.

Juan Zavala de la Puente

Juan Zavala de la Puente (ás veces Juan de Zavala; ou Juan Zabala). Conde de Paredes de Nava e Marqués de Sierra Bullones. (Lima, 1804 - Madrid, 1879). Militar e político español. Foi Presidente do Goberno de España.

Logo da declaración de independencia do Perú regresou á Península Ibérica, ingresando na carreira militar. Participou durante a Primeira Guerra Carlista no bando leal a Isabel II. Foi comisionado por Baldomero Espartero para preparar o Convenio de Oñati, que, posteriormente, asinarían o propio Duque de la Victoria e máis o xeneral carlista Rafael Maroto, pondo fin á guerra. Ao longo da guerra, Zavala ascendeu ata o grao de tenente xeneral.

Durante o reinado de Isabel II, foi un dos xenerais que participaron, con Leopoldo O'Donnell ao mando, na guerra de África, obtendo méritos que lle valeron o marquesado de Sierra Bullones. Foi ministro de Mariña nos gobernos da Unión Liberal. En 1874, no ano final do Sexenio Democrático, na República Unitaria, da que o xeneral Serrano era o home forte, nomeou D. Juan Zavala como Presidente do Consello de Ministros, actuando como tal desde o 26 de febreiro de 1874, á par que seguía a ostentar o Ministerio da Guerra. Zavala foi substituído nese mesmo ano, o 13 de maio, por Sagasta.

Leonor de Guzmán

Leonor de Guzmán, nada en Sevilla no 1310 e finada en Talavera de la Reina no 1351, foi unha nobre castelá, amante do rei Afonso XI de Castela. Froito da relación entre ambos naceu, entre outros, Henrique II de Castela, primeiro monarca da Casa de Trastámara. A relación entre Leonor de Guzmán e o rei de Castela serviría de inspiración para a ópera La Favorita, de Gaetano Donizetti.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León

A liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León é unha liña de alta velocidade que se estende entre a estación de Valladolid-Campo Grande e a estación de León pasando pola estación de Palencia. Constitúe parte do ramal norte/noroeste do ferrocarril de alta velocidade de España e inaugurouse o 29 de setembro de 2015, estando operativa para viaxeiros desde o día seguinte.O trazado foi deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Cunha lonxitude total de 166,141 km e un novo trazado de 165,217 km (desde o cambiador clausurado de San Isidro, en Valladolid), consta de plataforma para vía dobre con ancho estándar (1435 mm), con tramos de vía dobre (80,967 km) e outros de vía única (84,250 km), e será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h.

Con esta liña dáse continuidade á LAV Madrid-Segovia-Valladolid e fai posible as futuras conexións cara a Asturias, Cantabria e Euskadi.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Pedro Henríques de Castela

Pedro Henríques de Castela, tamén coñecido como Pedro Enríquez de Castilla, nado contra 1355, e finado en Ourense o 2 de maio de 1400, foi un magnate castelán, fillo ilexítimo de Fadrique Afonso de Castela, mestre da Orde de Santiago. Era neto do rei Afonso XI de Castela.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

Xoán I de Galiza e León

Xoán I de Galiza e León, nado en Sevilla cara a 1262 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.