Pardo de Cela

Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, coñecido como don Pedro Pardo de Cela, nado en Betanzos cara ao 1425 e executado en Mondoñedo o 3 de outubro de 1483[1], foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos.

Pardo de Cela
Mariscal
Pero pardo de cela
Copia dun lenzo que representa a Pedro Pardo de Cela no Castelo da Frouxeira

Nome completoPedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira
Nacementoc. 1425
Betanzos
Falecemento3 de outubro de 1483
Mondoñedo
RexenteReis Católicos
ConsorteIsabel de Castro
DescendenciaConstanza de Castro e Beatriz
ProxenitoresXoán Nunes Pardo de Cela, o Vello
Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar

Sinatura do mariscal Pardo de Cela nun documento do arquivo dos duques de Alba

Traxectoria

CasteloCastrodouro
Torre do castelo de Castrodouro, e ruínas das murallas ao fondo.

Segundo fillo de Xoán Nunes Pardo de Cela, o Vello, comendeiro do bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer o seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, Isabel de Castro, que viñera co seu tío, Pedro Enrique de Castro, bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era meiriño, en representación da Casa de Lemos. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en 1445, Pedro Pardo trasládase a Viveiro, onde chega a ser alcalde (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en 1474 xa ten o título de Mariscal. Merca a "casa do Carballo de Galdo", cabeza do seu morgado. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real.

Foi pai de Constanza de Castro e de Beatriz:

A revolta irmandiña

Artigo principal: Revolta irmandiña.

A pesar de que a historiografía galeguista chega ao extremo de facer del un irmandiño, o certo é que foi un dos seus máis acérrimos inimigos e tivo que fuxir de Galiza até a restauración nobiliaria. Da súa ferocidade dá conta a famosa frase referida por Pedro Paxariño no preito Tabera - Fonseca, onde Pardo de Cela lle di ao Conde de Lemos que aforque todos os seus servos:

Ao finalizar a revolta co restablecemento da nobreza e da Santa Irmandade, aínda ficaron preitos pendentes, en 1467 a Condesa de Santa Marta queixábase á Irmandade:

En 1469 o Concello de Viveiro envía unha relación ao rei, na que se queixan da violencia dos nobres:

A guerra de sucesión

Artigo principal: Guerra de Sucesión Castelá.
IsabellaofCastile03
A raíña Sabela era curmá de Isabel de Castro, a muller de Pedro Pardo.

Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela, acusando á filla do rei, Xoana, de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa la Beltraneja. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira máis lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela, xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca, puxéronse da parte de Isabel, e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.

O enfrontamento coa coroa

O seu apoio a Isabel a Católica contra a pretendente lexítima Xoana a Beltranexa foi axiña recompensado pola nova raíña ratificando todos os seus privilexios e sendo confirmado no seu cargo de alcalde de Viveiro. Pero o mariscal non ía acomodarse á política de control da nobreza dos novos reis e logo entrou en conflito con eles. No 1476 é destituído da alcaldía polos Reis Católicos e o posto de alcalde pasa a ser para Xoán de Viveiro, quen xa fora alcalde antes de que Henrique IV nomeara a Pardo de Cela. A historia é moi curiosa xa que a muller de Xoán de Viveiro era María de Acuña, a madriña do casamento dos Reis Católicos. Pedro Pardo tiña o poder do Señorío de Viveiro xa que o rei Henrique IV o recompensara polo seu apoio. Pero cando este morreu, Pardo de Cela xa non tiña un valedor, polo que o Señorío volveu ás mans de Xoán de Viveiro. Isto condicionou moito a relación de Pedro Pardo cos Reis Católicos. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes Fernando de Aragón prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación. Ese mesmo ano os Reis Católicos escriben aos concellos de Santa Marta de Ortigueira e Mondoñedo para que non o deixen entrar nas súas lindes. É neste clima de enfrontamento cos cidadáns e coa coroa que chega a Galiza en 1480 Fernando de Acuña con ordes claras de pacificar o reino e restabelecer os dereitos usurpados, como lle escribiu a raíña ese mesmo ano:

Asustado ante o perigo que corre a súa vida, pide unha carta de "seguro e amparo" aos Reis e refúxiase na Fortaleza da Frouseira, onde se fai forte e derrota decote ás tropas castelás e ás "hermandades", comandadas por Acuña e Luis de Mudarra. A raíña confirma en carta a Fernando de Acuña o 4 de novembro de 1480 a fidelidade do seu vasalo:

Aínda así a súa persecución continúa. En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en Castrodouro (no actual concello de Alfoz, Lugo) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.

Catholic monarch territories-1500
Mapa dos reinos e territorios gobernados polos Reis Católicos arredor do ano 1500. A dúas cores os reinos que foron sometidos ou anexados no seu mandato; Galicia, Navarra e Granada.

A causa da súa morte non fica clara. A tradicional atribución a unha vontade explícita dos reis non está documentada, o que levou a algúns estudosos a atribuíla a enfrontamentos coa nobreza local que naquel momento apoiaba a Acuña (e que tiña moitos asuntos pendentes co mariscal). Xa as crónicas da época insinúan a situación de Acuña aínda que sen deixar claro quen apoiaba a quen:

Isto apoia a teoría de que Acuña, incapaz de controlar o territorio aproveitou un momento de debilidade dos seus opoñentes coa morte do Conde de Lemos para dar un golpe de forza e intentar subxugar a nobreza rebelde. Isto concorda co feito de que Fernando de Acuña foi deposto do seu cargo a comezos do ano seguinte, aínda que non perdeu a confianza dos reis e acabaría os seus días como vicerrei en Sicilia.

A Mariscala
A Mariscala, cadea que a tradición di que mantivo preso a Pardo de Cela.

A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da historia de Galicia. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminal sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno. A nobreza galega da época dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e intentaba extorsionar aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas.

A lenda

Segundo a lenda, os mandatarios reais tramaron a traizón da Frouseira ante a imposibilidade de poder conquistala. A Pardo de Cela teríano vendido os 23 criados que defendían a fortaleza. Os "cantares" din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. A rexa loita durante tres anos na Frouseira, a traizón dos criados e a degolación, coas semellanzas á morte de Xesús, convérteno axiña en mito e comeza a ser trobado en feiras e mercados.

Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,

A Ponte do Pasatempo

Ponte Pasatempo
A Ponte do Pasatempo en Mondoñedo.

Non obstante, a lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal di que a súa muller, Isabel de Castro, traía con ela o perdón real cando foi entretida no lugar desde entón coñecido como "Ponte do Pasatempo" polas xentes do bispo de Mondoñedo, inimigo do Mariscal. Porén, a execución xa se estaría a consumar, e a cabeza do mariscal, xa desprendida do corpo, estaría a rodar polos banzos do cadafalso, mentres os seus beizos pronunciaban as verbas "credo, credo, credo".[11]

Actualmente, a Ponte do Pasatempo é un lugar moi visitado de Mondoñedo, e a lenda en torno á morte do Mariscal ten feito correr ríos de tinta en forma de poemas, cancións, novelas, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas destinados a esclarecer que parte podería ter de verdade.

A tumba do mariscal

O único que sabemos dos últimos meses do Mariscal é grazas á chamada "Relazón da carta executoria" (da cal existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán). Unha Relazón foi atopada no pazo dos Taboi, concello de Outeiro de Rei, e escrita con case toda seguridade por un membro da familia dos Saavedra, aló polo ano 1515.

Nese texto, exprésase a propósito do seu soterramento:

MondonhedoCatedral.jpeg
Pero Pardo foi degolado publicamente na praza de Mondoñedo fronte á catedral

Parece que foi exactamente así como di a "Relazón" pois, ao facer unhas obras na catedral mindoniense o día 16 de marzo de 1965, quedou ao descuberto unha sepultura co escudo de armas do Mariscal e coa inscrición Pardo de Cela arno de Viveiro no mesmo sitio que sinala o documento. Levantada a lápida, apareceron tres cranios cos ósos correspondentes e, debaixo deles, os restos do citado arcediago [= arno], Xoán Pardo de Cela, que morrera no 1613.

Como sinala o doutor Enrique Cal Pardo no prólogo do libro "Mito do Mariscal", é evidente a relación familiar dos restos do Mariscal e do seu fillo coa tumba do arcediago se engadimos que ademais se atopou unha moeda coa efixie de Henrique IV –segundo testemuño do doutor D. F. Mayán, presente durante a apertura da tumba-. Evidentemente esta moeda non podía ser do arcediago.

Co gallo destas obras trasladouse a lápida do Mariscal a outro sitio da Catedral mindoniense. Concretamente, púxose en fronte da capela da Virxe Inglesa. Durante este traslado deteriorouse a lápida: aínda hoxe ten cemento enriba e na actualidade é ilexible. A colocación orixinal da tumba era xunto ao Pulpito do Evangeo, e porta da Capela mor da Catedral segundo a familia Saavedra.

Notas

  1. "Descobren o testamento de Pardo de Cela. O Mariscal morreu o 3 de outubro de 1483 e tiña un fillo ilexítimo". culturagalega.gal. 22 de xaneiro de 2013.
  2. Vasco da Ponte. Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Parágrafo 180.
  3. Vasco da Ponte. Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Par. 114.
  4. Preito Tabera - Fonseca, Folio 341.
  5. Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática, Ed. Pardo de Guevara y Valdés: Notas para una relectura del fenómeno hermandino de 1467.
  6. Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática, Ed. Villaamil y Castro "El Mariscal Pardo de Cela", en Galicia Histórica, I, páxinas 83-98.
  7. Laura Fernández Vega, La Real Audiencia de Galicia, Deputación Provincial da Coruña, 1982 pp 8-9.
  8. Historia de Galicia, Via Láctea Volume III páx. 317
  9. Vasco da Ponte. Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia.
  10. O Marechal Pero Pardo de Cela.
  11. A execución do Marechal Pero Pardo de Cela.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

17 de decembro

O 17 de decembro é o día número 351 do ano no calendario gregoriano e o número 352 nos anos bisestos. Quedan 14 días para rematar o ano.

7 de decembro

O 7 de decembro é o 341º día do ano do calendario gregoriano e o 342º nos anos bisestos. Quedan 24 días para finalizar o ano.

A Pontenova

A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 2.470 habitantes (1.196 homes e 1.274 mulleres) (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés».

Alfoz

Alfoz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é alfocego ou alfocés.

Castelo da Frouxeira

O castelo da Frouxeira é unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. As súas ruínas están declaradas Ben de Interese Cultural.

Castelo do Castrodouro

O Castelo do Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no concello de Alfoz e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.

Cela, Outeiro de Rei

Santa María de Cela é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 225 habitantes, deles 128 eran homes e 127 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 284 habitantes.

Comité Revoluzonareo Arredista Galego

O Comité Revoluzonareo Arredista Galego (C.R.A.G.) foi unha agrupación política soberanista galega fundada na Habana por Fuco Gómez en 1921. Estaba artellada do mesmo xeito que as sociedades secretas nacionalistas irlandesas ou catalás do momento. Perseguía a caída da monarquía, da ditadura de Primo de Rivera e a independencia de Galicia. Mantiña unha liña ideolóxica parella á Sociedade Nazonalista Pondal de Buenos Aires. O seu carácter de organización secreta e clandestina dificulta o acceso aos historiadores aos seus textos. A intención era artellar e coordenar o movemento arredista galego desde Cuba pero con grupos activos en Galicia.

O 25 de xullo do 1922, o C.R.A.G. fixo a declaración Independenza ou morte.

En outubro de 1933, o Comité Revoluzonario Arredista Galego publica na Coruña o panfleto “A independencia absoluta, única salvación de Galicia”, manifesto que denuncia a dependencia económica de Galiza baixo o réxime republicano español. Esta publicación foi requisada por orde gobernativa por promover a instauración o 17 de Nadal dese mesmo ano a República Galega en todas as cidades do país, coincidindo co aniversario do asasinato de Pardo de Cela, colocando a bandeira arredista nas casas consistoriais. E ao ser Fuco Gómez o seu autor ten que fuxir a Portugal.

Constanza de Castro

Constanza de Castro foi unha relevante aristócrata galega de finais do século XV.

Decapitación

A decapitación (do latín caput, capitis, que significa testa) é un xeito de execución que consiste en separar a cabeza do corpo. O resultado é a morte instantánea, xa que cercenar a testa priva a tódolos órganos das súas funcións involuntarias que son esenciais para o corpo, mentres que o cerebro é privado de sangue osixenado.

A decapitación realízase xeralmente cun coitelo, espada, sabre, machado ou guillotina e durante moito tempo foi unha forma normal de aplicala pena de morte. A decapitación accidental pode ser o resultado dunha explosión, accidente de coche ou industrial, a execución errada por enforcamento ou outra ferida violenta. O suicidio por decapitación é raro pero non descoñecido. É unha pena de morte legal en Arabia Saudita, Qatar e Iemen, pero só se aplica no primeiro país.

Día Nacional de Galicia

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

Fernando de Acuña

Fernando de Acuña y de Herrera, falecido en Sicilia en 1495, foi o primeiro gobernador e xustiza maior do reino de Galicia entre 1480 e 1484, nomeado polos reis Católicos co obxectivo de pacificar un reino conflitivo e permanentemente en pé de guerra. A súa decisión máis discutida e aínda hoxe non aclarada foi a de executar o mariscal Pardo de Cela en 1483.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

O Mariscal

O Mariscal é unha obra teatral de intención política escrita por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, baseada na vida de Pardo de Cela. Se ben o primeiro manuscrito está datado en Mos en 1920, foi publicada pola editorial Lar en 1926, con debuxos de Álvaro Cebreiro.

O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Samarugo, Vilalba

Santiago de Samarugo é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 166 habitantes (81 homes e 85 mulleres) repartidos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 217 habitantes.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.