Paraguai

Paraguai[1] (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Tetã Paraguái) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia. Por mor da súa localización central en América do Sur, tamén é coñecido como o Corazón de Suramérica.[2]

Coordenadas: 23°S 58°O / -23, -58

República de Paraguai
República del Paraguay
Tetã Paraguái
Bandeira de Paraguai
Escudo de Paraguai
BandeiraEscudo
Paraguay (orthographic projection)
Lema: Paz y Justicia
Capital
 • Poboación
Asunción
1 582 559 (2005)
Cidade máis poboadaAsunción
Linguas oficiaisCastelán, Guaraní
Forma de gobernoRepública democrática
Mario Abdo Benítez
Hugo Velázquez
 • Data15 de maio de 1811
SuperficiePosto 59º
 • Total406 752 km²
 • % auga2,3%
Fronteiras3.920 km km
CostasNon ten km
PoboaciónPosto 100º
 • Total (2007)6 669 086 hab.
 • Densidade14 hab./km²
PIB (nominal)Posto 114º
 • Total (2009)12 825 millóns US$
 • per cápita1 878 US$ (2007)
PIB (PPA)Posto 97º
 • Total (2006)31 213 millóns US$
 • per cápita5 277 US$ (2006)
MoedaGuaraní (PYG)
IDH (2008)0,752 (98º) – medio
XentilicioParaguaio, -a
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-3
Dominio de Internet.py
Prefixo telefónico+595
Prefixo radiofónicoZPA-ZPZ
Código ISO600 / PRY / PY
Membro de: ONU, OEA, CSN, Mercosur, CIN, OEI, Grupo de Río,

Historia

Os primeiros colonos españois chegaron ao Paraguai no comezo do século XVI. A cidade de Asunción, fundada o 15 de agosto de 1537, logo se tornou o centro dunha provincia nas colonias españolas na América do Sur.

O 15 de maio de 1811, Paraguai declarou a súa independencia. Cun rápido crecemento económico e militar nos anos que proseguiron á independencia, Paraguai tornouse un país auto-suficiente, e unha potencia rexional no continente.

A Guerra da Tripla Alianza, entre 1865 a 1870, composta pola Arxentina, o Brasil e o Uruguai, apoiados economicamente polo Reino Unido. Esta guerra foi motivada principalmente pola ambición paraguaia dunha saída para o mar, que no final acabou custando non soamente todo o crecemento entón alcanzado, senón tamén a morte de dous terzos da poboación do sexo masculino e perda de territorios, en grande parte, para a Arxentina. A economía paraguaia ficaría estancada os seguintes 50 anos.

Tropas bolivianas invadiron Paraguai en 1932, desencadeando a Guerra do Chaco, (1932-1935), e culminando con vitoria paraguaia e a anexión do Chaco ao país.

Desde 1989, cando o réxime militar de máis de 35 anos de Alfredo Stroessner rematou, o Paraguai foi gobernado por presidentes electos democraticamente. Os maiores desafíos de Paraguai desde entón foron a crecente inestabilidade política e a corrupción en alza.

Política

En 1992, foi publicada oficialmente unha nova constitución, en vigor ata hoxe, que substituíu a antiga constitución de 1967. De acordo coa actual constitución paraguaia, o sistema de goberno é a democracia representativa. O poder executivo é exercido polo Presidente e polo vice-presidente, que son escollidos polo pobo a través de voto directo, para un mandato de cinco anos consecutivos, sen dereito á reelección, isto é, o xefe de Estado e de goberno non debe ser electo dúas veces, e gobernan baixo asesoría do Consello de Ministros. O presidente participa da aprobación da lexislación e ordena a súa publicación, podendo negar leis orixinadas no lexislativo.

O poder lexislativo é bicameral, formado polas dúas casas do Congreso, ou sexa, pola Cámara dos Deputados, de 80 membros, e polo Senado, de 45 membros, escollidos en ambos os casos para un mandato de cinco anos, por voto popular. O voto é imposto por lei para todos os electores a partir dos 18 anos.

A Corte Suprema de Xustiza é a instancia máxima do poder xudiciario, composta de nove membros nomeados polo presidente, e ten o poder de declarar a inconstitucionalidade de leis.

O principais partidos políticos son o Colorado (Asociación Nacional Republicana), o Liberal Radical Auténtico e Encuentro Nacional. O Paraguai está dividido en 18 departamentos incluíndose a capital, Asunción. Cada departamento ten como xefe de goberno un gobernador electo.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Paraguai.

O Paraguai está dividido en 17 departamentos. Cada departamento divídese en distritos. Os distritos subdivídense en partidos e os partidos en compañías. Asunción, a capital, forma un distrito federal.

Paraguay adm location map

Xeografía

Barco en el Rio Paraguay
O río Paraguai parte en dous a Paraguai.

O río Paraguai divide ao Paraguai en dúas rexións: ao oeste a rexión Occidental ou Chaco e ao leste a rexión Oriental.

A Rexión Oriental abrangue o 39% do territorio total e posúe o 97,3% da poboación. Ten máis de 800 ríos e regatos e o 95% das súas terras son cultivables. Nesta rexión están as principais institucións da República e os patrimonios históricos e culturais máis importantes. Ten 14 Departamentos. Nesta rexión a temperatura media anual é de 24 °C. O punto máis alto é o cerro Tres Kandú con 842 m. Está moi afectada pola deforestación, xa que en 1945 o 55% da súa superficie encontrábase cuberta por bosques, e no 2004, só o 6% se atopaba cuberto por bosques.

A Rexión Occidental ou Chaco ten o 61% do territorio da República e posúe pouco máis do 2% da poboación total. O seu territorio está formado por un fondo mariño que emerxeu na era cuaternaria. Esta rexión posúe terras secas e arxilosas, poboada de extensos matorrais e palmares, esteros, lagos e regatos. Ten tres Departamentos e a súa produción económica baséase nos cultivos e a gandería. A súa temperatura media anual é de 31 °C. O punto máis alto do Chaco é o Cerro León con 604 m. Segundo datos da SEAM, Secretaría do Medio Ambiente de Paraguai, o 65% desta rexión atópase cuberta por bosques.

Economía

Artigo principal: Economía de Paraguai.

Demografía

A maioría da poboación de Paraguai é de mestizos de colonizadores hispánicos con nativos. Hai poboación branca de orixe predominantemente española. Ata hoxe a maior parte da poboación fala o guaraní, ademais da lingua española.

Principais cidades

  • Asunción: 500 mil habitantes, máis de 1.5 millón na súa zona metropolitana
  • Ciudad del Este: 240 mil habitantes
  • San Lorenzo: 120 mil habitantes
  • Encarnación: 85 mil habitantes
  • Concepción: 75 mil habitantes

Cultura

Festivos

Data Nome en galego Nome local (en español) Observacións
1 de xaneiro Ano Novo Año Nuevo
6 de xaneiro Día dos Reis Día de los Reyes
3 de febreiro Día do Patrono do Paraguai Día del Patrono del Paraguay
1 de marzo Día dos Heroes Día de los Héroes
(varía) Xoves e Venres Santo Jueves y Viernes Santo
1 de maio Día dos Traballadores Día de los Trabajadores
15 de maio Día da Independencia Día de la Independencia
12 de xuño Día da Paz no Chaco Día de la Paz del Chaco
14 de agosto Día da bandeira Día de la Bandera
15 de agosto Fundación de Asunción Día de la Fundación de Asunción Aniversario da capital nacional
16 de agosto Día dos Nenos Día de los Niños Os nenos fican na casa
29 de setembro Día da Batalla de Boquerón Día de la Batalla de Boquerón
8 de decembro Día da Virxe de Caacupé Día de la Virgen de Caacupé
25 de decembro Nadal Navidad

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paraguaio.
  2. "En el corazón de Sudamérica". ABC. Consultado o 12 de decembro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.py

.py é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para o Paraguai.

Alfredo Stroessner

Alfredo Stroessner Matiauda, nado o 3 de novembro de 1912 en Encarnación, e finado o 16 de agosto de 2006 en Brasilia, foi un militar, político e ditador paraguaio. Foi Presidente de Paraguai entre o 15 de agosto de 1954 e o 3 de febreiro de 1989, onde exerceu unha ditadura que durou 35 anos.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Arpa

A arpa é un instrumento de corda pulsada formado por un marco resoante e unha serie variable de cordas tensadas entre a sección inferior e a superior. O son obtense ó tocar as cordas cos dedos. O músico que a toca chámase arpista.

As arpas coñécense dende a Antigüidade en Asia, África e Europa; remóntanse polo menos ó ano 3500 a. C. Este instrumento alcanzou gran popularidade en Europa durante a Idade Media e o Renacemento, onde se evolucionou dando lugar a unha ampla gama de variantes. Estendeuse chegando ás colonias de Europa, logrando unha especial popularidade en América Latina. Mentres que algúns membros antigos da familia da arpa extinguíronse en Oriente Próximo e Asia meridional, hai descendentes das arpas temperás que aínda se tocan en Birmania e en África subsahariana, mentres que outras variantes difundidas en Europa e Asia foron recuperadas por músicos na era moderna.

Algúns dos tipos de arpas son a arpa clásica, usada actualmente nas orquestras, a arpa celta, a arpa andina, a arpa llanera ou a arpa paraguaia. A arpa é un instrumento característico nas músicas tradicionais de países como Irlanda, Paraguai, Perú, Venezuela, México, Chile e Colombia entre outros.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Asunción

Asunción (en guaraní: Paraguay), é a capital do Paraguai, centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción,que inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, comprende unha cifra estimada próxima a 1 700 000 habitantes.

Asunción é unha das máis antigas cidades de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731, unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Tripla Alianza (1865-1870), Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.

Avelino Rodríguez Elías

Avelino Rodríguez Elías, nado en Afife (Portugal) en 1872 e finado en Asunción (Paraguai) o 13 de febreiro de 1958, foi un escritor e xornalista galego.

Bandeira de Paraguai

A bandeira de Paraguai foi adoptada en 1842. O emblema e as proporcións variaron ó longo do tempo. A actual presenta tres franxas horizontais de igual anchura coas cores vermello, branco e azul. Tivo a súa creación oficial no Congreso Xeral Extraordinario do Parlamento nacional, o 25 de novembro de 1842. No anverso, a bandeira leva un escudo coa imaxe dun león acompañado dun gorro frixio e a inscrición “Paz e Xustiza”; no reverso presenta outro escudo, con dúas ramas de palma e olivo que se curvan en forma de coroa, rodeando a unha estrela.

Bolivia

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimará: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da selva amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.

Copa América

A Copa América de fútbol é o campionato de seleccións masculinas nacionais dese deporte máis importante do continente americano, organizado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol). A Copa América é un do tres eventos futbolísticos máis importantes a nivel de seleccións, xunto á Copa Mundial de Fútbol e a Eurocopa. Para a Copa América 2007 estimouse unha audiencia de 530 millóns de persoas en América Latina e a nivel mundial unha audiencia acumulada de 4.000 millóns de persoas pertencentes aos 185 países en que o evento foi retransmitido.

Estado do Paraná

O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste con Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lingua guaraní

O guaraní, facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia Tupí-guaraní das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co español), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe. É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004; tamén é lingua oficial de Mercosur.O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en América, onde a substitución lingüística cara as linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de antergos españois e guaranís).

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial do Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní.

Mato Groso do Sur

Mato Groso do Sur (en portugués, Mato Grosso do Sul) é un estado brasileiro localizado ó sur da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Mato Groso ó norte, Goiás ó nordeste, Minas Xerais e São Paulo ó leste, Paraná ó sueste, o Paraguai ó sur e suroeste, e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 358.158,7 km². A capital é a cidade de Campo Grande. Outras cidades importantes son: Dourados, Corumbá e Três Lagoas.

O ecosistema do Pantanal ocupa o extremo oeste do Estado; as planicies ocupan o noroeste; e as mesetas con escarpados das Serra da Bodoquena, o este. Os ríos Paraguai, río Paraná, Paranaíba, Miranda, Aquidauana, Taquiri, Negro, Apa e Correntes son os ríos principais.

Río Paraná

O río Paraná é un río suramericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o río Amazonas. O seu curso transcorre polos territorios de Brasil, Paraguai e a Arxentina, cun percorrido de 2.570 km. A súa lonxitude podería ser considerada superior (3.998 km) se se contase a distancia desde a cabeceira do río Paranaiba, en Brasil. O nome Paraná provén da lingua tupí e significa "como o mar". Na súa conca viven, aproximadamente, 75 millóns de persoas.

Selección de fútbol de Paraguai

A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Suráfrica 2010.

Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións do Brasil e Chile, respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico suramericano.

Países
Países con parte do
seu territorio en América do Sur
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.