Paradela

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Coordenadas: 42°45′56.11″N 7°34′3.62″O / 42.7655861, -7.5676722

Paradela
Bandeira de Paradela
---
Escudo de Paradela
Río Miño, Galiza
Río Miño ó seu paso por Paradela.
Situacion Paradela
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.820 hab. (2018)
Área121,1 km²
Densidade15,03 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Mato Díaz (PPdG [3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Paradela
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes92,36%
Na rede
www.paradela.es

Demografía

Censo Total 1.851 (2017)
Menores de 15 anos 97 (5.24 %)
Entre 15 e 64 anos 1.027 (55.48 %)
Maiores de 65 anos 727 (39.28 %)

Xeografía

Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 120 km², repartidos en 18 parroquias.

Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.

Heráldica

O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.

No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.

A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.

A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.

Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.

Patrimonio

No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.
Centro Socio Cultural Manuel Rodríguez López, Paradela

Centro Socio Cultural Manuel Rodríguez López.

Iglesia de Santa María de Ferreiros

Igrexa de Santa María de Ferreiros.

Casa do concello, Paradela, Lugo

Casa do concello.

Placa altimétrica, concello Paradela

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Paradela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Paradela". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés» (forma oficial), estradense (forma popular) ou estratense (forma culta).

Bóveda

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bovedés ou bovedense.

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Castro de Rei de Lemos, Paradela

Santa María de Castro de Rei de Lemos é unha parroquia do concello lugués de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 576 habitantes, deles 294 eran homes e 282 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Sarria

A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.

Ferreiros, Paradela

Santa María de Ferreiros é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 122 habitantes, deles 63 eran homes e 59 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Paradela, A Estrada

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 189 persoas (101 mulleres e 88 homes), distribuída en 4 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 270 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Paradela, Castro Caldelas

San Vicenzo de Paradela é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 47 habitantes, deles 23 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Paradela, Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Paradela, O Bolo

San Sebastián de Paradela é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Bolo. Segundo o INE en 2010 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 16 habitantes.

Paradela, O Corgo

San Fiz de Paradela é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 165 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 86 homes e 79 mulleres. O que supón unha diminución de 38 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 203 habitantes (104 homes e 99 mulleres) e 42 menos que en 2000.

Paradela, Sofán, Carballo

Paradela é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 87 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 41 homes e 46 mulleres.

É a aldea máis poboada de Sofán, só por detrás de Guntián e Bolón.

Paradela, Viana do Bolo

San Pedro de Paradela é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 58 habitantes, deles 35 eran homes e 23 eran mulleres.

Paradela de Abeleda, Porqueira

San Xoán de Paradela de Abeleda é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 179 habitantes (87 homes e 92 mulleres), catro menos ca en 2006.

Porqueira

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Santa Cristina de Paradela, Paradela

Santa Cristina de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes (39 homes e 49 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Santo André de Paradela, Sarria

Santo André de Paradela é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2011 tiña 63 habitantes (35 homes e 28 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 64 habitantes.

Trabadelo

Trabadelo é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 64,73 km², na que vivían 430 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 6,64 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadelés» .

Xesús Mato Mato

Xesús Mato Mato, nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o 29 de outubro de 1932, é un sacerdote, musicólogo e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.