Parada de Sil

Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).

Coordenadas: 42°22′59″N 07°34′8″O / 42.38306, -7.56889

Parada de Sil
Escudo de Parada de Sil
Concello de Parada do Sil
Casa do Concello de Parada de Sil.
Situacion Parada de Sil
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación564 hab. (2018)
Área62,4 km²
Densidade9,04 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaAquilino Domínguez Díaz (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Parada de Sil
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,50%
Na rede
http://www.paradadesil.es/

Poboación

Censo total 564 (2018)
Menores de 15 anos 18 (3.19 %)
Entre 15 e 64 anos 274 (48.58 %)
Maiores de 65 anos 272 (48.23 %)
Estranxeiros 11 (1.85 %)
Evolución da poboación de Parada de Sil   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.287 3.272 2.912 2.287 788 670 648 648 642 634 605 592 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.

A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.

Historia

Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.

Patrimonio

No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.

Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.

O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.

O escudo do concello foi proposta por Francisco Ogando Vázquez e Fernando González Suárez en marzo de 1988, e aprobado pola Xunta de Galicia polo decreto 563/1990 do 20 de decembro. O primeiro e cuarto cuarteis fan referencia ás nove mitras de ouro (cinco e catro respectivamente), sobre fondo sinople. O segundo cuartel leva as armas dos Castro, condes de Lemos: seis roeis azuis sobre campo de prata. O terceiro cuartel leva unha palma de ouro baixo unha coroa real da mesma cor, en campo de goles. Ao timbre, coroa real pechada.

Galería de Imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Parada de Sil.
Mas Ribeira Sacra

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Lugares de Parada de Sil

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Parada de Sil vexa: Lugares de Parada de Sil.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Parada de Sil". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Hedrada, Parada de Sil

Santiago da Hedrada é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 106 habitantes, deles 50 eran homes e 56 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Antonio Carreño

Antonio Carreño González, nado en Parada de Sil o 1 de xullo de 1939, é un profesor e crítico literario galego.

As Paradellas, Parada de Sil

Santa María das Paradellas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2011 tiña 34 habitantes.

Barantes, Sober

San Xoán de Barantes é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 60 habitantes, 31 eran homes e 29 eran mulleres.

Limita ao norte coa parroquia de Figueiroá, ao oeste coa de Bolmente, ao leste coa de Santiorxo, e ao sur coa de Caxide, no concello ourensán de Parada de Sil, do que está separada polo río Sil.

Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova

A capela e necrópole de San Vítor de Barxacova é un conxunto arqueolóxico situada no concello de Parada de Sil, formado polos restos dunha capela medieval e unha necrópole con tumbas antropomorfas escavada en pedra.

Castro, Caxide, Parada de Sil

Castro é un lugar da parroquia de Caxide, no concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Tiña 9 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 4 eran mulleres.

Caxide, Caxide, Parada de Sil

Caxide é un lugar da parroquia de Caxide, no concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Tiña 25 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 eran homes e 10 eran mulleres.

Caxide, Parada de Sil

Santa Cristina de Caxide é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 80 habitantes, deles 33 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Chandrexa, Parada de Sil

Santa María de Chandrexa é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 103 habitantes, deles 50 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Eleccións municipais en Parada de Sil

Corporacións democráticas en Parada de Sil desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Agustín Rodríguez Carreño — UCD

1983 Alcalde: Agustín Rodríguez Carreño — CG

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: Pendente.

1995 Alcalde: Benito Carreño González — PPdeG

1999 Alcalde: Benito Carreño González — PPdeG

2003 Alcalde: Benito Carreño González — PPdeGModelo:Parada de Sil 2003

2007 Alcalde: Francisco Magide Bizarro — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Francisco Magide Bizarro — PSdeG-PSOE

2015 Alcaldesa: Yolanda Jácome Rodríguez — PSdeG-PSOECandidatos: Yolanda Jácome Rodríguez (PSdeG-PSOE), Ignacio Juan Martín Amaro (PP) e Manuel Gómez Gómez (CxG-CCTT).

Forcas, Parada de Sil

San Mamede de Forcas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 35 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.

Nesta parroquia atopouse a espada de Forcas, unha espada da idade de bronce conservada no museo arqueolóxico de Ourense. Sobre o río Mao hai unha ponte románica con marcas de canteiro.

Galería de imaxes de Parada de Sil

Galería de imaxes do concello de Parada de Sil na provincia de Ourense.

Gloria Ferreiro

Gloria Ferreiro, nada en Parada de Sil en 1957, é unha actriz galega.

Lugares de Parada de Sil

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Parada de Sil

Parada de Sil, Parada de Sil

Santa Mariña de Parada de Sil é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 193 habitantes, deles 93 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón unha diminución de 47 habitantes en relación ao ano 2000.

Pradomao, Parada de Sil

San Xiao de Pradomao é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. En 2007 tiña 43 habitantes (21 homes e 22 mulleres), un menos ca no ano 2000.

Segundo os datos publicados polo INE o día 1 de xaneiro de 2018, o número de habitantes en Pradomao (aldea) era doce, un menos que o ano anterior (2017).

Pola estrada máis curta desde Ourense a Pradomao, a distancia é de 41 km e a duración aproximada da viaxe é de 52 min.

Sacardebois, Parada de Sil

San Martiño de Sacardebois é unha parroquia do concello de Parada de Sil (provincia de Ourense). Segundo o IGE en 2008 tiña 98 habitantes (46 homes e 52 mulleres) en sete aldeas.

San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil

San Lourenzo de Barxacova é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 21 habitantes, deles 13 eran homes e 8 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.