Parada, Ordes

Santa Mariña de Parada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 316 habitantes (168 mulleres e 148 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 359 habitantes.

Parada
Estación de Parada
Antiga estación de tren de Parada.
ConcelloOrdes
Poboación316 hab. (2013)
Entidades de poboación13

Patrimonio

  • Igrexa de Santa Mariña de Parada. O frontispicio rematouse en 1862. Nave de planta rectangular, fachada cunha porta alintelada e un van. Espadana con dobre corpo. Ten retablo con esculturas no interior.
  • Pazo de Parada.
  • Estación de Ordes - A Pontraga, estación xa abandonada empregada como escola obradoiro.
  • Castro de Parada.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Parroquias de Ordes

Véxase tamén

Outros artigos

A Agrela, Parada, Ordes

A Agrela é un lugar da parroquia de Parada, do concello de Ordes. Neste lugar naceu en 1773 Isabel Zendal Gómez.

O termo Agrela procede do latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra..

Antonio Recouso Boquete

Antonio Recouso Boquete, nado en Ordes o 7 de xullo de 1909 e finado en Parada (Ordes) o 26 de xuño de 1946, foi guerrileiro antifranquista galego.

Enrique Ferreirós Candamio

Enrique Ferreirós Candamio, nado en Muros en 1921, foi guerrileiro antifranquista galego.

Francisco Barreiro Permuy

Francisco Barreiro Permuy, coñecido como O paragüero, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Ordes o 23 de outubro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.

Isabel Zendal

Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar.

José Blanco Núñez

José Blanco Núñez, coñecido como Ferreirín e Pepito, nado na Coruña e finado en 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Remuiñán Barreiro

José Remuiñán Barreiro, Ricardito ou Simeón, nado en Parada (Ordes) e finado en Monfero en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Santiago Temprano

José Santiago Temprano, Henares ou Hornaca, nado na Coruña en 1916 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.