París

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

Coordenadas: 48°51′23.68″N 2°21′6.58″L / 48.8565778, -2.3518278

París
Paris
Flag of Paris with coat of arms
Grandes Armes de Paris
Paris montage
Pirámide do Louvre, Torre Eiffel, Arc de Triomphe, Palacio de Versalles, Skyline de París no río Sena.
Localización
París en Francia

París
París
PaísFrancia Francia
RexiónIlla de Francia
DepartamentoParís
Xeografía
Altitude30 msnm
Superficie105,4 km²
Demografía
Poboación2 190 327 hab. (2016)
Densidade21 289 hab./km²
XentilicioParisiense[1]
Outros datos
Código postal75056/ 75001-75020, 75116
AlcaldeAnne Hidalgo (PS) (2014-2018)
Páxina oficial de París

París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016).[2] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).[3]

A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[4] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[5] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.[6] Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de París.
Plan de Paris 1180 BNF07710746
1180
Plan de Paris 1383 BNF07710748
1383
Plan de Paris 1740 BNF07710703
1740
Paris-LOC cph 3b40741
Imaxe da Torre Eiffel trala súa inauguración en 1889
Paris - Blick vom großen Triumphbogen
Distrito de La Defense

Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade gala.

En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.

Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.

París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos a fixo capital 508, trala vitoria sobre os romanos.

Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.

Entre finais do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a Place des Vosges. O seu sucesor Luís XIII estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Luís XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.

A finais do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.

Trala súa autoproclamación de Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de ter contemplado a Lión para tal privilexio.

Baixo o reinado de Luís Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.

Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros importantes adiantos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na guerra franco-prusiana.

Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).

Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.

En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da Segunda Guerra Mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.

Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o Arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.

Xeografía

Jms paris elevation hydrography
Hidroloxía e outeiros de Paris.

Paris está situado na parte central do norte de Francia, nun arco do río Sena no que hai dúas illas, a Île Saint-Louis e a máis grande Île de la Cité, e no que está a parte máis antiga da cidade. A desembocadura do Sena no Canal da Mancha está a 375 km de París. A cidade espállase amplamente por ambas beiras do río.[7] En xeral, a cidade é relativamente chá; o punto máis baixo está a 35 metros sobre o nivel do mar (msnm) e o máis alto, que é Montmartre, áchase a 135 msnm.

Excluíndo os parques periféricos do Bosque de Boulogne e o de Vincennes, París forma un óvalo de aproximadamente 87 km2 de superficie, rodeado por un anel de 35 km que forma a estrada periférica de París.[8]:69 A última gran anexión de París en 1860 de territorios periféricos non só lle deu a súa forma moderna senón que tamén creou os 20 distritos (municipios) nomeados en sentido horario. A superficie da cidade de 78 km2 en 1860 foi expandéndose marxinalmente ata chegar a ter 86,9 km2 na década de 1920. En 1929, os bosques de Boulogne e de Vincennes foron oficialmente anexados á cidade, co cal a superficie aumentou ata os arredor de 105 km2.[9] A superficie da área metropolitana de París é de 2.300 km2.[7]

Clima

Paris raining autumn cityscape (8252181936)
Outono en Paris.

París ten o típico clima oceánico do oeste europeo, influído pola Corrente do Atlántico Norte. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.[10] Os días de verán son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.[8]:309 Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na vaga de calor de 2003 cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A primavera e o outono teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.[11] No inverno, os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.[12] Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.[13]

París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4°C o 28 de xullo de 1947, e a máis baixa foi de -23,9°C o 10 de decembro de 1879.[14]

Demografía

Demografía da Rexión de París
(segundo estimacións da INSEE no 2005)
Paris metropolitan area
Ile-de-France départements
Áreas Poboación
2005 est.
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1999-2005
crecemento pob.
Cidade de París
(departamento 75)
2.153.600 105 20.433 +1,33%
Anel interno
(Petite Couronne)
(Depts. 92, 93, 94)
4.254.600 657 6.477 +5,34%
Anel externo
(Grande Couronne)
(Depts. 77, 78, 91, 95)
4.991.100 11.249 426 +4,25%
Illa de Francia
(rexión)
11.399.300 12.011 949 +4,08%
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999)
Áreas Poboación
1999 census
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1990-1999
crecemento pob.
Área urbana
(Paris aglomeración)
9.644.507 2.723 3.542 +1,85%
Área metropolitana
(Paris área urbana)
11.174.743 14.518 770 +2,90%

A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes aos arrabais entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrialización, as altas rendas, o aburguesamento dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.

As perdas poboacionais da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo o primeiro medre poboacional na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.

Densidade

París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, tódalas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.

Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.

Organización administrativa

Mairie Paris Luc Viatour
Hôtel de ville de París

Logo da lei do 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é á vez un departamento e un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.

A aglomeración de París

A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.

A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.

Monumentos máis importantes

Arc Triomphe
Arco do Triunfo de París
NotreDameDeParis
Notre Dame de París

Edificios

Xardíns

  • Parque do Bois de Boulogne
  • Parque do Bois de Vincennes
  • Parque Monceau
  • Parque Montsouris
  • Parque das Buttes-Chaumont
  • Xardín das Tullerías
  • Xardín de Luxemburgo

Principais museos

Lugares públicos

Predecesor:
Alemaña Berlín
EU Insignia
Capital Europea da cultura

1989
Sucesor:
Escocia Glasgow

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parisiense.
  2. INSEE. "Populations légales 2016" (en francés). Consultado o 7 de febreiro dee 2019.
  3. INSEE. "INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris" (PDF) (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009.
  4. "Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres". El Economista (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009.
  5. "Défense 2015". ViaMichelin (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de marzo de 2009.
  6. "Visitan París 26 millones de personas al año". El Universal (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2009.
  7. 7,0 7,1 Encyclopædia Britannica Online (ed.). "Paris" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2013.
  8. 8,0 8,1 Lawrence, Rachel; Gondrand, Fabienne (2010). Insight Guides, ed. Paris (City Guide) (en inglés) (12 ed.). Londres. ISBN 9789812820792.
  9. Paris.fr, ed. (15 de novembro de 2007). "Key figures for Paris". Mairie de Paris. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009.
  10. Paris.com (ed.). "Climate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
  11. Paris Convention and Visitors Bureau (ed.). "Climate in Paris". ParisInfo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2013.
  12. Courtney Traub (31 de xaneiro de 2018). "Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  13. Kelby Carr (30 de novembro de 2017). "Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  14. Institut National de la Statistique et des Études Économiques (ed.). "Géographie de la capitale – Le climat" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2006 – vía Paris.fr.
  15. Meteo France, ed. (agosto 2011). "Climatological Information for Paris, France".
  16. Meteo France (ed.). "Paris–Montsouris (984)" (PDF). Fiche Climatologique: Statistiques 1981–2010 et records (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
  17. Infoclimat (ed.). "Normes et records 1961-1990: Paris-Montsouris (75) - altitude 75m" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 19 de maio de 2015.
  18. Weather Atlas (ed.). "Paris, France - Climate data" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Ayers, Andrew (2004). The Architecture of Paris. Axel Mendes. ISBN 9783930698967.
  • Rachel Lawrence, Fabienne Gondrand ‘’et al.’’ (2010). Paris (City Guide) (12th ed.). London: Insight Guides. ISBN 9789812820792.
  • Paris (Tourist Guide). Paris: Michelin. 1990. ISBN 2060135516.
  • Vincent Cronin (1989). Paris on the Eve, 1900–1914. New York: Harper Collins. ISBN 0-312-04876-9.
  • Vincent Cronin (1994). Paris: City of Light, 1919–1939. New York: Harper Collins. ISBN 0-00-215191-X.
  • Jean Favier (23 April 1997). Paris (en French). Fayard. ISBN 2-213-59874-6.
  • Jacques Hillairet (22 April 2005). Connaissance du Vieux Paris (en French). Rivages. ISBN 2-86930-648-2.
  • Colin Jones (2004). Paris: The Biography of a City. New York: Penguin Viking. ISBN 0-670-03393-6.
  • Bernard Marchand (1993). Paris, histoire d'une ville : XIXe-XXe siècle (en French). Paris: Le Seuil. ISBN 978-2-02-012864-3.
  • Rosemary Wakeman (2009). The Heroic City: Paris, 1945–1958. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-87023-6.

Ligazóns externas

Aeroporto de París-Charles de Gaulle

O Aeroporto de París–Charles de Gaulle (en francés: Aéroport de Paris-Charles-de-Gaulle) (IATA: CDG, OACI: LFPG), tamén coñecido por Aeroporto de Roissy, é un dos principais centros de aviación do mundo, así como o aeroporto máis grande de Francia. Leva o nome de Charles de Gaulle (1890–1970), líder das Forzas Francesas Libres e fundador da Quinta República Francesa, así como Presidente de Francia de 1959 a 1969. O aeroporto atópase dentro dos límites de varias comunas, a 25 km ao nordeste de París. O aeroporto serve como o principal hub de Air France.

En 2013, o aeroporto recibiu 62 052 917 pasaxeiros e 497 763 movementos de aeronaves, polo que é o oitavo aeroporto máis ocupado do mundo e o segundo aeroporto con máis tráfico de Europa (despois de Londres–Heathrow) en pasaxeiros servidos. Tamén é o décimo aeroporto do mundo máis ocupado e o aeroporto de Europa con maior movemento de aeronaves. No tráfico de carga, é o oitavo aeroporto do mundo e o máis transitado de Europa, cun movemento de 2 150 950 toneladas métricas de carga en 2012.

AlloCiné

AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal da Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas.

AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002. Dende xuño de 2007 até 2013, estivo baixo a propiedade de Tiger Global, un fondo de investimento americano. Xa en xullo de 2013, Allociné foi mercado por FIMALAC, unha empresa de participación francesa. A sede central corporativa atópase nos Campos Elíseos en París.

Bibliothèque nationale de France

A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimo BnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo. Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvóvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París. As outras son a Richelieu-Louvois e a Louvois.

A Biblioteca é moi coñecida pola súa versión dixital, chamada Gallica. Un decreto do ano 1537, que aínda segue en vigor, esixe que a Biblioteca Nacional de Francia garde un exemplar de tódalas obras que se publican en Francia. Actualmente acolle máis de 13 millóns de libros e 350 000 volumes de manuscritos, así como coleccións de mapas, moedas, documentos, selos e rexistros de son.

Cinémathèque Française

A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.

Distritos de Francia

Os 100 departamentos franceses (départements) a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en 342 distritos (arrondissements) que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.

Entre 1790 e 1800 en Francia, os districts foron o primeiro nivel de subdivisión dos départements, e foron posteriormente substituídos polos arrondissements. Durante parte do século XX, denominouse district a unha forma de mancomunidade de concellos.

A capital dun distrito chámase sous-préfecture (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.

Os distritos agrupan a un número determinado de comunas, a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes cantóns, organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscrición electoral.

Nas cidades de París, Lión e Marsella tamén denomínanse arrondissements ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).

Federación Internacional do Automóbil

A Federación Internacional do Automóbil (en francés: Fédération Internationale de l'Automobile), usualmente referida como a FIA, é unha asociación sen fins de lucro establecida como a Asociación Internacional de Clubs de Automóbiles Reconnus (AIACR) o 20 de xuño de 1904 para representar os intereses das organizacións de tráfico e os usuarios de automóbiles. Para o público en xeral, a FIA é o ente que regula as principais competencias en materia de automobilismo.

Ten a súa sede principal no nº 8 da Place de la Concorde, París, Francia, componse de 213 organizacións nacionais afiliadas en 125 países en todo o mundo. O seu actual presidente é Jean Todt.

En 1950, organizaron o primeiro campionato mundial automobilístico, actualmente coñecido como a Fórmula 1.

En 1973, a FIA estendeu o seu alcance para incluír carreiras de rally, e o Rally de Monte Carlo foi o primeiro evento dese tipo organizado pola FIA.

O seu papel máis destacado é o otorgamiento de licenzas e arbitraxe das carreiras de Fórmula Un.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Frédéric Joliot-Curie

Jean Frédéric Joliot-Curie, nado o 19 de marzo de 1900 en París (Francia) e finado o 14 de agosto de 1958 en París. Marido de Irene Curie, físico, levou xunto coa súa muller o Premio Nobel de Química en 1935.

Henri Moissan

Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

Irène Joliot-Curie

Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.

Jean-Paul Sartre

Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1964, mais rexeitouno. Parella sentimental de Simone de Beauvoir.

Marie Curie

Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.Os seus logros inclúen o desenvolvemento da teoría da radioactividade (un termo que ela acuñou), as técnicas para illar isótopos radioactivos, e o descubrimento de dous elementos, o polonio e o radio. Baixo a súa dirección, leváronse a cabo os primeiros estudos no mundo no tratamento das neoplasias, utilizando isótopos radioactivos. Fundou os Institutos Curie en París e en Varsovia, que seguen sendo os principais centros de investigación médica na actualidade. Durante a primeira guerra mundial, estableceu os primeiros centros radiolóxicos para uso militar.

Xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel, recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física e en 1911 o de Química polos seus traballos sobre o Radio. Posiblemente sexa a científica máis coñecida da historia.

Marie Sklodowska Curie (ela sempre firmou cos dous apelidos) foi nacionalizada francesa e foi unha cidadá activamente leal ao seu novo país, pero nunca perdeu o seu sentido de identidade polaco: ensinou ás súas fillas a súa lingua materna e levábaas nas súas visitas a Polonia. O primeiro elemento químico que ela descubriu, en 1898, chamouno polonio como homenaxe ao seu país de orixe.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal

A Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal (en inglés: European and Mediterranean Plant Protection Organization, EPPO) é unha organización intergubernamental responsable da cooperación europea na protección vexetal na rexión europea e mediterránea. Baixo a Convención de Protección Vexetal Internacional, é a Organización de Protección Vexetal Rexional (RPPO) para Europa e ten a súa sede en París.

Fundada en 1951, a organización medrou até ter 51 membros no 2016.

Pierre-Gilles de Gennes

Pierre-Gilles de Gennes, nado en París o 24 de outubro de 1932 e finado en Orsay o 18 de maio de 2007, foi un físico francés.

Pierre Curie

Pierre Curie, nado en París o 15 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1906, foi un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén científica Irene Curie (os tres, premios Nobel) e da escritora e pianista Ève Curie.

Sorbona

A Sorbona (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).

UNESCO

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas. Fundouse o 16 de novembro de 1945 co obxectivo de contribuír á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións. A constitución firmada ese día entróu en vigor o 4 de novembro de 1946, ratificada por vinte países. En 1958 inaugurouse a súa sede principal, no distrito VII de París. A súa directora xeral é a francés Audrey Azoulay. A 21 de setembro de 2015 conta con 195 estados membros e oito membros asociados.

Xogos Olímpicos de 1924

Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.

Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.

Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.

Datos climáticos para Paris (Parc Montsouris), medias 1981–2010, extremas 1872–presente
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 16,1 21,4 25,7 30,2 34,8 37,6 40,4 39,5 36,2 28,9 21,6 17,1 40,4
Media máxima en °C 7,2 8,3 12,2 15,6 19,6 22,7 25,2 25,0 21,1 16,3 10,8 7,5 16,0
Media diaria en °C 4,9 5,6 8,8 11,5 15,2 18,3 20,5 20,3 16,9 13,0 8,3 5,5 12,4
Media mínima en °C 2,7 2,8 5,3 7,3 10,9 13,8 15,8 15,7 12,7 9,6 5,8 3,4 8,8
Temperatura mínima en °C −14,6 −14,7 −9,1 −3,5 −0,1 3,1 2,7 6,3 1,8 −3,8 −14,0 −23,9 −23,9
Precipitación media mm 51,0 41,2 47,6 51,8 63,2 49,6 62,3 52,7 47,6 61,5 51,1 57,8 637,4
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 9,9 9,0 10,6 9,3 9,8 8,4 8,1 7,7 7,8 9,6 10,0 10,9 111,1
Media de días con neve 3,0 3,9 1,6 0,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,7 2,1 11,9
Humidade relativa media (%) 83 78 73 69 70 69 68 71 76 82 84 84 75,6
Media de horas de sol mensuais 62,5 79,2 128,9 166,0 193,8 202,1 212,2 212,1 167,9 117,8 67,7 51,4 1 661,6
Porcentaxe de sol 22 28 35 39 42 42 43 49 43 35 26 21 35,4
Fonte #1: Meteo France,[15][16] Infoclimat.fr (humidade 1961–1990)[17]
Fonte #2: Weather Atlas (porcentaxe de sol) [18]
Capitais europeas da cultura

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.