Papa (alimento)

Este artigo trata sobre un alimento, para o xefe da Igrexa Católica véxase Papa.
Porridge
Porridge, papas de avea e leite.
Papas cocidas con auga
Valor nutricional por 100 g
Enerxía297 kJ (71 kcal)
12 g
Azucres0.3
Fibra alimentaria1.7 g
1.5 g
2.5 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Tiamina (B1)
7%
0.08 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.02 mg
Niacina (B3)
2%
0.23 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.197 mg
Vitamina B6
0%
0.005 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
1%
0.08 mg
Vitamina K
0%
0.3 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
9 mg
Ferro
7%
0.9 mg
Magnesio
8%
27 mg
Manganeso
29%
0.6 mg
Fósforo
11%
77 mg
Potasio
1%
70 mg
Sodio
0%
4 mg
Cinc
11%
1 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga83.6

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A papa (máis comunmente en plural: papas) é calquera substancia comestíbel branda, de consistencia pastosa ou semellante a un líquido máis ou menos espeso.[1] É moi común como alimento dos meniños, cando aínda non mastigan; ou persoas con problemas de estómago ou bucais. Igualmente o puré de patacas, por exemplo, é unha papa feita con patacas cocidas.

Especificamente chámanse papas ao alimento que se obtén cocendo fariña en auga ou leite, normalmente condimentada con sal, azucre ou outros ingredientes que poderían ser touciño entrefebrado, allos e pemento[2]. Cando a fariña é de millo cocida en auga a ferver ou leite, denomínase papas de millo (sobremesa común en Galicia) e tamén polenta[3] As papas adoitan servirse quentes nunha cunca ou nun prato.

Existen moitos pratos feitos con grans cocidos en auga nos diferentes países e culturas, como a polenta ou o grits. As papas de avea e sémola son as variedades máis populares (cocendo grans de avea (normalmente moídos, esmagados, cortados ou en fariña de avea)), porén tamén se empregan outros cereais como o arroz, o trigo, o orxo e o millo, e incluso poden empregarse legumes coma o chícharo amarelo (Lathyrus aphaca). O gruel é coma unha papa, pero resulta máis unha bebida, por ser a súa consistencia moi clara e facerse con auga. Servíase nas workhouses vitorianas coma xantar normal.

Historia

As papas foron unha comida tradicional en gran parte do norte de Europa e Rusia dende a antigüidade. O orxo era o gran que se adoitaba usar, aínda que podían usarse outros cereais ou legumes, segundo os costumes locais. Eran principalmente un savoury, con diversas carnes, raíces, verduras e herbas engadidas coma condimentos. As papas podían cociñarse nun pote sobre carbón ou leña, ou quecerse nun cunco de barro máis barato engadindo pedras quentes até ferver. Até que o pan con fermento e os fornos para cocelo se fixeron comúns en Europa, as papas foron o xeito típico de arranxar e comer cereais. Tamén se usaban acotío coma comida para os reclusos das prisións británicas, polo que «facer papas» (doing porridge) se converteu en sinónimo dunha condena na cadea. Na cociña española pode verse como durante o Al-Ándalus o autor Ibn Razin al-Tuyibi no seu libro de receitas inclúe un capítulo sobre o tema. Posteriormente outros autores inclúen capítulos de papas nos seus tratados culinarios, como Martino da Como (Liber de arte coquinaria).

En moitas culturas modernas, as papas tómanse coma almorzo, engadíndolles a miúdo azucre, leite ou crema, mais no almorzo tradicional escocés fanse con sal. Algúns fabricantes de cereais para almorzo venden versións listas para tomar. As papas son un dos xeitos máis sinxelos de dixerir cereais ou legumes, e úsanse tradicionalmente en moitas culturas como comida para alimentar os doentes. Tamén son habitualmente consumidas por deportistas adestrándose para os seus eventos.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papa.
  2. Dicionario de alimentación e restauración VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "Portal das Palabras. Definición de polenta". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Almorzo

O almorzo é unha comida, xeralmente liviá, tomada comunmente na mañá. O nome deriva do concepto de comezar a comer, en latín admorsu. Noutros idiomas, como o alemán (frühstück) ou o xaponés (asa-gohan), o seu nome adoita significar simplemente "comida da mañá".

Os alimentos presentados no almorzo varían en cada cultura. En Occidente son populares os almorzos doces, con café ou cereais (xeralmente con leite).

Cereal para o almorzo

Os cereais de almorzo ou simplemente cereais son produtos alimentarios empaquetados derivados de distintos cereais como o arroz, o millo ou a avea, dando como resultado unha especie de folliñas ou flocos de avea, flocos de millo, flocos de arroz, que se comercializan para seren consumidos principalmente de mañá cedo polo almorzo. Consómense xeralmente fríos, ou servidos cun líquido como o leite ou a auga. Ocasionalmente tamén se lle engaden noces, outros froitos secos, froita fresca ou seca, así coma complementos alimentarios (vitaminas, lévedo de cervexa, lecitina de soia etc).

A promoción destes cereais diríxese tanto a un público infantil coma un adulto. No caso dos primeiros, os cereais son azucrados ou saborizados con mel, chocolate ou froitas, enriquecidos con distintas vitaminas e minerais. Para os adultos, promóvese os beneficios dunha dieta saudábel, baixa en graxas e alta en fibras (están moi dirixidos ao público feminino).

Entre os maiores produtores de cereals para o almórzo atópanse a Kellogg's, a Quaker Oats e a Nestlé. A industria dos cereales ten unhas marxes de beneficios brutos do 40-45%, 90% de penetración nalgúns mercados, e un crecemento continuado ao longo da súa historia.

Muesli

O muesli (do suízo alemán Birchermüesli, literalmente "papas de cereais de Bircher") é un alimento de orixe suíza que se atopa no grupo dos cereais, tipicamente do almorzo, aínda que tamén se consuma nas merendas e ceas (especialmente en Suíza). Algunhas marcas comercialízano co nome alemán: müsli.

Como produto envasado dispoñíbel no comercio, os seus ingredientes son cereais, froitos secos e froitas desecadas ou deshidratadas, mesturadas sen que haxa unha receita ríxida, dependendo do fabricante.

Se se fai unha preparación caseira, adóitanse empregar os produtos "de temporada" que se atopan frescos no mercado.

Entre os cereais que o compoñen poden estar a avea, trigo, centeo, orxo, millo ou arroz, ben en flocos o inflados, integrais ou refinados. Na escolma de froitas pódense atopar mazás, peras, bananas, pasas, dátiles, ameixas, mangas, figos, pexegos, amorodos, ananás, coco, froitas do bosque (arandos, framboesas, bagas de goxi, grosellas)... e, entre os froitos secos e sementes, noces, abelás, améndoas, cacahuetes, sementes de xirasol, liño ou sésamo.

Pódese consumir previamente rehidratado con auga, leite (non aconsellábel fresco se hai bastante proporción de froitas acedas que poidan callalo), leite fermentado, bebida de soia, quefir, iogur, chocolate, zumes... e, segundo o gusto do consumidor, adozado con canela, anís, mel ou azucre.

Dende a súa invención polo médico suízo Maximilian Bircher-Benner a comezos do século XX, inspirado na cea dun pastor nunha das súas excursións coa súa dona pola zona dos Alpes, tense popularizando como alimento san, nutritivo, enerxético e que sacia a fame, e por ser un cóctel bastante completo de vitaminas e minerais, proteínas e glícidos, e para normalizar as modernas dietas desequilibradas, ou para persoas con problemas de estrinximento.

Papa

Papa é o título dado ao bispo e patriarca de Roma, supremo líder espiritual da Igrexa católica e tamén xefe do Estado do Vaticano. Papa é tamén o título dos patriarcas da Igrexa copta e da Igrexa apostólica armenia.

Polenta

A polenta é un alimento que se prepara cocendo fariña de millo en auga a ferver ou en leite. É unha papa orixinaria do norte de Italia, moi difundido na Arxentina, Austria, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Suíza e Uruguai. Tamén é moi consumido en Córsega, Savoia e Niza ao sur de Francia, así como nos estados de Río Grande do Sur, Santa Catarina, Paraná e São Paulo ao sur do Brasil; sendo tamén consumida -especialmente en tempadas frescas- en Paraguai, México e mesmo Venezuela. Leva unha base de millo e a súa elaboración garda certo parecido co cornbread.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.