Pantón

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

Coordenadas: 42°31′21″N 7°37′25″O / 42.52250, -7.62361

Pantón
Escudo de Pantón
HPIM1435
A casa do Concello, en Ferreira de Pantón
Situacion Pantón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.539 hab. (2018)
Área143,2 km²
Densidade17,73 hab./km²
Entidades de poboación26 parroquias
Capital do concelloO Castro de Ferreira
Política (2019 [1])
AlcaldeJosé Luis Álvarez Blanco (PPdeG [2])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Pantón
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes76,11%
Na rede
concellodepanton.es

Demografía

Censo total 2.539 habitantes (2018)
Menores de 15 anos 152 (6 %)
Entre 15 e 64 anos 1.201 (47.30 %)
Maiores de 65 anos 1.186 (46.71 %)

Historia

A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.

Patrimonio histórico e artístico

O concello de Pantón ten un gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica.

Restos castrexos:

Restos da cultura megalítica:

  • Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda.
  • Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro.
  • Mámoas do Castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré.

Petróglifos:

  • Petróglifo Monte San Román I, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román II, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román III, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román IV, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román V, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román VI, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Exento de San Román, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo exento de Pesqueiras, situado na parroquia de Atán.
  • Petróglifo Torre do Castro I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo Torre do Castro II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada III, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Vilaxilde I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Vilaxilde II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo das Carrizas, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Pena da Virxe, situado na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Pena da Cima da Costa, situado en Vilar de Ortelle.
  • Petróglifo A Escrita, situado na parroquia de Toldaos

Festas locais

  • Festival do Castro
  • Santo Cristo, en San Fiz de Cangas. Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo.[5]
  • Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro, o 5 de agosto.[6]
  • Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón, o segundo domingo de setembro.[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pantón.
Puente sobre Sil entre Santo Estevo de Ribas do Sil e Pantón

Ponte sobre o Sil.

HPIM1437

Mosteiro en Ferreira de Pantón.

Augas Santas

Ermida das Augas Santas.

Lugares de Pantón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pantón vexa: Lugares de Pantón.

Parroquias

Mapa Pantón Parroquias
Noroeste: Chantada Norte: O Saviñao Nordeste: Monforte de Lemos
Oeste: Carballedo Rosa dos Ventos Leste: Monforte de Lemos e Sober
Suroeste: Carballedo Sur: Nogueira de Ramuín Sueste: Sober

Notas

  1. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  2. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pantón". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Xunta de Galicia (12 de xullo de 1991). "Diario Oficial de Galicia". Diario Oficial de Galicia.
  5. "Concello de Panton". concellodepanton.es. Consultado o 2017-02-08.
  6. 6,0 6,1 "Concello de Pantón".

Véxase tamén

Outros artigos

  • Persoas nadas en Pantón
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Atán, Pantón

Santo Estevo de Atán é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 89 habitantes, deles 43 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Cangas, Pantón

Santiago de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 61 habitantes, deles 29 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Castelo de Maside

O castelo de Maside, ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira, é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Eiré, Pantón

San Xulián de Eiré é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 270 habitantes, deles 129 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Espasantes, Pantón

Santo Estevo de Espasantes é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 156 habitantes, deles 75 eran homes e 81 eran mulleres, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Estación de San Pedro do Sil

San Pedro do Sil é unha estación de tren de Adif, situada en San Pedro, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Santo Estevo do Sil

Santo Estevo do Sil é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Estación, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Ferreira de Pantón, Pantón

Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.

Mañente, Pantón

San Mamede de Mañente é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 46 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Moreda, Pantón

San Romao de Moreda é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Monforte de Lemos. No ano 2007 tiña 80 habitantes, deles 41 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Pantón, Pantón

San Martiño de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 114 habitantes, deles 55 eran homes e 59 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pombeiro, Pantón

San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Ribeiras de Miño, Pantón

Santo André de Ribeiras de Miño é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 66 habitantes, deles 32 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Vicente de Castillón, Pantón

San Vicente de Castillón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 166 habitantes, deles 72 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón un estancamento en relación ao ano anterior, 2006.

Santalla de Toiriz, Pantón

Santalla de Toiriz é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 73 habitantes (38 homes e 35 mulleres), dous menos ca en 2006.

Toiriz, Pantón

Santa María de Toiriz é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 213 habitantes (103 homes e 110 mulleres), un menos ca en 2006.

Torre de Marce

A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.

Vilar de Ortelle, Pantón

Santiago de Vilar de Ortelle é unha das 26 parroquias do concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (43 mulleres e 47 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.