Pandeireta

A pandeireta é un instrumento membranófono de percusión presente en moitas culturas.

Pandei exter
A pandeireta vista dende fóra.

Características

Está formada por un aro sobre o que se tensa unha pelica de cabra, cubrindo un lateral. Suxeito a el hai un conxunto de elementos (ferreñas[1] ou similares). Adóitase tocar batendo o coiro contra os dedos, a palma da man, o puño ou o pulso, ou ben facendo vibrar o coiro por fricción cos dedos, nun movemento que se chama repenicar ou triscar.

O tamaño da pandeireta é moi variado (dende os 13 cm a máis pequena ate os 28 cm a máis grandes; nalgúns casos chegan a ter 40 ou 50 cm, pasando a chamares pandeiras). Son habituais tanto na música tradicional de todo o mundo, como noutras formacións; a Tuna adoptou o formato pequeno, o que facilita as acrobacias dos tunos, que bailan e realizan saltos espectaculares mentres acompañan e marcan o ritmo das cancións con ela. A vistosidade e dificultade a hora de manexar este instrumento leva a premiar o "mellor pandeireta" en cada certame que se realiza.

A pandeireta en Galiza

En Galiza a pandeireta é un instrumento moi habitual, pola súa facilidade de emprego. O aro fúrase para introducir entre 9 e 13 pares de ferreñas ou ferriñas, de latón ou outros metais, que lle dan o seu son característico. Ten arredor de 25 centímetros de diámetro, e un burato ou un rebaixe facilita a colocación do furabolos ao tocala. Tócase agarrándoo coa man dereita e manténdoa ergueita verticalmente. Xírase sobre o seu eixo vertical central, facéndoa bater contra a man esquerda (estendida, pechada ou contra os dedos), ou contra o puño ou o pulso. Existen ademais outras variantes interpretativas, como abaneos ao aire ou, estando sentado, contra a perna e a man, en movemento vertical.

En Galiza tamén existe a mencionada pandeira, duns 40 ou 50 centímetros de diámetro, e máis ferreñas no aro. Ambas empréganse como instrumento de acompañamento, maiormente co canto feminino, ou ben acompañando conxuntos instrumentais, gaitas. Xeograficamente a pandeireta atópase en toda Galicia, salvo na zona da Fonsagrada, onde é mais habitual a pandeira.

Historia

Pandei inter
Interior dunha pandeireta.

O instrumento remóntase a varios miles de anos atrás, tendo sido tocado en Exipto, Asia Menor e sendo mencionado na Biblia en varias ocasións coma "tímpano", denominación coa que tamén se coñeceu en latín, lingua que serviu de ponte entre o hebreo orixinal e as linguas latinas actuais. Está comunmente aceptado que a denominación galega procede do latín "pandorius" aínda que, como acabamos de ver, "tímpano" foi talvez o nome propio latino. De todas formas, resulta moi difícil distinguir entre a tipoloxía cadrada (pandeiro) e a redonda (pandeireta) cando se investiga tomando textos antigos, xa que ambos os instrumentos tiveron a mesma denominación en diferentes etapas históricas e zonas do mundo.

Proba da popularidade que tivo a pandeireta dende época medieval, no noroeste peninsular, é a talla en pedra dunha imaxe de tocadora de pandeireta nun capitel da igrexa de San Xoán de Amandi en Villaviciosa (Asturias), que data do século XII, así coma a imaxe procedente do Cancioneiro da Ajuda galaico-portugués , procedente do século XIII. Curiosamente, esta mesma historia está moi asociada ao instrumento maior do grupo, a pandeira ou pandeiro.

No 1536, nas festas do Corpus e de San Gregorio organizadas polo cabido da Seo zaragozana, figura un músico de pandeireta, e así mesmo, nun documento de 1558 procedente da obraría de San Paulo, figura outro ministril do instrumento de 1561. No 1596 estivo prohibida por un decreto de Filipe II, decreto que estivo en vigor até varios anos despois de 1765; pero non por iso conseguiu que se perdese a tradición de asociar a pandeireta ás panxoliñas.

Entre as súas representacións máis coñecidas figura a serie dos Anxos Músicos de Fra Angelico (1387-1455, no Museo San Marco, Florencia), moi similares aos que pintará nun retablo Agostino di Duccio, a mediados do século XV, no templo Malatestiano (Igrexa de San Francesco, Rimini). O exemplar da Aparición da Virxe a unha comunidade, de Pedro Berruguete (1450-1504, no Museo do Prado) está menos detallado. Unha magnífica representación dunha pandeireta ou pandeireto encóntrase no anónimo español (século XVI) Anxos Músicos, Museo do Prado; os seus axóuxeres son de menor diámetro se os comparamos cos debuxados por Fra Angelico, e tamén o seu marco é máis estreito. Pola súa configuración achégase aos modelos populares aínda en uso. Outro exemplo, sen membrana e, por tanto, formada só por un aro de madeira con diversos xogos de axóuxeres, é o que pinta Esteban March nun bo retrato titulado Anciá cuns axóuxeres (Museo do Prado). Os dous modelos, con e sen membrana, están representados no Éxtase de Santa Cecilia, de Rafael (1483-1520, na Pinacoteca Nazionale, Bolonia). A pandeireta foi, e está sendo, moi usada nos máis diversos contextos, dende a música sinfónica ate a música pop-rock.

A voz pandeireta é máis moderna que pandeiro e non empezou a xeneralizarse até a segunda metade do século XVIII. Foi xa entrado o século XX cando o termo sería incorporado nas primeiras publicacións da Real Academia Galega.

Notas

  1. Discos que poden ser de diversos metais, dende latón a ferro ou aceiro temperado, e poden estar troquelados ou moldeados en forma ondulante.
Airiños do Parque de Castrelos

Airiños do Parque de Castrelos era un grupo de gaitas que interpretaba música tradicional galega, fundado na parroquia de Castrelos (Vigo) en 1943.

Casa de la Música Mirandesa

A Casa de la Música Mirandesa é un complexo cultural que ten como obxectivo promover a cultura musical tradicional da Terra de Miranda. Está situada na praza do Castelo, na freguesía de Miranda do Douro, no municipio homónimo do distrito de Braganza, en Portugal. O edificio está incluído na Zona Especial de Protección do Castelo de Miranda do Douro.A Casa de la Música Mirandesa pretende reavivar e manter a música tradicional mirandesa, que ten as súas particularidades, principalmente polos instrumentos utilizados (gaita mirandesa, frauta pastoril, zanfona, caixa de guerra, cunchas de Santiago, castañolas, pandeireta etc) e pola letra das cancións en lingua mirandesa.

Donicelas

Donicelas é un grupo de seis pandereiteiras de Salceda de Caselas.

Escola de música e baile tradicional Abertal

A Escola de Música e baile tradicional Abertal é unha escola de música e de baile tradicional galegos do concello da Rúa. Ten por obxectivo o mantemento e recuperación da tradición musical galega e o seu ensino ás seguintes xeracións. Ten sobor de 80 alumnos da comarca valdeorresa que aprenden diferentes disciplinas: tambor, bombo, gaita, canto, baile, acordeón e pandeireta. Dela saen os compoñentes da Agrupación Abertal, banda de gaitas do mesmo concello.

Garage rock

O garage rock é unha forma sinxela e crúa de rock and roll creada por varias bandas de Estados Unidos a mediados dos anos sesenta. Inspirados por bandas da Invasión Británica como The Kinks ou The Who, estes grupos tocaban unha variación destes estilos de música.

Lagharteiras

Lagharteiras é un grupo de música tradicional galega con orixe na parroquia de Tameiga, Mos.

Lagharteiras (álbum)

Lagharteiras é o primeiro álbum de estudio do grupo de música tradicional galega Lagharteiras. Foi gravado entre os meses de xaneiro e decembro do ano 2013 e publicado o 1 de xaneiro de 2015. A súa presentación oficial foi o 1 de febreiro de 2015 na parroquia mosense de Torroso. Componse dunha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Leilía

Leilía é un grupo de cantareiras-pandereiteiras que naceu no verán de 1989, seis voces femininas que fan recollidas de coplas tradicionais galegas. As súas interpretacións son moi respetuosas coas versións tradicionais na letra e na execución vocal.

Muiñeira

A muiñeira (provén de muíño, tomado do latín [saxum] molinum ‘moa’) é un baile e un xénero musical tipicamente galego. Como xénero, distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, do cal existen algunhas variantes.

Música tradicional galega

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.

Noiteboa

A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro) onde se mesturan antigas tradicións pagás indoeuropeas do solsticio de inverno.

Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes.

O costume actual en Galiza é unha cea familiar onde se comen mariscos, peixe (principalmente bacallau e pescada) e unha carne no forno (año, capón ou pavo), despois remátase con sobremesas, tradicionalmente figos secos, castañas e noces, hoxe doces importados: turróns, mazapáns, panettones e tortas varias coma o tronco de Nadal. Cántanse panxoliñas acompañadas dunha pandeireta e vieiras. Tradicionalmente acendíase o tizón de Nadal e viña o Apalpador. Hoxe repártense agasallos baixo a árbore de Nadal seguindo as tradicións centroeuropeas de Papá Noel, que en parte substitúe a tradición de Reis que, á súa vez, substituíu ao Apalpador propio. Aínda que non é unha noite de troula, algúns mozos si saen hoxe en día.

No eido relixioso, nas igrexas celébrase ás 12 da noite a misa do galo, que debe o nome ao costume de levar un galo, costume documentado xa na Idade Media. Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo. Dentro da celebración festiva desta data, inclúense bromas entre os fieis que asisten á misa, como cose-las saias de dúas mulleres que senten xuntas ou botar tinta na pía da auga bendita.

Os Cangrexeiros

Os Cangrexeiros é unha formación musical, da parroquia de Taragoña (Rianxo), encadrada dentro do xénero tradicional da música galega. Os membros do grupo, da propia parroquia, son ex-compoñentes da Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña.

Os instrumentos que empregan son: Gaita galega, caixa (instrumento musical), e bombo como partes fundamentais da agrupación; podendo incrementarse o número de instrumentos con: pandeireta, multigüiro, violín, guitarra eléctrica e acústica, claves, charrasco, culleres, saxofón, trompeta, clarinete e acordeón.

Os Cempés

Os Cempés foi un grupo musical de folk galego formado en 1992 en Ferrol.

Pandeiromus

Pandeiromus é un grupo de pandereiteiros-cantareiros galegos. No seu primeiro disco, chamado En conserva!!, interpretan temas de recollida maioritariamente interpretados por canto e pandeireta.

Plena (xénero musical)

A plena é un xénero musical portorriqueño nado no sector La Jolla del Castillo, no sureña aldea de Ponce, entre os anos de 1915 ao 1920. Ponce, polo seu gran movemento agrario, recrutaba obreiros nacionais e estranxeiros para o corte de cana e froitos. Dentro deste grupo de inmigrantes, chega un matrimonio das illas caribeñas, Barbados e Saint Kitts, de nomes, Anna Catherine George e John Clark. Este matrimonio trouxo na súa equipaxe unha guitarra e unha pandeireta e con estes instrumentos facían soar un ritmo musical moi parecido ao calipso do Caribe. Ao pouco, coa introdución de novos movementos musicais, pasou a coñecerse como plena portorriqueña, tanto no que atinxe á música coma ao baile.

Protopunk

Protopunk é un termo usado de xeito restrospectivo para describir un feixe de músicos que foron importantes precursores do punk rock a mediados dos 70 e posteriormente, ou aqueles que foron citados polos primeiros músicos punk como influencias. Normalmente esas bandas non se consideran a si mesmas punk; ademais, esta categorización non naceu como resultado dun xénero musical distinto, xa que eses precursores procedían dun abano bastante amplo de estilos.

Artistas estadounidenses coma The Velvet Underground, MC5, The Stooges, The Sonics, New York Dolls, Lou Reed, Television, Captain Beefheart, Patti Smith, Richard Hell e Rocket from the Tombs, e británicos coma David Bowie, The Kinks, The Who, Roxy Music, Doctors of Madness e Hawkwind son comunmente citados coma as máis destacadas influencias no punk rock.

Ricardo Portela

Ricardo Emilio Avelino Portela Bouzas, máis coñecido como Ricardo Portela, nado en Viascón o 4 de novembro de 1920 e falecido o 24 de marzo de 1992, foi un gaiteiro galego.

Tannhäuser (ópera)

Tannhäuser und der Sängerkrieg auf Wartburg (en galego Tannhäuser e o torneo de trobadores do castelo de Wartburg) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseada en dúas lendas alemás.

Xacarandaina

Xacarandaina é unha asociación cultural que ten a súa sede na Coruña. Naceu en 1978 cunha finalidade educativa para os máis novos. Nos seus comezos a asociación tivo o seu local social no edificio "La Terraza", nos xardíns de Méndez Núñez. Na actualidade (2010) a asociación conta con 800 socios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.