Panamá

A República de Panamá é un país de América central, localizado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego do Canal de Panamá dende 1999 en que deixou de ser estadounidense.

A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá.

Coordenadas: 9°N 80°O / 9, -80

República de Panamá
Bandeira de Panamá
Escudo de Panamá
BandeiraEscudo
Panama (orthographic projection)
Lema: Pro Mundi Beneficio
(latín: ‘Polo beneficio do mundo’)
Capital
 • Poboación
Panamá
451 121 (2005)
Cidade máis poboadaPanamá
Linguas oficiaisEspañol
Forma de gobernoRepública presidencialista
Laurentino Cortizo
Isabel Saint Malo
 • De España
 • De Colombia
28 de novembro de 1821
3 de novembro de 1903
SuperficiePosto 118º
 • Total78 200 km²
Fronteiras555 km
Costas2 490 km
PoboaciónPosto 129º
 • Total (2006 est.)3 283 959 hab.
 • Densidade37 hab./km²
PIB (nominal)Posto 92º
 • Total (2007)19 280 millóns de dólares
 • per cápita5 211 de dólares (2006)
PIB (PPA)Posto 104º
 • Total (2007)31 411 millóns de dólares
 • per cápita9 000 dólares
MoedaBalboa (PAB)
IDH (2006)0.812 (61º) – alto
Xentiliciopanameño, panameña
Fuso horarioUTC–5
 • Horario de veránUTC–5
Dominio de Internet.pa
Prefixo telefónico+507
Prefixo radiofónicoH3A-H3Z, HOA-HPZ, H8A-H9Z, 3EA-3FZ
Código ISO591 / PAN / PA
Membro de: Grupo de Río, ONU, OEA, AEC

Xeografía

A República do Panamá está situada no istmo que une a América Central con América do Sur. O país, dividido polo Canal do Panamá, está percorrido no centro por cadeas montañosas a maneira dun elevado espiñazo, mentres desde estas ás costas se desenvolven alturas de transición até as chairas costeiras, que son percorridas por ríos de curto percorrido.

No oeste do país érguese a serra de Talamanca, que se prolonga desde a veciña Costa Rica. Nela se levantan as maiores altitudes do país, que superan os 3.000 m, como o Cerro Echande (3.168 m), o volcán Chiriquí ou Barú (3.475 m) ou o Cerro Fábrega (3.335 m). Estas cimas son continuadas pola serra de Tabasará, con cimas de menor altura (Cerro Chorcha, 2.238 m; Cerro Chicú, 1.764 m). No lado sur-oriental do istmo as alturas son tamén menores (serra de San Blas, serra do Sapo, serranía do Darién).

Panamá conta con varias illas, das que cómpre citar na costa caribeña o arquipélado de Bocas del Toro pecha a lagoa litoral de Chiriquí. No Océano Pacífico sitúanse as illas Secas, a illa de Coiba, a de Jicarón e a de Cebaco a oeste; no leste, dentro do golfo de Panamá, as illas das Perlas e a illa de San Miguel.

Os ríos son curtos debido á relativa escasa distancia entre os cordais montañosos e o mar. Entre os cursos fluviais que desaugan no Mar Caribe, salientan o Sixaola, o Chagres e o Toabré. Na vertente do Océano Pacífico cabe citar o Chiriquí, o Santa María e, xa no Darién, o Tuira (con un importante afluente, o Chucunaque) e río Sambu. Hai tamén algúns lagos, como os que serviron para facilitar a construción da grande canle transoceánica; fóra deles o Alajuela e oBayano son os maiores.

Xeografía política

Countries-Panama-provinces-2005-10-18-en
Mapa de Panamá con indicación das nove provincias e máis das tres comarcas indíxenas

Panamá está dividido en nove provincias e tres zonas indíxenas con status de provincias denominadas, comarcas indíxenas (correntemente ditas soamente comarcas). Os indios son 10% da poboación, outros 10% son pardos (indios e africanos). 17% está composta de negros e mulatos (africanos e europeos), 3% en afro-antilhanos. 5% son chineses. 42% son mestizos normais (indios e europeos). E resto son descendentes puros de europeos sen mestura.

Hai ademais dúas comarcas no interior de provinias e quee son consideradas equivalentes a un correxemento.

As provincias (entre parénteses as capitais respeitivas) son:

  1. Bocas del Toro (Bocas del Toro).
  2. Chiriquí (David).
  3. Coclé (Penonomé).
  4. Colón (Colón).
  5. Darién (La Palma).
  6. Herrera (Chitré).
  7. Los Santos (Las Tablas).
  8. Panamá (Panamá).
  9. Veraguas (Santiago de Veraguas).

As tres comarcas indíxenas son:

  1. Emberá (Unión Choco).
  2. Kuna Yala (El Porvenir).
  3. Ngöbe-Buglé (Chichica).

As dúas comarcas subprovinciais son:

  1. Kuna de Madugandí (Akua Yala).
  2. Kuna de Wargandí (Nurra).

Economía

Artigo principal: Economía de Panamá.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.pa

.pa é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Panamá.

10 de xaneiro

O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.

15 de agosto

O 15 de agosto é o 227º día do ano do calendario gregoriano e o 228º nos anos bisestos. Quedan 138 días para finalizar o ano.

31 de decembro

O 31 de decembro é o 365º día do ano do calendario gregoriano e o 366º nos anos bisestos. É o derradeiro día do ano.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Bandeira de Panamá

A bandeira de Panamá consiste nun rectángulo dividido en catro cuarteis: o superior esquerdo é unha estrela azul de cinco puntas sobre fondo branco; o superior dereito é de cor vermella; o inferior esquerdo é de cor azul, e o inferior dereito é unha estrela vermella de cinco puntas sobre fondo branco. Representa aos partidos Liberal (a cor vermella) e Conservador (a cor azul). O branco simboliza a paz á que chegaron ambos os dous partidos e as estrelas sinalan a rectitude e forza do país.

Canle de Panamá

A canle de Panamá (en castelán: Canal de Panamá) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilómetros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile, este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.

Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os padróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.

En 2012, Estados Unidos, China, Chile, Xapón e Corea do Sur foron os cinco principais usuarios da canle.

Cidade de Panamá

A cidade de Panamá (en español Panamá) é a capital administrativa e gobernativa do estado centroamericano de Panamá e a cidade máis importante do país, cunha poboación de máis de 800.000 habitantes, o que representa máis dun cuarto da poboación total de Panamá.

Está situada no sur do territorio, na provincia de Panamá, sobre a costa do Océano Pacífico e na entrada leste do Canal de Panamá. É o centro cultural, político e turístico da nación, e desde un punto de vista económico é, realmente, unha cidade de categoría mundial, pois é seguramente a capital financeira de Latinoamérica. Historicamente é tamén unha das máis antigas do continente de fundación europea, pois foi levantada en 1519.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Copa Airlines

Compañía Panameña de Aviación, S.A., operando como Copa Airlines, é unha aeroliña baseada na Cidade de Panamá, Panamá, e que serve como aeroliña nacional do país. O seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional de Tocumen, e no ano 2013 a aeroliña transportou 11,34 millóns de pasaxeiros nuns 325 voos regulares diarios a 69 destinos de 30 países de todo o continente americano. Copa é subsidiaria de Copa Holdings, S.A., ademais de membro da alianza Star Alliance. A compañía é tamén a principal operadora e dona da aeroliña colombiana AeroRepublica, actualmente coñecida como Copa Airlines Colombia.

Copa Airlines fundouse en 1947 como a aeroliña nacional de Panamá. Iniciou as súas operacións con voos domésticos a tres cidades do país usando Douglas DC-3. Copa Airlines entón abandonou os seus voos domésticos a favor dos internacionais. En 1998 Copa formou unha alianza estratéxica con Continental Airlines, substituíndo a súa librea e adoptando o programa de viaxeiro frecuente OnePass (substituído despois por MileagePlus). A aeroliña opera unha frota de 97 avións, a meirande parte deles Boeing 737 NG usados en case todos os voos internacionais e unha frota máis pequena de Embraer E-190 para voos rexionais.

Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés. O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%. A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.

Dólar estadounidense

O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .

O dólar de Estados Unidos tamén é utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus.

O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.

Golfo de Panamá

O golfo de Panamá é un golfo do océano Pacífico, localizado na costa suroriental de Panamá. Ten unha anchura duns 250 km e unha profundidade media duns 220 metros, e abrangue unha área de 2.400 km².. Este golfo é a única vía marítima pola que se pode acceder á canle de Panamá desde o océano Pacífico, que o conecta co mar das Antillas e o Océano Atlántico. Pola súa grande cantidade e diversidade de peixes e especies mariñas, o golfo de Panamá está considerado como un dos mellores lugares do mundo para a pesca deportiva.

Existen algúns golfos e baías máis pequenos na súa xeografía, como a baía de Panamá, o golfo de Parita ou o golfo de San Miguel. O río Tuira, o máis importante de Panamá, desemboca na baía de San Miguel. No centro do golfo encóntrase o arquipélago de Las Perlas e nas súas costas atópanse as cidades de Panamá, La Palma e Chitré.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Pobos indíxenas de América

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas. Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados.

Prefixo radiofónico

Os prefixos radiofónicos son prefixos utilizados pola IARU (International Amateur Radio Union) para designar os distintos países e territorios, e aos radioafeccionados que transmiten desde eles. Seguen as asignacións establecidas pola ITU (International Telecomunications Union), a axencia das Nacións Unidas que coordina o espazo radioeléctrico mundial que usan todas as estacións emisoras.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.