Pan de Neda

O pan de Neda é un tipo de pan fabricado en Neda (provincia da Coruña) sen denominación de orixe aínda que recoñecido pola Xunta de Galicia pola súa calidade e importancia social e económica[1]. O pan de Neda é coñecido dende a Idade Media aínda que foi variando de composición co tempo. Cada ano o primeiro domingo de setembro dende 1989 celébrase a festa do Pan de Neda por iniciativa da asociación de veciños de Ancos. Actualmente a festa é organizada polo Concello de Neda e os panadeiros.

Coordenadas: 43°30′15.04″N 8°09′14.97″O / 43.5041778, -8.1541583

Pan de Neda A Coruña
Imaxe dunha panadería de Neda.

Historia

Fervenza Belelle
Fervenza do Río Belelle.

A historia do pan de Neda está vencellada á da construción dunha base naval e de estaleiros na ría de Ferrol por parte do rei Filipe II de España, para facer fronte aos ataques costeiros, como o do pirata inglés Francis Drake, que en 1589 atacou a cidade da Coruña.

Para abastecer á armada, xurdiron en Neda as Reais fábricas de biscoito, aproveitando a fariña moída coas augas do río Belelle, que xa contaba con muíños desde a Idade Media. Estes biscoitos ou bolachas eran unha especie de pan que se mantiña comestible durante meses, necesario para as longas travesías ata América. Chegábanse a producir cinco mil quintais de pan ao mes.

Durante os séculos XVII, XVIII e principios do XIX, Neda e Xuvia estaban consideradas o hórreo de Galiza. Entón a ría de Xuvia era navegable. No século XVIII produciuse en Ferrol a que está considerada a primeira folga de España cando aos traballadores tentaron trocarlles o pan de Neda por pan feito no propio estaleiro.[2] Existe unha captación que leva a auga do río Belelle cruzando a ría pola ponte do ferrocarril ata o arsenal militar.

Festa do Pan de Neda
Festa do Pan de Neda en 2015.

As augas do Belelle xa tiñan sona como as mellores do país para a fiaduría, moenda de pan e saúde. En 1917, El Ideal Gallego publica un folleto de 16 páxinas titulado Estudio analítico, químico y bacteriológico del agua de La Fervenza, escrito polo director do laboratorio municipal de Ferrol, Santiago de la Iglesia. Nel deixábase constancia científica da boa calidade das augas do Belelle e da súa pureza atopando nela fungos do xénero dos Pencilium.

Ata os anos 50 continuaron a funcionar os muíños no río Belelle. Dende entón o pan de Neda foi perdendo pouco a pouco a súa importancia aínda que mantivo a súa sona local. En 1989, a Asociación de Veciños de Ancos organizou unha festa para dar a coñecer e promover os produtos. Tanto o pan como as bolas, empanadas ou doces.

O pan de Neda diferénciase do pan de Cea en moitas características. Ademais de ter un sabor máis forte e ser un tipo de pan que se pode comer nada máis sacado do forno, nun ou dous días gaña en corpo e adquire a súa consistente miga, fácil de desfacer pero con corpo. O pan consérvase mantendo esas características unha ou dúas semanas e incluso máis tempo. Os bolos teñen forma redonda de dous e máis quilos.

Notas

  1. DiariodeFerrol.com (ed.). "A Festa do Pan de Neda logra a declaración de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia". Consultado o 12 de xullo de 2013.
  2. "Un viaje a las tripas de Navantia" Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 21 de maio de 2012 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Albarón, Santa María de Neda, Neda

Albarón é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 56 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 28 homes e 28 mulleres. Neste lugar celébrase a Festa do Pan de Neda, no antigo campo da feira. Unha das características principais detse pan é a súa elaboración con fariñas do país e a auga do río Belelle.[Cómpre referencia]

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Manuela Santalla

Manuela Santalla López, nada en Ferrol o 30 de novembro de 1958, é unha historiadora galega, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Bibliotecaria e arquiveira, actualmente exerce de profesora no ensino secundario de Galicia.

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

Xuvia, Santa María de Neda, Neda

Xuvia é un barrio de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Segundo o IGE, en 2015 tiña 228 habitantes (106 homes e 122 mulleres) xunto con Casadelos.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.