Pan de Cea

O pan de Cea é un tipo de pan con Indicación Xeográfica Protexida que se fai en panadarías do concello de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. A característica deste pan é a fariña, elaborada con trigo da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de xullo.

Pan de Cea (cropped)
Molete de pan de Cea.
Cea, pan de Cea 01-02
Monumento ás panadeiras e panadeiros de Cea (2003).
Pan de Cea. San Cristovo de Cea
Anuncio do pan de Cea.

Indicación Xeográfica Protexida

O produto foi recoñecido en 2004 e inscrita como Indicación Xeográfica Protexida en 2005[1]. Amparaba en 2010 un total de 18 fornos e unha produción certificada de 355.740,45 kg, cun valor de 694.000 euros[2]. Dende 1991, o primeiro domingo de xullo celébrase no Campo da Saleta de Cea a Festa de Exaltación do Pan de Cea.

Ingredientes

O pan de Cea leva como ingredientes fariña do país, auga, sal e fermento.

Preparación

O proceso de preparación do pan ten varias fases segundo a indicación xeográfica e da denominación de orixe.[3]

  • Amasado manual durante un mínimo de 60 minutos, 45 se é a máquina.
  • Reposo («Durmi-lo neno») durante uns 45 ou 60 minutos, segundo as condicións ambientais.
  • División da masa («Tasar») de xeito manual en porcións de 1,5 kg ou 0,75 kg.
  • Reamasado («Tendas»), volta a amasar o pan 25 a 30 minutos en tres xeiras ou só dúas se as condicións ambientais o permiten.
  • Enfornado, faise un corte transversal («fenda») no centro da parte superior da masa e vai para o forno.
  • Cocción, cheo o forno quedan as pezas un mínimo de 120 minutos co forno pechado.
  • Rever, as pezas de pan, unha vez sacadas do forno, deben permanecer en maduración, arrefriando un mínimo dunha hora en estantes de madeira.

Características

Os bolos de pan de Cea teñen forma longa e redondeada nos extremos, cunha fenda transversal enriba. A forma dos pans ten dúas medidas e formas características:

  • A peza ou «Poia» dun peso entre 1 e 1,2 kg. Dunhas medidas aproximadas do dobre de longas que anchas: ancho entre 15 e 18 cm e longo entre 32 e 38 cm.
  • A media peza ou «Molete» 0,5 ou 0,6 kg. Dobre de longo que ancho: 9 e 11 cm e un longo entre 22 e 27 cm.

A codia é grosa, de espesor variable de entre 0,5 e 1 cm. Consistencia dura e ríxida, con rotura renxente e con tendencia a facer lascas. A cor vai dende o dourado ata castiñeiro escuro, de sabor a tostado. É un pan de miga con textura esponxosa, fibrosa e firme. Alveolado non moi abundante, distribuído de forma irregular e de tamaño moi variable, non uniforme. Ten cor apergamiñada, lembra ao gran de trigo enteiro, é de sabor intenso a trigo.

Notas

  1. Orde do 16 de abril de 2004, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (DOG 23.04.2004); Regulamento (CE) nº 205/2005 da Comisión, do 4 de febreiro de 2005, pola que se inscribe no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas (DOCE 05.02.2005).
  2. Pan de Cea. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia.
  3. Publicación de una solicitud de registro con arreglo al apartado 2 del artículo 6 del Reglamento(CEE) 2081/92 del Consejo, relativo a la protección de las indicaciones geográficas y de las denominaciones de origen (2004/C 98/09) Diario Oficial de la Unión Europea N CE: ES/00310/20.8.2003

Véxase tamén

Ligazóns externas

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro

Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico.

A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son:

Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.

Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño tinto.

Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.Os viñedos ocupan 1.242 hectáreas. As 95 adegas, que ocupan algo menos de 3.000 traballadores, producen máis de 2 millóns de litros anuais.

O amparo dos ríos achega un microclima á zona, que coa orientación sur das pronunciadas ladeiras favorecen a correcta maduración que as uvas necesitan para a elaboración duns caldos que en xa en época dos romanos eran descritos como Ouro líquido do Sil.

Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Festa do pan de Cea

A festa do pan de Cea é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de San Cristovo de Cea desde 1991 para promocionar este pan artesán. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa, que ten lugar o primeiro domingo de xullo, logrou que se recuperasen os fornos tradicionais do concello, así como que se construíran outros novos.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Galería de imaxes de San Cristovo de Cea

Galería de imaxes do concello de San Cristovo de Cea na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de festas de Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Indicación Xeográfica Protexida

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos.

Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.

Pemento de Arnoia

O pemento de Arnoia é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria do concello ourensán da Arnoia e cultivada principalmente ao longo da comarca do Ribeiro. Unha cooperativa comezou a comercializalos no ano 1969, e aproveitando a concentración da oferta, celébrase dende entón a festa do pemento da Arnoia, declarada de interese turístico, a primeiro fin de semana (de xoves a domingo) do mes de agosto.

Pemento do Couto

O pemento do Couto é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da comarca coruñesa de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto (Narón), lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos.O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello de Narón a Festa do Pemento do Couto.

Queixo de Arzúa-Ulloa

O queixo de Arzúa ou queixo de Ulloa é un queixo DO galego, de leite de vaca, que se acolle protexido pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén se lle pode chamar queixo de Lugo, queixo de Chantada ou queixo de Curtis nas diversas localidades da súa ampla zona de fabricación.

Queixo do Cebreiro

O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.

É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran sete os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg.

Ribeiro (viño)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeiro.

Co nome xenérico de ribeiro coñécese a distintos tipos de viños, cultivados historicamente na comarca do Ribeiro. Na actualidade, o viño ten a súa propia denominación de orixe, que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.

San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Torta de Santiago

A torta de Santiago (nome oficial "Tarta de Santiago") é unha sobremesa tradicional e Indicación Xeográfica Protexida da cociña galega (orixinaria da capital, Santiago de Compostela) que pode atoparse en case todo o territorio español. Os ingredientes principais desta torta son a améndoa e os ovos.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.