Pamplona

Pamplona[1] ou Iruña (en castelán: Pamplona, en éuscaro: Iruña, as dúas denominacións cooficiais; tamén en éuscaro: Iruñea[2]) é un concello e unha cidade do norte de España, capital da Comunidade Foral de Navarra e tamén do histórico País Vasco. É sede arcebispal e etapa no Camiño de Santiago. A súa poboación é de 197.138 habitantes (INE 2017).

Pamplona foi fundada no 74 a.C. polo xeneral romano Pompeio sobre un poboado preexistente chamado Iruña ou Bengoda[3], converténdose nunha das poboacións máis importantes do territorio dos vascóns.

É coñecida internacionalmente polos Sanfermines, festas que se celebran entre o 6 e 14 de xullo e que están declaradas de interese turístico internacional.

Coordenadas: 42°49′6″N 1°38′39″O / 42.81833, -1.64417

Pamplona / Iruña
Bandera Pamplona
Escudo de Pamplona
Montaje Pamplona
Localización
Pamplona en España

Pamplona
Pamplona
Pamplona en Navarra

Pamplona
Pamplona
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra Navarra
ComarcaCuenca de Pamplona
Xeografía
Altitude449 msnm
Superficie23,55 km²
Demografía
Poboación197 275 habitantes (2008)
Densidade8376,86 hab/km²
XentilicioPamplonés/esa[1]
Outros datos
Código postal31001 - 31016
(agás 31010 e 31013
AlcaldeJoseba Asirón (EH Bildu)
www.pamplona.es

Xeografía

ArgaPNA
O Arga en Pamplona

Pamplona esta sita na Navarra media ou Prepireneo, nunha ampla depresión, a uns 445 m de altitude sobre o nivel do mar, rodeada de montañas, denominada Cuenca de Pamplona, atravesada polo río Arga, a ambas dúas beiras do cal se estende a cidade. Polo termo municipal de Pamplona, tamén discorren os ríos Elorz e Sadar. É unha boa situación estratéxica, en cruzamento de vías por todas as direccións, o que influíu no papel histórico da cidade.

Clima

A súa situación na Navarra media, crea un clima de transición entre o tipo atlántico, da Navarra norte e o mediterráneo continentalizado da Navarra sur ou Ribera. A media de temperaturas dos meses máis fríos (decembro, xaneiro, febreiro) é de 6,6 °C, con riscos de continentalización por mor da súa situación interior; mentres que a dos meses máis cálidos (xuño, xullo, agosto) é de 21,6 °C, máis suave que que a de localidades do curso medio do Ebro. Porén as precipitacións medias son superiores ás do val do Ebro, evidenciando a influencia oceánica, especialmente nos meses invernais (225,9 mm), aínda que só representen a metade das que recibe Donostia (490 mm) no mesmo período, pero netamente superiores ás de Logroño (148,9 mm) ou Zaragoza (88,2 mm). A época máis seca corresponde á primavera con só 34,5 mm.

Demografía

Evolución demográfica

Da evolución demográfica contemporánea da cidade dáse conta no apartado histórico e sinálase no gráfico inferior. Baste indicar que a mediados do século XIX, Pamplona apenas representaba o 7 % da poboación de toda Navarra, mentres que a mediados da década de 1960 ascendía a case o 30 %.

Demografía Pamplona (España)
Evolución demográfica de Pamplona desde 1900

Historia

Pamplona é citada por Tolomeo como Pompailon, supóndose que o nome alude á súa fundación por Cneo Pompeio no ano 74 a.C. No Itinerario de Antonino aparece como Pompelone. No ano 465 a cidade é ocupada polo rei visigodo Eurico, e posteriormente por reis francos por pouco tempo. Nese mesmo século afírmase como sé episcopal, con san Fermín como primeiro bispo segundo a tradición. Tomada polos árabes, foi atacada por Carlomagno no ano 778, pero este sería derrotado en Roncesvales na súa retirada.

Durante o século IX o reis de Pamplona, os Enneco, afirman paulatinamente a súa independencia, buscando, se era preciso o apoio dos Banu Qasi de Tudela e tomando precaucións diplomáticas a respecto doutros gobernantes musulmáns próximos. En 924 foi de novo asolada polos musulmáns, con Abd ar-Rahman III, que saquea e incendia a cidade, pero que non incorpora.

Baluarte de Redín3
Baluarte do Redín das Murallas de Pamplona (século XVI).

A finais do século XI parece estar restaurada a sede bispal, pero a cidade está sometida á autoridade real. Durante o reinado de Sancho Ramírez iniciouse a construción da catedral, no que se coñece como a Navarrería, que ven continuar o antigo núcleo romano. O impulso de renovación urbana en toda Europa, propiciou a chegada de estranxeiros, especialmente de territorio francés, de aí o nome xenérico de francos con que son coñecidos. Acollidos na cidade, acrecentan o seu perímetro asentados no burgo de San Cernín, que é obxecto de protección real a través de foro propio desde 1129. Sesenta anos despois engádese o burgo de san Nicolás. Os tres burgos, autónomos en certo modo, pasan a formar unha unidade urbana en 1423 polo Privilexio de Unión outorgado polo rei Carlos III.

As ambicións aragonesas no século XV e a súa rivalidade con Francia, herdadas polo Rei Católico, conduciron á invasión de Navarra e á toma da capital, con tropas ao mando do duque de Alba o 25 de xullo de 1512. O reino, perdida a súa secular independencia medieval, sería, porén incorporado á Coroa de Castela en 1515, e pasa a ser dirixida por un vicerrei auxiliado por un consello real, aínda que conservaría os seus foros, facenda (Cámara de Comptos), cortes, moeda propia e alfándegas fronte os reinos peninsulares limítrofes.

Poucos anos despois en 1521 a cidade sería cercada, por tropas de Francisco I de Francia, infrutuosamente. Con oito camiños en dirección cara o país galo, decidiuse fortificar adecuadamente a cidade, e en 1571, no reinado de Filipe II levantouse a cidadela amurallada.

O século XVII, como noutras localidades españolas, veu xurdir unha febre construtiva que dotou a cidade dalgúns dos seus mellores edificios: conventos das recoletas e das carmelitas descalzas, basílica de santo Ignacio, febre que proseguiu no XVIII: Pazo episcopal, capela de san Fermín (catedral), seminario sacerdotal de san Xoán, casa de misericordia, fachada da catedral etc.

Panorámica Rochapea-Ezcaba
Panorámica dos barrios do norte de Pamplona co Monte Ezcaba ou San Cristóbal ao fondo, visto desde o miradoiro do Redín.

En 1808 Pamplona foi tomada polas tropas napoleónicas, que a mantiveron no seu poder até 1813. Foco Navarra, como o País Vasco en xeral, tradicionalista, as guerras carlistas, marcaron un certo declive da capital, en especial desde a terceira guerra carlista. Só paulatinamente nas primeiras décadas do XX foi capaz dun certo dinamismo, que superou a atonía vixente. Durante a II República, Navarra e Pamplona con ela, volveu ser un centro da ideoloxía tradicionalista, onde o xeneral Mola atoparía o clima propicio para dirixir o golpe militar do 18 de xullo de 1936 e lograr o apoio dunha forte masa carlista, calculada en 100.000 homes que se lle uniría en milicias.

con algo menos de 23.000 habitantes en 1860, a segunda metade do século XX veu medrar a cidade en detrimento do país rural navarro. En 1950 a cidade tiña xa sobre 50.000 habitantes, pero en 1958 estaba xa moi cerca dos 80.000. En apenas unha ducia de anos esta poboación duplicaríase até atinxir arredor dos 150.000 en 1972, alcanzando a súa periferia unha serie de localidades que tamén viron medrar a súa poboación.

Patrimonio monumental e cultural

  • Cidadela (1571), recinto amurallado de plano en estrela pentagonal, edificado polo italiano Jacopo Paleazzo.
  • Igrexa de San Cernín (San Sadurniño), gótica, de comezos do século XIV, con a capela barroca da Virxe do Camiño.
  • Catedral, do século XV, gótica: reedificación polo monarca navarro Carlos III, despois do esborrallamento da vella sé a fins do século XIV. As tres naves góticas complétanse cunha serie de capelas barrocas construídas nos séculos XVII e XVIII
    • Claustro, século XIV e XV, con importantes relevos góticos.
    • Fachada, de estilo neoclásico, non se corresponde con o resto da fábrica, débese ao arquitecto Ventura Rodríguez.
  • Cámara de Comptos, edificio que albergou a facenda real navarra desde o século XIV.
  • Palacio de Navarra,
  • Basílica de San Ignacio (1694), barroca.
  • Igrexa de San Lourenzo (1717), con a capela de San Fermín.
  • Pazo Municipal, do século XVIII.

Museos

  • Museo de Navarra, ocupa un edificio renacentista (1556) que foi hospital. Contén coleccións arqueolóxicas e coleccións de pinturas desde a época gótica.
  • Museo Diocesano, sito na catedral, exhibe coleccións fundamentalmente de orixe relixiosa, procedentes de toda Navarra.

Linguas

Conde de Rodezno
Placa dunha rúa escrita en castelán e éuscaro.

Xunto ao castelán, lingua principal que se fala na cidade, o éuscaro ten unha presenza notable e histórica como queda patente, ademais de nos múltiples documentos históricos que a testemuñan, na gran cantidade de nomes euskéricos presentes na toponimia da cidade. Durante a Idade Moderna comezou un período de declive ata a súa case desaparición. Na actualidade, o seu coñecemento e uso están a aumentar. Segundo datos oficiais, un 20% da poboación coñécea, aínda que o seu uso na vida cotiá sexa bastante menor do que indica esta cifra.[4]

Pamplona pertence á chamada Zona mixta segundo a Lei foral do éuscaro de 1986 (as outras dúas zonas definidas pola lei son a "Zona vascófona" e a "Zona no vascófona". Polo tanto, todos os impresos da administración, e tamén as rotulacións, deben estar nas dúas linguas oficiais da cidade, o castelán e o éuscaro, aínda que non chega a ser así.

A propia cidade noméase coa dobre denominación Pamplona-Iruña en virtude da citada Lei, sendo dobres os nomes oficiais de moitos dos seus barrios (Rochapea/Arrotxapea, Casco Viejo/Alde Zaharra, San Juan/Donibane).

Deporte

Ten equipos nas máis altas categorías dalgúns deportes, destacando a nivel rexional, estatal e ata a nivel continental.

Entre eles cabe destacar o Club Atlético Osasuna de fútbol, histórico do fútbol español. O Osasuna participou ademais en diversas ocasións nas principais competicións europeas, a Copa da UEFA e a Liga de Campións. Xoga os seus partidos no coñecido estadio de El Sadar.

Outro que destaca é o SDC San Antonio de balonmán, que conseguiu varios títulos nacionais e europeos, e o MRA Navarra de fútbol sala, que milita na máxima categoría da liga española. Sendo así mesmo digno de destacar que nela se atopa a sede da Federación Internacional de Pelota Vasca, máximo organismo deste deporte a nivel internacional.

Cidades irmandadas

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pamplonés.
  2. O topónimo correcto en éuscaro segundo a Euskaltzaindia é Iruñea, aínda que popularmente chámase tamén Iruña. Non obstante, os topónimos oficiais son Pamplona e Iruña.
  3. De Historia general de España y América páxina 265 Disponible en Google Books
  4. pampiruña.com (ed.). "Euskera en Pamplona". Consultado o 16 de xuño de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Pamplona

O Aeroporto de Pamplona (IATA: PNA, OACI: LEPP) é un aeroporto xestionado por Aena, situado a 6 km da cidade de Pamplona, capital de Navarra, entre os concellos de Noain e Ezkirotz.

Afonso I de Aragón

Afonso I de Aragón, o Batallador, nado en 1073 e finado en Poleñino (provincia de Huesca) o 7 de setembro de 1134, foi un nobre aragonés, rei de Rei de Aragón e Pamplona entre 1104 e 1134.

Antsoain

Antsoain (en castelán e tamén oficial: Ansoáin) é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra (España), no meiriñado de Pamplona. Constitúese como tal municipio independente ao segregarse do concello do seu nome o 14 de marzo de 1991.

Aranguren

Aranguren é un concello situado na Comunidade Foral de Navarra, en España, no meiriñado de Pamplona, a 3 km da capital desta comunidade, Pamplona. Pola súa proximidade á capital navarra forma parte tamén da área metropolitana de Pamplona. Tiña en 2008 unha poboación de 6.820 habitantes.

Está formado polos lugares de Aranguren, Labiano, Lakidain, Mutiloagoiti, Mutiloabeiti, Taxoare e Zolina.

Barañáin

Barañáin (en éuscaro: Barañain) é un municipio español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na Cuenca de Pamplona, a 5 km ao oeste de Pamplona, formando parte da súa área metropolitana.

Cunha poboación de 21 444 habitantes (2012), é o terceiro municipio máis poboado da comunidade logo da capital e Tudela.

Baztan, Navarra

Baztan é un municipio español da Comunidade Foral de Navarra, no meiriñado de Pamplona, a 58 km da capital desta comunidade, Pamplona. Limita ao oeste coa comarca de Bortziriak, ao norte e ao leste co País Vasco francés (Labourd e Baixa Navarra, no departamento dos Pireneos Atlánticos) e ao sur coa comarca de Auñamendi (municipios de Esteríbar e Erro) .

O Baztan é un val que forma o municipio máis extenso de Navarra. Está formado pola conca alta do río Bidasoa, que recibe nesta zona o nome de río Baztan.

Beasain

Beasain é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 42 km de Donostia e 77 km de Pamplona.

O seu termo municipal ten unha extensión de 30,02 km². Tiña en 2015 unha poboación de 13.980 habitantes. É unha vila eminentemente industrial, na que destaca a empresa Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF).

Berriobeiti

Berriobeiti (en castelán e tamén oficial: Berrioplano) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na Cuenca de Pamplona e a 7 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 6325 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 26,03 km² e a súa densidade de poboación é de 242,99 hab/km².

Berriozar

Berriozar é un municipio navarro, situado na Cuenca de Pamplona e no meiriñado de Pamplona, que forma parte da área metropolitana de Pamplona. Ten 8636 habitantes (2007). Constitúese como tal municipio independente ao segregarse do concello do seu nome o 14 de marzo de 1991. En 2008 tiña 8899 habitantes, sendo o 11º concello navarro en poboación.

Burlada

Burlada ou Burlata é un municipio español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa e na Cuenca de Pamplona.

É o cuarto municipio máis poboado de Navarra con 18.162 habitantes (2012), debido especialmente á súa situación, xa que dista menos de 3 km de Pamplona.

Castejón, Navarra

Castejón é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra, no meiriñado de Tudela, a 78 km da capital provincial, Pamplona. Limita cos concellos de Valtierra ao norte, Tudela ao leste e ao sur, con Corella ao suroeste, e co concello rioxano de Alfaro ao oeste.

Castejón, á beira dereita do río Ebro e a un paso da Rioxa, tivo un castelo que se cita xa no século XII. Por aí pasaba o camiño real de Pamplona a Madrid, con servizo de barca e barqueiro para o cruzamento do río. Logo, na segunda metade do século pasado, escolleuse este punto como nó dos ferrocarrís do Nordeste de España. Con iso a poboación foi crecendo, ata que en 1927 deixou de ser barrio de Corella e foi declarado municipio independente.

Club Atlético Osasuna

O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.

Etxalar

Etxalar é un municipio navarro pertencente á comarca de Bortziriak, situado no denominada meiriñado de Pamplona, a 73,6 km de Pamplona. No anos 2006 posuía 799 habitantes nunha área de 47,05 km².

Juan Carlos Unzué

Juan Carlos Unzué Labiano, nado o en Pamplona o 22 de abril de 1967, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.

Navarra

Navarra (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidade Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da península Ibérica, limita ao norte co Comunidade de aglomeración do País Vasco en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba.

Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza. Conta cunha poboación de 636 638 habitantes (2015), dos que aproximadamente un terzo vive na capital e cidade máis poboada, Pamplona (196.166 habitantes), e máis da metade na área metropolitana da mesma (328.511 habitantes).

Navarra apareceu por vez primeira como entidade política propia no século IX coa formación do Reino de Pamplona que a finais do século X está xa consolidado como Reino de Navarra. Ademais do castelán, tamén o éuscaro é lingua oficial na zona vascófona e na zona mixta, territorios situados no norte da comunidade.

Pascual Madoz

Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806 e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Reino de Navarra

O Reino de Navarra (en éuscaro Nafarroako Erresuma) foi un dos reinos medievais de Europa situado en ambas as vertentes dos Pireneos occidentais pero co seu maior parte do territorio localizado no norte da Península Ibérica. Navarra mantivo a súa condición de reino ata 1841, data na que pasou a ser considerada "provincia foral" mediante a Lei Paccionada.

Tudela

Tudela é un municipio e cidade española situada no sur da Comunidade Foral de Navarra, cabeceira da comarca coñecida como La Ribera, así como do partido xudicial e do meiriñado homónimos. É a segunda cidade de Navarra tras Pamplona, con 35.358 habitantes segundo o Padrón Municipal de habitantes de 2012.

Está situada a beiras do caudaloso e estacional río Ebro e na desembocadura do río Queiles que atravesa a cidade.

Dista 94,3 km de Pamplona, a capital da Comunidade Foral de Navarra. A 86 km de Zaragoza, a 99,5 km de Logroño e a 90,1 km de Soria. E está situada a 264 metros de altitude.

Zubieta

Zubieta é un concello da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona e na comarca de Malerreka. Atópase a 60 km ao norte da cidade de Pamplona.

En 2014 tiña unha poboación de 319 habitantes, repartidos entre as localidades de Ameztia, Aurkidi, Azkota, Mendrasa, Sarekoa e Zubieta.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.