Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Palmeira
Igrexa de Palmeira, Ribeira
Igrexa se San Pedro de Palmeira.
ConcelloRibeira
Poboación2.694 hab. (2013)
Entidades de poboación39

Palmeira na literatura popular

Refraneiro
  • Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [1].
Cantigueiro
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira [2].
  • Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos [3].
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [4].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [5].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [6].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [7].
  • Os do Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra [8].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [9].
  • Se din que Palmeira é probe/ n’é por falta de diñeiro,/ levantaron unha mina/ de bruxas en el Castrelo [10].
  • Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada [11]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Palmeira, Ribeira.
Dúas anémonas vermellas e unha marrón acompañadas de arneirón

Dúas anemones vermellas e unha marrón acompañadas de arneste.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ribeira

Notas

  1. Clodio González Pérez; "O refraneiro do mar", en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 142.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 175. No texto: pol-a.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 178. No texto: pol-os.
  4. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel que ten tripas de polbo.
  6. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
  7. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
  8. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de Os oestrimnios..., de Cuevillas.
  9. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
  10. O único Castrelo que recolle o Nomenclátor na ría de Arousa é o do concello de Cambados. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: n-é.
  11. Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga non beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.

Véxase tamén

Outros artigos

A Bouciña, Palmeira, Ribeira

A Bouciña é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

A Cambra, Palmeira, Ribeira

A Cambra é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

A Lomba, Palmeira, Ribeira

A Lomba é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 101 habitantes (45 homes e 56 mulleres).

A Revolta, Palmeira, Ribeira

A Revolta é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

A Rochela, Palmeira, Ribeira

A Rochela é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Almansa, Palmeira, Ribeira

Almansa é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

As Saíñas, Palmeira, Ribeira

As Saíñas é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 82 habitantes (45 homes e 37 mulleres).

Branca, Palmeira, Ribeira

Branca é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Callao, Palmeira, Ribeira

Callao é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Figueirido, Palmeira, Ribeira

Figueirido é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

No lugar está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Insuela, Palmeira, Ribeira

Insuela é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 125 habitantes (66 homes e 59 mulleres).

Modorróns, Palmeira, Ribeira

Modorróns é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Mourelos, Palmeira, Ribeira

Mourelos é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 25 habitantes (13 homes e 12 mulleres).

O Bacelo, Palmeira, Ribeira

O Bacelo é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

O Brañal, Palmeira, Ribeira

O Brañal é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

O Cruceiro de Cruces, Palmeira, Ribeira

O Cruceiro de Cruces é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Rosende, Palmeira, Ribeira

Rosende é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 7 habitantes (2 homes e 5 mulleres).

San Pedro, Palmeira, Ribeira

San Pedro é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 39 habitantes (21 homes e 18 mulleres).

Ventín, Palmeira, Ribeira

Ventín é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 50 habitantes (27 homes e 23 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.