Palma

Palma[1], tamén coñecida como Palma de Mallorca ou localmente como Ciutat, é unha cidade insular española, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares e da illa de Mallorca.

Sitúase a beiras do mar Mediterráneo, a uns 13 metros de altura sobre o nivel do mar. Cunha poboación de 401.270 habitantes e unha superfície de 208,63 km² (INE 2009) é a maior cidade do arquipélago e a oitava de España en número de habitantes. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 509.116 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88 km².

Coordenadas: 39°34′0″N 02°38′59″L / 39.56667, -2.64972

Palma
Flag of Mallorca
Coat of Arms of the City of Palma, Majorca
A cidade desde o Castelo de Bellver.
Catedral. Castelo de Bellver.
Localización
Palma en Illas Baleares

Palma
Palma
PaísEspaña España
Comunidade autónomaIllas Baleares Illas Baleares
ProvinciaIllas Baleares Illas Baleares
IllaFlag of Mallorca.svg Mallorca
Xeografía
Altitude13 msnm
Superficie208,63 km²
Demografía
Poboación401.270 hab. (2009)
Densidade1.923,36 hab./km²
XentilicioPalmesano/a
Outros datos
Código postal07.0XX
AlcaldeJosé Hila Vargas (PSIB-PSOE)
www.palma.cat

Historia

A cidade foi fundada polo cónsul romano Quinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquíns denomínana simplemente La Ciutat (A Cidade).

Xeografía

O termo municipal de Palma ten unha superficie de 208,63 km² e limita cos termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o Mar Mediterráneo.

Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobla e outros illotes menores.

Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.

Panorámica Ciudad de Palma
Panorámica de Palma desde o castelo de Bellver.

Distritos

A causa da aplicación da Lei de grandes cidades, desde marzo de 2005 Palma está dividida en cinco distritos:

Clima

Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17 °C e unha media anual de precipitacións de 450 l/m².

Observatorio do Aeroporto de Son Sant Joan
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 15,1 15,5 17,1 19,2 23,3 27,4 30,8 31,0 27,7 23,2 18,8 16,1 22,1
Temp. mínima (°C) 3,5 3,8 4,5 6,5 10,5 14,6 17,3 18,2 15,9 12,2 7,6 5,2 10,0
Precipitacións (mm) 36 32 28 34 27 16 7 16 48 68 48 46 410

Demografía

Cunha poboación de 400.578 habitantes (INE 2015), é a cidade máis poboada de Mallorca e das Illas Baleares, así como a oitava cidade en poboación de España.

Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[2]
Gráfica elaborada por Wikipedia en base aos datos do INE-2010

Economía

Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, que relegaron a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a praia de Palma e o centro da cidade.

Lugares de interese

  • Catedral de Mallorca
  • Castelo de Bellver
  • Convento de Sant Francesc
  • Igrexa de Santa Eulària
  • Igrexa de Sant Miquel
  • Praza Maior
  • Pazo da Almudaina

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  2. Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Series históricas de poboación". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de La Palma

O Aeroporto de La Palma é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado na costa leste da illa de La Palma, entre os municipios de Villa de Mazo e Breña Baja, 7 km ao sur da capital da illa, Santa Cruz de la Palma.

O aeroporto mantén múltiples conexións diarias coas illas de Tenerife e Gran Canaria, así como conexións semanais con El Hierro e Lanzarote. Tamén ofrece varias frecuencias semanais con Madrid e con algunhas cidades europeas (principalmente de Alemaña, Países Baixos e Reino Unido).

Aeroporto de Palma

O Aeroporto de Palma, tamén coñecido como Aeroporto Internacional de Son Sant Joan (IATA: PMI, OACI: LEPA) é un aeroporto situado a 8 quilómetros do centro da vila mallorquina de Palma, estratexicamente situado entre as zonas de veraneo da baía de Palma (S'Arenal) e a cidade, no emprazamento dunha antiga base militar aínda existente. Inaugurado nos anos 1960, época do gran boom turístico nas Illas Baleares, para substituír ao antigo Aeroporto de Son Bonet (que segue en funcionamento).

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Castelo da Palma

O castelo da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma é un castelo do século XVI situada no concello de Mugardos, que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol.

Cervelló

Cervelló é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña. O municipio, cunha extensión de 24,25 km², ten un total de 8.393 habitantes, INE 2009. A densidade de poboación é de 348 habitantes por quilómetro cadrado. En 1998 sufriu a secesión do barrio de La Palma que pasou a ser coñecido como La Palma de Cervelló.

Festival Internacional de Cine de Cannes

O Festival de Cine de Cannes é un prestixioso festival de cine internacional que se celebrou por primeira vez do 20 de setembro ó 5 de outubro de 1946 na cidade costeira de Cannes, ó sur de Francia. Desde entón celebrouse practicamente cada ano, agás algunhas excepcións.

O Festival adoita lograr a máxima atención por parte dos medios de comunicación, e moitas estrelas do cine asisten ás diferentes proxeccións de películas que acolle.

En Cannes entrégase un prestixioso premio coñecido como Palma de Ouro que concede un prestixioso xurado internacional composto por profesionais do mundo do cine. En ocasións, varias películas comparten o galardón nun mesmo ano.

O festival de Cannes é un festival de categoría "A" acreditado pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF) xunto cos festivais de Berlín, Venecia, Donostia, Mar do Prata ou Karlovy Vary entre moitos outros (ver o enlace á FIAPF para a lista completa).

Illas Baleares

As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

As Gimnesias: Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos.

As Pitiusas: Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean.Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Illas Canarias

As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por sete illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria e Lanzarote, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os territorios insulares do Arquipélago Chinijo (La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste) e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.

O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' de latitude norte e 13º 20' e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1.400 km os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.

As illas, de orixe volcánico, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia en Canarias de catro parques nacionais e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO. Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.

La Palma

La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española situada no océano Atlántico fronte ás costas africanas, que forma parte das Illas Canarias. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma.

Desde 2002, toda a illa é Reserva da Biosfera, sendo xunto con Lanzarote e El Hierro a terceira illa canaria á que a UNESCO recoñece con esta protección.

La Palma, Cundinamarca

La Palma é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia de Rionegro, a 150 km ó noroeste de Bogotá.

La Palma d'Ebre

La Palma d'Ebre é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Ribera d'Ebre.

La Palma de Cervelló

La Palma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Limita ao norte con Pallejà, ao leste con Molins de Rei, ao sur con Sant Vicenç dels Horts e Cervelló e ao oeste con Corbera de Llobregat.

Formou parte do concello de Cervelló dende 1857 ata 1937, cando se constituíu en concello durante a guerra civil. En 1939 volveu formar parte de Cervelló ata que se independizou o 21 de xullo de 1998.

Tiña en 2017 unha poboación de 2.998 habitantes, agrupados nas entidades de Ca n'Esglèsies, Can Mascaró, Can Vidal e Palma de Cervelló.

Mallorca

Mallorca (do latín insula maior, posteriormente Maiorica "illa maior") é a illa maior do arquipélago balear, sendo este arquipélago a comunidade autónoma máis oriental de España, comunidade autónoma de carácter uniprovincial. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).

A capital da illa (e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares) é Palma ou como a coñecen os habitantes da "Part Forana" (a parte da illa que non é a capital): Ciutat. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.

Palma de Ouro

A Palme d'Or ("Palma de Ouro") é o premio máximo entregado no Festival de Cannes; entre 1939 e 1955 levou o nome de Grand Prix du Festival. É un dos premios máis destacados concedidos no circuíto cinematográfico. O símbolo da palma sacouse das armas da cidade de Cannes.

Palma del Río

Palma del Río é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Atópase no Valle Medio del Guadalquivir, a 55 metros de altitude e a 60 km de Córdoba.

Tiña en 2015 unha poboación de 21.522 habitantes. Ademais do núcleo principal do municipio, existen outros dous núcleos urbanos de importancia no termo: El Calonge, que se creou na década de 1960 polo Instituto Nacional de Colonización, e El Mohíno.

Pola súa localización xeográfica, a influencia sevillana é tan importante como a cordobesa. Palma del Río é coñecida por dúas cousas, polas súas laranxas, e por ser berce de grandes toureiros, entre eles o Cordobés, o Palmeño, o Barquillero, o Niño de Palma del Río e as Irmás Palmeño.

Provincia de Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha provincia española situada na comunidade autónoma de Canarias, formada polas illas de La Palma, La Gomera, El Hierro e Tenerife; así como por unha serie de roques adxacentes (Salmor, Garachico, Anaga). No ano 2006 contaba con 971.647 habitantes (INE).

A capital da provincia é a cidade homónima de Santa Cruz de Tenerife, sita na illa de Tenerife.

Real Club Deportivo Mallorca

O Real Club Deportivo Mallorca S.A.D. (en catalán: Reial Club Deportiu Mallorca) é un club de fútbol español da cidade de Palma, na illa balear de Mallorca. Foi fundado en 1916 e compite na Primeira División, logo de ascender na tempada 2018–19.

Conta no seu palmarés cunha Copa do Rei (2003) e unha Supercopa (1998). Ademais, na tempada 1998/99 o equipo balear foi subcampión da Recopa de Europa. Participou tamén en dúas edicións da Liga de Campións e en tres da Copa da UEFA.

Santa Cruz de la Palma

Santa Cruz de la Palma é un concello español, capital da illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.

Foi fundada o 3 de maio de 1493 co nome de Villa de Apurón sobre unha praia situada nunha baía que facía de porto natural. Posteriormente, e xa como Santa Cruz de la Palma, o rei Filipe II concederíalle o título de Moi Nobre e Leal. No seu termo municipal atópase o Real Santuario da nosa Señora a Virxe das Neves, patroa da illa de La Palma.

Ácido palmítico

O ácido palmítico, ou ácido hexadecanoico, é un ácido graxo saturado de 16 carbonos cun grupo carboxilo (COOH). É un dos ácidos graxos saturados máis comúns, que se encontra en animais e plantas. É moi abundante na graxa animal. A súa fórmula molecular é CH3(CH2)14COOH. O seu punto de fusión é de 62,9 °C . O seu nome débese a que é un compoñente principal dos aceites de palma extraídos da árbore da palma (aceite de palma ou de coco). Os palmitatos son os sales e ésteres do ácido palmítico. O anión palmitato é a forma na que se encontra o ácido a pH básico.

Illas Baleares Illas Baleares  · Concellos de Mallorca
Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.